All language subtitles for Blockbuster - S01E07 - Anxos

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil) Download
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish Download
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

Incrible, por fin chegou.

- Eu tamén, que emoción. Que é? - Unha peza auténtica da historia do cine

da venda de obxectos de Hollywood Harold,

e foi de balde porque só eu recoñecín a insignia.

Ter recordos coma este vai atraer moita clientela.

Boa idea. Como tardou tanto?

Hai meses que ten a sepultura feita.

O do reparto estivo moi ocupado

dende que decidiron darlle a cada neno un trofeo, a que si?

Redobre de tambores.

- Non. - Quen do reparto?

Nós merecemos un trofeo por escoitar estes monólogos.

É un prato.

Pero non calquera, verdade?

- Verdade? - Claro que non.

É o prato que usou Anthony Hopkins para servirlle a Ray Liotta o seu cerebro

en Hannibal.

- Que dis? - Como comeu o seu cerebro vivo?

Conmemorativo.

- Vaia, mirade quen chega tarde. - Perdiches as chaves no bingo de novo?

Fóiselle o tempo mentres pensaba se necesitaba unha chaqueta.

Ou tiña que buscar os lentes de ler no pelo.

Non é culpa súa.

Tivo que retroceder no tempo para poder bailar un pouco swing.

A verdade é que veño dun funeral.

A miña amiga Helen morreu.

Hostia, Eliza. Xa podías retroceder ti no tempo

e non ser tan faltona.

Estabamos de carallada. Vós tamén dixestes cousas.

O teu foi peor.

Pasácheste un pouco.

Non vou poder ver nin abrazar máis a Helen.

Nin criticar a súa telenovela favorita, El espía y la tía.

O espía e a tía?

- É que rima. - Xa.

Levaches posto o uniforme de Blockbuster ao funeral?

Claro que non. Por quen me tomas?

Puxen unha saia.

UNHA SERIE DE NETFLIX

Non entendo por que necesita as condicións de servizo de iTunes,

o libro de cociña de Paula Deen e o contido do xuízo de Ghislaine Maxwell.

Son de meu pai certo.

Le transcricións de xuízos, as imaxes distráeno.

Ten entradas para a lectura de libros de autoaxuda.

- Todo Pode Mellorar. - É Todo Pode Mullerar.

Un libro de Medea?

É como reconstruír un matrimonio logo dunha infidelidade

dende a perspectiva dos Clinton.

Vou levar a Aaron mañá.

Que ben que traballes no teu matrimonio.

E pareces moi feliz, radiante.

Pero que saibades que esta impresora é do traballo.

En serio? Porque Percy non a usa pouco precisamente.

É por axudar o meu mellor amigo.

Só a usa para cousas importantes.

O outro día imprimiu 15 páxinas da súa versión de "Uptown Funk".

Escribe unhas letras boísimas, pero…

Non che amola que che pase por riba?

Se pasase si, pero non é o caso.

É o mesmo que che mandou que lle abrandases as Timberland no verán

para poñelas el no outono.

Para empezar, son de marca, e segundo, non entendedes a nosa relación. É o meu…

- Se dis o irmán doutra nai… - Non ía dicir iso.

Non entendedes todo o que fixo por min.

Vivía na súa casa cando meus pais se divorciaron.

Somos irmáns de sangue,

pero Percy botouse atrás cando cortei a man.

Aliviade un pouco a tensión cunha calada deste porro imaxinario.

Non? Máis para min.

Ei, pequeno Tim, veño buscar os papeis.

Xa sabes o que é. Déixame probar un pouco.

- Temos que deixar o recendo no coche. - Veña.

- Está un pouco suave. - Está perfecto.

- En serio? - Pásamo.

Ai, perdoa.

Ei, Con.

Quería desculparme pola broma de antes.

Eu non comecei,

pero non podo desculparme por todos.

Non deixo de pensar en todo o que Helen, Yolanda mais eu faciamos xuntas.

Eramos as tres muchachas.

Que tenro.

Contabamos historias, animabamos os vellos xogando ó xadrez

e por suposto, coleccionabamos as nosas figuras de Anxiños.

Perdoa, quería dicir…

Perdoa, non podo pensar noutra cousa. Como fixeron eses nenos un rapaz?

Non o sei.

Se cadra é coma o caso de Benjamin Button.

E como? Porque é un crime todo.

- Non é para pensar niso. - Non sei cal é peor.

Que a nena quedou embarazada e se deitaron

- ou que a rapaza xa tivo a regra. - Eliza, viñeches para iso?

- Para rirte dos meus recordos prezados? - Perdoa, continúa.

Son coleccionables.

- Este era de Helen. - Aínda tes a Yolanda.

Vive en Long Lake.

Está a 45 minutos, teño que parar 20 veces a mexar.

