Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
English
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
Vale, Aaron vai á casa de Chad xogar ao póker,
o das entregas vai a Inferno a Bocados recoller o Monte Anti-Cristo
e mamá vai ter a mellor noite da súa vida.
Como me tarda ver…
Ver a televisión e un bocadillo é a túa mellor noite?
Que é o peor?
Non calquera cousa.
É o novo programa coreano.
O xogo da troita? Boísimo.
Quen diría que nunha orquestra había tanto que co esganar?
Cala. Sen espóilers.
Non estiven nas redes sociais
para facer un maratón dos programas cando chegue á casa.
Ás veces só precisas afastarte do marido molesto.
Teño razón?
Tela toda.
Eu intentei ter os domingos para min, pero acabei invitando a Raúl.
Ten graza, volviches con Aaron hai menos dun mes
e xa necesitas un respiro.
Si, moi chistoso.
Queda algunha copia de Leccións inesquecibles?
Este é o substituto da Sra. Hollinger, a miña mestra de mates.
O seu primeiro día libre en 20 anos.
Detivérona, pero así tamén descansa.
Leccións inesquecibles, tres copias, Clásicos latinos.
Non, alugadas.
Que fai aquí O prezo do poder? Pacino interpreta a un cubano.
Di que temos tres.
Escritores da Liberdade ou Un soño posible?
Non quero…
- Ensinar. Todos fomos ó colexio. - En Salvador branco.
Que raro, non está ningunha.
Esquecédeo, ensinareilles Titanic, pero omitindo as tetas.
Ou non. Que máis ten.
Tes que deixar de pospoñer o do inventario.
Abrín un DVD de La La Land
e só tiña un pouco friame.
É unha mellora, pero…
Sabedes que?
Eliza ten razón, xentiña, hoxe facemos o inventario.
Veña, ho!
Grazas, delatora.
Divertido.
Perdoade, pero pensade
o tempo que perdemos buscando DVD perdidos.
Mimá, túa nai xa sabe mandar mensaxes?
Non, agora dálle por chamar só por amolar.
Son as mulleres do bar. Temos un grupo.
É coma o reality do home que ten catro mulleres.
Parece que causaches boa impresión.
Prométeme que non vas ter 18 fillos.
Rapaces, se me perdoades, vou troitear tranquila!
Voullo roubar.
Facemos falta todos para o inventario. Ti tamén.
Pero a miña quenda xa rematou e O xogo da troita…
Unha obra magna.
Boísima.
Saíu hai seis días.
Se puidese retroceder e dicirlle ó eu de cinco anos
que os mellores grupos e programas van ser coreanos
diría: "Existen as viaxes no tempo? Como morremos?"
Eu morro nun restaurante de Times Square.
Tes toda a razón do mundo, Eliza, xa non é a túa quenda.
Depende de ti se queres cargarnos con todo o traballo
e ir para a casa ver a tele.
DEVOLUCIÓNS
Me cago na cona.
UNHA SERIE DE NETFLIX
- Amor, sigo no traballo. - Ola.
- Que pasa? - Quería verte.
- Bótote de menos. - Ai, si? Que ben.
Algo máis?
E se marcho antes do póker
e vemos un pouco Yellowstone?
- Antes? Non, non. - Si, si.
Amor, que esta é a túa noite. Xa non ves moito os teus amigos.
Queda ata tarde.
Póker, un club de striptease, comer ás de polo con salsa picante.
Encántanme.
Non entendo a diferenza.
The Room é un drama divertido e Room é un drama traumático.
Moi diferentes.
"Rómpesme o corazón, Lisa."
"Estou secuestrada."
Ah, que unha ten o artigo diante.
Ten sentido.
Que divertido, como unha festa de pixamas.
Ese é o espírito.
Quedamos ata tarde, xogamos a verdade ou atrevemento, morre alguén
e un segredo manteranos unidos. E Doritos.
Non. Ese non é o espírito.
Non tes mañá o exame final de contabilidade?
Dille a Timmy que che deixe ir estudar. Todos contamos contigo.
Lino nun pau dun xeado.
Non fai falta.
Nunca estudo e sempre saco notable. Non sei como, pero dáseme ben.
O máis triste que dixen nunca.
O máis triste que dixen eu foi "Unha entrada para Space Jam 2."
Mira a familia traballando xunta.
O pai Blockbuster está moi orgulloso.
E se convertemos esta festa do inventario nunha festa con pizza?
- Que queredes? - Que pagues horas extra.
Váleme con pepperoni.
- Vale. - Xente, menos leria
e poñédevos mans á obra, si?
- Acabo de falar con Aaron… - Que tal a súa noite?
