Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Brazil)
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
Coido que a clasificación do documento 188 xa se tratou axeitadamente.
Agora son exactamente as 06 a.m.
É o final da segunda noite de discusión dos documentos
relacionados coa persoa en cuestión.
Quedan liberados de obrigas até que reanudemos esta noite.
Son libres de usaren este tempo como desexen.
Que teñan un bo día.
Cabaleiros, grazas.
Este é un filme da GBF, Gesellschaft pieles bildende Filme, Munich.
producida por Otto Martini e Karl G'schrey.
Condeáronme a 20 anos, mais fiquei acó.
Xa van 38 anos.
Guion de Bodo Bluthner.
Estaba bébedo e perdín o avión.
Fotografía, Ronald Martini.
Música de Hans Posegga.
O redator das actas
participou na discusión
Irmgard Henrici foi o montador.
Grazas a Swiss Air e á súa tripulación en todas as rutas
e a todos os que axudaron neste filme en calquera intre ou lugar.
Ferdinand Khittl, director.
A RÚA PARALELA FIN DA SEGUNDA PARTE
Os seguintes 90 minutos serán os últimos para cinco persoas.
As súas vidas rematarán se non completan a súa tarefa.
Igualiño que quen se sentaron acó antes ca eles.
Xa perdín a conta de cantos. Cada tres noites hai un novo grupo.
Só sei que todos caen.
Preocúpome por eles
mentres agardo uns minutos e obsérvoos.
Observo o xeito en que deliberan sen que cheguen nunca a unha conclusión.
Pregúntome que os fai estar tan cegos.
A súa tarefa é evaluar e ordear documentos dunha persoa en cuestión.
Estes documentos son simplemente espellos da súa propia existencia.
Por que non se recoñecen a eles mesmos?
Están nunha situación absurda.
En realidade recoñecen as ridículas convencións das súas conversacións.
Non estaban obrigados a firmar as chamadas "regras".
E fixeron un historial sen sentido da base da súa evaluación.
Acordaron un plan de asentos que lles permitía cambiar os sitios.
Afíxenme a ver a cinco persoas cansas a última noite,
irremediábelmente atrasadas na súa tarefa.
Mais hai algo que me axuda a ficar canda eles
até que soa a campá.
Eles reflicten, como se a reflexión fose máis importante que o obxectivo,
o que esperan acadar.
Coido que seguirían a reflexionar e a falar entre eles
mesmo se souberan de sobras que nunca chegarían a unha conclusión.
Mais en verdade non parecen decatarse
que todo vai rematar coa súa caída.
É parte do meu deber dar testemuño dos seus 90 minutos finais.
A RÚA PARALELA PARTE 3
Non dixen nada durante tempo dabondo.
Estou canso de máis.
Esta luz brillante cánsame os ollos. É tempo de máis.
- Quere un pouco de agua? - Si, por favor.
- Agarde un intre. - Claro.
Grazas. Está ben.
Pode que estea errado
pero coido que xa vimos o documento 267.
Síntoo, a menos que eu o teña mal, o 267 non o vimos.
Señores, coido que é porque nos saltamos o 266
e desgraciadamente dinlles o número trabucado.
Pero grazas por me avisar.
Esperemos que se faga luz axiña para rematar.
Xa tiven abondo con isto.
É posíbel que desexen que conclúa o debate, comprensíbel, pero pouco intelixente
xa que non dispoñen de moito tempo para completar a súa tarefa.
Non podemos seguir adiante?
Non sei por que estamos a discutir, non estamos a chegar a ningures.
Amosareilles o documento 269
para que lean as notas adxuntas da persoa en cuestión.
Hai máis información dispoñíbel en caso de que así o requiran.
Velaquí a información.
Os voitres voan sobre os cadáveres de vacas, ovellas e porcos.
A fase pre-nacemento.
Os primeiros acenos visíbeis das casas natais.
A compra é vital. A responsabilidade recae nos compradores.
As taras ou a falta de carne producirán un animal menos valioso.
A regra principal é a perfecta entrega das pezas individuais.
Malia os milleiros de pezas, existe a posibilidade de erros e enganos.
Casas natais dos animais.
Hai que ter coidados. A proteción contra patóxenos no sangue e na orina.
A carne ten que ser quentada. Métese o corpo.
Admiración xenuina para os proveedores.
Os fabricantes de alimentos subministran os ósos, calcio. Fábricas de manteiga, de unto.
Fabricantes farmacéuticos, órganos e glándulas endocrinas.
Empresas de pensos e esterco subministran o elemento vital da proteína no sangue.
Tres fases de nacemento.
Fase 1, as metades dos animais lávanse antes do despece.
A columna vertebral resérvase canda elas.
Ao tempo, a columna vertebral está chea de sustancia. Pendúrase se é preciso.
Hai risco de estragar os intestinos sensíbeis.
A axeitada organización é tarefa para os traballadores altamente cualificados.
Fase 2, arríncase a pel do lombo, as costelas e o bandullo.
Énchense de graxa certas partes.
Xunto á zona de partos,
examínanse cabezas e órganos e despézanse. As cabezas están listas.
O sangue é alimento. Unha vez pendurados, procédese ao recheo.
A mellor combinación é 22 g. de fariña de sangue por cada 100 L de sangue.
Alto contido de proteínas, baixo en manganeso, e alto contido asemade de calcio e lecitina.
Hai que ter coidado. Nada debe ser pasado por alto.
Língua, gorxa, liviáns.
Estómago, riles, tripas. Pero sobre todo o corazón.
Non hai que esquecer nada no momento do nacemento.
Rápido e suave, un coitelo, un perno, un martelo dá a vida animal.
Activa o sistema nervoso central, a respiración e a circulación.
Comeza a vida. É a vida.
Por estreitas canles, son conducidos cara á vida polos guías do rabaño.
Conducidos por pastores. Adquiridos polos compradores.
A única expectativa dos animais é a comida. Sempre na procura dela.
Envellecendo constantemente, diretos cara a morte.
Para os compradores, ás avesas.
Un deles é Himmelreich, 'Reino'. Para el, é todo o contrario.
El vive guiado cara o seu nacemento, a celebración máis importante da súa vida.
El aínda cría gando. Nuns poucos anos retirarase.
A escola que está abrindo, será derrubada.
Devolverásenlle os cartos aos donantes.
Após investirá na compra da súa granxa.
Desmantela a súa cama, a súa cadeira, o seu lavabo, a súa ducha.
Fai voltar a estes vendedores a centos de quilómetros de distancia, en barco.
A selva virxe volverá medrar por riba da granxa.
Argalla unha procura de diamantes.
En dúas semanas atopa 225 diamantes de 80 quilates.
Pero pagou 15 cruzeiros por permitir que todo ficara.
Pagou iso por buscar os diamantes. Recupérao.
Viaxa polo Río das Mortes. El só.
Caza carpinchos, tapires e crocodilos.
Con estas mans disparará e matará a dous xaguares negros.
Loita contra as tribus de indios nativos Xavante e Karalla.
Terá que deixar atrás o seu barco, cruzar a Serra do Roncador a pé.
Até que chega a Gran Chaco. Só.
Haberá unha guerra en Gran Chaco.
Pero devolverá o seu rifle, a súa pistola e o seu coitelo e recuperará os cartos.
Após fará algo estraño.
Renuncia á súa cidadanía e obtén outra.
Muda o seu nome de Enrico por Heinrich.
Viaxa a un país que nunca antes vira. A súa terra natal.
Esquecerá o seu idioma actual e só falará da súa patria.
O seu barco entra no porto. Os seus pais agárdano no peirao.
Vainos ver por vez primeira. A súa nai chora.
Na casa espéralle unha comida de benvida.
Disporá do tempo que requiren os seus proxectos.
Traballa como editor dunha revista. Faráo até que deixe a escola.
É un alumno atento mesmo no seu primeiro día na escola.
Sempre o máis hábil. Pero entón vólvese máis débil.
Só gatexa e ao final esquece como falar.
