All language subtitles for Blockbuster - S01E10 - Movidas (1)

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil) Download
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish Download
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

Non podes, non colle.

Non, un aínda colle.

Vaia, es un xenio.

Só miro por ti e polo negocio.

Xa que gastaches cartos en todo isto, había que ensinalo.

Para gañar cartos hai que gastalos.

Non podes poñer sempre un elfo mexando na lista dos nenos malos.

Dende o canal 12, Remington Alexander

- está de volta. - Por fin.

A noticia de hoxe é a erupción solar inminente

que ameaza con cortar Internet, a rede telefónica

e a rede eléctrica.

Causou pánico e a xente púxose a comprar…

Que alarmismo.

A erupción solar é real. Por iso China construíu outro Sol.

Entre a erupción solar e o metaverso, pode ser por calquera cousa.

Se son sincera,

comprei cinco quilos de sementes.

Se cadra cae Internet. Non che preocupan os bitcoins?

Xa os convertín a cartos de Kohl.

Parade. É o efecto 2000 de novo.

Dicían que se ían apagar os ordenadores e meu pai imprimiu todo o porno.

E tiven que usar aparte de atrás do porno para imprimir a miña redacción.

A busca do empregado de Inferno a Bocados, Garrett Pennock, é un sexy…

Vale, centrémonos no evento.

Alguén que sobreviviu á avalancha de lambadas dixo:

"Tes que brillar", e ese alguén é o pequeno Stevie.

Estou confusa.

O PEQUENO STEVIE

Expliqueino moitas veces.

Non alugamos tanto como para ter as luces acesas,

así que facemos algo especial.

Engánalos para que paguen por coñecer un actor fracasado.

Non, iso enténdoo. Confúndeme Patrice.

Chameina e non me contestou.

Pasaron dous días, a ver se vai estar enfadada.

Leva así toda a mañá.

Preocupada porque estea enfadada?

Si, son un monstro. Ai, Patrice!

Son eu.

É un lazo de Nadal.

Perdoa.

Tes unha mala postura, coma Patrice.

UNHA SERIE DE NETFLIX

Nunca antes vin tanta xente aquí.

Menos cando alguén dixo que vira a Bono.

Fun eu.

Alguén deixou unhas gafas de sol nunha cabaza.

Creo que agora xa sei como levar o negocio.

As entradas deste evento van pagar a renda de dous meses

e un colgadoiro para a chave do baño.

Non subestimes a nostalxia.

A xente emociónase ao saber que a súa memoria funciona.

Vale, Lena, preguntábame…

A ver, eu gústoche, e ti gústasme…

- Sei que as etiquetas… - Meu Deus.

Miña nai cre que veu un ladrón e vai solucionalo á súa maneira.

Perdoa, teño que ir.

Claro.

NOVIDADES MÁIS DESTACADAS

Sabes que na universidade hai clases pola noite?

Todo sae a pedir de boca.

- Tes o mundo ós teus pés. - Podía especializarme en pés.

A ver… teño un segrediño.

Vale.

Aaron, o marido de Eliza,

vaille volver pedir matrimonio hoxe á noite.

Ese matrimonio non era inestable?

Por iso lle dixen que tiña que facer algo ao grande.

É algo máis complicado do que cres.

Confía en min, sempre me preguntan por temas amorosos.

Quería saber o horario de Eliza

e creo que mo dixo porque non sabe estar calado.

Logo vou ter novas que te van deixar coa boca aberta.

Por favor, grava a proposición.

Tería que ser cinematográfico coma… Pitch Perfect 2.

Veña, por favor.

Podemos colaborar se me pagas.

Non podo pagarche.

- Xa, ía facelo de balde. - Vale.

Mi madriña, mira todos estes rariños.

Hai máis xerseis de Garfield do que estou afeita.

Non van acabar ben.

Papar frío por un filme de Nadal de hai 25 anos.

Non, retiro iso. Non son rariños, son friquis.

- Oíno, riches. - Case nada.

