All language subtitles for Blockbuster - S01E09 - A secuela

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil) Download
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish Download
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

Veña, vide aquí todos. Isto é para vós.

- Non temos nada para ti. - Eu si.

Unhas cousiñas que che van vir moi ben e outras divertidas.

- Tela que perdoar. - Non é un regalo, é traballo.

Tócavos día de promoción. Tedes que montar isto.

Teño que dicir

que ás veces minto como técnica de supervivencia.

- Alguén ten plans hoxe. - Vas ser interventora?

A tenda vai ser unha asesoría fiscal

e vai ser a nova xefa.

É para unha entrevista de traballo.

Preséntome a xefa de comunicacións dun alugueiro de coches.

A rapaza especial precisaba un cambio.

- Es unha rapaza especial? - É unha broma nosa.

- Timmy enténdeo. - Si.

O día do rapaz especial.

Burlácheste del.

Non sabía que o ías usar no día a día

como "mans á obra" ou "vive, ri, ri".

E non sabía que se interesasen no teu currículo.

Que papel máis bo.

É máis suave que o cuíño dun bebé.

Grazas.

Fíxenlle un lavado de cara ao currículo,

imprimín 50 copias e logo deime conta de que os prefiren en formato electrónico.

Experiencia en márketing?

- Contable? - Directora de vendas.

Non fixeches nada disto.

Que saibas que en 2015 tiña o meu propio negocio.

Antes de ver que era unha estafa piramidal,

tecnicamente era directora de vendas.

Enviei unha caixa de aceites ao Canadá.

Vale, esaxereino un pouco,

pero só hai unha palabra que importa.

- Harvard. - Iso abonda.

- Parabéns pola entrevista. - Segunda entrevista.

Xa falei coa de Recursos Humanos e vou falar coa dona,

unha formalidade.

E seica normalmente ofrecen o traballo alí, así que…

Se non volvo, non é que me secuestrasen,

é que comecei a miña época de Beyoncé en solitario.

Es moi vella para que te secuestren.

Se tiveses cartos ou se foses guapísima, vale.

Es guapa, ho, pero á túa idade tes que ser un 11

para que queiran secuestrarte.

Vou colgar o traxe.

UNHA SERIE DE NETFLIX

Os doces ao lado dos Doritos?

Non. Van cos cacahuetes e cos caramelos de chocolate.

A clientela ten que sentirse coma no cine, non nunha gasolineira.

- A conta. - Mira, Donna,

teño uns problemiñas coas comisións do banco,

pero pagareiche a semana que vén.

- A que vén. - Si.

Meu rei, vai haber unha erupción solar. Se cadra non chegamos alá.

- Mark, garda todo. - Si.

- Hoxe non. - Veña.

- Temos que ir a cinco estancos. - Perdoa.

Necesitas algo máis para salvar este matrimonio.

Dásme unha man, amor? Non fai falta, vou ben.

Xa o teño.

Isto que imos montar é de Dedal 2: Guerra de polgares,

a encantadora historia do dedal dunha campesiña, Emma Stone,

na gran cidade, Billy Porter, na busca do dedal soñado.

Logo Billy Porter interpreta a cidade.

Metes o polgar e fala e acéndese.

Pensei que ía ser a tamaño real.

Temos diante

o que neste mundo chamamos un crebacabezas xigante.

Tes sorte, a raíña Connie Serrano ten un doutoramento en crebacabezas.

Vaia, non sabía que tiña diante unha raíña e unha doutora.

Miña nai di que saín do ventre con bo ollo e un bo polgar.

A clave é a organización e o proceso.

Mentres as pezas estean en orde…

Iso saíu da nada.

É un obxecto inmóbil co que tropezaches.

Ola, carameliño. Mira que che traio.

Un batido sorpresa de manga. A sorpresa son as mangas.

Non teño tempo para un batido.

É a bebida perfecta para levar.

Se perdes a palla,

colles unhas tortillas de millo e a comer.

Así inventou papá a salsa de manga.

Xa non se toman batidos? Colleron a Gary o de Groliños

noutro escándalo de animais en monociclo?

