Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Punjabi
Quechua
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
A Lenda dos Dez Aneis transmitiuse durante milenios.
Con cada xeración, a historia medra.
Pero semella centrarse sempre nun home.
Disque atopou os aneis nun cráter ou que os roubou dunha tomba.
Déronlle a forza dun deus
e o don dunha vida eterna.
Puido usalos para face-lo ben.
Pero o único que quería
era poder.
Chamou ó seu exército Os Dez Aneis.
Durante séculos, espallouse por tódolos currunchos da Terra.
Movéronse entre as tebras,
derrocaron gobernos
e cambiaron o curso da historia.
Durante un milenio perseguiu cartos e poder.
Pero quería máis.
Oíches falar da lenda de Ta Lo?
Unha aldea oculta, chea de criaturas míticas e maxia antiga.
A xente de alá practica unha arte marcial dos deuses.
Quero atopala.
Por suposto. Enviarei un explorador a investiga-la zona
e proporcionaranos máis información.
Quero ir agora.
A fraga...
móvese.
Non lle quedaba nada máis na Terra que conquistar.
E foi entón cando chegou ó meu fogar.
Onde está a entrada a Ta Lo?
Non es benvido á nosa aldea.
Non sabes con quen estás falando.
Non me importa quen sexas.
Dá a volta e non terei que mancarte.
Iso é todo?
E así é como coñecín a teu pai.
Nunca pensei que me namoraría del.
Pero o amor é cego.
Shang-Chi.
Quédache moito por saber da Lenda dos Dez Aneis.
pero aprenderalo co tempo.
Se os aneis de papi son tan poderosos, como fixeches para vencelo?
De onde veño eu, a forza vénnos da maxia da Gran Protectora.
Se te-lo corazón da nosa dragona,
poder facer milagres.
Aínda podes facelos?
Deixei atrás eses poderes en Ta Lo, coa nosa dragona.
Pero o que recibín a cambio é moito máis valioso.
Toma isto.
Cando te sintas perdido,
isto axudarache a volver connosco.
Lembraralo?
NA ACTUALIDADE
Vale.
Ola, señor. Benvido ó noso hotel.
- Pídome conducir. - Oe, que non... Katy!
Volve aquí! Devólveme a chave!
Abre a porta, por favor.
Miña nai querida!
Sal.
- Súbete. - Se lle pasa algo ó coche
imos estar sen traballo e endebedados o resto da vida.
Veña, ho. Non lle vai pasar nada ó coche.
Son a Jeff Gordon asiática.
Non sei quen é ese.
O piloto con máis vitorias na historia da NASCAR?
Por favor, sal do coche.
Shaun.
Somos amigos desde hai 10 anos.
Sabes que non son parva.
Sube, por favor. Irei amodo.
A camioneta!
Souben que Katy era unha argalleira o día que a coñecín no instituto.
Metíanse moito comigo por tódolos motivos polos que se meten connosco.
Acababa de mudarme a EEUU, tiña problemas co idioma,
Un día ía xantar cando un fulano, que medía o dobre ca min, bérrame no corredor,
"Que pasa, Gangman Style?"
Así que doume a volta e contéstolle, "Non son coreano, pasmón".
E niso chego eu e vexo a alguén solta-la mochila,
arma o puño...
E xusto cando está a piques de solta-lo primeiro golpe,
Katy sae da nada, métese entre os dous,
e comeza a berra-la letra de "Hotel California".
Como?
É a arte da confusión. Funciona xenial cos pailáns.
- E así nos coñecemos. - Despois leveino ó aparcamento...
Momento no que revelou que tamén lle roubara as chaves do Mustang.
Conducino arredor do quinteiro,
- e túa muller tamén ía no coche. - Si, é certo.
- O que? - Non, eu só ía no asento traseiro.
- É unha parte do coche. - Segue sendo unha parte do coche.
Como é que nunca me contaches esa historia?
Sabes? Antes de facerse avogada a túa moza érache un pendón.
Que pasou?
Madurei.
- Iso que significa? - Que queres dicir con iso?
Que chega un momento no que tes que deixar de roubar coches
e tes que comezar a pensar en estar á altura do teu potencial.
Por favor, dime que estás de chanza, Soo.
Mirade, agora vivimos nun mundo
no que nun intre a metade da poboación pode desaparecer.
A vida é demasiado corta e demasiado fráxil.
Katy, es unha aparcacoches graduada con honores por Berkeley.
E Shaun fala 4 idiomas.
Sempre fostes a xente con máis talento que coñecín. É que...
Non comprendo que vos asuste usalo para algo serio.
Vaites.
Falas como miña nai. E ademais...
tamén vistes coma ela.
Que é? De Talbot's?
Non fuximos de sermos adultos.
Como vai ser fuxir ter traballos que realmente che gustan?
Iso é. O que dixo non tivo sentido.
Pénsase que ser aparcacoches é doado?
É o traballo máis esixente do mundo.
Precisas don de xentes, saber conducir...
Soo non aparca nin un triciclo.
Xa case é medianoite.
Temos quenda de mañá.
Deberiamos ser responsables, irnos durmir.