Sete días antes de nacer, os seus pais póñenlle o nome fachendosos.
Heinrich Himmelreich.
'Himmelreich', que quere dicir 'paraíso celestial'.
Daquela o nacemento. O día máis feliz da súa vida.
Neste día, Himmelreich entrará na súa última gran quietude.
Sen dor, coma se aínda non o soubera.
Himmelreich é feliz.
Ben, talvez poda darlles os feitos antes da súa discusión.
Non é tan importante. Retárdanos.
Talvez, mais gustaríame escoitalo.
Nebraska, América do Norte, Noroeste e Este de Australia
e o eido de Himmelreich foi Brasil.
Grazas.
Hai algo moito máis importante.
A similitude entre este documento e o da Via Appia.
Coido que o vimos hai dúas noites. Hai un paralelismo.
Si, en ambos os dous documéntanse catacumbas e neste o tempo vai ao revés.
- Era iso o que quería dicir? - Si, pero hai máis.
Nos dous casos el considera dúas existencias moi diferentes:
de homes e animais, dende a mesma perspectiva.
Iso é importante. Deberiamos coller isto como punto de partida.
A inversión do tempo ou a comparanza entre o home e os animais?
A comparanza, abofé. Iso é algo específico.
Non podo decidir sobre a importancia dos documentos
mais gustaríame facer unha suxestión.
Primeiro bótenlle unha ollada ao seguinte documento.
Coido que podería ser útil para a súa discusión.
Continuemos, adiante.
Por outra banda, agora estamos a ter unha conversa frutífera.
- De verdade que vamos seguir? - Si. Coido que hai varias conexións.
Matanza de gando, persecución de cristiáns e as dúas estradas.
Que estradas?
Temos a Via Appia dos documentos de hai dous días
e agora a estrada de Miami a Key West.
Non deberiamos pasar o tempo discutindo algo que non sabemos.
Vexamos o documento.
Número 272.
Os números do medio son dun recibo de hotel
e dunha factura para güisqui de Dakar, África.
Xa que logo, documento 272.
Tolemia dunha estrada.
Ruta 1. A preparación na construción dunha estrada.
Cantas pedras, canto papel?
Número 1. Tolemia. Centos de millas no mar.
Coidadosamente pensada. Construída sen piedade.
Bos enxeñeiros, bo formigón, bo aceiro.
Nin trens, nin carros nin bicicletas. Só unha prisión.
A mezquindade de millóns, quen cobraron por ela.
Eles nunca viron a estrada. Mais o prisioneiro está só.
Un bo asfalto.
A súa forte resistencia supera os requisitos. Número 1.
Quen cobraron por isto deberían ser destruidos.
Os enxeñeiros, os traballadores, o prisioneiro deberían ser destruidos
do mesmo xeito que a prisión pode ser destruida.
Destruír o formigón, o papel, a Ruta 1.
Ou deixar que a estrada se estrague, máis cha.
Diminuíndo suavemente cara ás profundidades
onde se pode abrir a porta para o prisioneiro.
Liberar aos empregados da prisión.
Derrubar o acuario, a estrada, a Ruta 1.
O prisionerio. Aínda quere voltar ao mar?
Quere volver loitar?
Sen saída.
Ruta 1.
Estou abraiado polo rexeitamento que amosa cara esta estrada
e como se pon nervoso ao respecto.
De onde vén e cara onde vai a estrada? Non o cachei.
Dende Miami a Key West, unha illa a unhas 90 millas de Cuba.
A Ruta 1 dos EUA.
Ten que haber algo especial ao respecto.
Eu non o vexo así.
Pense no rexeitamento. Soa case como unha ameaza.
Talvez estea relacionado cunha experiencia persoal.
Que se pode dicir desta estrada?
O feito é que a Ruta 1 non ten nada extraordinario.
Algunha estrada ten que ser a Ruta 1.
Non se pode pensar que non sexa importante. Alomenos non neste contexto.
Non o entendo. Estamos a discutir sobre a estrada.
Antes era sobre Himmelreich. El non ten a ver nada cunha estrada.
Fómonos completamente do tema.
Non deberían ter amosado este documento primeiro.
Alomenos díganos onde están as conexións.
Grazas, pero tócalles a vostedes falar diso.
É absurdo que perderamos tempo por culpa de vostedes.
Poderían ter rexeitado o documento. Ninguén lles está a obrigar.
O documento era tan escuro que case non era recoñecíbel.
Todo son problemas. Non hai dúbida de que non tiña sentido amosar o documento.
Mais non pensei que fora tan escuro.
Anque non sexa tan brillante, ninguén ten culpa.
- Pero era nidio ... - Non estamos a falar da calidade da imaxe.
- Síntoo. Caeume o vaso. - Déixeo. Traereille outro.
Grazas.
Moitas grazas.
- Que é ese ruido estraño? - Que ruido?
Escoite.
No xardín. As follas que caen das árbores.
Sería a mellor maneira de poñer fin á pausa.
Estabamos a ter un bo debate antes e agora non estamos indo a ningures.
Quizais axudaría se amosara o documento de Himmelreich doutra volta.
Coido que dedicarlle tanto tempo a un documento traerá problemas.
Sigamos.
Documento 273.
Arroz ao mencer.
No lume máis baixo, primerio férvese un tempiño.
Lixeiramente salteado, evitando deste xeito que se pegue.
Cóbrese con auga.
Mentres ferve, nin se mira nin se toca.
Cando se ergue a tapadeira, báteche o arrecendo.
Seco, renxente, no seu propio zume.
O cheiro envolve o río.
No Klongs.
Arroz. Só unha vez ao día.
As cuncas quentan as mans.
O cheiro a lama, auga de rosas. Após o dos peixes.
O cheiro dos plátanos negros.
Aínda vermella, tórnase amarela, o arrecendo da canela.
Por riba de todo, amábel como a meditación, o arroz.
Consumido antes do mediodía.
A chave para o cociñeiro: como saber se outros tipos de arroz serían mellores?
O arroz das illas, os bancais de Banaue ou Madras.
Por que estenden as mans para agradecer no canto de se recoller?
Polas delicadezas dos bosques primitivos, das profundidades e as xunglas.
Paxaros, comeniña, calamar, noz moscada, algas, anís.
O xaxún de comidas feitas con dez verduras asadas.
En cuncas de lama, grans tostados de árbores esquecidas.
Tronco rachado, sangue das árboles, tamarindo.
Lembranzas de flores murchas, a milleiros de quilómetros ao sur.
Entre medias, un cheiro incongruente, un erro. Talvez un engano.
Que lumes deron lugar a este cheiro?
Castañas fritidas en aceite de arroz. Polo fervido en té afumado.
Onde os que oran conseguen tal mansedume?
Por que co rezo non experimentan luxuria? Por que non berran?
Bosques de froitas. Peixes de todos os mares.
Bambú de inverno. Sementes de loto. Palmitos.
Segue o arrecendo do té, arriba no Himalaya.
Cheiran o arroz tan lonxe coma o horizonte.
Asado, afumado, fritido, ao horno.
Culto. Adorar ao arroz.
Está a soar o timbre de fóra.
Vou mirar. Namentres comecen a discutir o 273.
Sabe o que é o tamarindo?
A codia moída da árbore do tamarindo, supoño.
- Algo semellante á canela. - Debería sabelo.
Tanto como viaxou...
O tamarindo non ten nada a ver coa codia.
É unh árbore tropical que dá froitos.
Eles fan unha pasta que sabe ben, pero ten un efecto laxante.
Sigo a tentar imaxinar a que saberá ese polo.
Imxgínese, ao vapor no té afumado.
Cando eu era cativo, a miña nai facía ao forno unha caste de bolacha de Nadal
que cheiraba moito.
No momento en que a cheiraba, sabía que chegaba o Nadal.
Coido que a cociña asiática é como a poesía asiática.
Nunca pasa nada, pero pode pasar culquera cousa.
A lúa fría.
Dous vellos cegos séntanse na beira do abismo e rin.