- Cres que son gracioso, non? - Medio gracioso.

Vaia, isto parece o Polo Norte.

Sen merda de elfo. É un gran problema.

Visgo. Imaxínasnos bicando?

Sería rarísimo, non?

Ti, eu, os nosos beizos,

e sabías que os beizos son unha membrana mucosa, non pel?

Vaia, non o sabía, nin quería sabelo.

Xa chegou. Stevie está aquí.

- Ei. - Perdoa o atraso.

Desconcértame o da erupción solar.

E agora son adulto, podes chamarme só Stevie.

Só Stevie enténdeo. E sabedes que? Vendemos todas as entradas.

- En serio? - Vendestes todas as entradas?

É que agora xa non actúo.

Hai moito que non estou diante de tanta xente.

- E se se queren rir de min? - Que?

Non, a xente quérete.

Fai o que fixo o pequeno Stevie no filme

cando bailou a canción de ballet.

Unha gran aperta para coller confianza.

Vale, ben.

Nós animamos a xente e ti dáte unha aperta.

- Que gana! - Vai ser incrible.

- Vale. - Que emoción.

- Vai ser xenial. - Todo vendido!

Unha aperta.

Queredes coñecer o pequeno Stevie?

Non parecedes emocionados.

Así mellor, vale.

Imos comezar cun concurso de trivial de filmes.

O gañador leva este chaveiro do Show de Truman.

Vale, primeira pregunta.

Á parte de Son moi novo para ser Santa,

dicide outro filme dirixido por Roman Polanski.

Ola.

Si!

Tiñas que andar por alí, non por aquí.

Fútbol!

Eh, Stevie. Por que non dis a túa frase?

Si, claro.

Ei, ei, ei.

Fixen eu iso?

- Que pena dan! - Vale, para.

O único que dis son frases de personaxes negras.

"Son moi novo para ser Santa."

É verdade, grazas.

Son moi novo para ser Santa!

NADAL CO PEQUENO STEVIE

Está borracho.

Entendo.

Tío, tes que comportarte. Non podes beber máis, vale?

Sé normal, e deixa de dicirlle á xente por que che botaron.

Nunca.

Feliz Hanuka, rapaz.

Que podo facer por ti?

Que tal? É a túa muller?

- É broma, estou de carallada. - Vale.

Pareces a miña actriz favorita, Angela Racks.

Mimá, tío. Santa fíxolle un cumprimento a túa nai.

- Mira que ben. - E tanto.

Angela era unha estrela porno dos 70. Inventou as orxías modernas.

Foi unha pioneira. Esqueces o DVD.

- Non. - Hostia!

Quería dicir de "fornos". Fixo anuncios

- para unha empresa de cociñas. - Adeus.

Quen non lle chama orxía a cociñar cos amigos?

Eu, Santa non.

Os DVD firmados só a 20 dólares. Non marchedes coas mans baleiras.

Non é o Stevie que lembraba.

Ese non percorrería o mundo

para atopar a cura do cáncer testicular de Rudolph.

Eu falaba do pornografía, non sei que di ese.

Cólleo.

Está a temperatura ambiente.

Parabéns, rapaz.

Vas ver o despegue da miña carreira en Hollywood.

"A beca de novos cineastas…"

Non entrei.

Non podo crer que non entrase.

Ese era meu.

Cantos reembolsos fixeches?

Queres saber o número exacto? Porque che vai dar algo.

Onde van todos?

Marcharon todos por culpa túa.

Acabouse todo. Marcha dunha vez, fai favor.

Marcharía, pero estou borracho. Non é por ser responsable,

é que teño que soprar nun tubo do coche…

Cala a boca!

Cala a boca.

Aínda podedes comprar comida e alugar filmes se queredes.

Xa que viñestes ata aquí…

Que carallo pasa agora?

Xenial, a erupción solar.

Díxenvos que era verdade.

Ninguén cre a Hannah.

Necesito unha copa.

Coa erupción solar, Internet e a rede telefónica están caídas.

