All language subtitles for Wonders Of The Solar System 05.BBC.2010

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic Download
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
en English
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil)
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish
es-419 Spanish (Latin American) Download
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish Download
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

Vivimos nun mundo de marabillas.

Un mundo de abraiante beleza e complexidade.

Hai vastos océanos e climas incribles.

Montañas xigantes

e paisaxes abraiantes.

Eu son un físico, e estou fascinado pola forma en que as leis da

natureza fixeron isto e, á vez crearon tan diversos e diferentes

mundos no Sistema Solar.

Creo que estamos vivindo a maior época de descubrimentos nunca coñecida.

Viaxamos ós lugares máis afastados do Sistema Solar.

Fotografamos novos e estraños mundos,

lugares con paisaxes inéditas, saboreado aire extraterrestre.

Pero o único que non atopamos neses mundos

é o que fai o noso planeta único.

A vida.

Pero é isto totalmente verdade?

A Terra é o único lugar do sistema solar que alberga vida?

Hoxe buscaremos mundos en que se dean as condicións para a vida.

O que imos atopar responderá cuestión: estamos sós?

Esta non é só unha das cuestións fundamentais da ciencia,

senón unha das preguntas sen resposta resposta da historia humana.

Flotando no Mar de Cortés (México) está o buque de investigación Atlantis,

a nave principal para a explotación dun dos mundos extraterrestres coñecidos.

Pero é un mundo extraterreste no noso propio planeta.

O Atlantis é a base para Alvin,

un dos submarinos máis resistentes do mundo.

Construído con tecnoloxía espacial

foi deseñado para explorar as maiores profundidades do océano.

E eu teño a sorte de poder dar un paseo polo fondo do mar,

a dous quilómetros dende a superficie.

Esa debe ser a cousa máis parecida a ir ó espazo que se poida facer.

E xa que non vou ir en breve ó espazo, é a seguinte mellor opción.

Véxovos en oito horas.

Roger, Alvin. As súas constantes son boas. Permiso para mergullo.

Roger. Alvin mergullándose.

Os paralelismos cunha viaxe ó espazo son obvios.

Segundo descende a pequena cápsula deixamos atrás a familiaridade

da superficie do planeta e entramos nun mundo estraño e hostil.

Se algo sae mal, estariamos completamente sós.

Os pitidos nunca son bos.

Afortunadamente Alvin é só un entre puñado de submarinos que poden

resistir a presión colosal das profundidades do océano.

Na superficie estamos afeitos a unha presión.

A medida que descendemos a presión medra unha atmosfera cada 10 metros.

E aumenta rapidamente.

Descendemos a 1 km. A presión externa é agora

de 100 atmosferas, é dicir, maior ca na superficie de Venus.

Se nos preguntasen se pode haber vida a 100 atmosferas,

con frío, escuridade, sen trazo de luz solar,

na escuridade total, diriamos que non.

Ben, eu diría que non.

Pero as profundidades do océano non están deshabitadas.

Iluminadas pola luz de Alvin,

atópanse oasis de vida nos desertos do océano.

Tocamos fondo despois de aproximadamente unha hora de baixada.

Paramos na escena do crime máis incrible.

Mirade isto.

Tocamos fondo sobre vermes de tubo.

Son marabillosos.

Esta cidade mergullada é un dos lugares máis estraños do planeta.

Xurdiu arredor dun conduto hidrotermal, unha abertura volcánica

na codia terrestre que bombea sulfato e auga a uns 300ºC.

E dalgún xeito, a vida abriuse camiño nestas condicións.

É un sitio certamente notable.

Hai auténticas,

esteiras de bacterias amarelas.

Mirade isto. Non son só bacterias

senón organismos realmente complexos.

Extraterrestres. Esa é a palabra.

Realmente parécennos extraterrestres.

Para min, é realmente fascinante atopar vida aquí abaixo

onde as condicións do fondo do océano son

máis semellantes en moitos sentidos ás condicións de mundos afastados

a millóns de millas de distancia no sistema solar, que ás que

se dan a dúas millas da miña cabeza, na superficie.

É incriblemente escuro, non hai ningunha luz solar

hai unha mestura brutal de auga quente e fría

e hai só rochas e minerais.

Así que se a vida non só sobrevive senón que florece

nesas condicións, entón podemos crer que algo coma isto

pode sobrevivir e prosperar alí fóra, no Sistema Solar.