Si, podemos ser responsables, por que non?
Ou...
Ola, Sra. Chen.
Aínda non está lista. Ven comer algo mentres agardas.
- Katy, Shaun está aquí. - Si, mamá! Vou axiña!
Ruihua,
tiñas que estar axudando a teu pai a facer inventario na tenda.
Mamá, non podo traballar co bandullo baleiro.
Danme carames nas pernas.
Igual pode axudarlle Shaun en vez de vir aquí a diario a comérno-la comida.
Estou encantado de axudar.
Non, é traballo de Ruihua, que o faga el.
Waipo.
Este é o sitio de Waigong.
Perdón.
Este ano vai ter todo o que queira polo Día dos Mortos.
Está segura de que Waigong pode levarse Chaskis e tabaco ó máis aló?
Todo o que queira.
O ano pasado deixeille unha botella de whisky na tomba.
Á mañá seguinte, xa non estaba.
Sei que vos parece unha parvada.
Non nos parece unha parvada, Waipo.
Pero sabemos que Waigong querería que seguises adiante e desfrutases da vida.
Seguir adiante é un concepto estadounidense.
Ti es estadounidense, mamá. Non o esquezas.
Shaun.
Miña filla solicitou algún traballo novo esta semana?
Encántalle o seu traballo actual.
Encántanos ós dous.
Waigong non se veu de Hunan ata aquí para que gañes a vida aparcando coches.
A propósito diso, imos perde-lo bus.
Perdón polo meu traballo inaceptable
e por chegar onte tan tarde tentando desfrutar da miña vida.
Un día fareiche sentir orgullosa, prométocho.
Eu estou orgulloso de ti, irmá. Aparcar coches é durísimo.
Grazas, irmán. Igual un día sáca-lo carné e estás tan ledo coma min.
- Veña, Shaun. Vámonos. - Adeus, Waipo.
Cando casades?
Waipo, só somos amigos.
Lisca, anda.
Mira esa.
Está redactando un artigo de investigación nun bus.
E que?
Xusto esa é a filla que a miña nai gustaríalle ter sacado pola vaxina.
Pídolle desculpas.
Como lle vai?
Dáme o pendente.
E ninguén sairá ferido.
Coñeces este fulano?
Non sei de que me falas, amigo.
Afástese de min!
A ti que che pasa, imbécil?
Non quero problemas.
Daquela dános o pendente!
Trabucástesvos de persoa.
Pero a ti tenche pinta de saber pelexar? Veña, ho!
Estás ben?
Ola, que pasa, rapaces. Son Klev.
Estou en directo desde un bus.
Fixen artes marciais de rapaz, así que vou tratar
de comenta-la pelexa segundo ten lugar.
Hostia puta.
Quen es?
Telo controlado, tío!
Culpa miña.
Síntoo moito.
- Que carallo está pasando? - En serio queres falalo agora?
O condutor do bus está inconsciente. Eu non podo encargarme.
Bérranme cada vez que conduzo un bus.
Apártate!
Abre a porta, por favor!
A parte traseira está a piques de soltarse.
Ó meu sinal, vira brusco á dereita.
Que sinal?
Todos á parte dianteira, xa!
Rápido, rápido, rápido!
Túa irmá e mais ti merecédesvos o que vai pasarvos.
PARADA SOLICITADA
Agarrádevos todos!
Miña nai querida.
Deus!
Perdoe!
Facemos bo equipo.
Shaun! Escoita!
Vasme contar que carallo pasa.
Que fas? Onde vas?
- A Macao. - A Macao?
Eses matóns van por miña irmá. Teño que atopala antes.
Tes unha irmá?
Sei que é complicado. Explícocho cando volva, prométocho.
Non, non. Que carallo fas? Unha merda.
Levamos xuntos media vida.
Compendo que hai cousas das que non queres falar, e eu nunca presionei.
Pero un fulano cunha maldita machada por brazo
acaba de parti-lo noso bus pola metade, Shaun.
Quen carallo es?
Miña irmá envioume isto hai uns meses.
Coido que a dirección é de onde reside.
Os fulanos de antes...
- enviounos meu pai. - Que dis?
Se lle fan dano...
Síntoo, pero teño que marchar.
Vale. Xa mo explicas todo no avión.
Como. Non, Katy, non podes...
Que mo explicas no avión, Shaun!
Despois de morrer miña nai,
meu pai comezou o meu adestramento.
Desde a alboradal ó solpor, ensináronme tódolos xeitos de matar.
Cando cumprín os 14 anos apenas lembraba a vida antes de que morrese.
Esa era a miña idade cando me mandaron ó meu primeiro encargo.
Estaba disposto a facer todo o que el quixese.
- Se me tivese pedido queima-lo mundo... - Chuleta ou vexetal?
Esgotouse o polo. Só podo ofrecerlles tenreira ou vexetal.
- O vexetal está ben. - O mesmo para min.
Grazas.
Daquela...
Tamén se nos esgotou o vexetal. Só nos queda tenreira.
Tenreira. Porque non teñen outra cousa, non?
- Ben. Vostede tomará a tenreira. - Si.