Xenial.
Se cadra vén antes para a casa, e iso gústame,
así que temos que rematar canto antes o inventario.
Se acabamos ás 11, teño tres horas para rematar O xogo da troita.
- Creo que non che dá tempo. - Auméntolle a velocidade.
Arruinaches o cine.
Tranquila, a este ritmo chegarás ás nove.
Terás o teu momento. Traballade xuntos.
Non vas crer o que fixo teu pai.
Mamá, que pasa?
Miña nai necesítame.
Outra vez? Agora que?
Quere que lle escollas o gorro ou que lle leves os paus de golf?
Iso foron recados.
Dixo: "emerxencia." Por algo é igual en tódolos idiomas.
Vale. Iso non pode ser verdade.
Que lle pregunta a teu pai.
Non é unha vantaxe de vivir no mesmo asilo que o teu exmarido?
Aínda que de boa idea non ten nada.
Teñen unha relación complicada.
- É normal. - Dende logo.
É normal que chames ao teu fillo adulto
para que medie quen vai co instrutor de golf.
Son un bo fillo.
Sempre te arrastran alá para que arranxes as súas pelexas.
Non ten ninguén a quen chamar?
É un gusto obrigatorio.
- Gusto adquirido? - Non.
Estou obrigado a axudala cando chama.
Veña, ho, xa o falamos.
Tes toda a razón, pero teño que ir.
Vale, pero bule.
Sen ti, vainos levar toda a noite.
Vale, se necesitas que volva, déixame o teu coche.
Teño unha estrela no Uber, non van vir.
Vale.
Non teño fobia, pero non vas levar vellos no coche, non?
Non. A ver, non o sei. Non prometo nada.
Timmy, quita o freo de man.
Entón non é unha emerxencia de verdade?
Eliza tiña razón.
É unha emerxencia emocional. Agarda.
Eliza, Eliza? A que che gustaba no instituto?
Por fin quixo saír contigo?
Só vos levou 20 anos.
Non estamos saíndo.
Xa a superei. De todo.
Está casada, ou algo así, e tanto ten porque saio con alguén.
Con tres mulleres que só se comunican con GIFs de baixa resolución.
Vaime xenial.
Parece que pides axuda.
Cal é o problema? Teño que volver ao traballo.
O teu abeoji volveu cos timos.
Non é un timo.
Só lle dixen á enfermeira que tiña diabetes
para que me dese xeado en vez de pasas.
E logo vendes o xeado por aí.
É un timo.
É un negocio, pero túa nai delatoume.
Outra fonte de ingresos que destrúe.
Appa, podes pedir desculpas?
Que fas na cadeira de rodas?
Non podo camiñar.
Non quere.
Os anos de sufrimento emocional por culpa de teu pai
afectáronme ás pernas.
- Debía desculparse tamén. - Nin en soños.
Aí pon "Sheila".
É miña. E precísoa moito máis que ela.
Apetécevos unha película?
Antes iso facíavos esquecer o que vos odiades.
E resulta que teño unha copia de Lilo e…
Saw III.
Por algo facemos inventario.
Saw III é a mellor da franquía,
e foi creada por un asiático.
Iso sábeo calquera.
Non o sabías.
- Vouche dar unha boa. - Veña, inténtao.
Tiña que ter casado con Dennis.
Veña, a ver que sabes facer. Mira, é que…
Perdoe, chámase Sheila?
Vale, rexistra o inventario no ordenador.
Debía facelo Timmy,
pero está ocupado volvendo ó berce.
Non precisamos a Timmy. Fíxeno mil veces.
Pero nunca o fixen logo da hora das meigas.
- Son as sete. - Exacto.
A estas horas xa teño un pesadelo sobre James Corden.
Que non te engane o acento.
É un abusón e unha ameaza.
Xa terás as noites de terror co Carpool Karaoke.
- Necesitamos as túas habilidades. - Si, capitá.
Coa luz así pareces o capitán Kirk.
- Que lle pasa a Connie? - Gústalle comer en Souplantation,
pregunta cando vai saír "Mambo número seis"…
Non, está medio durmida.
Nunca queda ata tan tarde.
Di que é un bufo de día, e eu non a vou corrixir.
Este era un momento para min soa.
Debía estar no sofá co gato,
as lambadas de pitufiños e o mellor viño Merlot do súper.
Imita a Cathy?
Non, nese cómic a muller faino bastante mellor.
Hola, papá.
Hola, mijo! Queriamos desexarte sorte no exame.
- Que tal estudando? - Xenial, a todo dar.
Sei todos os números en inglés e en español.
Corazón, prepárate para o traballo.
- Vas chegar tarde. - Mira, mira.