Outra vez? Pobres mapaches.

Páganlles con batidos.

Cacho traballo!

Vale, máis para min.

Kayla pareceuche máis "Kayla"?

Igual está de relax.

Lino en Internet.

- Timmy. - Ei.

Unha de Doritos e uns doces.

Que ben soa.

Vale, sabedes que normalmente temos refrixerios para vender, non?

Pois hoxe é algo diferente e non temos refrixerios a vender.

Incrible, e dis que é un restaurante?

Imos ter que ir xunta meu pai.

- Veña. - Esperade.

Acabo de recordar que nos chegaron unhas lambadas

que vos van encantar.

Non vos movades.

BECA DE NOVOS CINEASTAS GRAZAS POR PARTICIPAR

- Carlos! - Que?

- As lambadas de Dedal 2? - Aí.

Creo que non o pensaron moito.

É un filme de nenos, pero parecen dedos cortados.

Os restos dunha explosión dunha máquina de coser.

Vounos vender.

En teoría son de balde ao alugar Dedal 2.

Non vai en contra da política?

Da antiga empresa. Agora estou eu ao mando.

A miña mellor empregada marcha a un alugueiro de coches.

Carlos, ti tamén es o mellor. Pode haber dous.

Xa sei o que sentes por Eliza.

O que sinto? Que sinto? Estou con Lena.

Non concretamos nada. Encantaríame que fose a miña moza.

A xente da miña idade di iso?

Non quero abrir esa porta.

E Eliza?

Perdoa, non preguntei.

Quería facer exercicios de relaxación

e non me dei conta de que tes que respirar en alto.

Tranquila. Supuxen que non comiches.

Grazas.

É A Roca tallado nunha noz de macadamia?

Si, son lambadas de promoción. Unha liana de Jumanji 2.

Noces e abelás en froitas de xelatina.

Vante encantar. Como as Nerds Rope, pero sans.

A miña nova xefa lembrará as miñas lambadas favoritas?

Seguro. Logo llo dis.

Non podo imaxinar Blockbuster sen ti, pero é importante avanzar.

Si.

Aaron emocionaríase.

Anota os que aluguen Mercedes para venderlles un edificio.

Se estades casados, non ten mal.

Non o sabe.

Intentei dicirllo, pero non paraba de falar

de algo de DraftKings e non puiden abrir a boca.

Si.

Cando llo digas,

vaise emocionar máis que min.

Tanto que dirás:

"Aaron, estás moi emocionado. Nifraches cocaína?"

Vou volver ao traballo.

Pechas a porta? Quero practicar a historia

de como xestionar problemas no traballo.

- Claro. - Grazas.

Vale, escoita.

Tanto ten se son crebacabezas, billetes ou a coada.

- O primeiro é clasificar. - Todas as pezas son grises.

Señor, sei que os desafíos máis grandes

son para as persoas máis…

- Que ruído hai. - Se non traballas, por que non marchas?

Miña nai está na casa e está obsesionada comigo.

"Que tal o teu día?"

e comenta nos TikTok con cariñas de estrelas.

É a cariña máis obsesionada.

Por iso quero atopar un piso para min soa.

Sabedes se temos fax, ou que é o fax?

Un piso?

Reservo isto para os gatos de raza pura,

pero ola, señora pantalóns preciosos.

Seguro que estás lista?

É un gran paso vivir ti soa.

Os meus fillos crían que o estaban ata que tiveron que lavar os pratos.

E lavar a roupa. E lavarse eles.

Este piso é incrible, e ten de todo,

menos correo as fins de semana, que fastío.

Por que non imos algunha de nós ver o piso contigo?

Iso, é un pouco raro. Todos os pisos teñen correo as findes.

Iso é o que Big Postal quere que pensedes.

Eliza é parte de Blockbuster,

pero tamén a vexo como parte de Round-The-Clock,

e iso é moito dicir. Si, leva toda a contabilidade,

pero é máis ben a directora financeira.

Non sei moito da súa empresa de aceites esenciais,

pero sei que era internacional.

Eliza é unha persoa auténtica.

É o piar deste lugar

e non sei como vou facer sen ela.

