All language subtitles for Road (Alan Clarke, 1987)

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian Download
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English Download
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French Download
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German Download
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian Download
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian Download
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil)
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish Download
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish Download
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

Pódesme deixar pasar ata o espello?

Por que non saes nunca?

Non mo podo permitir.

E ti por que nunca quedas na casa?

Non o aturo.

Bailemos.

Non podemos bailar entre irmáns!

Seino. Non todo está permitido na vida.

Agora vou chegar tarde!

Vou ter que subir a lavarme!

Vou chegar tarde!

E todo por culpa túa, maldito bastardo!

- Onde imos? - Que?

- Onde imos? - Eh?

Veña, vamos!

Eh!

Non o podo superar.

Non podo superar o pasado.

O que foi.

Non podo e xa está.

Teño fortes sentimentos dentro e son tan tristes

que apenas os podo aturar.

Podo sentir un deles agora.

Rómpenme o corazón e véñenme as bágoas aos ollos.

E todo só porque...

me lembrei de algo de hai tempo.

A pesar de que foron tempos marabillosos.

E de grandes sensacións.

Véñome abaixo cando o penso.

Odio mencionalo,

pero esa gran bola prateada a xirar,

e todas esas luces sobre nós a bailaren aí abaixo,

e a gran banda...

E todos os rapaces e rapazas que coñecía...

Todos tiñan algo especial.

E a forma en que...

paras quieto, sabes?

E tiñas un cigarro.

Mesmo acender un cigarro era diferente daquela.

Era... Era dunha forma...

Non, agora non podo facelo.

Está ben así, se puidese choraría desgarrando o corazón.

Por iso nunca botaba fixador daquela.

Non podo.

Servir no exército, tamén, fixéchelo.

Fíxoo todo o mundo.

Ti nunca...

te queixabas de máis.

Nunca tiñas ganas de te queixar, non sei por que.

O exército, á fin e ao cabo.

Tiñas que estar alí.

Era da RAF,

con ese suave uniforme azul,

e pucha.

E cando tiñas un descanso, tíñaste que deitar na liteira,

e o teu compañeiro podía dicirche: "Dános tabaco".

E cando ías de permiso, facíalo ao teu fogar natal.

O tempo sempre parecía un pouco brumoso.

E tiñas que camiñar polas rúas de sempre

co teu uniforme.

e todo o mundo tiña algo que dicirche.

E ías á fábrica da túa moza.

E chamábana.

"Hai un home de uniforme que te quere ver".

E tiñas que agardar fóra.

Sacabas o cigarro do peto, acendíalo e ficabas aí de pé entre a bruma...

...co teu uniforme.

Cheo de...

...algo.

- Así que vas baixar ao bar, non si? - Si, e ti?

Podería se alguén apoquina.

Entra, Louise.

- Ola! - Ola.

- Que pasa? - Sáenseme as ombreiras.

Maldita sexa, Louise. Sempre che pasa algo.

Bonitas bragas.

Ignóraa en todo momento.

Onde imos esta noite?

A calquera sitio, Louise. Lonxe e arriba, arriba e arriba.

Sempre dis o mesmo.

Cala!

Comiches algo?

Comiches algo, Louise?

Hai pedras pero tamén cenorias minúsculas,

terróns de azucre e algunha cuspidela ou algo en prebe.

Non esaxeres!

Deberías comer algo antes de marchar.

- Come algo ti. - Non, come algo ti!

- Come ti algo! - Ti!

Oxalá leve a súa peste lonxe.

Estás vendo a ese home farrapento, mamá?

- Non. - Por que non?

É un choromicas, ou non? Débemo todo.

- Eh? - Si, como todos vós, cada un de vós!

Supoño que estás pelada.

- Bueno, teño algo pero precísoo para esta noite. - Pois dámo!

- Non! - Si!

- Non, vella zorra! - Si, pequena porca!

- Vaca! - Es noxenta!

Oh Deus, es unha groseira.

Como puiden deixar que me criases?

Ou mellor dito, que me vomitaras.

Escóitaa, que romántica!

Fixeches todo ben fóra dos meus ósos; moito.

De todas maneiras, non es máis que ósos. Por que non comes?

Porque non. Porque non.

Fágoo igual, teño suficiente.

Prefires tomar cervexa, non si? Mírate.

Nunca limpas! Nunca te cambias! Nunca...

Eu son como son grazas a ti.

E ti es como es por culpa de quen sabe que merda.

Cre que é curta dabondo?

Pregúntalle aos homes!

Vamos, Louise.

Vasme dar algo?

Podo darche unha libra.

Oh, xenerosa, que xenerosa!

Xenerosidade, xenerosidade.

Xenerosa!

Larga vida, non?

"Comiches algo, Louise?"

"Оh, xenerosa, xenerosidade!"