Desde a invención do telescopio hai 400 anos,

levamos buscando nos mundos veciños sinais de vida.

A tecnoloxía mellorou e puidemos ollar con máis detalle nos planetas

pero non atopamos nada.

Pero iso non significa que o resto do Sistema Solar estea morto,

porque só comezamos a rabuñar a superficie do que está alí.

Hai literalmente centos doutros mundos.

Planetas e lúas que case non exploramos.

Entre eles pode haber mundos que teñan condicións de manter a vida.

E a mellor maneira de descubrir cales son esas condicións

é buscar no lugar en que sabemos que a vida florece.

A Terra.

A vida é moito máis que só química,

esta é só a reacción entre átomos e moléculas.

Realmente para que a vida poida existir, realmente precisa de tres cousas.

Primeiro de todo, precisa o conxunto químico correcto.

Eu estou feito por preto de 40 elementos,

case a metade dos elementos coñecidos, o que é moi complicado.

Pero realmente o 96% de min só está feito de catro deles, carbono, nitróxeno, osíxeno e hidróxeno.

Segundo, precísase unha fonte de enerxía.

Necesítase unha batería, algo para facer un fluxo de electróns

que alimente os procesos da vida.

Agora aquí na Terra, a maioría da vida utiliza o poder do sol.

E en terceiro lugar, precísase algún tipo de medio para que a vida se desenvolva,

para que teñan lugar os procesos.

E aquí na Terra

non é preciso ir moi lonxe para atopar ese ambiente, ese solvente.

É a auga.

Para ver o importante que é a auga para a vida

non hai mellor lugar para ir có deserto de Atacama en Chile.

O chan aquí é máis estéril có dun quirófano.

En realidade os científicos tratan de buscar formas básicas de vida, bacterias,

nalgunhas partes de Atacama, e non atoparon absolutamente nada.

Todos os desertos se caracterizan pola falta de humidade.

Pero isto en Atacama lévase ó extremo.

O Sáhara é 50 veces máis húmido có Atacama.

Hai estacións meteorolóxicas aquí que mediron 1mm de choiva en 10 anos.

Hai leitos de ríos que levan secos 120 mil anos.

Hai pedras que non viron a choiva en 20 millóns anos.

Esta sequidade é o que explica por que nada pode sobrevivir aquí.

Mesmo a forma máis primitiva de vida na Terra, as bacterias,

necesitan auga para a súa supervivencia.

E non hai excepcións.

E este vínculo, fundamental e íntimo entre a auga e a vida

está guiando a busca de vida no Sistema Solar exterior.

Porque onde haxa auga

ese será o mellor lugar para buscar vida extraterrestre.

A Terra é o único planeta que actualmente ten auga na súa superficie.

Os outros planetas ou están moi preto do Sol,

como Mercurio, reseco e quente,

ou ben están demasiado lonxe.

Os aneis de Saturno están compostos de auga, pero nos confíns do espazo, está conxelada en bloques de xeo sólido.

Pero iso non significa que a auga líquida nunca existise en ningún lugar do Sistema Solar.

E se o fixo, deberiamos ser quen de obter probas,

porque por onde vai a auga quedan as súas pegadas.

Estes son os Scablands, unha parte remota do noroeste dos Estados Unidos.

É un dos máis espectaculares lugares para ver como a auga

deixa a súa sinatura característica na paisaxe.

A maior enchente na Terra pasou aquí por esta área.

Jim Rice é un astroxeólogo. El cre que a comprensión dos acontecementos que crearon esta paisaxe

pode axudar a atopar auga noutros planetas.

Estamos como cando CSI chega á escena do crime, esta é a evidencia que quedou.

Estamos aquí para pegar as pezas. Podo ver que este non é un sistema fluvial normal.

Pódese ver porque é totalmente recto.

Non hai ondas de río aquí, este é só un gran burato.

Toda esta paisaxe foi creada a finais do último período glacial.

200 millas ó leste dun lago enorme, mantido no seu lugar por unha parede de xeo glacial.

Cando a parede rompeu máis de 2.000 quilómetros cúbicos de auga varreron todo nun único evento catastrófico.

A enchente tivo polo menos 400 metros de profundidade.