- E... - E a tenreira.
Dúas tenreiras.
Fixéchelo?
Tampouco podía volver canda el, así que...
En fin.
Sei que é moito que asimilar, pero...
Lamento o de túa nai.
Tamén debería comentarche que...
tecnicamente, non me chamo Shaun.
O que?
E como é?
É... Shang-Chi.
Shaun Chi?
Shang-Chi.
Chan Chi.
Shang.
- Xan. - Shang.
- Xang. - S-H-A-N-G. Shang.
Shang?
Si.
Cambiáche-lo nome de Shang a Shaun?
- Si, non sei... - Pero ti?
- Como faría teu pai para atoparche. - A ver, que tiña 15 anos.
Que lóxica ten o teu cambio de nome?
Queres agocharte, chámaste Blas e cámbiaste o nome a...
Brais?
Non foi así.
É como se dis, "Chámome Isabel, cando me agocho cámbiomo a Sabela.
- Non che escoito. - Podes oírme, podes.
Asina para entrar.
Estou buscando a miña irmá, Xu Xialing.
Coñécela?
Este é o enderezo que me deu.
Moi ben.
Parece simpático o fulano.
E o ascensor semella cumprir coa normativa.
Así que non sairemos disparados do edificio.
O rapaz do bus!
Levas 2 millóns de visitas en 3 días, meu!
Non.
E ti conducías!
Falo chinés de pena.
Non pasa nada. Tamén falo galego.
Que ben.
- Son Jon Jon. - Jon Jon.
Benvidos...
ó club das Dagas Douradas.
- Moi ben. Imos prepararche para pelexar. - Agarda. O que?
Somos un negocio multiplataforma mundial.
Tódalas pelexas emítense por streaming na dark web.
Miles de espectadores apostan mentres falamos.
Isto vai eleva-la túa popularidade a outro nivel.
Para min que vos confundides.
- Gústame a túa cara con pinchos. - Grazas!
Nonmalmente tes que pelexar para chegar ó ring central.
Pero unha estrela viral coma ti, entra de cabeza.
Non vin pelexar, vale? Estou buscando a miña irmá, Xu Xialing.
Non oín ese nome na vida.
Caéusenos un loitador a última hora, así que...
vas na seguinte quenda.
Moi boa, Helen.
Vai pelexar nunha destas?
Non, non. Estas pelexas son de baixo nivel.
Ti vas pelexar...
Aí arriba.
Iso doeu, Emil.
Así que vouche amosar o que se sente.
Wong! Wong! Wong!
Moi ben, Wong!
Sempre vou co asiático.
Santo ceo!
Mira, non vou subir aí.
- Vale? - Para, para. Xa non podes botarte atrás.
- Xa te comprometiches, meu. - O que?
Asináche-lo contrato, lembras?
O teu nome está na lista. As apostas amoréanse.
En serio? Canto é a nosa parte?
- É enorme. - Non importa!
Importa.
Meu, vinche pelexar contra 5 asasinos
e un romanés xigante cunha navalla por brazo
nun bus en movemento. Isto só é unha persoa.
Faino. Despois cobramos todos, e logo...
Axúdoche a atopar a quen estás buscando.
- Veña! Podes facelo. - Podes facelo.
Non te poñas nervioso.
Grazas.
- De nada. - Si.
Como te-la queixada?
A ver se controlas eses golpes, como ensaiamos.
Un tipo encantador.
Agora quítate a camiseta.
Damas e cabaleiros!
A pelexa que todos estabamos agardando!
A abraiante sensación viral,
que vén de San Francisco, EEUU.
É... o fulano do bus!
Que fixeches coa camiseta?
E a súa opoñente desta noite,
é de aquí, de Macao,
a temible asasina...
Xu Xialing!
Miña irmá.
Pero que fas?
Sei que estás anoxada comigo.
Pero queres escoitarme?
Non temos tempo para isto!
Deixa de pegarme.
Para! Trato de axudarche.
Papá vén por ti.
Non vou pelexar contigo.
Non debiches volver.
Ás veces cando adestro,
pecho os ollos
e é como se a sentise.
Ti sénteste algunha vez así?
Non.
Sei o que che mandaron facer.
- Non sei o que che di, pero... - Mamá está morta!
Por favor, non me deixes aquí.
Volverei en 3 días.
Xu Xialing álzase coa vitoria! Bravo, Xu Xialing!
Dirixes este club?
É meu.
De onde sacaches tantos cartos?
Apostaches contra min?
Non...
Ola, Xialing. Son Katy.
Es unha crack. O que fixeches aí fóra foi a repanocha.
Gústanme os teus pantalóns.
Grazas!
Que queres?
Os Dez Aneis tendéronnos unha emboscada en San Francisco.
Vin o vídeo.
Roubáronme o colgante.
E agora veñen polo teu.
Non sei o que trama, pero os dous sabemos que non pode ser bo.
Sabes o que me dixo cando marchou?
Volverei en 3 días.
E tras 3 días fun ó templo de nosa nai e agardei.
Os 3 días convertéronse nunha semana.
A semana converteuse nun mes, o mes converteuse en 6 anos.