Ah, só quería confirmar que traballa en Blockbuster?

Si, deixeime levar. Perdoe por facerlle perder o tempo.

Quérote.

- Merda, fíxeno de novo. - Graciñas.

Foi moi bonito, e só parecías un pouco demente.

- Era en serio. - Que a querías tamén?

Non che sei dicir. Nesa chamada establecemos unha relación.

Boa sorte.

Necesítoa para saír deste vertedoiro.

É gracioso porque ofende.

Dediqueille a miña vida.

- Perdoa, era broma. - Xa o sei.

Cando vas ser a comediante do Paraíso dos Risos de T.J. Risiñas?

Ah, si, o incendio.

O cable vermello vai co verde.

- Canto tempo leva con iso? - Horas.

Dixo que tiña o cueiro dos crebacabezas.

Será unha broma.

- Mete o polgar para divertirte. - Si!

Mete o polgar e…

Divertirte cos polgares.

Vexo que tes problemiñas. Impórtache se collo as rendas?

Volve tocalo e douche tal hostia

que non vai haber orquestra que toque o que ti bailes.

Os que non sexan empregados de Blockbuster, fóra.

Ola, raparigo.

Temos estes,

unhas regalicias de Mystic River e unha bolsas de caramelos de menta.

- Levo estas lambadas. - Eu tamén as quero probar.

Teñen un parecido a Julie Delpy.

Ei, ola.

Pensei que estarías demasiado ocupada cos Ford Fiesta

como para dar a volta da vitoria.

- Non aceptei o traballo. - En serio?

Estabas preparada para avanzar.

Estaba, pero escoitei as marabillas que dicías de min

e deime conta de que son o piar deste sitio.

Pero é unha moi boa oportunidade.

Esqueces a festa veciñal e o inventario? Necesítasme.

Esa empresa vai sobre rodas.

No Blockbuster é onde podo deixar pegada.

É difícil substituír este traballo significativo e satisfactorio.

- Perdoade. - Si?

Como é o filme no que un becho do espazo cun dedo brillante viste de muller?

- E.T. - Non, o outro.

- O outro? - Non sei para que me molesto, paspáns.

Como dixen, significativo e satisfactorio.

Eu intentei que conseguise o traballo.

Non quería estragalo todo.

É o piar de Blockbuster, pero necesita diversificarse.

Non podo ser o responsable de que non sexa o seu piar.

Que fago?

Non sei, que fan nos filmes?

O contrario de ir ao aeroporto e impedir que marchen?

Botarche fóra da casa e dicir:

"Eric, deixa de fumar maría. Recupera o traballo."

Necesito axuda para que marche. Teño que arranxalo.

- É raro que nos escoitase. - Xa.

Xa teño o piso. Que gana de vivir soa!

Vas vivir ti soa? Adolescente? E eu comparto piso con tres?

Vivir soa evoca a glamour.

Podes ter tantas fotos de Jesse Tyler Ferguson como queiras.

Si.

Cando vaia a Western Union e lle envíe a fianza de 100 dólares,

poderei ver o piso.

Agarda, unha fianza de 100 dólares?

Non é normal pagar por ver un piso.

Fano en moitos sitios agora.

- Díxomo o caseiro. - Non soa ben.

Só miramos por ti.

Non deixarei que uns envexosos

me impidan ter un piso xenial

que ten dous códigos postais.

Fala con Kayla.

Quere alugar un piso e cremos que é unha estafa.

- Intentamos detela. - Non moito, témoslle medo.

Mandouvos vir Kayla?

Está agochada gravándome? Onde estás, Kayla?

- Queres ser viral? - Non, isto é en serio.

Este é o meu momento. Kayla necesítame.

Teño que axudar a miña nena.

Estaba agardando

a ver se me faciades un cumprido polo bo pai que son.

Vale, xa vou.

Kayla, aí vai papi.

Nunca deixas de ser pai.

Ides comer esas patacas?

ROUND THE CLOCK ALUGUEIRO DE COCHES

Quero falar con quen estea ao mando.

O CLIENTE MANDA

Quero falar coa dona.

Andrea, un home quere falar contigo.

