Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
English
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
MÁXIMO 10 MI/H
Fai tres anos en marzo?
Perdoa, quería vir, pero estiven…
Ocupado. Enténdoo.
Pero como Ferris B. dixo: "A vida pasa moi rápido, se non…"
Netflix. Estiven vendo Netflix, coma todo o mundo.
- Que ben. - O seu algoritmo recoméndame
un concurso de cociñeiros, gracioso.
Amanda deixoume por un chef de Manchester que coñeceu en Facebook.
Perdoa, esa frase ía de mal en peor.
Ese tipo debe gañar ben. Os croissants son caros
e tes que ser Tío Gilito para permitirte o de chocolate.
- Hai que centrarse no importante. - E que é?
Non lavar o pelo tódolos días supoño.
Tanto ten, teño a película perfecta para animarte.
Entraron películas boísimas.
Eternal Sunshine, Alta fidelidade,
e se es friqui, Midsommar.
Eu teño unha boa. Como se chamaba?
Sae a muller dos anuncios de auga e Van Jones.
- Da CNN? - Non a entendes.
Jennifer Aniston e Vince Vaughn.
- Separados. - Sen espóilers, non a vin.
Moi boas suxestións, pero eu teño esta.
Baixo o sol da Toscana?
Seguro?
Non vai moito… comigo.
Traballo aquí dende o instituto.
- Iso non che fai quedar ben. - Fíate de min,
esquece as cousas inanes e pensa en Diane Lane.
- Vale, grazas. Traereina pronto. - Non me movo de aquí.
Don, da empresa.
- Donny, que tal das? - Sempre igual.
Non é sinxelo dicilo. Pecharon sete tendas máis.
Sodes os últimos que quedades.
Non me gusta o patrón que se está creando.
Seguro que ides estar ben.
Se cadra tes razón. Os cambios dan medo, pero…
- Un pracer coñecerte. - Que?
- Dixeches que iamos estar ben. - E estarédelo.
Pero eu estou fodido. A empresa vai á creba.
Mañá isto será unha oficina de coworking.
Non te preocupes.
Seguro que estarás ben. Ola?
TERROR
UNHA SERIE DE NETFLIX
BAR ASNO MUSCULADO
Estás ben?
Non. Como substitúo a infraestrutura da empresa?
Compras, alugueiro.
Pagaban metade da renda.
Miña nai, en serio?
- A ver, resolverémolo. - Iso lle dixen a Mindy
da Cabana de viaxes antes de que crebara.
- Internet dá noxo. - Non quería estar de acordo,
pero mira Logan Paul, os influencers
e os tests que che din que servente dos Bridgerton es.
Eu fago o té de Lady Danbury. Esta tenda é a miña vida.
Encántame Blockbuster.
Tiña que telo previsto, pero supoño que non quería velo.
Mira arredor.
A tenda de chanquetas do DJ Steve, pechada.
Iso era unha fábrica de pastillas moi popular.
Agora unha cociña pantasma.
Podías despedirte deses sitios, pero enténdote.
Boto de menos a xente, non os sitios.
Os humanos necesitan interactuar.
Mindy facíame rir tódolos días.
Steve daba bos consellos.
Se non lle dis que pensas dos pronomes.
Se cadra estou anticuado.
Claro que estás.
- Timmy, es un dinosauro. - Non se che dá ben animar.
Pero es o último dinosauro.
É o que nos dicía un profesor en Harvard.
Converte o problema nunha calidade.
Ensinoucho nun semestre?
- Semestre e medio. - Sempre sacando o de Harvard.
O caso é que igual non é malo que sexas o último Blockbuster.
Pode ser algo bo.
- Escóitote. - Será sobre seus pais.
Tivo problemas dende o divorcio.
Na ESO.
Se cadra pelexouse cos compañeiros polo licor e a cervexa.
Ou está desanimado porque aínda comparte piso.
Está asustado porque somos o último Blockbuster.
- Que? - Mirade.