Verei a Helen antes que a ela.

Perdoe, pode axudarme a atopar o filme O código Da Vinci?

E non che interesa unha telenovela de tías encubertas?

Non é unha ficción histórica,

pero conta a verdade sobre morrer só.

Perdoa, está nun mal momento.

Temos O Código Da Vinci e a secuela.

Anxos e demos?

É máis ben unha precuela porque sae antes que o libro.

Está por aló.

Se queres podemos ver a telenovela xuntas.

De verdade?

Vale.

Vaiche encantar El espía y la tía.

- Só tes que ver 20… - Tempadas?

- Anos. Tres tempadas ó ano. - 60 tempadas?

Iso si que é… xenial.

Vou polas fitas.

Vale.

Aceptamos a codependencia de Timmy por Percy,

pero sácao do traballo.

Colle o aparcadoiro dos empregados

e usa a súa para a caravana. Róubanos os refrixerios.

E cando levanto a voz di: "A mica ten poutas."

Si, ten un lado malo e o outro lado malo.

O mes pasado gastou tanta tinta que non puidemos imprimir os cheques.

Non puiden ir ver a Mumford & Sons. Escoito as cancións nos anuncios.

- Aí fíxoche un favor. - Non sei como Timmy non se dá conta.

Voulle dicir algo.

Non me pagan o suficiente. Di que son "gai para as mulleres".

- Que noxo. - Par ser meu pai, é un progreso.

Tes que facer clic en calquera parte da pantalla

e esperar que saia ben. Así é como se xoga ao Buscaminas.

Que tolería.

Que bo. Pero non vin por iso.

Sabes que estudo contabilidade.

Entón pensei: cando foi a última vez

que fixeches contas das relacións?

É por Aaron e Eliza? Romperon?

Connie díxome que Eliza lle dixo que non é bo para ela.

Cando cho di outra persoa,

é máis fiable que… - Isto non é do que oíu Connie.

Ah, vale, non importa.

Non me debería importar Eliza porque pasei páxina. En serio.

- Estou saíndo con alguén. - Con quen?

Aínda ninguén, pero quero coñecer a alguén no mundo real

porque non das atopado un "ti complétasme" na rede.

E Ti Complétasme é unha app para xente que usa Wordle.

Pero sexual.

Xa. E que tal a túa relación con…?

Que tal a túa relación con Percy? Vaivos ben?

Se cadra non é tan equitativa como debería.

Igual tes que pedir respecto e poñer uns límites.

- Como fixeches con teus pais. - Ti cres?

Non che sei.

Non, estamos ben.

A que cheira?

Tío, estás quentando a caixa dos gatos?

É peixe con parmesano.

Por iso uso o voso microondas.

Vas ter que ventilar iso, meu.

Moi ben, xa me ocupo eu.

- Percy, e ese prato? - É o único que tiñades por aquí.

Estaba no Salón da Fama dos pratos.

Veña, chámote logo, meu.

Pasádeo ben.

- Vai estar boísimo! - Eu tentei avisarte.

Isto é a última gota!

O prato? Cando te quixo desafiuzar non?

Intentou que en Míchigan te desen por morto.

Iso tamén me amolou. Igual ca o resto.

Pero desta vou facer algo, igual que fixen cos meus pais.

- Estás mareado? - Tío, o cheira está dentro nosa.

Felipe o tritón zóscalle ao fillo da súa irmá Gabriella,

e Gabriella mata a Felipe.

Pero antes do funeral,

córtanlle as mans e danllas a Mateo,

un pianista de jazz ó que lle amputaron as mans.

- Non pode vivir sen mans. - Claro.

Gabriella e o fillo,

que o interpretou un actor de 12 anos e outro de catro,

atopan a Mateo.

As súas mans están posuídas e veña! Zóscalle ao fillo de novo.

Por que lle zoscan a Mateo nesta escena?

É o seu propio tío?

Que non entendes? Incrible que entrases en Harvard.

Xa o tes.

Es un adulto medio respectable e tenche que tratar como tal.

- É certo, sono. - Timbiño!

- Como che vai? - Como che vai?

- Como che vai? - Adiviña que día é.

- Adiviña que día é. - Adiviña que día é.

Metade de semana!

É xoves.

Que facemos hoxe? Sabes que tiñamos que facer?

Un documental sobre nós.

A verdade é que non podo. Teño que…

Claro que non. Xa nunca podes quedar.

- Que queres dicir? - Ou traballas ou te queixas de Eliza.

Non ten que ver con Eliza.

É que te aproveitas do meu negocio, moinante!

O mico ten poutas. Obviamente collín unhas caixas

de xabrón de mans, pero non compensa un pouco?

Necesitaría cen vidas para compensar!

Trátasme como a merda dende que intercambiabamos chapas de Alf.