Pero, en realidade estaría a outros 200 pés máis arriba, dende aquí.

Polo tanto, estariamos baixo 200 metros de auga aquí onde estamos parados.

Podedes imaxinar a onda?

Unha gran onda rolante, a ruxir, esta auga estaba

totalmente cargada de grandes anacos de xeo procedentes da presa de xeo.

Tamén estaba cargada con grandes anacos de sal de rocha que foron tallados, arrincados de aquí.

Debeu ser unha visión impresionante.

Como a enchente atravesou a paisaxe, labrou este desfiladeiro de 20 quilómetros de longo.

E no seu principio deixou estas xigantes ferraduras.

En máis de 400 metros de altura e ó longo de cinco millas

esa foi a maior fervenza do mundo que se coñeceu nunca.

O xeito máis doado de pensar niso sería coller todos os ríos do mundo, poñelos

na mesma posición, fluíndo todos ó mesmo tempo, pois estas inundacións serían 10 veces maior ca iso.

E canto tempo pasou para esculpirse esta paisaxe?

De 48 horas a unha semana.

Instantáneo, xeoloxicamente.

Os Scablands mostran a sinatura característica

que esta auga imprime na paisaxe.

Esta é unha sinatura que se pode ver dende o espazo, non só na Terra.

Cando volvemos os nosos telescopios cara ó noso veciño máis próximo e principal candidato

para atopar vida extraterrestre, Marte,

atopamos características labradas na súa superficie.

O Planeta Vermello está cuberto por canles de fluxo.

Desfiladeiros rectos, longos, exactamente coma os Scablands.

E eles están cheos de características xeolóxicas idénticas.

Isto suxire que grandes inundacións similares racharon a superficie de Marte.

Esta é unha fotografía de aquí dende o aire.

Estou sentado aquí nalgures.

E aquí están as formas de ferradura nos pregamentos secos, que están xusto por aí.

Esta é unha fotografía tirada da superficie de Marte,

e vense aquelas formas de ferradura típicas dos pregamentos.

Ademais, vense as estruturas dos pregamentos río arriba, eses sucos cortan a paisaxe.

E pódese ver aquí, os sucos cortan a paisaxe coma a auga

das fervenzas debaixo e logo flúen sobre os pregamentos

e recortan os vales enormes mentres se moven cara abaixo.

Todo iso contribúe, penso eu, a crear evidencia contundente de que

grandes cantidades de auga fluíron moi rapidamente

sobre a superficie de Marte nalgún momento do pasado.

Pero aínda que as canles de fluxo son evidencia de que a auga fluíu nalgún momento en Marte,

non se pode probar a existencia de vida.

Porque se a paisaxe marciana foi formada polos mesmos procesos que formaron os Scablands na Terra

as inundacións que os crearon poden ter durado só uns días.

Para que a vida se instale precísase máis ca iso.

Cómpren zonas de auga permanente.

Lagos e ríos que persistan por millóns de anos.

Para obter a proba de auga permanente fixemos o único que podiamos,

enviar un exército de exploradores robóticos á superficie do planeta.

Temos aterraxe, temos aterraxe.

Durante os últimos 35 anos,

pousamos ​​seis sondas robóticas en Marte.

E unha delas, a Opportunity, aínda está rolando pola superficie, investigando a xeoloxía de Marte.

Os vehículos de Marte realmente capturaron a nosa imaxinación.

Creo que é porque son xenuinamente exploradores no sentido tradicional.

Son a extensión dos nosos sentidos sobre a superficie doutro planeta.

Pero Tamén foron importantes cientificamente, pois

realmente non se pode coñecer outro planeta dende a súa órbita.

Hai que descender ata a superficie, haino que tocar,

Hai que escavar e examinalo microscopicamente.

E os robots fixérono, e facéndoo,

conseguiron moi importantes descubrimentos científicos.

Un dos máis significativos foi feito en novembro de 2004.

O róver Opportunity foi estaba examinando un cráter de impacto chamado Endurance,

cando detectou xacementos dun mineral interesante.

Este é o maior campo de sal do mundo, na península de Baja, en México.

O que se fai aquí é bombear auga de mar nestas lagoas e deixala evaporar.

O que buscan é esta substancia, cloruro de sodio, sal de mesa.

Pero, en diferentes etapas, diferentes sales, diferentes minerais cristalizan.