ÚLTIMO BLOCKBUSTER
- Que imos facer? - Organizar unha festa para os veciños.
Unha festa?
Esa é a túa idea?
Gústame, pero pensei que sería mellor.
Ou máis intelixente. Pensei que sería boa. Sigue.
Unha festa para todos os veciños
é a maneira barata e perfecta de atraer clientes
e de lembrarlles que os pequenos negocios
ofrecen algo que Internet non pode, o trato humano.
Como dixeches, como fixeches con Jeff.
- Díxeno e fíxeno. - Veña, podemos facelo.
Non te vira tan entusiasmada con nada
- dende que volviches traballar aquí. - Perdoa por non entusiasmarme
por traballar no mesmo que traballei nun verán da ESO.
Lembras cando ó gótico aquel lle quedou a man no de devolver os filmes?
Si, ho.
Daquela escollín eu o traballo,
non me obrigaron a aceptalo, estando eu sobrecualificada,
para pagar o estudio que tiña alugado
porque cacei o meu marido Aaron nunha cita cunha de 25 chamada Aaron
nun restaurante en Costco.
A rapaza coa que estivo Aaron chamábase Aaron?
- Por que é peor? - Non sei, pero é.
Vale, unha festa de veciños. Gústame, vai ser…
Unha parvada. Unha festa?
Empezarei a buscar traballo. Se hai algún, claro.
Este pobo non é a terra prometida,
sobre todo porque non nos prometeron nada.
Vou acender unha vela cando chegue á casa.
Pedirei un desexo. Como vou ser Tarantino se non traballo nunha tenda de filmes?
Xa, iso é o que te retén.
Este é o único traballo no que o xefe non me berra
nin me manda facer o spagat.
- A vender leggings de novo. - Verei os amigos.
- Quérovos máis que ós fillos. - Podo facelo, pero…
Xente, ninguén vai a ningures nin vai facer o spagat.
As cousas pintan mal, pero alguén moi intelixente dixo:
"A túa gran debilidade pode ser a túa fortaleza."
Fun eu.
Non presumas.
Se cadra a nosa fortaleza é facer que a xente se levante
e quede coa xente.
Agora é máis importante que nunca porque…
NON HAI CARGOS POR DEMORA
- Eh, coidado. - Que está pasando?
Temos que deixar a un lado as diferenzas.
Estaremos unidos por un interese común.
Se cadra o destino quixo que hoxe sexa o 19 de setembro.
Loitaremos pola nosa liberdade.
Non para evitar tiranía, opresión nin persecución, senón a aniquilación.
- Iso é de Independence Day? - É.
Celebramos o noso día da independencia
das empresas que arruínan o país
organizando a mellor festa de veciños
e conseguindo máis membros cá seita sexual
co tipo de balonvolea e Chloe de Smallville.
Si!
Blockbuster á de tres.
Un, dous…
Non é irónico que un negocio pequeno que se opón
a unha grande empresa
sexa unha franquía dunha antiga grande empresa
que leva o nome das grandes películas
que acabou coas pequenas películas?
En serio?
Perdoa.
Para que isto funcione
ten que parecer que convidamos os veciños
para unha grellada entre veciños
porque non só somos empresarios,
tamén veciños.
Non digas "veciño" tantas veces. Pareces o señor Rogers.
E acción.
Carlos e Hannah ocúpanse do márketing en Internet.
Connie está cos porreiros polos refrixerios.
Kayla está colgando os carteis que fixo.
FESTA VECIÑAL BLOCKBUSTER 20 DE SETEMBRO
Falaremos con Patrice polo da manipedi
- e con Carol pola galería de tiro. - Anótame.
Vale.
Rene ten un salón de peiteado canino.
- Mitch pon bebidas. - Serve a calquera.
E ti darás un dos teus discursos.
- Ten claro que si. - E queda Percy.
Precisamos produtos de Troula, Trouleo! e que nos deixe a súa tenda.
Xa o temos. Percy é amigo meu.
Diso nada.
Vai parecer un fastío con alarmas.