Foi o tempo que tardei en decatarme de que xa non o necesitaba.
Construín este lugar eu soa.
Non te precisei daquela.
E non te preciso agora.
- Daquela por que me enviáche-la postal? - Que postal?
Eu non che enviei isto.
- Hai unha saída traseira? - Shaun.
Oíde! Abride!
Marchou, meu.
Que facemos?
Que facemos?
Vamos!
Nin falar, que che dean. Non vou facelo.
Se chegamos ó ascensor podemos saltar ó seguinte andar.
Katy, é o que hai. Temos que marchar xa.
1, 2, 3!
Velaí está o ascensor.
Podes facelo.
Vouche dar algo de tempo. Ti sigue!
♪ Hotel California ♪
Shaun!
Shaun!
Deus!
Xa vou!
Shaun!
Shaun!
Aguanta!
Xa che teño!
Shaun!
Katy!
Deixáchesnos á nosa sorte!
Agora xa sabes o que se sente.
Para que quere o colgante?
Os EEUU fixéronche feble?
Ten o colgante!
Díxenlles ós meus homes que non che mataban nin tentándoo.
Alédome de estar no certo.
Boteiche de menos, fillo.
Vamos a casa.
Meu fillo volveu a casa.
Leva as rapazas á súa habitación.
Vin...
cousas que meten moito medo esta semana, pero teu pai é outro nivel.
Vainos matar?
Ti asinte, non fales, e esquecerá que estás.
Así sobrevivín eu.
Sempre che tratou así?
Só despois de morrer miña nai.
Dicía que non podía mirarme.
Porque lle lembraba a ela.
Non podía adestrar cos rapaces.
Pero observaba todo o que facían,
e aprendía pola miña conta a facelo mellor.
Cando marchaches?
Fuxín ós 16 anos.
En canto souben que meu irmán non ía volver.
Creaches un club da loita en Macao ós 16 anos?
Se meu pai non me deixa entrar no seu imperio, créome un.
Claro que si.
Shang-Chi.
Xa abonda.
Estiveches practicando o inglés?
Si.
Tes que fortalecer a mente á vez que o corpo.
Se queres que sexan teus un día,
tes que demostrarme que es forte abondo para levalos.
Como me atopaches?
Sempre sei onde están meus fillos.
Deiche 10 anos para vivi-la túa vida, e onde remataches?
Xa é hora de que tóme-lo teu lugar ó meu carón.
Nin o soñes.
Rapaza estadounidense.
Chámase Katy.
Cal é o teu nome chinés?
Ruiwen.
Os nomes son sagrados, Ruiwen.
Conéctannos non só connosco, senón tamén con tódolos nosos devanceiros.
Unha historia curiosa.
Hai uns anos, un terrorista estadounidense precisaba un home do saco
para axeonlla-lo teu país.
Así que...
apropiouse dos Dez Aneis,
os meus Dez Aneis.
Pero como non coñecía o meu nome, inventouse un.
Sábe-lo nome que escolleu?
O Mandarín.
Deulle ó seu falso líder o nome dunha especialidade de polo.
E funcionoulle!
Estados Unidos estaba morto de medo.
Por unha laranxa.
O certo é...
que tiven moitos nomes durante a miña vida.
O rei guerreiro.
Master Khan, o home máis perigoso da Terra...
Durante anos, pensei que era todo ó que estaba destinado.
Pero cando coñecín a súa nai...
todo cambiou.
Amosoume unha parte de min que non sabía que existía.
Era como se vise o mundo por primeira vez.
Renunciou a todo para podermos estar xuntos.
E eu tamén.
Sabes quen está aí?
Di, "Ola, irmanciña".
Despois de todos aqueles anos,
por fin atopara algo polo que merecía a pena avellentar.
O meu nome auténtico é Wenwu.
Ela era a única que me chamaba así.
E cando morreu...
estiven perdido durante moitos anos.
Pero xa non estou perdido.
Cando fuxistes, estaba tan desesperado por conectar con vosa nai,
volvinme volcar no estudo da súa aldea.
a lendaria Ta Lo.
Non fun quen de atopa-lo camiño secreto á entrada da aldea.
pero si que atopei o que agochan.
Hai unha porta no máis profundo da montaña.
Vosa nai agárdanos alá.
Sei que é moito.
Eu tampouco mo crería se non mo tivese contado ela mesma.
De que falas?
Estaba sentado aquí mesmo, nesta cadeira.
enfrascado na miña investigación,
cando me falou.
Era como se estivese na habitación,
sentín o seu alento na meixela.
e a súa man nas miñas costas.
Díxome que precisa a miña axuda.
Para facer o que?
Para salvala da súa xente.
Despois de namorarnos vosa nai quería que vivísemos en Ta Lo.
Pediulle permiso ós anciáns, e negáronse. Dixeron que non era digno.
Ela aínda estaría connosco.
Viviriamos alá todos xuntos.
Isto fíxonolo Ta Lo.
Recluírona tras esa porta para castigala.
Non o vedes?
Está deixándonos pistas.
Quere que a atopemos e a levemos a casa para podermos ser novamente unha familia.
Papá.
