Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
English
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
Si, grazas. Quería confirmar cales son os dereitos dos meus empregados.
Claro, agardo.
MÍCHIGAN
Chegaches cedo.
Cheguei ás oito toda a semana.
A quen madruga, Deus axúdao. Iso din os deportistas.
E visten como o pastor de Justin Bieber?
Non, iso non.
E pronuncieime logo do seu incidente co mono.
- Insultarte é difícil. - Ai, graciñas.
Seguín o consello de Eliza de aceptar ser o gran xefe.
Compra, vende, un, outro, conserva, vende. Non falo con ninguén, estou á espera.
Falando de Eliza, como te sentes
logo do que pasou ou non pasou?
Mal. Bastante mal.
Case lle digo que me gusta algo antes de que volvese co marido.
Nada que un chopiño de Jäger e xeado non curen.
Estamos mellor como amigos. Agora podemos volver á normalidade.
Eliza! Véxote ben, véxote elegante, véxote relaxada.
Co uniforme de Blockbuster de sempre?
Tanto ten. Cala.
Timmy chegou ás oito.
Da mañá?
- Non é tan cedo. - Para a maioría non,
pero ti dis que non vale a pena erguerse cedo
porque o dos burritos non abre ata as 11.
Pero o dos burritos é unha gasolineira que abre as 24 horas.
Non quererías ver a xente que vai alí antes das 11.
Chamámolos os matutinos e son un pesadelo.
Non importa.
Seguín o teu consello e púxenme ao choio.
Fixen unha lista de cousas pendentes.
Chegas ás oito e fas unha lista. Cres que Deus te vai axudar?
Si. Abrín unha conta no banco, puxen a empresa ao meu nome
e ata falei cun avogado por temas legais.
- Son bos con iso. - Listo.
Lévoo todo eu. Sen eses xigantes. Son o pai do Blockbuster.
Teño facturas que pagar, gravatas que poñer e libros que ler.
Chamádeme "o pai Blockbuster".
DEVOLUCIÓNS
Por que tes esta música posta?
É a de "End of the World as We Know It" sen letra?
Estou á espera co axente do seguro médico.
Non vaiades perder nada.
- Está todo listo, Sr. Yoon. - Moitas grazas.
Só queda que Percy poña o alugueiro ao meu nome.
Xa podes comezar a deseñar unha cunca:
"O mellor pai de Blockbuster."
Á parte do de "pai", co centrado que está Timmy
e os novos clientes da miña idea da festa…
- O meu vídeo dis. - Creo que vai saír ben.
Se non despido a alguén antes das cinco, perdo a tenda.
UNHA SERIE DE NETFLIX
Que pasou? Pensei que todo ía ben.
Tes novos clientes polo das noticias.
É a primeira vez que tes máis clientes que ratos.
Carallo!
Só se che puxo branco tres veces.
Co divorcio de teus pais
e cando bailaches "November Rain" con Denise Carrera.
Aguantaches o peido e tiveches que ir ó médico.
E ó facer 13 anos, un brinde cómico.
- Que recordos, grazas. - De nada.
Sen a grande empresa é todo carísimo.
Imposto salarial, sen descontos a provedores.
Preciso permisos para manter a tenda legal.
Non o sabía.
Non lle pago á mafia por protección.
O vagabundo ese só vai por alí
porque lle debes 20 dólares.
Teño que despedir un dos meus amigos, da miña familia.
A verdade é que é unha gran putada.
A quen lle vas dar porta?
…durante unha hora,
e aceptou compralo, e logo dixo que eu podía…
Pinta mal cando mira o alguacil.
- Deume un cheque… - Que ben que non pechase.
Botaría isto de menos.
- Eu tamén. - 400 dólares.
ÚLTIMAS NOVAS
- Non! - A custodia do papagaio?
Unha nova moi triste en Iron Creek.
O noso querido crítico de cine faleceu.
É o que vén tódolos meses coa crítica de Hollywood Harold.
E atasca o baño.
- …cada mércores e venres dende 1950. - Que descanse en paz.
O divertido James Eugene Carrey,
o actor canadense que nunca se desculpa, sae nun novo filme.
Pero voulle ter que dicir "non, señor" a Di que si.
- E o papagaio? - Non sei, morreu ese.
Que? Morreu Hollywood Harold?