Quen era?
- Ninguén. - Ten que ter sido alguén.
Por que? Que quere dicir?
Debéronse trabucar.
Que hora é?
As cinco.
- Pouco a pouco vaise facendo día. - Xa decidiron como ordear o 273?
- Si. - Dacordo. De seguido vou ler o 274.
Un minuto de viaxe polas pontes. Óxido de hidróxeno, H2O.
Peso específico a 4 graos: 1.0.
Punto de ebulición a 100 graos, punto de fusión a 0.
Non é a máis grande, a máis alta nin a ponte máis longa
pero para os orgullosos dela, é a máis grande, a máis alta, a máis longa.
A auga deféndese a través da oxidación.
A sublime maldade deste líquido.
Obriga á xente a pasar toda a vida nesta ponte.
John Sale, 9 anos na ponte.
Ronald Swanson, 11 anos.
Unha loita contra a agua. Débenlle a súa existencia a ela.
Os seus corpos son o 65 por cento de auga.
Unha caída do 20 por cento no seu nível equivale á morte.
Xestión vital do balance hídrico.
Unha construción tan elegante como a fórmula química.
O líquido suave como a superficie de aceiro.
A curva da estrutura só comparábel á dunha onda.
Aparentemente do mesmo valor.
En comparación coa auga, o home é insignificante. Insignificantes as guerras que librou pola auga.
O seu traballo é mellor no petróleo e o caucho natural.
Petróleo. E aquí doutra volta a impresionante fórmula química.
Houston, Dhahran, Aruba, Baku, Abadan, Maracaibo.
Composto de alto peso molecular de hidróxeno.
Unha viaxe de pracer entre as torres cun 80.4 por cento de carbono.
10,2 por cento de hidróxeno.
O caucho natural. ¡Que marabillosa composición! Extrato de acetona.
Os polimerizados, polisulfuros. Material sangrante.
O ladrón que o roubou foi ennobrecido. E con razón. Nobreza de caucho natural.
Torres con xofre, osíxeno, nitróxeno.
Detrás delas atópanse as atrocidades inevitábeis.
As guerras, uns poucos mortos.
70.000 sementes foron roubadas. Só 2800 deron froitos.
Por que non se roubaron millóns?
Tal magnitude nas series da parafina, metano, etano, propano, octano.
A beleza destas palabras xustifica facer a guerra, a prescripción do veleno.
Pouco antes do mencer.
Os especuladores de Bolsa falsean o beneficio.
Engano inevitábel. Denominación maliciosa de coerción.
Cantos mortos son queimados...
pola gloria dun composto químico?
Máis significativo é o xeito en que o butano reaciona nunha cadea de naftalina.
Cada gota posúe as súas atrocidades necesarias. Os seus asasinatos e os sus suicidios.
Absurdo falar de sufrimiento
dados os compostos aromáticos como benzol, poliol, naftalina.
Cada gota é exquisita.
Materia prima dinámica, regras esixentes involucradas.
O máis grave, sen arbitrariedade, sen cinismo.
Petróleo, caucho.
Todo o ouro da terra non é máis cá moeda dun mendigo
en comparanza con estas gotas.
Anque nunca é visíbel, sempre está nas tuberías e nos tanques.
46 graos á sombra. Ambiciosas sustancias.
As árbores sangran durante cinco horas. Sangue branco, pel marrón, moeda de plata.
A Torre LL806 xa non bombea. Esgotada, baleira, desmantelada.
A árbore morta sen nome nin número. Exhausta, baleira.
O triunfo dos grandes aventureiros elevado polos homes salvaxes aos deuses.
Pero onde está a fazaña por cuxa grandeza valeu a pena esta depravación?
U-la audacia que habería inmortalizar os seus nomes?
Semideuses, astutos coma falsos deuses.
Perdóenme por tomar a iniciativa acó pero anotei algunhas frases.
Non creo que poidan sacar nada delas, aínda non estou certo nin de min.
Non encaixan exactamente coa gráfica
pero estou certo de que son importantes.
"Sangue branco".
"Viaxe de pracer".
"O ladrón foi ennobrecido". "Torre LL806".
Coido que está ben.
Un excelente resumo.
A frase máis importante é probabelmente "O ladrón foi ennobrecido".
Pertence ao complexo "Ladróns".
É posíbel que queiran contradicirme, pero creo que serei quen de demostralo.
Pois eu non creo que a análise sexa tan inusual.
A seguinte combinación sería "viaxe de pracer" e "sangue branco".
É un pouco pretenciosa, pero recoñezo que encaixa.
Mais non fun quen de encaixar "Torre LL806" no proceso.
Pero non pode ser tan difícil. O concepto era bo.
Talvez darlle a volta?
"Sangue branco, o ladrón foi ennobrecido, torre LL806, viaxe de pracer".
Axuda un pouco, pero todo o asunto adoece de coherencia.
Non sei, non estou convencido. Non me convence o conto da torre.
Daquela hai que buscarlle as voltas doutro xeito.
"Torre LL806, o ladrón foi ennobrecido, sangue branca, viaxe de pracer".
Temos que nos tomar isto más en serio. Eu non creo que sexa unha boa idea.
Sempre hai algo que se pode mellorar.
- Pero aquí falta algo. - Teño unha suxestión.
É un pouco estraño, pero revisemos o documento sobre o baobab
que nos pareceu tan difícil antonte.
Non quero desprezar a súa idea. Ao cabo collémola de vostede.
- Que opina? - A súa suxestión é excelente.
Non estou en absoluto molesto con que vostede se afastara da miña idea.
Non cadra moito.
Por favor, amósenos o documento sobre o baobab outra vez.
Ese era o documento ...
... 38.
Unha árbore medra, apreixando a alguén dentro.
A cor dunha parede.
As pólas coma reixas.
A xenerosidade da natureza.
Esta é a porta cara a liberdade.
Derby, Noroeste de Australia.
¡Iso é todo!
Si, agora todo encaixa. Agora encaixa coa gráfica.
Primeiro o encarceramento, despois a visión ao exterior.
Trátase disto: "ladrón ennobrecido", "sangue branco",
" viaxe de pracer", "torre"
e dúas novas frases, "encarceramento" e "visión do exterior".
Imos tentar combinalas.
Cada un de nós que diga un termo en voz alta. Por favor, empecen.
- Sangue branco. - Viaxe de pracer.
- Visión exterior. - Encarceramento.
- Torre LL806. - O ladrón foi ennobrecido.
Coido que non é dabondo. Poderiamos melloralo.
Pero temos que nos cambiar de sitio, se están dacordo.
Talvez vostedes dous poderían sentar aí.
Decátase de que é a segunda vez que se moveu?
Moveuse após do altercado de onte entre vostedes dous
e as regras permiten só tres cambios de sitio.
Sabémolo.
A ver agora.
- O ladrón foi ennobrecido. - Torre LL806.
- Viaxe de pracer. - Visión exterior.
- Encarceramento. - Sangue branco.
Coido que é así. E todo grazas a vostede.
De nada. Acabo de atopar o documento máis interesante.
Podemos ir ao seguinte documento?
Estamos no documento 274
e sen ánimo de preocupalos, non é dabondo para completar a súa tarefa.
Déixano así?
Si, abofé.
Entón, documento 275.
Ao comezo das notas, a palabra 'egoístas' aparece 20 veces.
As tres últimas veces cun signo de interrogación.
Despois da 20ª vez ven o seguinte texto.
Fanse chamar egoístas.
Observacións recentes suxiren o contrario.
Viven só para os outros. Fan todo polos outros.
Estabeleceuse que non podían vivir sós.
O seu segredo é estar preto dos outros. Emocionante descubrimento.
En primeiro lugar trentan colaborar. Ofrécense a limpar tesoiras e coitelos.
A afiar as navallas, a dispoñer dos cortaúnllas.
A levar barba negra, rubia, vermella, branca.
Pelo do nariz, pelo púbico, pelo da cabeza. Nunca falan de cobrar.