Mamá está morta.
Non che fala desde detrás dunha porta nin está deixándonos pistas.
Daquela que é isto?
O paso a Ta Lo está protexido por un labirinto en movemento.
Pero hai unha pasaxe directa a través da fraga
que só abre unha vez ó ano.
En Shei Min Ya.
Para atravesalo,
hai que coñece-la ruta e o momento exacto no que se abre.
Agora coñezo ambas cousas.
Dentro de 3 días
rescatarémo-la miña muller da súa prisión e traerémola de volta.
Por iso estades aquí.
Para axudarme a traela de volta connosco.
E que pasa se non che deixan abri-la porta?
Arrasarémo-la aldea.
O que?
Non podes entrar pola forza na aldea de mamá por esta mentira.
Algún ten a menor idea de...?
Oe!
Onde me levades?
Deixa de finxir.
Encerrádeos!
Non te preocupes, querido.
Axiña estaremos todos xuntos.
Pois...
Estou bastante convencida, agora mesmo.
Porque ó principio pensei que voso pai debería
ir ó psicólogo polas alucinacións, pero despois o dragón
vomitou un mapa de auga máxico
e agora non teño nin idea do que é real.
O que dixo da vila de vosa nai é certo?
De nenos contábanos historias sobre Ta Lo.
Unha aldea noutra dimensión chea de criaturas máxicas.
Pensaba que só era un conto de fadas.
E se papá ten razón?
Que mamá está recluída tras unha porta pola súa propia xente?
Cousas máis absurdas resultaron ser verdade.
Mira, non sei que carallo está pasando,
pero se non atopamos un xeito de chegar a Ta Lo antes ca el,
vai destruír todo o que queda da nosa familia.
Esta familia leva destruída moito tempo.
Que foi iso?
Pero ti que fas? Vas cara a ese ruído?
Esperta ti a Duncan cos teus golpes!
Se puideses!
Mellor non coñecerme nin a min mesmo!
Ola, queridos.
En que ano estamos?
Ti quen es?
Trevor. Slattery.
O actor. De Liverpool.
Agardade.
Sóde-los fillos do gobernador?
Estiven preparando un monólogo para a vosa cea de benvida.
Onde vai?
Por que estás aquí abaixo?
Verás, hai un tempo,
ofrecéronme o papel dun terrorista.
Si, xa sei. Mala idea. Non podo estar máis de acordo.
Pero eran tempos difíciles. En fin.
O produtor díxome que era da BBC, pero
nun xiro irónico resultou que si que era terrorista
e eu non estaba interpretando un papel,
senón o que agora recoñezo que foi un retrato nada favorecedor de voso pai.
Todos recibímo-lo noso merecido.
Ó produtor fíxoo estoupar Iron Man.
E eu cumprín condena nunha prisión federal.
O cal resultou ser
o mellor para min. Desintoxiqueime redescubrín a miña paixón.
E despois meu pai sacouche de aí.
Exacto!
Para matarche.
Exacto!
Pero...
mentres os seus homes atábanme para a miña execución,
fixen unha interpretación do meu Macbeth,
"Esperta ti a Duncan cos teus golpes! Se puideses!"
Encantoulles.
Desde entón fágolles a función.
Daquela e-lo seu bufón.
Podo facervos un avance. "Tío, tío..."
Grazas, Trevor. Non é necesario.
Agora mesmo só necesitamos atopar...
Pero que carallo?
Que é iso?
Que vos pasa?
- Iso! - Que é iso?
Podedes ver a Morris!
Morris?
Morris! Pódenche ver. Es real.
Todo este tempo pensei que eras unha alucinación miña.
Que noticia máis boa.
Onde ten a cara?
É un pouco sensible con iso.
En serio?
Morris di que sabe quen sodes.
Fálache?
Se non me falase tería toleado hai anos.
Como me coñece?
Di que medrou con túa nai.
En Ta Lo.
Ó parecer, teu pai recolleuno nun bosque máxico,
nunha das súas expedicións para busca-la entrada.
Quere que o levedes a casa.
Creme, amigo. Faríao se soubese como.
Segundo meu pai, o camiño só se abre unha vez ó ano.
Morris di que pode guiarvos agora mesmo.
Sabe atravesa-lo labirinto sen agardar a que se abra o camiño.
Pero, e é un pero moi grande,
é moi perigoso.
Canto?
Ninguén conseguiu saír vivo.
Pero Morris está convencido ó 90%
de que pode guiarnos de xeito seguro.
Anda! Ó 19%.
Eu fixen parvadas peores con peores probabilidades.
Pero aínda que o poloporco ese leve razón,
aínda temos que...
- Como fixeches? - Papá ten
un sistema de túneles baixo o recinto.
Así fuxín a última vez.
Vainos levar dereitos ó garaxe.
Miña nai querida!
Gústame o tío este.
Sube esa rampa e vai á porta de enfronte, debería estar libre.
Temos uns 30 segundos antes de...
Impórtavos? É que atrás maréome.
Ese é o meu coche!
Maldita sexa.
Agarrádevos.
- Hai outra saída? - Na outra punta do garaxe.