Entón todas as cousas que compoñen a auga de mar emerxen e cristalizan

durante as distintas fases do proceso.

Nunha das lagoas, a piscina número 9, a auga do mar ten a densidade exacta

para precipitar os fermosos cristais que cobren totalmente o chan da lagoa.

Isto é pedra de xeso,

e é exactamente isto o que Opportunity atopou na superficie de Marte.

Agora, o interesante deste descubrimento é como se fai a pedra de xeso.

A súa fórmula química é CaSO4.

Por tanto é o sulfato de calcio.

Dihidratado, 2H2O.

Isto é auga.

Entón o único xeito que coñecemos, a única forma de facer xeso na Terra, é pór calcio

e ións de sulfato en presenza de auga líquida.

Entón, grandes depósitos de xeso na superficie de Marte queren dicir

que debe haber grandes áreas de auga presentes alí durante moito tempo.

O descubrimento de pedras de xeso axudou a formar unha imaxe

dun Marte ancestral moito máis quente e húmido.

Descubrimentos posteriores de pedras de xeso en redes de dunas de area

suxiren que grandes áreas de Marte estiveron algunha vez cubertos por auga permanente.

E onde hai auga permanente hai unha posibilidade de vida.

Esta área de salinas é, cremos,

moi semellante ás áreas observadas en Marte,

e por suposto semella moi hostil.

É difícil, a primeira vista, ver como algo podería vivir aquí.

Pero se cavamos

un pouco por debaixo da superficie,

entón veremos que a capa de xeso é duns poucos milímetros de espesor,

e que inmediatamente o solo se fai averdado.

Este é verde porque hai bacterias que sobreviven nesas condicións inhóspitas.

Agora, se esas bacterias poden sobrevivir aquí,

entón non parece haber ningunha boa razón para que non sobrevivise ou mesmo prosperase en Marte

cando a auga estaba presente nalgún momento no pasado distante.

Pero, a pesar de ter sido algunha vez máis hospitalario

toda a auga líquida desapareceu fai tempo da superficie de Marte.

Hai uns tres mil millóns anos, morreu como planeta.

O seu núcleo conxelouse e os volcáns que produciran a súa atmosfera detiveron a súa actividade.

O vento solar varreu o que quedaba daquela atmosfera.

Calquera auga en estado líquido teríase evaporado

ou afundido no chan cando se conxelou.

Deixou a superficie de Marte moi fría e exposta,

e demasiado seca para sustentar a vida.

É altamente improbable que exista vida hoxe na superficie de Marte.

Pero iso non significa que non poida existir vida nalgún lugar do planeta vermello.

Quizais estamos só mirando no lugar incorrecto.

Existen outros potenciais hábitats en Marte.

Imaxes detalladas da superficie amosan entradas de covas,

revelando a existencia dun mundo baixo a superficie marciana.

Sabemos que pode haber auga alí embaixo.

Os datos de satélites mostran que hai permafrost, capas de terra conxelada no chan.

Baixo a superficie, ese xeo podería derreterse para formar auga.

Todo apunta a un mundo subterráneo descoñecido

que sería un lugar máis probable para atopar vida.

Se imaxinamos o hábitat perfecto para a vida,

seguro que sería algo coma isto.

Un clima suave, moita auga en estado líquido

unha atmosfera fermosa e densa.

Os resultados vense en todas partes só hai vida mírese onde se mire.

Toda a vida á que estamos afeitos florece nas

mesmas condicións ca nós, impulsados pola luz e pola calor do sol.

Pero este non é o único camiño cara á vida na Terra, en absoluto.

Hai outro planeta vivo oculto baixo a superficie

que existe en condicións totalmente diferentes.

Xera posibilidades abraiantes para as covas de Marte.

Esta é a cova de Villa Luz en Tabasco, México,

a "Cueva de la casa de la luz."

E é a definición de ambiente hostil para min.

Porque está cheo de gas de sulfuro de hidróxeno, por iso

o monitor de gases, que dá agora unha parte por millón de H2S, moi tóxico para min,

polo que teño esta máscara en caso de que se volva demasiado.

Así que é un lugar onde, a primeira vista,

non se esperaría que moitas formas de vida sobrevivisen e florecesen.

Aínda que é unha trampa mortal para nós, iso non significa que nada viva aquí.

En realidade, está chea de vida.