Ai, mijo, como che vai?
Cómo estás? Comes ben?
Si, como... Eh, é tarde. Por que vai traballar agora?
Collín algunhas quendas de noite.
Estamos moi orgullosos. Vas ser un contable estupendo.
Teño que estudar. Te amo.
- Adeus. - Abur, abur.
Onde vas? Connie está rendida.
- Necesítote no ordenador. - Perdoa, teño que estudar.
Nunca vou ver as troitas!
Ninguén se sacrifica polo ben común?
Seguro que non o viches? Sempre din esa frase.
O xogo é morte…
Flocos de millo para a miña umma,
os teus favoritos, moi saborosos, e un clásico.
Estades ben?
- Estamos, si. - Si, grazas.
Agora debes escoller…
Onde vai todo o mundo?
Non podo facer o inventario eu soa.
Sentirédesvos mal cando me atopedes baixo filmes de De voda en voda.
Axúdote eu.
- Hannah… - Non…
- Non era para iso. - Tranquila, eu…
Estaban por orde alfabética!
Están en paz, tomei un batido e estou listo para facer inventario.
- Veña! - Levouche abondo.
- Como imos? - Connie está moi rara,
Carlos estudando, e Hannah intenta axudar, pero empeora todo.
Estamos igual que cando nos abandonastes.
Pero es moito máis cruel.
Non tal, é que teño fame.
A pizza. Esquecinme. Encárgome eu.
Rexistro os números mentres as pido.
Son multitarefa. Queres nós de allo?
E pan con queixo. Que menos.
Debía estar lendo subtítulos.
Logo marchas para a casa, prométocho.
Cada DVD conta unha historia.
Que?
Boa noite. Son Regina Rosenchurch, substitúo a Floy Beckam,
que está de vacacións.
Os científicos advirten que unha erupción solar
podería causar un apagamento no Medio Oeste.
A noticia de hoxe…
Non era que non che preocupaba?
Se vou ser un contable o resto da vida, debo esforzarme.
Ós pais inmigrantes non lles vale un notable.
Encántanme, son como os sobres na casa. Non podes descansar un pouco?
Un cliente está entre dous filmes que Connie non viu
e inventa de que van polo título.
Teño que estudar.
Seguro?
Unha é Michael Clayton.
…e aí é onde aparece Clayton.
Vale.
Dúas pizzas grandes…
Perdoe, pizzas venti e nós de allo…
Un momento, teño outra chamada.
Appa, que pasa?
Vale, Eliza, guapa.
Chámame Beau Bridges porque fixen un bo progreso.
- Vale. - Vou coller uns DVD para rexistrar.
Chámame Kenny Logins porque o vou lograr.
- Non sei que pasa. - Si, unha gran canción.
Non! Non! Timmy! Timmy!
Madura!
Teus pais manipúlante!
Seino porque llo fago á miña filla, pero é polo seu ben!
Que boa idea.
Tomar algo fresco, porque parece que ti mais eu… Non!
Es unha nena de catro anos nun anuncio de panos?
Connie! Connie. Connie!
Veu a policía?
Non! Esperta!
Es máis lenta no ordenador que o preguiceiro de Zootrópolis,
pero só te teño a ti!
Perdoa.
Perdoa, non sei que me pasa.
Creo que… Se cadra tes razón.
Se cadra é raro que queira librarme de Aaron
cando acabamos de volver.
Tería que querer estar con el, pero non podo ver O xogo da troita con el
porque prefire esa dobraxe espantosa en inglés que os subtítulos.
Ese home tenlle alerxia a ler,
e necesito unha noite para min mesma.
Iso é malo?
Aaron está facendo moitas cousas boas.
Por unha vez pensa en min.
Por que parece que teño un gran peso enriba?
Son un monstro?
Estás durmida.
Connie, tróuxenche o teu sabor preferido.
Sprite sen gas.
Si.
Que ben.
Cal é a emerxencia?
A min quéreme máis.
Iso non demostra nada. Aceleraches a respiración.
Respiro así.
Obrigástesme a abandonar os empregados de novo por unha aposta?
Non, queriamos verte.
Estás obsesionado co videoclub.
A nosa familia vai mellor cando somos tres.
Vinvos hai unha hora e é un negocio de verdade.
Non como cando era pequeno e abrín un restaurante.
Boto de menos Tacos Timmy.
Os meus traballadores
son máis familia que vós agora mesmo,
e confían en min.
Quero estar alí para eles, eles estano para min.
Síntoo, pero non podo ser
o Rude Goldberg horrendo da manipulación.
Au.
Pero… es o meu home especial.
Si. Querémoste e iso todo.