As tensións aumentan,

e no condado de Menominee xa hai roubos…

Somos os Jingle Bills.

Vale.

Hannah dixo que esperásemos aquí.

Para a proposición de Aaron, si.

Non hai nada máis romántico que un grupo de padrastros.

Padrastro? Oxalá.

Vas gravalo ti? Hannah di que es un Nancy Meyers.

Iso non é un cumprimento e polo visto non son cineasta.

Se cadra debía gravalo Hannah.

A cámara.

Que lea as instrucións. Ha saber, estrou na universidade.

Incrible.

Todo o mundo entra na universidade.

Marchou o WiFi ao cruzar o río da ruta de Oregón…

Mira a moeda deste novo mundo.

- Non teño abondos. - Xa.

- Cinco dólares o rolo. - Podes chamar a Patrice?

Chámaa ti, ou mellor, vaille á casa, vive ao lado.

Non quero ser pesada. Xa sabes como é isto.

Un movemento en falso e é como o de Sylvia.

Non podo perdela.

Podo usar o fixo? O móbil non vai.

Podes buscar o número de miña nai?

Calade todos un pouco.

- Que fixen? - Chamas a Patrice?

- Que é Patrice? - Viches a Timmy?

Estará na volta da vitoria, como en Daytona 500.

Cando un coche rompe e arde, dá unha volta ardendo.

Isto é serio.

Cando Timmy está desanimado, necesita a alguén, coma min,

para animalo ou dálle voltas ao mesmo…

Teño que vender papel.

Timmy volve fallar. A quen engano? Dáseme fatal.

Non sexas tan duro contigo.

Teño que aprender a beber.

Mira, cando era un rapaz,

miña nai nunca poñía adornos de Nadal,

pero tiñamos un reno, e cada ano que o poñía

os rapaces da veciñanza roubábano.

Sempre a convencía para comprar outro,

pero ó final xa non o poñía.

Eses rapaces eran uns panocos.

Eran. Pero en que momento te rendes?

Mantiven o último Blockbuster aberto logo de todo.

O videoclub é o meu reno.

Se cadra si.

O que máis me gusta de ti é que es esa persoa

que nunca deixa de comprar outro reno.

Un parvo?

Non, un optimista.

Ninguén chama parvo ao meu mozo.

Ah, xenial. A tipa que me gusta ten un mo…

- Falas de min? - Si, es o meu mozo.

Lembras cando eras pequena e tiñas cólicos

e quedabamos vendo loitas de famosos ata que quedabas durmida?

Lembro ser un bebé?

Logo non.

O pequeno Stevie saía nese programa.

Non o recoñecía coa barba de Santa,

pero tentou chantarlle un pau nun ollo a Cheech Marin.

Non é incrible?

O tipo do noso programa.

Non é noso.

Es tan patético coma os parvos que viñeron velo.

Que che pasa?

Pensei que xa nos levabamos ben de novo.

Pois non dás unha.

A lenda.

É un pozo sen fondo ese home.

Esta proposición vai ser xenial.

Dende logo.

Chamádesvos todos Bill?

Si, só te podes unir se te chamas Bill, é a tradición.

Eu chamábame Tracy.

Conseguino.

Acabo de dar co lugar axeitado.

Por fin te atopo.

Ai, ola.

Xa sei que o de hoxe foi moito,

E supuxen que necesitarías alguén con quen…

Dous tequila con Sprite.

Vaia, Lena.

- Ola. - Ola!

Xenial.

Preocupábame que viñeses emborracharte só ata acabar no chan.

Xa pensaba que te tiña que levantar do chan.

Pero supoño que agora es un Timmy novo,

e iso…

é xenial.

Eliza, tes o pelo precioso.

Grazas. O teu tamén é pelo.

Que carallo pasa?

Blockbuster ten debuxos para nenos, non?

Estou desesperada.

Si, claro, e xogos tamén.

As plataformas non funcionan.

Internet caeu pola erupción solar, e agora a xente vai necesitar…

DVD.

Blockbuster é o único sitio da vila. Tes unha mina de ouro.