Mirade estes peixes, en todas as partes da auga da gruta.

E están adaptados para viviren baixo estas condicións.

En realidade, se os miramos de preto,

son dunha cor algo rosa.

Crese que é porque teñen moita hemoglobina,

porque non hai moito osíxeno aquí abaixo,

conque precisan unha forma eficiente de mover o osíxeno polos seus corpos.

Fermoso.

Pero a vida realmente interesante está no fondo das covas,

onde a concentración de gas velenoso é abondo para activar a miña alarma.

Aquí abaixo, lonxe da luz solar,

existen organismos cuxa fonte de enerxía vén do aire de arredor.

Usan o sulfuro de hidróxeno gasoso que burbulla nestes mananciais.

O mesmo gas que se pode volver veleno mortal para min

é a súa fonte de vida.

Esas cousas son o que vin ver a tanta profundidade baixo a terra.

Estes son "snottites". Podedes ver por que os chaman así.

Son realmente unha das formas de vida alieníxena que

podo pensar na Terra.

Porque metabolizan sulfuro de hidróxeno, este gas

acedo e desagradable que estou respirando agora.

Case se pode sentir na lingua a súa acidez.

Metabolízano, fano reaccionar con osíxeno, e producen ácido sulfúrico.

Así, a respiración, por exemplo, é a súa versión do que fago eu.

Eu aspiro osíxeno, xúntoo con azucres e expiro CO2 para obter enerxía.

Eles aspiran sulfuro de hidróxeno e osíxeno, e producen ácido sulfúrico.

En realidade, podo probalo con isto.

Si, vedes, mirade isto.

Iso que parece auga, esa secreción que escorre dos snottites realmente ten un pH...

ben, parece que entre 0,5 e 0.

É un ácido forte.

É tan forte coma o ácido de batería.

En realidade é ácido sulfúrico altamente concentrado.

Guau, que corpo máis estraño.

Alieníxena en todos os sentidos da palabra.

Só que está presente en, ben, baixo a superficie do noso planeta.

E os snottites non están sós.

Os organismos que poden extraer enerxía dos minerais de arredor

están baixo a terra por todo o mundo.

En realidade, este modo de vida ten tanto éxito que se cre que pode haber

máis vida baixo a superficie da Terra ca sobre ela.

E iso fai aparecer unha posibilidade intrigante.

A vida pode prosperar debaixo da superficie da Terra.

Por que organismos como os snottites non poderían sobrevivir e prosperar

baixo a superficie de Marte?

Se o pensamos, vivir baixo a superficie de Marte sería de feito

unha boa idea, porque a superficie é moi hostil.

Está suxeita a intensa radiación ultravioleta proveniente do Sol.

É un lugar moi frío, e a presión atmosférica

non permite a existencia de auga líquida na superficie.

Pero se existe vida baixo a superficie de Marte, entón temos un problema.

Como podemos detectala?

Ben, en realidade hai unha suxestión talvez tentadora,

podería haber algo interesante ocorrendo baixo a superficie marciana.

Estas son termes ou "formigas brancas".

E son animais moi raros, porque comen madeira.

Esta é a súa comida.

Hai moitas, moitas especies destas, millóns de individuos no planeta.

E no proceso de dixestión da madeira, producen gas metano.

Como hai tantas, producen un número de

50 millóns de toneladas de metano

e bombéano á atmosfera da Terra cada ano.

E non só as termes.

Hai unha gran cantidade de metano naturalmente na nosa atmosfera.

E todo se produce bioloxicamente ...

ou por procesos xeolóxicos activos como volcáns de lama.

Todo iso fai moito máis sorprendente que o metano

se detectara na atmosfera do supostamente morto planeta Marte.

Foron os telescopios na Terra usando espectroscopia de infravermellos

os que identificaron por primeira vez metano na tenue atmosfera de Marte.

Esas primeiras medidas parecen mostrar só pequenas cantidades

mais observacións máis recentes mostraron que o gas está

concentrado nun puñado de sitios que varían coas estacións.

Durante os meses quentes de verán

miles de toneladas de gas saen de ocos na superficie.

Algo baixo a superficie de Marte débeo estar producindo.

Pode vir de procesos xeolóxicos ata entón descoñecidos.

Pero pode ser que veña dunha fonte biolóxica.