Non sei. Non es o home do anuncio de Facebook, non?

Di que a alcachofa da ducha é así.

Di que non. Pode mentir, pero eu fiaríame del.

- Debería…? - Andrea?

Quero falar de Eliza Walker.

Ten pensado deixar o traballo. Tes que loitar por ela.

Non lle ofrecemos o traballo. E pediuno, creme.

Non quería volver a Hollywood Video.

- Blockbuster. - Perdoa.

Confúndome porque dixo que era

o corpo putrefacto do inferno de vendas dos 90.

- Non é unha broma? - Non.

Estiven con ela. Dixo que lle fixeches a oferta.

Polo que deducín do currículo, intúo que Eliza di moitas cousas.

Era un caos,

só lle dixen que viñese para ver se era real.

- Di que foi a Harvard. - Esa parte é verdade.

Por desgraza, non se presentou así.

Podes coller un bolígrafo.

Se o pos boca abaixo é un cabriolé.

Non podo crer que dixese iso e me mentise.

Vale, aburiño.

ALÚGASE

Que pasou?

Pensei que sabía o que facía,

pero estafáronme, papi.

Ven aquí.

Veña, xa o sei. Ven aquí.

Arranxarémolo.

Canto che falta?

Quero meter o dedo de primeiro.

Voume arrepentir, pero por que?

Ser o primeiro é un tremendo honor entre os Dedais.

Estará acabado cando eu o diga.

Teño a mañá libre, pero debo volver ao centro oncolóxico.

- Es oncólogo? - Os dedais úsanse para todo.

Digamos que había un dedal na Casa Branca.

Pero… Marcha de aquí ata que acabemos.

Precisamos espazo.

Para construír.

Todo controlado.

Canto antes rematemos, antes marcha ese enfermo.

Oínte.

Non te equivocas.

Ódioo.

Vas renunciar a un traballo con seguro médico, dental…

- E pagaban horas extra. - Si.

Equilibrio entre vida persoal e laboral.

- …por isto? - Si.

Hai cousas máis importantes

que seguros médicos e o ascenso social.

Todos dependedes de min e gústame estar aquí.

Que interesante.

Estiven en Round-The-Clock e oín unha historia totalmente distinta.

Non vas crer o que me dixeron.

E de que tiñas que ir falar ti?

Seguro que lle dixeron a Timmy

as artimañas coas que a atraeron.

Díxoo Eliza. Espero que non cerrases as portas.

Non lles podes falar de min?

Non creo que Eliza poida enganar os de Round-The-Clock,

pero que sei eu?

Traballo no inferno das vendas.

Falaches con Andrea.

E tanto.

Vale, podo explicarcho.

A verdade é que a vida é dura e…

pensei que podía volver traballar aquí,

pero… Mira, non merezo…

Os cartos que che ofrecían.

Non, mereces máis,

por iso tiven unha pelexa para que non me rouben a mellor empregada.

Tiñan outra oferta para que cambiases de opinión, pero xoguei sucio.

Díxenlles que dirías iso. Eliza, por favor,

tes que quedar en Blockbuster. Dóbroche o soldo.

Dóbralo? En serio?

Quizais o dobre non, o triplo.

É máis que o dobre. Xa veremos.

Seguro? Case non nos podes pagar.

É un xesto máis que nada.

Oíchelo, xa veremos.

- Eliza queda? - Si, queda.

Se quere. Non é un campo de concentración.

Menos mal. Timmy estaría perdido sen ti.

Certo.

Pero hoxe fíxeno moi ben resolvendo o dos refrixerios e…

Rompeume un dente.

Que?

"Doces de millo de Agosto: Osage County."

Moi boa, tiña que ter acabado aí.

Pagueinos.

- Non. - Vas comer máis?

- Non. - Non o fagas.

- Non tes que… - Vale, moi ben.

Sabía que algo pasaba. A min sempre me ignoras,

pero nunca ignoraras as mangas. Por que precisas un piso?

Mamá está seguido enriba miña.

Típico de Shaina.

"Bebe auga. Non vaias á cama ás dúas.

Non conduzas cos ollos pechados por un reto."