Non mo podo crer. Era un heroe.
Eu reservo iso para os de emerxencias e os gansos que matou Sully.
Unha lenda que logo marchou.
Son Miranda Golder. Substitúo a Remington, que está de vacacións.
SALA DE EMPREGADOS
Adeus. Que era todo iso…?
Ai, xa volveu, toma!
Ningunha merece o papagaio.
…no centro médico dixeron que devolvera…
Pero que cona é isto? Os primos de Olivia Rodrigo?
É o grupo da miña filla, Trampoline Busters.
Agora podemos poñer o que queiramos.
A túa filla sacou un álbum?
En SoundCloud.
Fixen un CD para escoitalo no coche,
pero só ten para casetes.
- É a primeira vez que o escoito. - Desolador.
Encántame esta. A batería vai rápido.
A letra fala de ti claramente.
Que?
"Xa non son unha nena pequena.
Son grandiña, non quero compartir o Sprite."
Non son tal.
É sobre ser independente.
A loita por liberarse dun home, verdade?
Si. Ti es o home.
Ser nai é unha merda.
Miña nai non me deixaba ter unha tatuaxe. Quedaríame xenial. Mira.
- É un pentagrama. - É máis. Son cinco triángulos.
Ves? As nais non o entenden.
Ultimamente as cousas estiveron un pouco tensas, pero estamos mellorando.
Temos unha illa próspera en Animal Crossing, vale?
Se Ali tiveses un problema comigo, diríamo.
Claro, porque as adolescentes nunca son pasivo-agresivas.
É coma renunciar a un fillo.
Non me imaxino isto sen eles.
Teño unha última idea que pode que funcione.
Sóltaa.
Sabes como pagaba Blockbuster a metade do alugueiro?
Hai algunha maneira de que reduzas o alugueiro…?
O que sabemos é que non vas despedir a Kayla.
- Sabémolo? - É a miña filla.
Non a podes despedir. Son o teu amigo.
- Despide a Eliza. - Descartadísimo.
Ten un máster e cobra salario mínimo.
Carlos non, é un xenio das películas.
Conseguiu alugar Algo en común logo de 2004.
É bo.
Connie non. Trae sopa e dá apertas.
Unha vez deume unha aperta e queimoume coa sopa.
- Déixao, a sopa é boa. - Esa cabaza é unha bomba.
Ten a mesma idade que os clientes.
Quen vai saber que Hank Ackerman é Hugh Jackman?
- Quero sopa de cabaza. - E Hannah non. É boa en…
É unha persoa moi doce.
E xa os descartei todos. Non queda ninguén no encerado.
Kayla non.
Kayla si. Se vai ser xusto, temos que telos en conta a todos.
E se considero subir o alugueiro?
- Merda. - Si.
Vai ser máis duro do que pensaba.
É como retomar o monopatín ós 38.
Cando debuxei unha pirola nunha escaiola.
Si, era moi realista.
O amor de Hollywood Harold polos filmes
inspirou millóns de persoas en Míchigan.
Vale, miles.
Estaba casado cos filmes.
Deulle bicos á Lista de Schindler.
Hai que buscar algo para este andel que honre o seu legado.
De acordo?
Algunha idea?
Dime.
Unha sección para os filmes nos que un home e unha muller namoran
e encaixan perfectamente.
Pero o home envellece ao revés.
Todos eses filmes?
Un para as triloxías nas que o do medio é o mellor,
como National Treasure.
Só hai dous filmes diso.
Wicker Man é a terceira.
Por que estás nesta reunión?
Clienta preocupada.
- E unha sección de adultos? - Por Deus, Connie.
As de porno non, ho.
Filmes con obxectivos adultos e sofisticados, coma O que queda do día.
O deber antes que o amor?
E se o deixamos baleiro? Un símbolo do que perdemos.
Un andel baleiro significa que imos crebar,
e é algo contra o que estamos a traballar.
E as escollas dos empregados?
Vale, iso gústame.
Básico, pero Harold daríalle o seu toque ás cousas.
A metades, ves o comezo dun filme e o final doutro.
Como cando veu o comezo de Bambi e o final de E.T.
Foi un festival só de saloucos, sen descanso.
Pero podíaslle dar o teu toque ás cousas.
Si, voulle dar unha voltiña.