Ofrecen axuda, con gañas de colaborar. Néganse. Non piden que lles paguen.
Só ofrecen axuda.
Engraxan as ferramentas necesarias. Dan calmantes aos analfabetos.
Permíteselles levar o bote de leite de coco.
Permíteseslle colaborar. Pero rexeitan en calquera parte.
Tal esforzo de vontade. É posíbel maior sacrificio?
Dispostos a cumprir as necesidades íntimas dos outros.
Preparados para lavar a roupa. Para lavar a roupa dos outros.
Para eliminar os restos das súas comidas, o seu pus, os seus excrementos.
Para devolver a roupa limpa, sen pedir contrapartidas.
Non se molestan cando outros se laian de que quedan manchas.
Manchas nestes trapos. Queren colaborar.
Negativa. Rexeitamento. Fano todo polos outros.
A estar aí para os outros. Pensar polos outros. Vivir para os outros.
Pero os vendedores de frutos secos de Pasiala non teñen comparanza.
Non só ofrecen froitta, anacardos e thambili.
Tamén se ofrecen eles.
Só este pobo posúe tal privilexio. Só aquí este sacrificio.
Fano para o disfrute dos outros.
Sen resistencia. Sen desexo inmediato.
Mendigo. Por que reza? Por que non se gaña a simpatía?
É tan pobre? Non é quen de colaborar?
Tamén se pode ofrecer. A única solicitude é colaborar.
A solicitude de que se lle permita server, traballar, axudar, curar, ensinar, amar.
A negativa é muda. Hostil.
Todo o que queda é a envexa.
O único xeito de colaborar na felicidade dos outros.
Este documento semella rematar abruptamente.
Está claramente incompleto e non remata da maneira habitual.
No entanto, é un caso
onde o contido do seguinte documento pódese deducir.
'Rexeitamento', 'insulto' e 'soedade' están claramente vencellados.
Véxano por vostedes. Número 276.
Maistar. Os mais esváense pouco a pouco.
O insulto fica.
A envexa, o único xeito de colaboraración na felicidade?
A única verdade, a sinxeleza das ecuacións matemáticas.
Alcalino-férreo SiO2 FeO3.
Na adición dos compostos alcalinos Al2O3. Na20.
O fondo do cráter aínda está quente. A procura da soedade.
Pode ser máis útil se lles dou os feitos diretamente.
Kilimanjaro. A montaña máis alta de África.
Volcán extinto. Supostamente 5.995 m.
Outras fuentes sinalan 6014 o 6027 m.
Vou reler un párrafo,
que ben puidera referirse a esta parte da montaña.
A única verdade, a sinxeleza das ecuacións matemáticas.
Alcalino-férreo SiO2 FeO3.
Na adición dos compostos alcalinos Al2O3. Na20.
O fondo do cráter aínda está quente. A procura da soedade.
El di que o fondo del cráter aínda está quente. É iso certo?
Non se puido determinar. Pero alí non hai neve.
E que relación teñen as fórmulas químicas?
Os lnstitutos xeológicos confirman que é a estrutura de roca volcánica.
Coido que iso é unha verdadeira revelación para todos nós.
Sempre nos aferramos aos números e a fórmulas como información técnica.
Agora de súpeto teñen un significado espiritual.
O Kilimanjaro é a mellor proba delo. Alcalino-férreo como conforto para a alma.
Croido que temos que modificar a tabla, substancialmente.
Non, iso sería perigoso.
Esta nova función espiritual non exclúee a técnica.
Debemos ter claro a partir de agora
que ambas as dúas posibilidades poden coexistir mutuamente.
Non deberiamos sobrevalorar o lado humano aínda que teñamos o aspecto técnico.
A través da combinación de ambos documentos, vostede fíxonos ver os vencellos axeitados.
Debemos darlle as grazas.
Alédame que recoñeza a miña contribución. Estou totalmente da súa parte.
Son as 5:15.
Estase achegando o final da última noite das súas conversas
e están na etapa final, a etapa de neutralización.
Por desgraza, van moi atrasados no cumprimiento da súa tarefa.
Imos polo 277 dos 318.
- Canto tempo temos? - Non llo podo dicir.
Significa iso que deberiamos parar uns minutos?
As regras non teñen sentido.
Non serían quen de resolver a tarefa en poucos minutos.
Danos a oportunidade?
A pelota está no seu tellado.
- Por favor, vexamos o seguinte documento. - Documento 277.
Dous eixos que se cruzan entre si perpendicularmente formando unha cruz.
O símbolo co cal toman posesión.
A seguinte fase, os planos. Planos como a súa fisonomía.
Levados a cabo coma un acto cosmético. En busca da beleza.
O primeiro pensamento, arames de ferro. O seguinte, pilares de formigón.
Os medios para acadar a beleza son arena, pizarra, mármore, chumbo, cobre, estano.
Un home deseña todo o pensamento. El non debuxa planos nin mestura formigón.
Non colle un martelo nin unha pá.
As cociñas, os baños son irrelevantes. A súa paixón son as fachadas.
Ten as mans suaves. El é o seu mestre.
Os seus pensamentos, fantasías tropicais sen problemas de enxeñería.
SOs seus pensamentos, proteción contra o lume, a auga, o clima.
Os seus pensamentos, trabes de formigón, cristal e catedrais de aceiro.
Pó vermello por todas partes. Follas vermellas. Cruz vermella. Construción de sitios por todo o mundo.
E as súas cidades? As súas poboacións?
A súa cidade?
Tanto esforzo para entrar nelas.
Só unha forte capacidade de percepción supera os obstáculos.
Tanto esforzo para entrar nas cinco partes da cidade.
Leptis Magna, norte de África.
Wiluna, Australia.
Machu Pichu, Perú.
Angkor, Camboia.
Cap-Haitien, Haití.
A primeira parte da cidade, Leptis Magna.
O faro visíbel durante toda a noite antes da chegada.
Ao entrar no porto o fareiro fai sinais.
Nos peiraos baixo o Templo de Neptuno
os lexionarios custodian aos escravos de Numidia.
Descargan mármore dos barcos para pilares e estatuas.
Un home torpe vai a bordo. O capitán do porto.
A segunda parte da cidade, Wiluna.
Na estación, a chegada dun boxeador de Melbourne.
O opoñente dun criador de ovellas. Esta noite no Concello.
As mulleres de la cidade murmurian sobre a virilidade dos opoñentes.
A estación é moi pequena para tais recepcións.
A terceira parte da cidade, Angkor.
A porta do Leste. Celebracións para as tropas, vitoriosas contra os Chams.
O pazo do rei Jayavarman VII,
a porta do Leste nomeada inmediatamente a Porta da Vitoria.
A cuarta parte da cidade, Machu Picchu.
O lugar de descanso do sol,
unha celebración para nenos e nenas, maduros dabondo como para amar.
Mesmo o gran Inca está presente.
Carreira de sexos.
Todo home que se apodera dunha muller ten pracer con ela no acto.
LaA quinta parte da cidade, Cap- Haitien.
Na cidadela o estado de ánimo dos dez mil é sombrizo.
Eles agardan. Mais non hai inimigos.
Henri Christophe hai pouco era un estraño.
Os hoteis, ateigados. Negocio en auxe das tendas.
Pelexa nun bar. Fálase de ouro na terra.
Multitudes no mercado.
Todos ls residentes reciben a cidadanía romana na Fiesta de Xúpiter.
No Leste da cidade, berros ao ceo. Vándalos saquean un suburbio.
O murmurio persiste.
Unha princesa foi violada por un empregado do templo.
Pero era a intención da princesa.
O encargado foi decapitado ao día seguinte cedo.
Henri Christophe non saiu do seu cuarto nas dúas últimas horas.
Tuberías de auga de montaña xeada enfrían as habitacións opresivas.
Os gardas, entonados, a maioría durmen.
Nas escadas do banco de Comercio, un criador de ovellas.
Aprendeu dun empregado de banco que está na ruina.