Recordas cando me convenciches de que "pirolón" era un rapaz estupendo?

Coñecín a Rick Mahorn e chameillo tantas veces

que me rompeu os cromos de baloncesto e case me dá unha malleira.

Porque eu xa sabía que corrías máis rápido que un ala-pivote.

Isto acábase.

Deixa de usar o meu microondas, a miña impresora,

o meu desodorizante e deixa de usarme!

Sabes que?

Tes razón. Tes toda a razón.

Vou ser un mellor amigo.

En serio?

Oínche alto e claro.

Vale.

Vale.

Vale.

Vale.

- Que ben foi. - Si.

- Mellor do que pensaba. Alucino. - Verdade?

Non era como ver a Greta Thunberg?

Sairá nas cámaras de vixilancia?

Intentei substituír a amiga de Connie.

Son 30 anos demasiado nova para o traballo.

Trinta? Cres que é o número adecuado?

Vale, 20.

Déixame.

Axudádeme a convencer a Connie para que saia coa súa outra amiga Yolanda.

Iso non vai pasar. Vive a 45 minutazos.

Xa, pero ten que ser.

Non podo con esa telenovela.

Os resumes de cada tempada en YouTube duran tres horas.

Os vellos non saen da súa rutina.

- Recórdame a meu pai. - Que se fagan amigos.

- Viven a dez minutos. - Meu pai xa non conduce.

E se vai Connie onda el?

Non. Di que os homes e as mulleres non poden ser amigos.

Hai atracción sexual.

Que parvada. Mira Timmy mais eu. Somos amigos.

Si que somos.

Hannah, teu pai non conduce pero fochica?

Deixa que as mulleres vaian xunta del.

A esa idade queres facelo na casa.

- Teño unha idea. - Non es o tipo de meu pai.

Es guapísima. Só que non es tan forte como a el lle gustan.

Ei.

Podo ir mexar?

Podes, pero que repelente.

Grazas.

Podemos as miñas clientas mais eu usar o baño?

Non sexas tan mal pensado, non entramos xuntas.

Non pensei que…

Podedes ir tras Carol.

NOVOS PREZOS

Ei, Con.

E se houbese outras mulleres soas preto de ti

e puideses quedar con elas sen ter que saír da praza comercial?

A última vez que o tentei acabei esposada á caldeira.

Que? Non. Queremos que atopes unha amiga con intereses similares.

Non podemos ver 20 anos de El espía y la tía.

Nin queremos.

Vale.

A miña amiga xa morreu.

Non teño nada que perder.

Ese é o espírito.

Onde te ves en cinco anos?

Xubilada nunha cabana. Tomo un pouco veleno tódolos días.

É para facerme máis forte, non por mal.

Por iso non ten dentes.

Tes Facebook? Podo mandarche información.

Eu aviso,

só publica fotos con animais mortos e memes.

- Claro. - Encantada.

SALÓN DE CACHORROS

Sempre busco amigas novas. Un momentiño.

Perdoade. Que estaba dicindo?

Correde.

Parece que Connie mais ti tedes moito en común.

Supoño. Tes que vir á miña casa

e rematamos de ver a nova tempada de El espía.

- Encantaríame. Onde vives? - Só a unha hora de aquí.

- Grazas por facernos perder o tempo. - Tiña que ter trampa.

Vaites, canta xente.

Os taboleiros visuais funcionan.

Ola, axúdoa a escoller un filme?

- Un no que saia Dick Van Dyke? - Todos os baños

- están pechados. - En serio?

Aí estás, meu.

Pensei en pasar por aquí e dicir: "De nada."

Por que?

Cortei a auga en toda a zona por mellora das tubaxes,

pero tiña que deixar un baño aberto para que o usase a xente.

Pensei que tiña que ser un mellor amigo para o meu Tim

e que o seu baño funcionase.

Non, non. Non vos coedes, por favor.

Túa nai era unha persoa marabillosa.

A súa figuriña?

Desapareceu antes ou logo de eu marchar?

Boa sorte, abur.

Perdoa que non che puidésemos atopar unha nova amiga.

Queríamos que saíses adiante.

Non sabía que había tantos vellos raros.

Tanto ten, pero fixéstesme ilusións

co de que iades atopar a Gayle da miña Oprah.

Pero o único que conseguistes foi o doutor Phils.

Síntoo.

Se cadra tiñamos que intentar darche unha aperta.

Eses pezuños!

- A un lado, veña. - Unha fila.

- O medio non é un lado. - Unha fila, grazas.

Non o entendo. Nada do que fixeches pode provocar a Percy.

Todo o provoca.

Sempre foi así. É moi sentido.

Por iso o deixo pasar, sempre fai un drama e é máis difícil falar con el.

Perdoa, igual o tiñas que deixar. Culpa miña.