Pero ábrese cunha pegada dixital.
Coidado!
Merda!
Como ides aí atrás?
Fago o que podo!
Escanee a man para obter acceso.
Dáte présa!
Estouno tentando!
- Escanee a man para obter acceso. - Shaun!
Acceso autorizado.
Volverán cando a traia de volta.
Prepara os homes para a guerra.
Si, señor.
A primeira vez que presencei arte pura
foi en 1968,
no "Planeta dos Simios".
Estaba no cine con miña nai, observando mestría
pasar ante os meus ollos.
Despois da película, pregunteille,
"Como conseguiron que os monos fixesen esas cousas?"
Púxome a man na cabeza e díxome, "Non é real, cariño.
Só están actuando".
E foi entón cando me decatei.
Se puideron enseñar a eses monos a actuar de xeito tan brillante,
imaxina o que podía ofrecerlle eu ó mundo.
Daquela fixécheste actor porque pensaches que os monos...
Montaban a cabalo. Si! Así é!
Cando en realidade,
só estaban actuando.
Como se montasen a cabalo. Aínda me voa a cabeza, se vos son sincero.
Alédome por ti.
Atopáche-la túa paixón e perseguíchela.
Ó final usáchela para prexudicar ó goberno dos EEUU, pero que máis dá.
Si, si. Grazas.
Todo isto está moi ben, pero canto tempo temos que agardar?
Morris foi moi claro.
Para entrar hai que agardar ó momento oportuno.
Si, vale. Pero de canto tempo falamos?
- Horas? Meses? - Amigos.
Eu só son o transmisor da infinita sabedoría dunha criatura
moito máis avanzada do que podemos comprender.
O que ve, o que sente, neste...
vasto universo descoñecido
está moi por enriba do que os nosos simples cerebros...
Xa podemos pasar.
Como?
Arranca, di que xa podemos pasar.
Deberías acelerar.
O que? Por que?
Katy! Bule!
Morris di
- que vires á dereita á de tres. - Como?
- Dous. - Pero cando?
Agora.
Á esquerda.
consiste en permanecer na caixa.
- Que caixa? - Xa estamos dentro dela.
Que pasa se non permanecemos na caixa?
- Cómenos a fraga. - Que nos come? Que queres dicir?
Di que nos come. Vira á esquerda.
Coidado por detrás!
- Sigue na caixa. - A canto está?
5 metros!
- Sigue na caixa. - Iso é moito ou pouco?
É preto de carallo!
- Sigue na caixa. - Queres deixar de dicir o da caixa?
Vira por última vez á dereita e logo pisa a fondo ata o final.
- Písalle a fondo. - E que cres que fago?
Non imos chegar!
Que negro o vexo.
Morris di, "Gran traballo, xente".
Agora só temos que atravesar esa fervenza e xa chegamos.
Vaites. Eses paxaros están ardendo.
En serio?
Morris di que é normal.
Son bos amigos seus.
Que cabalo máis raro.
Non me gusta esa mirada.
Ola.
Son Xu Shang-Chi.
Esta é miña irmá, Xu Xialing.
Sómo-los fillos de Ying Li.
Esta é a miña amiga, Katy.
Volvede ó coche e marchade.
Por favor, non o entendedes.
Guang Bo!
Que estás facendo?
Baixade as armas.
Shang-Chi.
Xialing.
Son vosa tía, Nan.
Canto tempo agardando para coñecervos.
Es cuspidiño a túa nai.
- Ola, son Katy. - Benvida a Ta Lo, Katy.
Mirade quen atopou o camiño de volta a casa.
Non son unha ameaza.
Só un artista.
Morris pode dar fe.
Non temos moito tempo.
Meu pai achégase.
A nosa xente leva aquí máis de 4.000 anos,
preparándose para algo que agardabamos que nunca acontecese.
Sómo-los gardiáns da Porta Escura.
Xuramos protexer este reino e o voso
do mal que se agocha detrás.
Noso pai vén abrir esa porta.
Pensa que tendes recluída aí a nosa nai.
Por que ía pensar tal cousa?
Contoullo ela.
Di que pode escoitala pedíndolle axuda.
Leva postos os aneis?
Non os quitou desde que ela morreu.
Que teñen que ver con todo isto?
O reino de Ta Lo esténdese máis aló dos límites da nosa pequena aldea.
Temos cidades que superan calquera das do voso universo,
ricas en cultura e historia.
Hai milleiros de anos,
toda a nosa xente vivía en paz e prosperidade.
Ata o ataque do Habitante da Escuridade.
Veu co seu exército devorando tódalas alma ó seu paso.
E con cada morte facíanse máis fortes.
Despois de decima-las nosas cidades máis grandes,
dirixíronse cara ó voso universo para facer o mesmo.
Os líderes de Ta Lo enviaron aquí os seus mellores guerreiros,
para evitar que alcanzasen o portal ó voso mundo.
Pero os nosos devanceiros non foron rivais para eles.
Ata que...
a Gran Protectora uniuse á loita e cambiou as tornas.
Xuntos,
Meteron o Habitante e o seu exército na Porta Escura e pecháronos.