"Non deixes os papeis na mesa.

Non compres un quad.

Non traias cans sen dono. Iso é un coiote.

Non ves a diferenza entre un coiote e un can?"

Sempre fai de policía e non podo vivir nun Estado policial.

Si, enténdote.

Non quero que a tires baixo un bus, pero…

Aínda que non o creas, túa nai está mirando por ti.

Que esteas a salvo. Como faría calquera nai.

Se te abafas e precisas un respiro,

coma min, podes quedar comigo.

- Podo? - Podes.

- O teu coiote ódiame. - Chris escapou hai meses.

Non sei que lle pasaba. Eu só lle dicía: "A miña comida, a túa".

Ofendeuse.

Era un gran amigo. Escoita.

Son teu pai. E sempre te vou querer preto.

Sabes como é o meu mellor día?

Cando ti estás traballando e podo pasar tempo contigo.

- Non fai falta pasarse, Percy. - Vale.

- Podo quedar na túa casa? - Vouno pensar.

Si, podes quedar comigo hoxe.

E non tes que avergoñarte porque te estafasen.

Iso é que confías na xente. Es de confianza.

E a teu pai estafárono moito.

Case saio no Libro Guinness dos Récords

de tantas veces que me estafaron.

E iso tamén foi unha estafa.

- Conseguino! Está perfecto. - Mete o polgar para divertirte.

Está pegado con cinta americana e esperanza, pero conseguíchelo.

- Non sexas maleducado. - Por fin. Agora podo?

Xa che cheirei antes de verte, fillo de puta.

E se alguén vai meter primeiro o dedo, vou ser eu.

Non.

Estiven buscando o polgar dos meus soños.

Estiven buscando…

Ten que soar así?

Colleume o polgar.

- Axudádeme! - Non tes o polgar soñado.

Non, Dedal, déixaa ir.

- Non. Tira! - Axuda!

POLGAR AQUÍ

Tira, tira!

Sodes uns monstros!

Connie, muller.

Se cadra fóiseme das mans.

- Que che pasa? - É que…

De nena, miña irmá era boa no colexio.

Meu irmán era boísima no béisbol e os crebacabezas eran o meu.

Preocupábame perder a miña habilidade.

Antes de nada, co que nos dixeches de túa irmá,

a ela non lle foi moi ben.

Agora só ten un marido.

E non perdiches a túa habilidade.

E se a perdeses, es boa en moitas cousas.

Es a única que sabe plastificar tarxetas de socios

e non deixaches que a tipa se metera connosco.

Falas moi ben albanés, e es demasiado modesta para dicir por que.

Ai, rapaces, que bonito.

Moi ben.

- Non tiñas que axudarme. - Que? Claro que tiña.

- Son o piar deste sitio, lembras? - Como esquecelo.

Este "corpo putrefacto do inferno de vendas dos 90."

Si.

Perdoa, non quería dicir iso.

Quería o traballo

e os nervios fixeron unha falcatruada.

Pero estou tan acostumada a coidar da xente

que foi moi bonito que alguén me gardase as costas.

Merécelo.

Aaron cre que coida de min, pero non lle sae de dentro.

- Lena ten sorte de terte. - Ah, si, claro,

só pasamos tempo xuntos, pero é xenial.

Estaba pensando no que dixeches

cando soubemos que este era o último Blockbuster.

Se cadra non hai que centrarse en alugar filmes.

A xente reúnese,

ofrecemos unha experiencia que non existe en ningures.

É especial. Temos que compartir iso, non cres?

Eventos.

Para o Nadal un filme vello desa época.

Como unha Comic-Con, pero máis triste?

Supoño que tes opinións.

Non, non, non.

Logo do de hoxe, apoio as túas ideas

que non teñan que ver con refrixerios.

Pois alégrome, porque estaba pensando

que podería ser a túa primeira orde do día como subdirectora?

Máis responsabilidades co mesmo salario?

Encántame, apúntome.

Un mapache?

Ou Dedal é un chistoso.

Mete o polgar para divertirte.

Mete o polgar para divertirte.

Subtítulos: María Suárez Seijas

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.