- A Hollywood Harold encantaríalle. - Quería dicir unhas palabras.
Citando o meu músico favorito: "Non es, non es o peor."
Dobre negación.
"Non, non, non me controlarás." Tripla negación. Dobre tripla negación.
"Eliza Walker, es a peor." Aínda cres que non fala de ti?
Como era o de Harold?
- Creo que teño algo. - Que tes?
Perdino.
Odio cando pasa iso.
Que merda.
- Volveu. - Encántame.
Dixemos que nada de psicoloxía,
pero hai algo niso que pode facer que os empregados decidan por nós.
Seguro que se lles facemos unhas preguntas,
será evidente a quen despedir.
Si, como unha entrevista de traballo ao revés.
Exacto.
Nun momento estás traballando e ao seguinte despídente.
Algún non ha de precisalo.
Sen ofender, pero quen traballaría aí
se non tivesen necesidade?
Aínda que teña un microchip, que o goberno espíe o que queira.
Prometinlle a Helen que veriamos a Jeff Dunham.
Preguntei por que cubriches a vacante,
non por que te vacinaches.
FITAS VHS
Vale, a ver.
En primeiro lugar, todos vós.
Segundo, teño que facer os pasos.
E terceiro, ver os programas de xuízos con Hannah.
Dis que non precisas o traballo?
Economicamente supoño que non.
- É o que precisabamos. - Si.
Pero a nivel emocional, iso xa é outro conto.
Antes de traballar aquí non sabía que facer no día a día.
Enganoume xente por Internet.
Pegueime máis dunha vez.
Era adicta aos sprays da nariz,
e peideaba por Shondaland cos pantalóns do pixama.
Unha noite estaba poñendo as luces de Nadal no tellado
e comecei a acercarme ao borde, pouco a pouco.
Acercábame, acercábame.
Moitísimas grazas por este traballo.
Salvoume a vida.
Lembrades aquel avión de Malaisia que desapareceu?
Debía ir nel cando me contrataches.
Xa chega, grazas.
Está pasando algo?
Por favor!
Saíuche máis pelo gris?
Ah, si, estou probando.
Sigue traballando así. Aburiño.
Carlos, cales son as túas fortaleces e debilidades no teu traballo?
Onde te ves en cinco anos?
- Escolle un nome. - Non temos tempo.
Vou cambiar a sección de Harold por escollas dos empregados.
Escolle un nome e un filme que lle gustaría.
Gran idea.
É para conectar coa clientela e cos demais.
Es o noso Zuckerberg, pero non destrúes a democracia
e non comes pelo.
Grazas, tío.
Hannah.
- Merece un aumento. - Vas por mal camiño.
Non dixen que llo fora dar.
- Non quedan Doritos. - Comíchelos!
Díxenche que puxeras dúas filas!
Notaches raro a Timmy hoxe?
Sinto que alguén vai ter que baixar do barco.
Non sei. Escoita.
Son algo pesada en Instagram? A miña filla…
Deixeite de seguir porque comentabas "necesitábao"
nas fotos de Michelle Obama.
Deixaches de seguirme? Cando?
Subestimei todas as miñas relacións.
- Podo entendelo. - Non es quen de xulgar.
Publicas a foto de Snoopy bebendo rosado
co texto: "en viños de can só tomei un".
Veña, Connie, isto é serio.
Creo que Ali me culpa dos problemas entre seu pais mais eu.
Escoita a letra.
"Un apartamento non é un fogar, terás 43 e ninguén con quen contar.
Bebo viño sen pecado, unha rapaza dun matrimonio frustrado."
É moi divertido.
Snoopy usando unha copa.
Imaxínalo?
Escollestes os filmes de Hollywood Harold?
- Hai límite de presuposto? - Non é un Santa secreto.
É unha proba para ver a quen despiden?
- Que? - Van despedir a alguén?
Escoita, Kay.
Kay-cartos, Kmáis.
Ai, non, grazas.
Só quería ver se che gustan as cousas tal e como están.
Vir a unha cápsula do tempo chea de po
e que un tipo cunha camiseta dos Gremlins diga:
"Non naceras cando saíu o filme"
é o soño de calquera rapaza de 16 anos.
- Logo ódialo? - Non.
Digamos que cada vez que teño que vir
cústame bastante erguerme da cama.