A nosa xente custodiou esa porta desde entón.
E axudados pola maxia da Gran Protectora,
e o agasallo que nos fixo.
Escamas de dragón.
Dan unha armadura moi boa.
Voso pai non é o primeiro que vén abri-la Porta Escura.
Moites tentárono e fracasaron ó longo dos séculos,
e todos tiñan unha cousa en común.
Todos viñeron atraídos pola voz de algo ó outro lado.
Unha voz que lles prometía os seus maiores desexos.
Daquela pensas que os devoradores de almas fálanlle o noso pai?
Saben que os Dez Aneis teñen o poder para liberalos.
Ola.
Ó campo de tiro.
Como? Vale.
Semella que vou entregar frechas de dragón.
Vas entregar frechas de dragón?
Si, para facer algo útil. Grazas.
Imos ver a vosa nai.
Encántame que saibades exactamente o que ides facer
e pasedes toda a vida facéndovos boísimos niso.
Oxalá eu fose máis así.
É como se cada vez que algo dáseme moi ben, déixoo por algo novo.
Eu coñezo os meus límites,
non vou perde-lo tempo perseguindo algo que
rematará sendo unha decepción para min. Eu non son así.
Guang Bo.
Déixalle disparar.
Se non apuntas a nada, nunca darás no branco.
Erades todo para ela.
Sabía que un día atopariade-lo camiño ata aquí,
e pediume que preparase algo para a vosa chegada.
Despois de perder alguén coma ela,
é doado sentirse só neste mundo.
Pero non o estades.
Sodes fillos desta familia,
e dóuvo-la benvida.
Xa non estás con teu pai.
En Ta Lo adestramos coma iguais.
Permaneciches demasiado tempo nas tebras, miña nena.
Viches? Deille!
Viches?
Miña nai foi a única que puido derrotalo.
Amósame como o fixo.
Perdoade. Perdón. Fóra de xogo.
Túa nai sabía quen era.
Ti sábelo?
E-lo produto de todos os que viviron antes ca ti.
O legado da túa familia,
tanto o bo coma o malo.
Todo forma parte de quen es.
Deixa de agocharte, sobriño.
Soamente prolonga a dor.
Axiña estaremos xuntos de novo.
Señor.
Os homes están listos.
A pasaxe ábrese ó amencer.
Vou prepara-lo vehículo, señor.
Usa a túa respiración,
busca no teu corazón...
Luz e escuridade.
Para coñecerte a ti mesmo,
tes que enfrontarte a ambas.
O teu marido quixo destruírnos.
A Banda de Ferro está aquí para saldar esa débeda.
Meu marido xa non é o home que era antes.
Non importa.
A súa disputa con el non ten nada que ver cos meus fillos.
Poden marchar.
Pero alguén ten que pagar.
Xialing, Shagn-Chi.
Metédevos adentro.
Vou falar cos nosos invitados.
Pero xa non te-los teus poderes.
Non teñas medo, Shang-Chi.
Mamá.
Mamá.
Padre.
Díxome que podía cambiar.
Que podía deixar atrás o meu pasado.
Pero estaba trabucada.
Se non mos tivese quitado,
eses homes non se terían atrevido a facer isto.
E agora van pagalo.
Onde está o teu xefe?
Non o sei.
Xúroo!
Vale.
Unha débeda de sangue debe pagarse con sangue.
Vasme axudar?
Atopámo-lo home responsable de matar a túa nai.
Te-lo dereito de rematar con isto polos dous.
E cando retornes,
reconstruirémo-los Dez Aneis ó que unha vez foron.
Busqueiche por todas partes.
Estás ben?
Non son...
quen ti cres.
- Xa me pediches perdón por... - Non me refiro a iso.
Vale.
Que é?
Cando meu pai
envioume a busca-lo home que matara a miña nai,
díxenche que non puidera matalo.
Mentinche.
Pensei que podía cambiar de nome,
comezar unha nova vida, finxir que nunca pasara.
Ela odiaría a persoa na que me convertera.
Teu pai adestrouche para seres un asasino ós 7 anos.
Mandouche matar unha persoa ós 14 anos.
Decátaste do revirado que é iso, verdade?
Miña nai está morta pola súa culpa.
E agora vén destruí-lo seu fogar.
Unha débeda de sangue debe pagarse con sangue.
Que queres dicir?
Vou facer iso para o que me adestrou.
Vouno matar.
Xa está aquí.
Non!
Non estás lista.
Ela quédase.
Estás aquí para axudar á xente
que ten presa á túa propia nai?
Ela non está aí atrás.
Estache mentindo unha criatura que quere destruírnos a todos.
É o que che contaron?
Coñezo a voz da miña esposa.
Eu boto de menos a miña irmá tanto coma ti.
Pero este non é xeito de honra-la súa memoria.
Honrástela cando lle destes as costas?
Imbécil! Foi a ti ó que botamos.
Os pecados do teu pasado terían destruído este lugar.
Raparigo, amosa máis respecto cando me fales.
Tomei eu máis sal ca ti comidas en toda a túa vida.
Deixádeme pasar.
Non podemos facer tal cousa.