Agora ninguén, creo, suxire en serio que haxa termes

correndo baixo a superficie de Marte.

Pero os termes non son realmente O interesante nesta historia.

É o xeito en que dixeren a madeira.

Usan bacterias simbióticas que viven dentro deles, chamadas Archaea.

E as Archaea, bacterias que poden dixerir a madeira e producir metano,

son os organismos máis comúns baixo a superficie da Terra.

Os snottites son membros das Archaea,

como o son moitos dos microorganismos que viven en ocos no fondo do mar.

En realidade, as Archaea son as que se atopan prosperando nos ambientes máis extremos da Terra.

Así que eu creo que é fascinante que o metano que atopamos

na atmosfera de Marte poida ser producido por organismos como Archaea,

vivindo baixo a superficie marciana.

Pero aínda que Marte sexa unha posibilidade tentadora,

xa non é o único lugar no sistema solar

que pensamos que podería albergar vida extraterrestre.

Lonxe, a miles de millóns de quilómetros do Sol,

o sistema solar convértese nun lugar moi diferente.

Os planetas, como Saturno, están feitos de gas, non de rocha.

Hai unha gran cantidade de auga alí, pero está conxelada.

Os planetas están cercados por redes de lúas, formadas de xeo.

Son frías e desoladas.

Non parecen lugares probables para atopar a vida.

Calquera lugar remotamente semellante na Terra é completamente estéril.

Este é o centro de Islandia.

E nesta época, a mediados de novembro, é un lugar cada vez máis inhabitable.

Son sobre as tres da tarde e a temperatura ben por baixo de cero.

O sol está baixo o horizonte

e así permanecerá por seis meses.

E non hai vida visible aquí.

Sen árbores, herba, só escoitade.

Silencio

Nada de insectos ou paxaros.

Nada.

Pero é o feito de que estes lugares sexan tan fríos e inhabitables

o que os fai tan interesantes para o astrobiólogos.

Porque os descubrimentos neses lugares conxelados da Terra dan esperanzas

de atopar vida entre os conxelados mundos do Sistema Solar exterior.

E neses lugares conxelados

atopamos un mundo que é de interese particular.

É unha das lúas de Xúpiter.

Xúpiter ten unha gran rede de lúas.

As catro maiores son coñecidas

dende que Galileo as descubriu en 1610.

E son un grupo diverso.

A máis próxima ó planeta é a torturada lúa de Io.

Está esnaquizada por volcáns que cobren a superficie de xofre amarelo brillante.

En contraste coa calor de Io está a súa veciña,

a lúa de xeo Europa.

É case do mesmo tamaño cá nosa lúa,

e é o corpo máis liso do Sistema Solar.

Toda a súa superficie é unha casca de xeo,

aínda que estea gravada cunha rede de escuras marcas vermellas.

Ten uns xeados -160 graos Celsius.

Parece un fogar incriblemente improbable para a vida.

As imaxes de Europa dende o espazo

revelan un amplo deserto de xeo.

Pero se ollamos de preto, comezan a verse características da superficie.

E esas características mostran o que ocorre nas profundidades do xeo.

En primeiro plano podemos ver as fendas profundas que atravesan a superficie de Europa.

Con maior ampliación

vemos as áreas onde o xeo se rompeu en icebergs

e se mesturan antes de volverse a conxelar.

Vemos as mesmas formacións no xeo mariño na Terra,

onde os movementos dos océanos causaron que o xeo se dobre e se fenda.

suxire que algo semellante pode estar acontecendo en Europa.

Pero é o xeito en como as rachaduras se rompen e fracturan o que ofrece

evidencias convincentes de que existe auga líquida en Europa.

Como Europa orbita en torno a Xúpiter,

a intensa gravidade de Xúpiter estira e comprime a lúa.

E iso enfatízase no xeo e fai que se fracture e rache.

Pero a posición das fendas non é tal e como se agardaría que fose.

E a explicación para isto é que a superficie conxelada de Europa

cambiou, está movida con relación ó núcleo rochoso.

E a única explicación é que haxa unha capa, ou un mar de auga líquida

arredor do núcleo rochoso que permitiría que a superficie de xeo externa esvarase.

As medicións do campo magnético de Europa confirmaron que a súa casca de xeo

asenta sobre un océano salgado que pode ser de 100 km de profundidade.