Kayla, síntoo moito, pero vou ter que…
Pero que…?
Ei, Kayla.
Hai un tipo ao que lle tes que recordar o seu privilexio,
sei que che gusta iso. Dálle un par de cousas.
Que teu pai se sinta orgulloso.
Que pícaro. Querías despedir a miña filla.
- Díxome que odia estar aquí. - Despide a Eliza.
Ela si que non quere estar aquí.
Di que está sobrecualificada
e usa palabras do Scrabble para confundirme.
Estaría tolo se a despedise.
Xa vexo que pasa.
É un agasallo para a túa vista.
- Veña, home. - Gústache dende hai moito.
Mírate.
Non podes facelo co ambiente así.
Non é iso.
Gústame que sexamos amigos.
Apoio a súa relación con Aaron. Son o meu Ross e Rachel.
- Salvounos con aquela festa. - Salveite eu coa festa.
Fíxose viral por min.
Prendícheslle lume a un gorila de 12 metros.
A ver, é Kayla.
Non podo despedir adultos que precisan o traballo.
"Non podo" non está no vocabulario dun home.
Aínda así non vou cambiar de opinión.
Triplicar o teu alugueiro si.
A vida desta xente está nas miñas mans.
É moita presión.
Como cando o xuíz me mandou elixir con quen quería vivir.
Se Kayla non, quen?
Ei, ola. Se cadra tes algunhas chamadas duns pais enfadados
porque confundín A eiruga lambona co Cempés humano.
Non te podes enfadar.
Xa che dixen que non sei moito de filmes.
Vale, abur.
Comete erros, pero é boa rapaza.
- Perdón por molestar. - Ai, non.
A situación do Cempés humano empeorou.
O director de todos os colexios está ao teléfono
e está tan enfadado que di que te oe respirar.
E de novo, non te enfades.
Diga? Diga?
Ola? Hai alguén aí? Ola?
Despedirei a Hannah.
- Mañá. - Timmy.
- Quero suavizalo. - Timmy.
Non é culpa miña que a tenda de froitas máis próxima estea en Ann Arbor.
Vas despedir a alguén?
- Si. - Non.
Como o sabías?
Compórtaste raro,
- e tes un guecho de pelo gris. - Outra vez?
Percy preguntou se me molestaría deixar de traballar aquí.
Por Deus, Percy.
Era unha pregunta trampa.
E quen vai ser?
É…
É…
E se lle mando unha mensaxe á persoa?
A ver, a sección de escollas aínda non está rematada.
- A quen escolles? - Estou ocupado.
É importante. Por que non o tomades en serio?
Subo a miña escolla.
Escollín a Eliza, Malas nais, Malas nais 2,
- Tira a mamá do tren. - Para.
Carlos, por que te obsesionas co pailán ese cando van despedir a alguén?
Encántame Harold,
e aínda que despidan a alguén, el segue morto.
- Logo vas despedir a alguén? - Dinos quen é, Timmy!
Vale.
- Síntoo moitísimo, pero é… - Renuncio.
- Kayla, non. - Non podes irte.
Tesme que dicir que significa "dpm".
Se renuncio é todo máis sinxelo.
Este lugar é unha merda.
- Kayla. - Merda?
- Kayla. - Pero…?
- En serio? - Mimadriña.
Xa sei que é un mal momento.
Busco un filme de Robert De Niro no que non sexa un vello verde.
Suxestións?
Non me podo crer que renunciase.
Que loucura.
Vouna botar de menos. Que sinalase os meus defectos non,
como que a miña relación coa filla é un desastre, pero como era.
Que? Por que non tomas o problema en serio?
Porque non é un problema.
Non é un problema que Ali me odie
logo de renunciar a tanto para ser súa nai?
Mesmo Harvard.
Sutil.
Escoita, é bo que se expresase.
A túa familia pasou uns meses moi duros.
Iso é que o está asimilando.
Cando o reprima, preocúpate.
O meu fillo esnafrou o coche contra Wendy's.
Agora é avogado.
Pero non é nada xusto.
Seu pai púxome os cornos.
Aínda que nunca llo dixen.
Por que ten que pagalas comigo?
Síntese segura para facelo.
Sabe que diga o que diga,
sempre a vas querer.
Es boa nai, Eliza.
De verdade o cres?
Grazas.
Necesitábao.