Non, que lle dean.

- Vaise arrepentir. - Isto si que é un avance.

Tanto ten se é "avante" ou "avance", pero isto vai rematar.

Perdoa, podo…?

Non podes cagar no meu baño, non.

É o meu negocio, e só eu cago nese baño.

E agora vou facer de ventre e cagar un zurullo enorme.

Timmy, que fixeches?

Acouga, tío.

Ía dicir: "Podo presentarme?"

Miña nai é a de Peixe Quente, sempre me encantou Blockbuster

e emocioneime ó ver que aínda existe.

Timmy Yoon, encantado. E ti es?

A que marcha.

Eu marcho. Non podo cagar se non hai bo ambiente.

Hai moitas cores coa palabra "pendanga".

Perdoa. Imos arranxala, vale?

Patrice, pegamento de unllas.

Precisas unha licencia para usalo.

É unha emerxencia, Patrice.

Só hai sete figuriñas no mundo destes nenos logo de ter o bebé.

Como o sabes?

Como non o ía saber? É o último Anxiño

que esculpiu Victor Fenton antes de que o despediran.

Todos estes anos… non sabía que che gustaban os Anxiños.

Estou onde estou

porque sei separar negocios e pracer.

É o título das miñas memorias.

Onde estou: A historia de Connie Serrano.

As memorias son a luz no túnel da nosa alma colectiva.

A que hora pechas?

Decontado.

Decontado.

Ola, Percy, vouche dar de hostias.

CARNADA VIVA CAZA - NATUREZA

PEIXE QUENTE

Ola. Quería desculparme por…

Anunciar o programa de defecación?

Si, foi algo estraño.

E estou nun sitio estraño.

A ver se o meu xefe me dá un día por algo estraño tamén. É broma.

Non teño xefe, son o propietario.

Podemos comezar de cero.

Son Timmy, e síntoo.

Son Lena.

E eu son nova neste traballo sofisticado

onde teño que organizar carnada

porque os meus sobriños caeron pola claraboia

e agora teño que axudala.

Alégrame oír iso.

En serio?

Non que os teus sobriños caesen,

meus pobres.

Se cadra tiñan unha razón para caer. A xente cae.

Igual ca ti.

Caíches do ceo porque es un anxo.

É mellor que cale.

Acepto as túas desculpas.

Encantado de coñecerte.

Teño que darlle un sopapo ao meu caseiro e non mellor amigo,

pero despois queres ir tomar algo?

Soa ben.

Xenial.

Percy.

Percy, isto remata agora.

Percy, que carallo che pasa?

Bótote de menos.

Bótote de menos, iso me pasa.

- En serio? - Si, tío.

- É coma se non me necesitases. - De que falas?

Ou estás traballando con Eliza ou intentas saír con ela.

Iso rematouse.

Tío, es un pequeno empresario nominado a un premio.

Na miña experiencia, todos me acaban deixando atrás.

Como a miña muller.

- A miña muller? - A miña muller?

A miña exmuller.

Veña, meu.

Nunca te deixarei atrás.

Perdoa que non quedásemos moito ultimamente,

e perdoa que viñese daquela maneira.

Aprendín o que son os límites polos meus pais

e tento descubrir como poñelos en práctica,

sobre todo cun home co teu empeño.

O que che tiña que ter explicado é que teño que tomar o traballo en serio.

Teño o peso do último Blockbuster do mundo nos meus ombreiros.

Enténdoo. Intentar manter un videoclub na época do 5G é fodido.

É moita responsabilidade.

O que precisas é… un destes.

- Tío. - Deixa que cho acendo.

Sabes que digo?

Sei ben.

Pero sen Joan Rivers xa non hai nada que ver na tele.

Hai unha telenovela mexicana que me encanta, El espía y la tía,

pero polo visto é moito compromiso.

Cantas tempadas ten?

Porque só vexo telenovelas

que lle dedicaron máis de 20 anos á construción do seu mundo.

Es o espía da miña tía.

Entenderalo na quinta tempada.

Vouche dar o meu número

para falar despois de que a vexa.

- Vale. - Non mandes mensaxes.

- É un teléfono fixo. - Non mando mensaxes.

Eu son de mensaxes de voz.

Es o mellor amigo do da tenda de troula

e moi protector co teu baño. Se cadra podes telo todo.

Agarda a ver o resto.

Connie e Patrice entendéronse moi ben.

Son adorables, tedes que velas.

Dúas.

A verdade é que non sei se estarán, así que…

Non son esas?

Si, si que son.

Adorables.

Esquecín que… teño unha cousa.

Non, non.

Non, non, non.

Percy.

A MELLOR SELECCIÓN MÁIS DE 7000 FILMES E XOGOS

Subtítulos: María Suárez Seijas

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.