Coas alarmas non sería difícil durmir?
Como profesional da industria das troulas,
non me podo asociar cun lambecús calquera.
A miña tenda, as miñas regras.
Percy, tío, veña.
A non ser…
- que lle metamos tralla. - Mesturas expresións.
- Non son expresivo? - Es exparvo.
Se arbitrase un xogo do Monopoly,
seriades meus pais.
Que os nosos sentimentos non nubren o noso xuízo.
- Grazas, Tim. - Nada.
O primeiro que precisas é unha máquina de escuma.
Mira que é sexy transformar o chan nun baño de escuma.
Abofé.
A xente vólvese tola coa escuma por tódolos lados.
Empezan a facer anxos de burbullas. Encántalle.
Si, pero non queremos que sexa sexy.
- Precisamos un DJ. - Mellor varios.
- Que? - Pensas o que eu penso?
- Batalla de DJs! - Batalla de DJs!
Precisamos un gorila inchable xigante coma o dos concesionarios.
Obvio.
E iso por que?
Para atraer xente. Por isto te botaron de Harvard.
- Iso non foi o que pasou. - Dis ti.
Eu ocúpome do gorila
e déixoche a máquina de escuma e a mesa de DJ á metade
porque che axudo, tío.
- Graciñas. Vai ser incrible. - Estades pervertendo a miña idea.
Di que son un pervertido? Contrólaa.
Non, é unha colaboración.
É coma as Yeezys ou os tacos de Doritos.
- Encántanme. - Boísimos.
Só temos unha oportunidade de poder atraer clientes.
Quedo sen opcións. Ten que funcionar.
Non é por presumir, pero Percy mais eu eramos famosos
polas nosas festas na casa de meus pais.
Lémbrome. Non puidemos ter graduación
porque dous moinantes meteron unha pulidora de xeo na sala.
O único caso en Míchigan.
Infórmate ben.
A ver, cun pouco de respecto, iso foi na ESO, vale?
Sei do que falo. Sei de márketing.
Só uns cinco minutos.
Pero gradueime en menos dunha década.
Repetín secundaria. Ti estabas alí.
Non sei ti, pero eu non uso álxebra.
Parade. Percy está molesto porque quere axudar.
Eliza está molesta
porque o marido lle puxo os cornos.
- Pero se… - Timmy!
Iso era privado.
Sabes que? Boa sorte.
Sorte coa parvada do gorila, a batalla de DJs
e a troula do carallo.
- E a máquina de escuma! - É mala para a saúde!
- Vou… - Si, arranxa iso.
Non deixes así a escuma, é a parte máis sexy da festa.
Eliza.
Perdoa, non quería dicir iso. Percy está un pouco fumado.
Precísoo para o aparcadoiro.
Non, precisas madurar.
Que? Xa madurei.
Dis ti?
Compartes cerebro co tipo co que facías galletas.
Non tiveches unha relación tan longa coma un xiro no microondas.
- E sempre dis "do copón". - Teño un negocio.
- Aínda compartes piso. - Só con un. Garrett non está.
A vida non é coma en Novos policías. Non podes volver ó instituto.
Que tiña de bo aquela época?
Percy mais eu eramos os reis do colexio.
O director deixábame rapear os anuncios.
Non tiña cabelo branco polo trauma do divorcio de meus pais.
O divorcio trastorna os rapaces, eh.
Estou ben. Ti tes un desastre de vida.
Non podo crer que lle contaras o de Aaron.
Todos saben que o teu marido che puxo os cornos.
- Si? - Non o sabía.
- Por iso vos separastes. - Estabas casada?
- Divírtete na festa dos collóns. - Eliza.
Segue en pé a festa veciñal?
É por se me depilo as pernas.
Segue en pé e vai ser a festa do ano.
Tías, non?
O xénero é un espectro. E sexista tamén.
- Sexista? - Ten razón.
Só teño 24, non debía darche consellos.
Pensaches que se cadra Eliza enfádate
porque che gusta?