Arrasade con todo.
Vai por el!
Pensas determe ti só?
Non che teño medo.
Si que o tes.
Pasaches toda a vida asustado.
Sempre fuxindo.
Sempre agochándote.
Ti estabas aí cando foron por ela.
E non fixeches nada.
Quedaches na fiestra véndoa morrer!
Ela morrera e precisabámosche.
Pero escolliches eses condenados Aneis por riba nosa.
Adestráche-lo teu fillo para ser un asasino.
É o que querías?
Aínda que puideses traela de volta,
que che fai pensar que ía querer ter algo que ver contigo?
Sálvame.
Sálvame, querido.
Sálvame.
Xa estou aquí.
Abriu a porta!
Esas cousas vannos matar a todos se non traballamos xuntos.
Cres que vou caer nesa trampa?
As vosas armas son inútiles contra eles.
Non precisámo-la vosa axuda!
Nós
sómo-los poderosos Dez Aneis e non hai...
Deberiamos traballar xuntos.
Soltádeos.
Soltádeos!
Que están facendo?
Roubar almas para alimenta-lo Habitante da Escuridade.
Se se volve o bastante forte, vai rompe-la porta.
Iso é só o comezo.
É moi perigoso.
Teño que axuda-los meus amigos.
Non morras.
Todos cara á auga!
Vamos! En marcha!
Ola. Onde está teu irmán?
Agardaba que o soubeses ti.
Sálvame.
Apuntade ó ceo para vencer ou morrer!
Respira profundamente.
Shang-Chi, non teñas medo.
Te-lo corazón da nosa dragona.
Sempre formarei parte de ti. E teu pai tamén.
Colle todo o que che demos e faino teu.
Estou orgullosísima de ti.
A nosa familia necesítache.
Vai!
Cargade!
Disparade!
Tes que deter a teu pai!
Non está aí detrás, papá.
Fóra do meu camiño, rapaz.
Non.
Cálmate, amigo.
Non estou morto, só é unha actuación. Agora tómbate aquí e sígueme o conto.
Teño que salvala.
Está chamándome.
Oxalá fose certo.
Papá, por favor.
A túa familia precísache.
Libérame!
Merda.
Diríxese cara á aldea!
Se lle rouba a alma á nosa dragona ninguén vai poder detelo!
Apúntalle á gorxa!
Tes que soltarme.
Sóltame!
Non vou abandonarche outra vez.
Hostia puta.
Vai.
Esta noite honramos ós que se sacrificaron
para que poidamos ver un novo día.
Eran máis ca guerreiros.
Eran nosas nais e pais.
Nosas irmás e irmáns.
E aínda que sempre nos aferraremos á súa lembranza,
esta noite liberámolos para que descansen.
cos nosos devanceiros.
Deica sempre, papá.
Mamá, estaremos ben.
Hai un milleiro de anos,
e dentro doutro milleiro de anos,
sempre estaremos xuntos.
De verdade que pensaba que iamos morrer.
Aprendera a disparar co arco o día anterior
e de súpeto estou nun campo de batalla matando estes chucha almas
coa tía de Shaun, que é unha abraiante deusa máxica do kung-fu.
E eu estou colgando da Gran Protectora con miña irmá
tentando que non nos coma o mega chucha almas.
O mega chucha almas érache malo con avaricia.
Tentaba comerse a alma da nosa dragona.
O que tería levado á destrución de todo o universo.
Si.
Só me quedaba unha frecha,
e o único que escoitaba na cabeza era a voz de miña nai dicíndome
Dispara dunha vez, vividora.
Así que apunteille á gorxa do chuchón
- e deixei que a frecha voase. - Deulle de cheo.
Logo Shaun usou os Dez Aneis facer
unha onda vital tremenda e estoura-lo monstro,
e... salvou o mundo.
Si...
Perdemos boa xente ese día.
Conseguímolo.
Conseguímolo.
Rematastes de burlarvos de min?
Por Deus, non estou burlándome de ti.
A ver, onde está esa irmá túa?
Volveu ó complexo de meu pai para pecha-las súas actividades.
Si, seu pai foi o xefe dos Dez Aneis durante o último milenio.
Hai 2 semanas aparcabades coches polas propinas,
e queredes que me crea que agora salváde-lo mundo de monstros chucha almas.
Sei que queredes devolverma polo que vos dixen a última vez,
pero non vou desculparme por dicírvo-la verdade como amiga.
Díxenvolo moi en serio,
e de feito, penso que isto que estades facendo, dáme a razón.
É obvio que...
Que?
Shang-Chi.
Shang-Chi.
Aquí! Presente!
Chámome Wong.
Si, seino.
- Señor, son un gran... - Te-los Aneis?
Si.
Ben, vámonos. Temos moito do que falar.
Ti tamén.
Eu tamén.
- Creo que deberiamos... - Si, si.
- Temos que marchar. - Si.
Sei que isto é de tolos, pero xa che mando un WhatsApp
para vernos outro día. Alédome de verte, John.
Xa vos invito eu.
Subtítulo traducido e sincronizado por: pippilangstrum para Os Arquivos da Meiga
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.