Na praza do elexido
tres mensaxeiros chegan xuntos coas mesmas novas.
As virxes de Cuzco deixan que os españois fagan o que queiran con elas.
No templo de César Augusto, o fillo de Severo Séptimo, Caracalla.
Báñase cunha hetaira que trouxo de Chipre.
Multitudes arredor da piscina.
Os invitados esperan na terraza dos elefantes. En calquera momento o rei pode chegar.
Realmente ten a lepra? Resultará repulsivo?
Á sombra das paredes está toda a cháchara.
Un criado de cabaleriza sobrevoa partes do pazo.
Henri Christophe disparouse, cunha bala de prata.
Na súa man dereitaa un pano de tea amosa dramáticamente as súas iniciais.
Folga na mina de ouro, Monarca de Oriente.
Supostamente o Cisne Negro e o Século de Ouro tamén son abraiantes.
O búnker de ouro rodeado pola policía. Buscadores de ouro foron asasinados por homes salvaxes.
No clube, un home inglés le algo do Marques de Sade a algunhas señoras.
Nos baños, charla trivial.
O desprezo polo vestido Tarentine que Marcia leva posto.
As dúbidas sobre a capacidade de amar de Caracalla.
Glicera argúe que o seu lombo é coma os do xentil Eroses.
Á tardiña, case de noite,, con destino ao teatro.
Todos os eventos do día parecen esquecidos.
Túnicas suntuosas. Togas, pantalóns vaqueiros azuis, traxes de noite, libreas, chalecos.
Todo o esplendor que poidan reunir.
O gran teatro, a máxima competición da cidade.
Aplausos da grada. Para os actores, os cantantes, os coros.
Aplausos, proba de que esta cidade está viva.
Tal fe para planexar e construir semellante cidade.
Porque vai devalar. A guerra vaina estinguir.
O bosque derrubará os seus balados.
As augas inundarána. A arena cubriráa.
A cidade será esquecida. Ninguén vivirá alí.
Como pode ser iso?
Estaba en todos estes sitios ao tempo.
Como é posíbel?
Pódese mover ao seu antoxo no tempo e no espazo?
Canto máis forte é a capacidade perceptiva, maior control sobre o tempo e o espazo.
Claramente non está suxeito ao tempo e ao espazo.
- Si, pero só nun determinado documento. - Non sería un método analítico?
- Unha observación subxectiva? - Certos documentos proban o contrario.
A consecuencia inevitábel é que non precisamos a gráfica.
Caso por caso, como moito.
A gráfica ten que se quedar. É la única base que temos.
¡Estamos a falar da gráfica como se fora a Biblia!
Que significa?
En que máis podiamos basear o noso xuízo se non na gráfica?
Detecta os termos, o seu valor e a súa competencia.
Pero non era a nosa idea. Estaba aí dende o principio e seguímola.
No finxa que non sabe nada. Vostede firmou as regras igual ca min.
Sóuboo dende o primeiro, a gráfica non ten validez.
Non debería ter dito iso. Xa o sei, pero eu nunca o dixen.
Estamos nunha situación absurda.
É como cando lle preguntas a alguén por unha direción e respóndeche:
'Siga recto'.
- 'Daquela chega a un punto onde só hai dúas rúas'.
'Colla a rúa paralela'.
E o brillo da imaxe? Viu abondo?
Dabondo, sen dúbida. Os meus ollos están a sufrir. É porque a imaxe é escura de máis.
- Quizais estea a imaxinao. - Pero iso non nos vai axudar.
Déixeme en paz. Non quero falar diso.
- Doulles o seguinte documento? - Si, por favor.
6 horas, 47 minutos máis tarde,
11 graos de lonxitude Leste, 37 graos de latitude Norte.
É unha ilusión. Non sae o sol.
Pero unha conclusión está clara. Teñen que morrer.
A saída do sol mata a algúns. Polos, asasinos, soños.
A posta do sol mátaos a todos.
Eles organizan a súa vida por el.
Os seus días, as súas semanas, os meses, os anos, a súa vida.
A sorte do destino a partires da posición do sol.
É por iso que as postas de sol teñen tanto valor romántico.
Anque determinado por fenómenos de cores.
A calidade estética podería mellorarse pero non a falta de humanidade da acción.
A distorsión de cor altera o valor romántico, non o físico e o dos feitos.
Os libros sobre a cor non nos contan todo.
Valores Gamma, graos Kelvin, cores complementarios.
Cambios de cor intenso preto do ecuador.
23 minutos máis tarde. Unha maior proporción de cor vermella nos mares do Sur.
6 horas, 11 minutos despois.
Mestura de cores en África Central.
É un error básico.
O sol nunca sae e se pon. O sol sempre sae e se pon.
Ninguén viu xamais o espectáculo inesquecíbel
dunha saída e pista de sol simultaneamente.
A Terra está bañada pola luz azul. As estrelas fican impasíbeis.
Varios cambios de cor tentan alterar o seu destino.
O aumento da intensidade da cor vermella confirma o recoñecemento
de que a súa morte é necesaria.
Voltando a un mar de silencio até o outro día.
Hai unha nota ao pé deste informe.
L' Oiseau des Lies regresou 24 horas máis tarde por mor de problemas no motor.
Iso debe facer referencia ao barco que viu na última posta de sol.
O barco é propiedade francesa e navega dende Marsella
polo Canal de Panamá e cara os Mares do Sur.
Non desexan comezar o seu debate?
Atendendo á gráfica coido que a nosa opinión está clara.
Non precisamos discutilo.
Non se forcen a abandoar a gráfica.
Estóullelo dicindo polo seu ben.
A pesares do inmutábel da situación
penso que vostedes deberíanse centrar na busca de solucións aos problemas.
Número 279.
Por que neste lugar concreto? A direción é precisa.
12 de Wall Street, Nova Iorque. Espérase a un mensaxeiro. Que mensaxeiro?
A súa soa presenza esperta sospeitas.
Primeiras instrucións, preto do equipo e despois unha ofensiva.
De súpeto a orde de tomar Mauricio.
As accións de Mauricio non se negocian, non existen.
Non hai mensaxeiro. Doutra volta a orde.
Ao tempo, o convencemento: Mauricio a toda costa. Non hai mensaxeiro.
Por que o Océano Índico? Por que Isla Mauricio? Á busca do mensaxeiro.
Está a mensaxe no seu corpo? Ou nun contedor, nunha bolsa?
Capital, Port Louis, Place d'Armes.
En 1847 Charles Dick foi proposto para Gobernador da prisión de Port Louis.
Existe un vencello entre esta promoción e o mensaxeiro?
Comeza a busca por toda a illa. A comunicación é difícil.
Ninguén sabe nada. A poboación cala.
Non hai un número de rexistro para a fervenza. Non interesa.
O pescador en Cap Malheureux, non ten importancia.
A información apunta aos refuxios da montaña.
Pieter Both. Aos mensaxeiros díselles que entren e saian.
Sen éxito. A busca convértese nun absurdo. De volta á Place d' Armes.
A Raíña Vitoria.
Recoñecemento súbito.
O Mauricio Azul.
Atopouse a mensaxe.
Despois dunha investigación máis profunda,
a moza do selo, un ideal pasaxeiro de beleza.
Sería posíbel probar isto en orden inverso.
A curiosidade deu froitos.
O novo recoñecemento resultou. O mensaxeiro foi enganado.
O selo "post pago" foi falseado polo de "post office".
O mensaxeiro foi enganado á hora de pagar.
A palabra "engano" por vez primeira, dous peniques chegarían a valer millóns.
De honorarios de mensaxería sen pagar.
O selo, o destino, o destinatario, non son importantes.
O destino do mensaxeiro é o que interesa. Mauricio xa non interesa.
Non pode ser ao Oeste. Só ao Leste.
5.143 kilometros ao Leste-Noreste.
Direción á Illa. O lugar tal coma se esperaba.
As medicións son exactas. 600 m. de longo, 200 m. de ancho.
Preto dunha palmeira, cables submarinos, cada un cun diámetro de 12 cm.