Que?
Sabes que?
Ten toda a razón.
Agora me lembro. Si, ho!
Namoraches dela aquel verán que traballou contigo.
Non. Se cadra sentín algo por ela daquela,
pero foi hai 20 anos.
Por que cres que aínda sinto algo?
Sabes como me sinto ou que?
- E ela tamén? - Se cadra si.
Faime caso. Non a cagues onde che dan de comer.
E non fochiques con quen traballas.
Dígocho por experiencia.
Non falo de fochicar con ela.
En caso de falar diso, e non falo diso.
- Xa calo. - Se queres o meu consello,
que é raro, porque tes 15 anos máis ca min,
dille o que sentes canto antes.
Tiña que terlle escrito a Walter Mercado.
Tiveches tempo. Foi vello dende que naciches.
Coma Coronel Sanders e Elmer Rosmón.
Dillo na festa.
- Sería de cine. - Vaslle facer caso sobre mulleres
a alguén que di que "é de cine"?
Tes que esquecerte dela. Confía en min, sei de mulleres. Eh, Mitch.
Pago a seguinte. Adiviña quen vendeu a primeira copia do libro
Como ser mullereiro logo do divorcio.
- Dáme esa botella. - Compreillo eu.
ANOTÁDEVOS
LUXO PARA MASCOTAS
Imaxinei o noso último día cun pouco menos de xabrón.
Xa non tes escusa para non ir a Hollywood.
Aínda busco a miña voz.
O TikTok que fixeches hoxe é mellor que A guerra das galaxias.
Vale, aínda non vin ningún.
Uso moito Reddit.
Cal é o traballo dos teus soños?
Con animais, pero a comunicación é difícil.
Ou costureira, pero só para bonecas.
Teño que quedar. Farei o teu soño posible.
Que ti vas facer que?
A película Un soño posible.
Serei a persoa de cor
que lle ensina a unha rapaza branca o que pode conseguir.
Non podo empezar de novo con novos compañeiros.
Eh, rapaces, sabedes algo de Eliza? Vai vir?
- Mimá, valo facer de verdade. - O que?
Batalla de DJs!
Podes dicirlle que o baixen?
Intentareino.
Conseguímolo, tío!
Nunca o dubidei.
Está un pouco alto. Non cres que mensaxe
de "apoiar os negocios pequenos" está algo oculta?
Por que o dis?
APO - NEGOCIOS
Iso era a intención da festa.
Vou dar un discurso de corazón sobre a comunidade.
Claro.
Non é unha festa ata que hai mensaxe.
Sen ofender, pero non se che dá ben falar.
Vou falar de todo corazón.
Necesito que funcione ou vouno perder todo.
E non son só eu.
Teño que ocuparme da xente que traballa aquí.
Vale, enténdoo.
Vai saír ben.
Teño unha sorpresa e logo xa vas ti.
Non o pillaches. Veña.
Señoras e señores.
Mirade atentos ao ceo
para ver un saúdo resplandecente!
É de día.
Percy!
Non marchedes, quedade.
Quedade. Non, non, quedade.
Onde ides?
Non podedes marchar sen mensaxe.
Perdín unha gran troula.
Eliza, viñeches felicitarme
por tirar a tenda pola retreta?
"Retreta" non é o mesmo que "retrete".
Tocábame entrar agora.
É broma.
Vin axudar porque nunca vin unha festa
con máquina de escuma que non acabase nun desastre.
Grazas.
Escoita.
- Eliza? - Dime.
Hai xa tempo que teño gana de dicirche unha cousa.
- Perdoe, son… - Remington Alexander da Canle 12?
Culpable. Traballa aquí?
Quería facer unhas preguntas sobre o ataque do gorila.
Son o propietario. Perdoe, dixo "ataque do gorila"?
Non viu isto?
NOVAS DA CIDADE
Estamos no último Blockbuster, onde se gravou
hai menos dunha hora o ataque do gorila.
Que pasou aquí?