Pois claro.
Estou aquí.
Cando coincidamos na quenda.
CRÍTICAS DE HOLLYWOOD HAROLD
Un día duro, eh?
O meu complicouse hai unhas horas, pero…
o teu é duro dende que chegaches.
Si. Ben, xa sabes.
Que pasa con Hollywood Harold?
E non digas que vas estrañar as súas entradas.
A miña familia mudouse ós EE. UU. cando tiña cinco anos
e só tiñamos unha canle.
Vía moito a Hollywood Harold.
Aprendín inglés polos seus filmes.
Por iso aínda digo "colega".
Pensei que só che gustaba O home de California.
Non tiña amigos cando era pequeno.
E… el era como un amigo.
ESCOLLAS DE SETEMBRO
Que tenro.
Tiñas que termo dito.
Harold mais ti sodes coma unha comedia romántica.
Quería que á xente lle importase igual que a min me importan os filmes.
Eu si que o tomei en serio.
Foi sinxelo, escollinme a min.
Non ten sentido.
A Harold encantaríalle.
Cres que lle gustaría… isto?
- Podiamos dedicarlle a sección. - Unha placa para el?
Non, é unha placa para ti, porque es o meu colega.
- Grazas. - Houbo un xiro
- no crítico de cine de Iron Creek. - Sae outra vez.
Na casa do falecido Hollywood Harold Davidson,
as autoridades atoparon os corpos de 50 furóns.
Os defensores dos animais chamárono "o Waco dos furóns".
Non tes que ver así o teu heroe.
…segundo Louanna Eggers, xefa de bombeiros de Iron Creek,
non podían abrir a porta e escapar porque os furóns non teñen polgar.
Ei, estás ben?
Non, parece que ser o pai do Blockbuster é unha merda.
Non me gusta ese alcume.
Pero confía en min, sei como te sentes.
Non podes ser amigo de todos cando intentas facer o mellor.
É unha merda.
Pero síntoo.
Grazas.
Por que non me pediches axuda? Somos un equipo.
Supoño que sería raro se eu estaba tamén na guillotina.
Non estabas. Non podo vivir sen ti.
A tenda non vai adiante sen ti.
Es xenial.
Como empregada e amiga, porque somos amigos.
Claro que somos amigos.
Por que te comportas tan estraño?
E ti que? Estou estresado. Mercurio está retrógrado, si?
Vale.
- Espero que Kayla estea ben. - Non te preocupes por Kayla.
Páganlle por maquillarse
e facer vídeos en TikTok con audios de John Mulaney.
Que vello son.
O pelo gris non axuda.
Pero que conste
que estou orgullosa de ti.
Grazas.
Creo que xa lle collo o tranganillo a isto de ser xefe de verdade.
Chamáronme "señor" e non busquei a meu pai.
Xa rematei o meu primeiro día complicado.
- Kayla non pode renunciar. - Xa está.
Quero a Kayla como unha filla,
pero non podo conservala.
É máis que iso. A verdade é que…
Pedinche que a contratases
para ter unha escusa para pasar máis tempo con ela.
Cala. Cando era unha nena, collíaa no colo,
levábaa a comer xeado e encantáballe.
Encantáballe estar con seu pai.
Pero agora xa non.
Como pai dunha nena que son dóeme porque a quero.
Tanto ten.
Por que non mo dixeches?
Teño unha reputación que manter por estes lares.
Como o dono dunha tenda de troula?
Mira, a cousa é así. Eu págolle o salario,
pero non lle digas a Kayla que…
Dicirme que?
Que conseguín o diñeiro para que non teñas que renunciar.
Ben, vale, o que digas.
Canto entusiasmo.
- Poño isto de volta no armario. - Esa é a miña botella nova?
Si, pero gústame, que máis che dá.
Si, cancelo nena de papá.
- Isto de ser pai… - Verdade?
- Si. - Non.
Ser pai Blockbuster non conta.
Non normalices o alcume.
- Xa non, é apegadizo. - Vale.
Non o podo crer.
Non tiven que despedir a ninguén e agora débesme unha boa, Percy.
Isto demostra que as cousas saen ben cando te esforzas,
es amable e…
Pero que carallo?
Por que saltaron todas as alarmas?
Ai, non.
Volveron.
Subtítulos: María Suárez Seijas
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.