300 palabras por minuto.
Cara a lndonesia, Sudáfrica, Australia Occidental.
Mensaxes da máquina.
Un mensaxeiro destruiu a máquina de mensaxes do outro.
Quen o fixoo? Un cartel da unha idea.
O Cruceiro alemán Emdem foi derrubado despois de destruir a estación de cable.
O Cruceiro Sydney derrubou ao Cruceiro Emden. Aconteceu o 9 de novembro de 1914.
Os mensaxeiros do cruceiro Emden destruíndo antes da súa destrucción.
A praza está baleira como se esperaba.
O mensaxeiro aniquilado, destruido.
Illa Oeste, 6 de xuño de 1945.
A ubicación está marcada, fácil de atoparar. Un avión estrelado.
Que levaba este mensaxeiro?
Era a súa personalidade relevante ou só a mensaxe?
Só a mensaxe é relevante. A cadea de probas péchase.
O que engana é un mensaxeiro enganado. Engano contra engano.
De xeito que non se trata dun suicidio.
A persoa en cuestión presenta unha impresionante liña de argumentación.
Só queda unha pregunta. Quen era o home morto que vimos ao final?
Francisco Pizarro. Nado en 1470 en Extremadura.
Un porqueiro, fillo ilexítimo dun señor feudal.
Conquistador dos incas do Perú. Asasinado en 1541.
Pensei que a identificación do morto nos ía axudar.
Pizarro non me axuda en absoluto. Viviu no tempo trabucado.
E nunca se detivo en Mauricio nin nas Illas Cocos.
Por estas mesmas razóns, levamos a cabo unha investigación máis profunda
e resulta que Pizarro é o único responsábel dos mortos.
Non sabemos en realidade quen é o morto.
- Fai parte da nosa tarefa averigualo? - Si.
Dacordo.
Na Bolsa de Valores de Nova Iorque quen dixo a palabra 'Mauricio'?
Iso non se pode deducir a partires da información.
A persoa que estaba de costas á cámara.
- Que foi da tripulación do cruceiro Emden? - A maioría foron apreixados.
Arredor de 150 membros da tripulación morreron na batalla do mar.
Só uns poucos que destruiran a estación de cable
voltaron a Alemaña nun barco capturado.
En 1847 foi o director do cárcere Charles Dick quen enviou o Mauricio Azul?
Non podo respostar a esa pregunta.
Só existen tres exemplares do Mauricio Azul en sobres
e ningún está dirixido a Charles Dick.
Comprobaron todos os feitos e medidas?
Si, todos son correctos agás un.
A Bolsa de Nova Iorque é o nº 11 de Wall Street, non o 12.
Por desgraza só respostou a dúas das nosas preguntas.
Pola súa conta, eles non nos axudan.
Sen papeis nunca imos averiguar quen era a persona morta.
Poden pasar por riba unha cuestión
se cren que é complicada de máis ou se lles leva moito tempo.
Esa non é a solución,
non é máis ca un comentario indignante dada a nosa situación.
Teño que interromper. Unha medida administrativa estipulada nas regras.
20 minutos na etapa de neutralización, hai que comprobar o timbre.
Vou chamar ao timbre. Por favor, escoiten e digan se o escoitan.
Ouviron o timbre?
- Dende logo. - Ben.
Daquela podo introducir o seguinte documento, o 280.
Cal das súas glándulas subministra valor? O heroe?
A investigación sobre os seus músculos, texido, células, non esclarece nada.
Abofé que hai un absurdo nisto.
Escollen un símbolo de coraxe.
Mais por que non a coraxe dos elefantes?
Ou a coraxe dos búfalos? Dos leopardos? Dos rinocerontes?
É moi importante que teñan a coraxe dun león.
Escenificación teatral. Estabelecen a súa soedade deste xeito.
A coraxe como unha caste de mobiliario.
Cal das súas glándulas subministra valor? O heroe?
A investigación sobre os seus músculos, texido, células non esclarece nada.
Abofé que hai un absurdo nisto.
Escollen un símbolo de coraxe. Mais por que non a coraxe dos elefantes?
Ou a coraxe dos búfalos? Dos leopardos? Dos rinocerontes?
É moi importante que teñan a coraxe dun león.
Escenificación teatral.
Estabelecen a súa soedade deste xeito.
A coraxe coma unha caste de mobiliario.
A coraxe debilítase coa menopausia.
Un síntoma de minguante virilidade.
Todo o que fica é o legado das accións virís.
Legados máis grandiosos que o modelo que seguiron.
Cal das súas glándulas subministra valor? O heroe?
A investigación sobre os seus músculos, texido, células, non esclarece nada.
Abofé que hai un absurdo nisto.
Escollen un símbolo de coraxe. Mais por que non a coraxe dos elefantes?
Ou a coraxe dos búfalos? Dos leopardos? Dos rinocerontes?
É moi importante que teñan a coraxe dun león.
A coraxe debilítase coa menopausia.
Un síntoma de minguante virilidade.
Todo o que fica é o legado das accións virís.
Legados máis grandiosos que o modelo que seguiron.
Libre expresión dos seus puntos febles.
A súa ridícula destreza, os sus cartuchos de fogueo,
o equipo de pendurar para pendurar.
Que sentido ten este valor? Así, abertamente teatral.
Estabelecen a súa soedade deste xeito.
A coraxe coma unha caste de mobiliario.
A coraxe dun león. Cartuchos de fogueo. Equipos para pendurar.
Todo o que fica é un legado. O legado de accións varonís.
Legados máis grandiosos que o modelo que seguiron.
Os monumentos de persoas son pensamentos de degoiro.
Non podía seguir o documento.
Antes tiña que nos falar da proba do timbre.
Cal é o seu significado?
Non ten explicación.
Alguén virá e dirá que a discusión está acabada
e as regras din que o timbre primeiro ten que ser comprobado.
Non podemos traballar en paz, estamos constantemente baixo presión.
Coma se non souberamos que non temos tempo que perder.
Pero eu non quero que esta tensión nos faga perdernos do documento actual.
É importante de máis, pero eu estou a prol de aprazalo.
As regras permítenlle facer iso. Por que non o fan?
Ben. Daquela imos co documento 281.
Campás de benvida. Campás de tiburón.
Chegando ou partindo, os tiburóns saúdante.
Os tiburóns teñen un avezado sentido do oído.
Illas de saúde, salvación, rescate. Picos de montañas submarinas.
Lugares nos que se cumpre o sumo sacerdocio.
Portadores de misericordia, de culpa, de culpa opcional.
As paredes do templo érguense. Tal beleza en vertical e horizontal.
A única orde posíbel do caos.
As súas medidas ideais inauguran unha visión de conto de fadas.
Os nomes dos monxes non son importantes.
Números.
Obxectos de devoción da meta final, da felicidade.
Ordes de monxes. Imaxes inmortais. Sempre estarán aí.
Pegadas dactilares nas paredes.
Tinta ben conservada, nas paredes.
Fragmentos de oración en linguaxe cifrada.
Brigadas Negras, traballo forzado. Os gardas entregan tabaco.
Amor cruel.
O tempo gardando exercicios espirituais que seguen medidas estritas.
Nos lugares de descanso, baixo o signo da misericordia, a cruz, nomes familiares.
A febre amarela. O tenente da Garda. O sentido do deber.
Unha vez máis a fascinación coa vertical e a horizontal.
Nas ladeiras da montaña, camiños sagrados.
Nas augas tranquilas, o ritual de lavado, protexido dos tiburóns.
O traballo pesado nas canteiras como forma de oración.
Esgazadora facilidade coa que se fan os sacrificios.
Toda a preparación para la celebración.
Destaca a mortificación do corpo que busca o pecado.
Aneis de metal adaptados arredor dos nocellos na noite,
soldados ao armazón do leito da cela.
Isto tamén fai parte da oración.
Abandoados polos sacerdotes, os edificios seculares autoconservánse.
Construccións para baleirar e encher o corpo.