Tes razón.

Estábao dicindo eu.

E se lle subimos o prezo?

Van pagar o que sexa por ver se Iron Man morre.

O éxito cámbiache.

Díxenche que tiñas que comprar outro reno.

Son un home de renos.

Non entendo o chiste.

Vas querer ver a secuela.

Non sei se tes idade para ver iso. Ten unha F de fantástico.

Nese Shaq faino xenial.

Timmy, estás facendo boa feira.

Vin a un alugar un filme de Jimmy Fallon. E adrede.

Sabía que a xente abandonaría as plataformas

e volvería ao formato superior dos DVD.

A ver, foi á forza, pero váleme.

Non sabía que a xente bicaba con lingua en público.

Xa, dá bastante noxo.

Eliza, necesito que me axudes na sala de descanso…

- Encantada de librarme disto. - Que ben.

Esquecín inventar unha escusa.

Só se pode pagar en efectivo.

- Rexeitaranse as tarxetas. - Tome.

Rexeitar.

Como Patrice me rexeitou a min. Que decepción. Iso sempre o dicía ela.

Compórtate. Temos clientes.

A min tanto me ten.

- Patrice. - Sabes que, Connie?

Se estabas enfadada,

podíasmo dicir e non deixar de chamarme.

E pensar que che tiña unha sorpresa.

Que? Eu fun a última en chamarte.

Ai, si?

Si, non?

Pensei que morreras, ou peor, que me odiabas.

Parezo unha tola, pero valoro moito a nosa amizade.

Eu tamén.

Espera. Que sorpresa tiñas?

Imos a París,

o hotel de Las Vegas.

Dime que teñen bufete.

Teñen deux.

Sei que temos Jungle Cruise.

Hai copias atrás, un momento.

Calquera no que saia A Roca.

Algo para os rapaces, e para mamá cando se bañe.

Consello de baño, podes pasar as escenas de Paul Giamatti.

Ou non.

Xa estamos. Adiante, Bills.

Pode dicirme alguén como facer que as cousas

volvan ser coma antes?

Señor, dáme un motivo,

axeónllome no chan.

Miña nai.

Gansiño… Sei que cometín erros.

Pero quérote máis que a nada no mundo,

e quero demostrarcho.

Entón…

Que che parece se deixamos todo atrás?

Fasme o home máis feliz do mundo casando comigo de novo?

Non.

Como?

Cantamos tamén a de "Faremos o amor"?

Non hai Jungle Cruise?

Non, xa non quedan.

Véxote despois.

Que gana da nosa cita, mozo.

E eu, Eliza.

Eliza non. Quería dicir Lena. Lena.

Si, Lena.

Creo que xa o entendo todo.

- Espera… - Mellor non quedamos á noite.

Non, veña, Lena.

Parece un mal momento,

seino, pero busco un filme sobre un porco, pero que non sexa Babe.

É unha cidade moi grande.

- Pero… - Vale.

FILMES XA VISTOS

Tío, non podes fumar aquí. Que fas?

Veña, home, non sexas malo.

Fai o que queiras, tanto me ten.

Tío, non tiña que ter vido aquí.

Son o albo das risas. Viñeron para rirse de min.

"Imos rirnos do home triste con rosácea

ó que escoltaron fóra do estudio de Nash Bridges extras da serie."

Enténdote.

A ver, non xusto iso, pero…

Descubrín que non entrei nun programa de cineastas,

e ese sempre foi o soño da miña vida.

Nin pensei en non entrar.

Vouche dicir algo, rapaz. Hollywood está cheo de rechazos.

Speven Stielberg non entrou na USC.

Cres que me deron Son moi novo para ser Santa á primeira?

Non. A súa primeira opción morreu nun anuncio de zumes.

Hollywood acaba cos teus soños, vale?

Benvido ao club.

Es un cineasta de Hollywood.

- Grazas, tío. - De nada.

Boa noite.

Hannah, tráeme un vasiño de auga.

É un non de verdade?