Quérovos, pero teño que poñer uns límites polo meu ben.
Este é o trato.
A partir de agora tedes que levarvos ben
e resolver as pelexas sen a miña axuda.
Podemos facelo.
Podo intentalo.
Intentareino.
Ben.
E devólvelle a cadeira de rodas a Sheila, ho.
Grazas.
Connie!
Que fixeches?
O necesario.
Teño dúas horas ata que chegue Aaron.
Podo ver o primeiro e o último programa e supoñer o resto.
E perdes o mellor de todo! Cando descobren que un dos…
Lista para o inventario?
Vai rañala, mija.
Que escándalo.
Vou coller o móbil.
Odio iso.
BENVIDOS A MARWEN
Mira máis a tele.
É o primeiro avistamento logo de escurecer deste bufo de día tan raro.
Sen filtros, vemos como axexa a presa.
Malísimo.
A túa ex tiña mellor gusto.
Era un robot sexual xaponés.
Un robot sexual xaponés-estadounidense.
Nin o sei nin o quero saber.
Non o digas.
Veña, ho.
Encántache isto e sei que odias contabilidade.
Meus pais están asimilando o de ser bisexual.
Non podo soltarlles outra bomba. Necesitan un respiro.
Pero é tempo que podes dedicar a perseguir o teu soño.
Con pais inmigrantes non persegues os teus soños.
Teñen soños que queren que sigas e estudar cine non é un deles.
Por que non traballades? Non queredes marchar?
Son a única que valora marchar?
Acouga. Intento que Carlos saia do armario como director.
Que pasa aquí, friquis?
Que ben che senta este cambio.
Carlos ten medo de dicirlles aos seus pais que é un Michael Bay.
Máis ben Robert Rodríguez.
Bastante máis, pero sen os sombreiros raros.
Escolle o que che faga feliz.
Non quererás acabar coma Eliza.
- Estancada. - Estancada?
Non estou estancada.
Estancada significa "interromper o avance ou desenvolvemento",
e eu avanzo moito. A miña vida é incrible.
Non quererá espertar un día e ver que non lle quedan opcións.
Opcións que lle gusten quero dicir.
Xa o entendes.
Eliza, encantaríame ser ti, tes zapatos que parecen moi cómodos e…
Dáseche moi ben o karaoke. Connie non sabe o que di.
Non estou estancada.
Estou poñendo as habilidades no meu currículo, como facer o inventario.
Non sabía que as bebidas enerxéticas te facían pánfila.
Ti, papahostias, vai rañala tamén.
Mira quen volveu.
- Logo marchas. - Xa non marcho.
Díxenlles que xa non vou pasar polo aro, literalmente.
Miña nai mandábame ser un can de concurso.
Que ben que te defenderas.
Non o podería facer se non me animases a ser mellor líder.
Non estou aquí para animarte ou para solucionarche as cousas, Timmy.
Hoxe era o único día para relaxarme sen que me amolaran.
- Algúns temos vidas. - Xa o sei.
Tes toda a razón.
Por iso podedes marchar todos, acabo eu o inventario.
Síntoo moito, Eliza.
Que raro se fai escoitar "síntoo" dun home.
O Timmy de 13 anos agradéceche que digas home.
Os meus vellos pasaron todo o matrimonio sen pedir desculpas.
Hai que cambiar os costumes.
Sinto que non puideses ver O xogo da troita.
É moi bo, pero compensareicho, prométocho.
Tanto ten. Xa lin o resumo
mentres me agochaba de Connie no almacén.
Víchelo dobrado ao inglés ou con subtítulos?
Subtítulos. Non son un monstro. Quen fai iso?
Perdoa por enfadarme tanto.
Son cousas miñas. Vémonos mañá?
ALGUNHAS PERSOAS
Odio iso. Non, non, non.
QUEREN VER O MUNDO ARDER
Cres que isto é un xogo?
NON HAI MULTAS POR DEMORA
É boísimo.
Só xuntei todo.
Falas de querer ser un director,
pero xa es un director.
Supoño que si.
Grazas.
Creo que xa estou listo para dicirllo aos meus pais.
Iso é! Carpe diem, aproveita o minuto.
É "o momento", pero aínda non.
Veña, chámaos e dilles que queres estudar cine.
É tardísimo.
Dígollo o domingo.
É cando bebe meu pai.
O meu tamén.
Ese matrimonio non pasa do Nadal.
Que?
Eliza é unha boa rapaza.
O infiel non a fai feliz.
Díxoo ela.
Hoxe dixo iso? Que máis dixo?
Que teñen a cabeza de Walt Disney baixo o castelo.
Subtítulos: María Suárez Seijas
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.