Particular rexeitamento da opulencia, da desmesura.
A similitude entre a roupa, a comida, as celas.
Aredención do pecado pola penitencia. Por quen asumen os pecados dos outros.
Eles son os elexidos. Heroes de solitaria desesperación.
Outra volta fronte ás súas celas de meditación, verticais.
Mesmo a natureza capta o sentido profundo das promesas.
A sala de realización, de preparación para o sacrificio.
Agardando polas vestiduras.
Sumo sacerdote de culpa.
A empatía esváese pola cantidade de tempo que pasou nestes templos.
38 veces experimentou o sumo sacerdote toda a súa extensión.
Renunciou á liberdade. Redimiu a outros.
O encanto desta persoa.
O encanto destas illas.
Ile Royale, Ile Saint- Joseph , Ile du Diable.
A natureza axuda aos sacerdotes con todas as súas forzas.
Á mañá cedo, limpeza final e refresco.
As túnicas dos sacerdotes, púrpuras, a cor do máis alto sacrificio.
O resultado da absorción do calcio no sangue no momento da misericordia.
Preto da puerta atópase o relicario.
A guillotina.
O seu estraño nome non causa impacto. Só a reverencia fai que os ollos se aparten.
E os arcos dos pescozos dos que quedan antes da consagración.
Un estralo, o aire córtase, sen apenas sangue.
A consagración rematou.
Os portadores do cadaleito vístense de uniforme. Os acólitos son tiburóns.
Voluntariosos e rápidos, son chamados polas campás.
O encanto destas illas. Illas da felicidade.
Só uns poucos débiles algunha vez tentaron regresar.
É raro atopar un lugar
que pensaba que nunca volvería ver. ¡E nun documento coma este!
- Estivo alí? - Si, en Cayenne algunhas semanas.
Ocorréusema ir ao outro lado das illas nun barco de pesca.
O meu recordo dalgunhas das cousas adquire agora unha notábel intensidade sobrenatural.
Por exemplo, a rocha co burato no medio.
Os convictos clavaran unha barra de ferro nela, pero só para escachala en partes.
Fixo un ruido estraño cando a rozou o vento.
Como o dunha frauta.
Erguinme no patio ao que fai veada alusión o documento
onde se erexía a guillotina para a execución.
A campá do tiburón xa non estaba alí pero eu ben sei onde a penduraban.
Sempre repenicaba cando os convictos fuxían.
Os tiburóns eran os que atopaban aos convictos fuxidos primeiro.
Non me atopei co home que vimos no documento. As illas están deshabitadas.
Anque en Cayenne e nos pobos de arredor hai exconvictos.
Gustaríame saber por que segue a falar dos monxes.
Deus sabe que na Illa do Diaño non houbo monasterio nungún.
Porque da súa gravación persoal despréndese que hai unha nota adicional.
Disque el sabía que os papeis deste documento se mesturaran
pero non cría necesario alterar a súa gravación.
Parécelles que abonda con esta puntualización?
É unha mágoa que non mencionara isto de antemán.
Xa levamos moito tempo perdido.
Debémonos centrar nas cousas que sexan importantes para a gráfica.
Vaiamos a polo 282.
O primitivismo fai que todo sexa agradábel.
A emoción dun obstáculo
ao que logo se lle pide que colabore a medida que avanza.
O elefante en Nilambur guiado por un home.
Woo, guía de Hong Kong.
Suda. O viaxeiro ri.
Só un pequeno movimento lateral sobre o lombo do camelo.
O tirador de camelos na kasbah sabe pouco sobre o pracer do acaneo.
Inadvertido, cambia o camelo polo carro de cana de azucre
camiño do muíño en Porto Príncipe.
O paso a un carruaxe tirado por cabalos é doado.
O paseo ao longo do Lungomare en Trípoli é agradábel.
Sen problemas no teleférico até a Montaña de Azucre, Río de Xaneiro.
O movimento de vaivén entre as estacións 2 e 3 é inigualábel.
Norte de Filipinas, río Pagsanjan.
¡Que pracer, escorregándose como o aceite na auga quente a 24 graos!
A velocidade máis rápida alcanzada até agora.
Máis rápido aínda, ao solpor en Broadway.
Taxi P72/4102.
Con suspensión neumática, de goma e acolchada. Conducir. ¡Que pracer!
Reflexos nos vidros. A luz das pinguiñas.
Só agora empezan as viaxes. Dende as cristas. Máis e máis alto.
Que pracer, cheo de asombro como colle o voo.
Dende as cristas.
A música é ao tempo triste e alegre.
Para soñar por un intre con voar cara o sol.
E esquecer voluntariamente o facerse preguntas.
A diferenza do que vimos até agora, non se trata de términos individuais
senón dun término preciso, 'voo'.
Pero dunha caste feliz de voo.
Por exemplo, fuxir das cousas que podería amar.
Correr e sentir que estás cada vez máis forte.
Fuxindo en todas direccións, como os anacos dunha explosión.
Ou fuxir e sentir que estás atado.
- Que lle pasa? - Síntoo, non me atopo ben.
Como podemos axudarlle?
Sigamos. Xa lle axudaremos despois.
O seguinte documento é o número 303.
Os outros 20 é más probábel que estean vencellados ao documento anterior.
Son ...
... as facturas dun clube nocturno, recibos para un equipo de buceo, posavasos,
entradas para a montaña rusa, un diccionario de chino,
instruccións dun boomerang, unha pequena vaíña de vainilla,
a tarxeta dunha geisha de Iokohama, etc.
Poden ordear facilmente estes documentos despois.
Así que agora vamos co 303.
Hai unha nota deste informe á que se refire ao final do documento.
O serrador serra.
Vive entre os mortos.
A vida morre por el.
El recompénsaos coa repetición permanente.
Cadaleitos.
Un deles perténcelle.
Imos facero breve.
Se non están dacordo, dígano.
A análise é sinxela. A chave é "a vida morre por el".
Na gráfica, esa é a categoría de 'amor fraternal'.
- Continuemos. - Un momento.
Non podería poñerse tamén o documento na categoría de 'pracer'?
- 'Pracer'? - Si.
Lembro unha frase do documento anterior,
'o primitivismo fai que todo sexa agradábel'.
Iso fixo que me preguntara se el sacara pracer do seu traballo.
Non cre que iso é un pouco esaxerado?
Pero non hai un só documento no que se contemple a actividade como un traballo.
Ten parte de razón.
Podemos poñer o documento nambos conceptos?
- Podemos combinar ambos. - Por suposto.
Isto foi relativamente rápido.
Como imos de tempo?
37 minutos na neutralización e van atrasados.
Número 304.
Saqueadores. Onde está o cuarto?
Patéticos chaláns. Os catro.
Cómicos. Os catro.
Comediantes desagradables. Os catro.
Feitos. Cocalinho, un pobo da selva brasileira.
No río Araguaia, un afluente del Tocantins, afluente á súa vez do Amazonas.
Parte do informe está perdido.
Nada diso. Lino todo.
- Inexplicábel. Parte da película, daquela? - Non, o documento está completo.
- Vexámolo otra vez. - ¡Non hai tempo!
- Vexámolo, se non ao final vainos levar máis tempo. - Velaquí vai.
- Queren ouvir o informe tamén? - Sen dúbida.
Saqueadores. Onde está o cuarto?
Patéticos chaláns. Os catro.
Cómicos. Os catro.
Comediantes desagradables. Os catro.
Aínda non me fago unha idea. Aínda sinto que falta algo.
No entanto, non poderiamos ordealo de todos os xeitos?
- Pero onde o metemos? - Talvez en 'Utopía'.
- Para que non o esquecemos. - Que pasa? É vostede un borrallento.
Amólalle o cheiro que ven do xardín?
Non. Ten alerxia. Probábelmente a febre do feo.
Quere saír un momento?
Creo que é máis importante para vostede que continúe.
O seguinte documento é difícil.
É un documento longo. Nove minutos.
A tarefa implica catro documentos diferentes.