Poden marchar os Jingle Balls?

Jingle Bills.

Aínda nos debes metade.

Podemos falalo logo, Bill?

Se son sincero, isto non o vin vir.

Pensei que fixera todo ben.

E fixéchelo.

Pero… facer unha chea de cousas ben

non compensa a gran cousa que fixeches mal.

Trátase diso.

Non.

Non de todo, ou iso creo.

Antes de poñerme os cornos xa tiñamos problemas,

supoño que por iso o fixeches.

Non sei como responder a iso.

Isto, nós…

Xa non estamos ben.

Unha cousa é cando o intentamos por Ali,

pero xa é adulta e ten a súa vida.

E debémoslle a ela e a nós…

intentar ser felices.

E se o que me fai feliz é estar contigo?

Sinto algo por outra persoa.

Que?

Dende cando?

Non o sei.

Se cadra unhas semanas, se cadra…

Timmy?

Síntoo.

Teño que ir.

- Que fas? - Dáme iso.

Saca as mans de Aventuras na neve. Vivimos lonxe.

É o único que impide que os nenos non mordan os cintos.

Hai moitos filmes que lles encantan aos nenos, como Infiel.

Diane Lane faino xenial.

Necesito Aventuras na neve, fai frío.

Temos que falar.

- Agora non. - Xa o sei.

O que viches fíxome darme conta de algo,

e é moi importante que cho diga.

Ei, tío.

Seguro que cho din moito, pero son un gran fan.

Saín adiante coas loitas de famosos.

Podes firmar isto?

Que sentiches ao darlle a Emmanuel Lewis?

Moi divertido. Non é algo do que estea moi orgulloso.

Fíxeno porque necesitaba pasta e Emmanuel mais eu temos corpo.

- Grazas. - Eh, eh.

Perdoa, tío.

- Douche 100 dólares. - Eu todo o que teño no bolso.

Pode haber moito de valor ou pouco.

Quen dá máis?

- Non, grazas. - Veña.

Non te podes avergoñar.

Es o tío que esmagou a Tonya Harding.

E merecíao.

Enténdoo, estás a tomarme o pelo.

Timmy, hai moito que nos coñecemos,

e quero aclarar… Estou farta de ter dúbidas.

- Sen violencia. - Dámo!

Non quero falar das loitas de famosos.

Se queres falar dun filme do meu universo cinematográfico,

encantado.

Eh, que non son un deses cans de antes, son un fan de verdade.

Estás a burlarte de min!

Que pasa?

Veña, non, ho.

Buscemi non.

Parade, por favor.

E Dedal?

Parade, por favor.

O que tes na man é toda a miña semana, tío.

Iso non está ben.

Non podo morrer sendo virxe.

Quen é toda esta xente?

Son Tad, de Ohio. Son Escorpión.

Que lle dean a Blockbuster!

Mira o lado bo, puxécheste como tola

cando o parvo ese me deu un puñazo,

case como se che importase o teu velliño.

Claro que si.

Por que te enfadaches tanto?

De repente.

Cando pensei que as cousas ían ben.

Porque me importa esta merda de sitio,

e enfadeime cando Stevie estragou todo…

Pagueinas contigo

porque din que as pagas cos máis achegados.

E debes ser ti, pois iso.

Pois iso.

Sabes que?

Ese foi o meu momento favorito de todo o ano.

Todo vai saír ben. Podemos limpar, que todo o mundo colabore e…

E de que vale?

Puxen todo o que tiña neste pata de mono maldita

porque aquí sentíame como na casa.

É o único sitio no que encaixaba,

e xa non é nada diso.

Por algo pecharon 9000 Blockbuster.

Fun parvo ao pensar que este podía ser diferente.

Acabouse.

Basta de preocuparme por todo.

Non vou comprar outro reno.

QUE SEXA UNHA NOITE BLOCKBUSTER

Sigo sen saber que quere dicir iso.

Timmy?

Síntoo.

Mi madriña.

Subtítulos: María Suárez Seijas

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.