Isto significa que hai máis do dobre da cantidade de vital

auga en estado líquido sobre esta pequena lúa da que hai no planeta Terra.

Pero isto non é só o descubrimento dese océano oculto

senón que tamén nos fai crer que Europa pode ser o fogar máis probable de vida extraterrestre.

E por iso vin eu a esta espectacular cova de xeo no glaciar Vatnajökull.

Vedes, as leis da natureza son universais.

Isto non só se aplica ás leis físicas, senón tamén ás leis da Bioloxía.

E se este é o caso,

entón o que atopamos nestas covas de xeo de Islandia pódenos dicir algo

sobre o que poderiamos esperar atopar baixo a superficie conxelada de Europa.

É difícil describir este lugar.

É absolutamente fermoso.

Visualmente, a calidade do xeo é completamente

transparente e clara.

Podes ver a través del.

Os túneles da cova no centro do glaciar,

onde o xeo se conxelou durante mil anos.

Isto é o que os astrobiólogos atoparon no xeo,

o que suxire que en Europa podería crearse vida.

O científico da NASA Richard Hoover

dedicou a súa carreira á procura de vida en lugares improbables.

Ben, iso estivo ben.

De acordo. Entón, calquera corpo que atopemos nese xeo vivirá do xeito que eu o entendo?

Están realmente vivos agora e metabolizando?

Durante moito tempo pensouse que aqueles microorganismos de xeo

estaban presentes só nun estado que se chama anabiose profunda.

Animación suspendida. Está agora ben claro que non é necesariamente

o caso de todos os microorganismos, pode haber outros que realmente vivan activamente no xeo.

Entón, no glaciar, todo o lugar, esta cova enteira

pode estar habitada por criaturas, non cousas conxeladas?

A existencia das cousas, a vida, a división e reprodución celular, todas as cousas que ti fas?

Todo isto.

Toda esta perspectiva de atopar cousas vivindo en xeo sólido

tivo o maior impacto

nas nosas ideas sobre os lugares onde a vida podería sobrevivir no sistema solar.

De acordo, estamos en ampliación máxima.

Entón, cal é a 100.000 millonésima parte de un metro?

Si, temos unha bacteria.

Son estes os organismos que estiveron atrapados no glaciar durante miles de anos?

Si, mirade isto.

Marabilloso. Estades a ver a vida no xeo.

Agora sabemos que algúns destes microorganismos

son quen de provocar que o xeo se derreta,

porque, esencialmente, xeran proteínas anticonxelantes.

Cambian a temperatura na que o xeo pasa de sólido a líquido.

E pode ter formado pequenas cavidades,

quizais de só unhas poucas micras de diámetro,

pero se pode facer unha bóla de auga en estado líquido de dúas ou tres micras de diámetro,

e ten a habilidade de moverse,

esta bacteria non está agora no xeo, senón nun océano.

Cales son as implicacións destes descubrimentos?

Tendo vida bacteriana dentro do xeo na Terra, cales son as implicacións para Europa?

Pode ter bacterias coma esta no xeo preto da superficie.

E o máis emocionante para min

é que a superficie de Europa ten unha ampla gama de cores

que son altamente indicativos de vida microbiana.

Polo tanto, hai unha moi, moi alta posibilidade

de que o xeo de Europa conteña microorganismos vivos viables.

É unha idea polémica, pero un pensamento emocionante

que as manchas vermellas sobre a superficie de Europa

poidan ser signos visibles de vida alieníxena.

O descubrimento dun vasto océano auga en estado líquido

baixo a superficie desta pequena lúa, combinado co potencial de vida no xeo,

e as intrigantes marcas vermellas que atravesan a súa superficie,

fixeron de Europa o máis fascinante e importante mundo alieníxena que coñecemos.

Unha verdadeira marabilla do sistema solar,

porque é a nosa mellor esperanza de atopar vida extraterrestre.

Á pregunta, estamos sós no universo?

É este o único planeta entre os millóns de planetas na nosa galaxia

de entre os millóns de galaxias no Universo, que alberga vida?

É, creo eu, unha das cuestións máis importantes,

quizais a pregunta máis importante que poidamos facer.

Pensade o que suporía para nós

se a resposta fose que nunca houbo outras formas de vida no Sistema Solar,

na nosa galaxia, quizais mesmo no universo.