305.
O avión chega ás 8:00.
Quen algunga vez amou sabe que o avión pode vir.
Sempre ás 8:00.
O adeus imaxínase o lugar atrás da orella.
A curva no oco do xeonllo.
Só aquí para dicir adeus.
Nunca antes pensei sobre a calidez deste cabelo.
Todos escoitan o cheiro da morte dos peixes vellos.
É que o sabe todo o mar?
O avión chega ás 8:00.
Non penses que o corazón xa te abandonou.
Un agarimo, un ser esquecido, a súa pel.
Un avión sen ás. As velas cheiran a flores de hibisco.
Nunca sen flores brancas no teu cabelo.
Entregas ao teus fillos , amas aos peixes,
arrástralos á terra nas redes e valos matar.
Pero tamén choras cando dis adeus.
O avión chega ás 8:00.
Durmir contigo.
Eres recendo. As mans soñan cos teus ollos.
Unha alma paralizada pola felicidade.
O avión chega ás 8:00.
Só aquí para dicir adeus.
Amar, por primeira e única vez.
Toda a ledicia até agora era simplemente imaxinaria.
As Deusas son servas da túa beleza.
A noite na súa cabana, a frescura da fervenza,
a alfombra de follas de pandanus son o seguinte sentido para o infinito
no que te deitas.
O avión sae ás 8:00.
Un manto branco cruza o arrecife, decote incansábel
abandona as súas andanzas.
Adeus.
Ao sentir a morte, o coral tórnase negro.
A alma do tiburón determina as capturas.
Salpicado de branco, escoitando o murmurio dos peixes piloto.
A chamada de salida.
Só aquí para decir adeus.
Para esquecer a illa, amor, a ti.
Sabendo o esencial ao cabo. Ogallá que nunca te vira.
Ao oeste das montañas de Moorea hai unha nube de fume.
Caucho, petróleo, adeus.
A illa esquécese. O amor esquécese.
Ti esqueceraste.
Os que buscan a felicidade déixante.
O esforzo final.
A morte.
Pero non te esqueceu.
Morreu hai xa anos en Antananarivo, Madagascar.
53 años. O seu nome, Rarafindrakoto.
O seu mellor momento foi na súa morte.
Tumbouse na lama do outeiro durante anos.
Sacárono da plataforma dos mortos.
Levárono fóra, bailaron ao seu redor no patio de atrás dun bar.
Música para un home morto.
O corpo do home morto é fráxil. Os fluidos do cadáver secan.
A súa forma orixinal apenas perceptíbel. No entanto dáselle un novo sudario.
Non hai proba máis audaz de que viviu.
Partes estragadas inútiles, nin sequera valen como abono.
Pero con alegría, celebran unha existencia pasada.
Pare, por favor. Gustaríame que detivera o documento.
Xamais se detivo antes un documento.
O documento é complicado de máis. Por que non nolo dixo por adiantado?
Simplemente non podía seguilo.
Quen lembra o nome do home morto? Cuando morreu, cantos anos tiña?
Que illa deixou o avión?
Mire, dixo que duraba nove minutos.
De verdade cre que podemos discutir as cousas a tanta distancia?
Que significa o nome Rarafindrakoto para vostede?
Canto axuda se digo que verá Tahití, Madagascar,
Río de Xaneiro, Fujiyama e os cemiterios do mundo enteiro?
Pero os nomes e topónimos déronnos un camiño a seguir en todo o documento.
Por que nos da o cháchara?
- Por que non pode ser máis obxectivo? - Non fale merda.
Por que acusa ao seu pai de falta de obxectividade?
Así que agora dedícase a arbitrar? Pensei que non estaba ben.
Por favor.
Creo que non está en posición de intervir.
Nós simplemente acordamos participar na discusión.
Pero firmaron as regras.
Non dicía nada dunha neutralización.
Nin dunha proba do timbre, nin que tiñamos que renunciar aos nosos reloxios.
Por que fomos forzados a ler estes textos impresos?
Cabaleiros, de que outro xeito ían chegar a un acordo?
Podemos sentarnos con vostede?
Esa será o seu terceiro e derradeiro cambio.
Voltemos.
Imos reanudar o documento aproximadamente dende onde se detivo.
As pezas estragadas inútiles, nin sequera valen como abono.
Pero con ledicia celebran unha existencia pasada.
Odian a estes mortos porque eles tamén son alegres.
Enterrados baixo terra, gustaríalles berrar.
'Vivín. Construín unha casa. Un castelo de naipes.'
'A última carta descansaba tranquilamente antes de que a casa se derrubara'.
'Pero esa era a proba. Vivín'.
O corpo enterrado apresuradamente outra vez. Sen bágoas.
Os achgados nin sequera agardan por este espectáculo.
Eles consólanse no seu orgullo. Consolo cheo de desprezo.
Moitas formas deste desprezo fan parte na preparación.
As súas relixións.
Ninguén sabe cantas hai.
Ninguén será quen de enumerar as cousas que eles rezaron ou rezarán.
Todos estes camiños cara un obxectivo.
Para sobrevivir á morte.
De onde veñen todas estas formas? Algúns teñen 88 ceos.
Outros escadan montañas onde adoran aos máis altos.
A morte é a maior honra para eles. Non teñen protección.
Mais lánzanse cara o seu destino, obsesionados coa morte.
Para gañar forza, sométense ao sufrimento.
Auga fría con xeo.
Aceite fervido.
Lume.
O sufrimento protexe da morte, mentres os que sofren están vivos.
E iso é o que lles preocupa. Vivir.
É como torturar a unha bolsa.
Eles non piden consolo, senón que o esixen.
Após de inclinarse profundamente, xuntan as súas mans.
Ou érguenas por riba das súas cabezas.
Murmurian ou berran fórmulas redentoras.
Chaman ás portas dos seus ceos, soles ou lúas.
Renden homenaxe aos deuses da riqueza, do roubo, da embriaguez.
Apertan unha vantaxa atroz.
Mentras rezan, cada un deles é bo.
Un truco astuto de consolo.
Fan os actos más innobles en nome das súas oracións e dos deuses.
Unha enorme cantidad de miserables.
Golfos, estafadores, charlatáns, traidores, ladróns, asasinos.
Os turnos de adoración convértense no contrario: o sacrilexio.
Bailaríns dispostos a pagar penitencia. Sectas dos que odian a morte.
Esixen aos seus deuses que os bendigan.
Hipócritas.
Os seus berros, a súa danza, a súa fe,
só outra forma de desesperación, de alegría.
Este espectáculo só pretende a inmortalidade dos que a piden.
Mais teñen que morir. Todos eles.
Os seus bailes son agónicos.
Morrerán sen se reconciliar e non pola súa propia vontade.
SA súa morte, a vinganza no universo. Finalmente a liberación da humanidade.
Para eles a morte é a única realidade.
Despois de que todo teña rematado.
Saben como dar xeito á súa morte mellor que á súa vida.
Teñen que morrer. Todos eles.
Os seus corpos fican enterrados outra vez.
Pero antes de morrer, perante o risco da condena eterna,
todos berran.
'Pode que existades, deuses nosos, daquela podedes escoitar'
'que non hai pensamento divino, non hai recompensa celestial,'
'que absolutamente nada pode xustificar o final da existencia dun ser humano'.
Cada un deles berra:
'A morte non existe. Eu son o único que vai morrer'.
Usan este truco para apropiarse dos seus destinos.
Son felices ...
estes estafadores.
Un momento de silencio. Non foi a campá?
Non. Non foi nada.
Por favor, fagan os seus informes. Teñen tres documentos máis.
O seguinte é o número 306. Non hai información adxunta.
Decatáronse de que xusto despois do berro escóitase a palabra 'triunfo'?
Supoñemos que é a palabra inglesa 'triunfo', 'Triumph' en alemán.
Comprobaron o que significa 'Triumph'?
Non, non está comprobado.
Dame un vaso de auga?
Tradución e subtítulos: Cineclube de Compostela
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.