Un foguete alcanzou o gorila inchable xigante,
que non foi o mellor,
pero Carlos, que está aí, fixo o resto.
- Entrevistádeo. - Non, grazas.
Vale. Pode dicirnos algo máis?
O que pasou antes é aínda máis importante.
- Que? - Remington, como sociedade,
perdemos algo grandioso.
Todos nós.
Para comprar adornos para unha festa e incluso alugar unha película
interactuabamos cunha persoa.
Pero empresas como Amazon quitáronnos iso.
Por iso a xente vive enfadada.
Non podes substituír unha persoa
cun programa de ordenador
ou o sorriso dun estraño cunha caixa cun sorriso.
Coa festa queriamos lembrarvos diso.
Se estades de acordo, unídevos a Blockbuster
no centro comercial da cidade,
e xuntos, a nosa comunidade pode facer algo
que ningunha outra fixo, manter Blockbuster Video en pé.
Si!
- Si. - Si, tío. Si.
Moi ben!
Polos roliños de berenxena, que razón tiñas!
Esta película animoume logo de que me deixaran.
Deume esperanza cando non a tiña.
Como a Toscana fixo por Frances.
Saímos na tele? Escoitade, este tío é un xenio.
Á merda os algoritmos. Que viva o Blockbuster!
Vale.
E se lle ensinas ós espectadores o último Blockbuster do planeta?
Sería un pracer. Por aquí.
- Meu Deus! - Mimá, Carlos!
Significa que agora es un director famoso?
Vin ese tipo entrevistar unha marioneta na final da EuroLiga de baloncesto.
Estou contento porque conseguimos publicidade.
Quen o subiu?
Non o sei.
Vaites, vaites.
Publicouno Kayla.
A alguén lle importa.
Acougade. Foi para avergonzar a Timmy e a meu pai.
Oístes iso? A miña filla dixo "pai"
sen dicir "cornudo".
O mellor día do mundo!
- Ven aquí. Non dixo "cornudo". - Vale.
Non o dixo!
CRIME CIENCIA FICCIÓN
Agora teño que felicitarte.
Contra todo prognóstico e o Deus que cría coñecer,
Percy mais ti puidestes entregar a mensaxe a moita xente.
O teléfono non para de soar. Temos 87 membros novos.
Non dou crédito.
Foi idea túa, así que grazas.
Con sorte é suficiente para aguantar un día máis.
Iso espero.
Non llo digas ó xefe, pero gústame isto.
Nin lle digas que se esta tenda sae adiante
necesitaremos o teu cerebro de Harvard.
Fun a Harvard.
Sinto moito o que dixen onte, de verdade.
Estaba con moito estrés, e o divorcio provócame, igual que a ti.
E…
Pensei en todo o que dixeches, e tiñas razón.
Teño que deixar o pasado.
A relación de meus pais non funcionou, pero as miñas poden.
É unha parvada.
Eliza, inspiráchesme para madurar, en serio,
- por iso… - Non tolees.
Que sexas un neno é o que me gusta…
É dicir, o que á xente lle gusta de ti.
Iso é converter o problema nunha calidade.
Non é unha parvada.
O divorcio crea traumas.
Conseguín ver cousas con outros ollos.
Aquí estás.
- Ei. - Espérate o Camaro, querida.
Vou agora.
Eh, Tim, vinte nas noticias.
- Vendinlle un apartamento a Remington. - Que ben.
- Espérote no coche, gansiño. - Vale.
Un de tres cuartos.
Cando nos coñecemos, tiña un riso de ganso,
e agora chamámonos "gansiño".
E imos tomar algo.
Fixeches que vira as cousas como a miña filla.
Mudeime cando Ali foi á universidade, e pensei que ía estar ben, pero…
estalle custando.
E preocúpame que sinta
que non ten onde volver,
e voulle dar outra oportunidade a Aaron.
Por ela.
Que menos.
Claro.
Espero que funcione.
Grazas.
Boa noite.
Subtítulos: María Suárez Seijas
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.