Como faría iso de valioso ó planeta Terra?

Como nos faría iso de valiosos a nós?

Pero nese caso imaxinade que a resposta estea aí, a cada lúa de cada planeta

onde as condicións sexan favorables, e así a vida sobreviva e floreza.

Isto fainos parte dunha comunidade cósmica máis ampla,

nun universo que está latexante de vida.

Se coñecer resposta á pregunta é tan profundamente importante,

entón, por suposto, tentar atopar a resposta debe ser de extrema importancia.

Eu creo que é a pregunta máis importante que se poida facer.

Porque temos unha oportunidade para respondela.

O que temos aprendido nos lugares máis extremos sobre a Terra

é que se hai vida fóra do noso sistema solar será, por suposto , simple.

Organismos unicelulares, como bacterias gañándose unha existencia nos ambientes máis hostís.

Unha cousa parece certa.

No único lugar do sistema solar onde hai vida complexa,

vida que puido construír unha civilización,

é aquí, no planeta Terra.

Pero como aconteceu isto? Que fai o noso mundo tan especial?

Porque, ó final, todo no sistema solar comparte a mesma orixe.

Foi creado a partir da nada, dunha nube xiratoria de gas e po hai 4,5 millóns de anos.

Mundos sólidos condensados de néboa arremuiñada.

Con todo, eses mundos eran radicalmente diferentes.

En todo o sistema solar, hai mundos fan erupción con volcáns de xofre.

E algúns geyseres de xeo.

Hai mundos con atmosferas ricas en remuíños e tempestades.

E hai lúas esculpidas en xeo

onde se esconden vastos océanos de auga líquida.

Pero só hai un mundo no que as leis da física conspiraron

para combinar todas estas características nun só lugar.

Na Terra, a temperatura e a presión atmosférica son perfectas

para permitir que os océanos de auga líquida existan na superficie do planeta.

E é grande de abondo para manter o seu núcleo derretido

que non só alimenta os geyseres e os volcáns

senón que tamén produce o noso campo magnético

que mantén fóra o vento solar, nutre e protexe a nosa grosa atmosfera.

É a combinación de todas estas marabillas nun só lugar

o que permitiu a vida para impulsar e conseguir un equilibrio na Terra.

Pero para permitir que a vida evolucionara cara a criaturas tan complexas coma nós mesmos

requírese un ingrediente máis.

Requírese un ingrediente máis. E iso é tempo. Un tempo longo.

O tipo de tempo durante o cal as montañas se elevan e caen, e os planetas se forman e as estrelas viven e morren.

E quizais é iso o que fai a Terra tan rara e tan preciosa no cosmos.

Porque foi estable de abondo durante o tempo suficiente para que a vida evolucionase

en tal complexidade magnífica.

A vida que temos na Terra hoxe é o resultado de millóns de anos de estabilidade.

E o cume diso somos nós, a humanidade.

Unha especie que evolucionou ata o punto en que se pode

e cambiar o mundo ó noso redor.

Ata deixamos o noso propio planeta

para comezar a explorar o noso contorno cósmico.

Pode parecer que a explotación do universo

nos fixo un pouco insignificantes,

un pequeno planeta en torno a unha estrela entre centos de miles de millóns.

Pero eu non penso así.

Porque descubrimos que se precisa a máis rara combinación de azar e as leis da natureza

para producir un planeta que pode apoiar unha civilización,

a estrutura máis magnífica

que nos permite explorar e comprender o universo.

E así, para min, a nosa civilización é a marabilla do sistema solar.

Canción: "Chamando ós ocupantes da nave interplanetaria" polos Carpenters

# Chamando ós ocupantes da nave interplanetaria

# Chamando ós ocupantes ...

E se estiveses a ollar a Terra dende fóra do sistema solar,

iso sería evidente

# Chamando ós ocupantes da nave interplanetaria ...

Escribimos a evidencia da nosa existencia sobre a superficie do noso planeta.

A nosa civilización chegou a ser un faro que identifica o noso planeta como un lugar para vivir

# Queremos facer un contacto convosco

# Chamando ós ocupantes da nave interplanetaria amiga,

# Somos os vosos amigos

# Somos os vosos amigos ... #

Para saber máis sobre o sistema solar, vai a bbc.co.uk / ciencia.

SUBTITULOS: Aquis Celenis

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.