"Xenerosa! Xenerosidade! Xenerosidade!"

- "Currantes". - "Cisne".

- "Pastor antigo". - "Xefe de Nova Zelandia".

- "Afumados". - "Gavelas".

- "Porco azul". - "Cabalo branco". - "Roda de muíño".

Joey!

- Vai tomar polo cu! - Quero entrar!

Joey, por favor!

Joey?

Joey, isto non está ben.

Por que te estás a matar de fame?

Para que, eh?

Todo o mundo está preocupado por ti, sabes?

Non podes facer isto!

Por que non?

Veña, oh.

Todos nos sentimos así algunha vez.

Pero a vida continúa!

Por que?

Que?

Non sexas tan parvo.

Mírame a min?

Non teño traballo. Ningún.

Pero non me comporto como unha maldita nena grande.

Calquera pode facer iso, sabes?

Mira...

Se quixese consellos de Marje Proops

teríalle escrito a esa puta! Vaite!

Joe...

Non ves que isto é distinto? Eh?

Veña, lisca.

Dixen "lisca".

Quedo contigo.

Porque todo o que podes facer ti, eu podo facelo mellor.

E... todo o mundo era aprendiz de algo.

Cumprindo o teu servizo.

Podías traballar por máis diñeiro nun principio nun almacén ou no ferrocarril,

pero ao final non compensaba.

Ou ser un aviador novo e vender maquetas e anuarios nos bares.

Había tantos traballos daquela!

Moita xente empezaba con un pola mañá, remataba,

comezaba outro pola tarde, remataba,

e ía a outro sitio o día seguinte.

E tiñas a lista de éxitos.

Vacacións en Blackpool ou na Illa de Man.

Volare!

Todos nos sentiamos especiais

pero seguros ao mesmo tempo.

Non estou dicindo que estivese ben,

as mulleres nin sequera entraban nos pubs.

Durante o baile, no descanso,

os rapaces entraban no pub do lado.

As mulleres ficaban no salón do baile.

E despois...

todos regresabamos.

E as rapazas...

...tan guapas.

Оh, cando penso nelas...

E iamos facerlles as beiras daquela.

Facíaslles as beiras e paseabas con elas,

levando as súas chaquetas no brazo.

E iamos ao cinema dúas ou tres veces por semana.

As estrelas, a música, o branco e negro...

Bicarse.

O sexo.

Cando digo a palabra agora,

e cando a dicía daquel entón,

sinto algo diferente en min.

Agora ben, sei que soa, xa sabes...

Pero faino.

Non podo fuxir do pasado.

Simplemente non podo.

Pero non importa o que digan.

Non podo ver como esa época puido terse convertida nesta época.

Tan horrible para min e tan...

complicada para min.

E sendo pobre,

e bo para nada,

inútil.

Agora podo velos:

os meus vellos amigos,

as súas caras novas volvéndose,

e sorrindo.

Quen estraga a vida?

Eu?

Nós?

Eles?

Oh Deus.

Joe, quero comprendelo. Estamos a protestar?

- Non, só estamos... - Que?

Vendo o que vai ocorrer nas nosas cabezas.

Poderiamos morrer.

Non.

Poderiamos dirixirnos cara algún secreto revelado.

Joe...

Que lle vas dicir á túa nai logo?

Clare?

Direille que estou embarcada nunha aventura

e que non se preocupe, eh?

Joe, estame entrando fame.

Joe.

Vaite.

- Non, Joe, non! - Vaite!

- Non! - Veña, logo non empeces!

Por que facemos isto, Joe?

- Estou á procura de algo. - De que?

Como o podería saber? Se o soubese non estaría á súa procura, non?

Non te entendo.

Mira, hai algo que falta.

A vida non pode ser así. Verdade? O que fai todo o mundo.

Aí é onde reside a loucura.

Iso é o que di a miña nai, cada ve que ve algo diso.

Cando ve palabras enxeñosas na tele,

ela dínolo.

Ela di: "Segue con iso".

"Vive a túa vida e iso é todo o que hai."

Oh.

Oh, e iso que significa?

Non es seria.

Nin sequera es unha broma.

Es como o resto do mundo, asustados polo vento,

por medo a que se vos volva o cerebro do revés.

Entón tedes que facer algo distinto.

Estragando toda a vosa vida.

Traballar, traballar, traballar, traballar, traballar.

Baixos salarios, baixos salarios

Obtidos cun sorriso, obtidos sen un sorriso.

Traballar, traballar, traballar, traballar. Baixos salarios.

E logo a morte, con M maiúscula!

Nin sequera deixa cheiro.

Se es afortunada, un recordo transparente,

que se disolve lentamente como pasta de dentes.

Non insultes á miña nai.

Polo amor de Deus! Iso é todo o que se che ocorre?

Maldita sexa, Joe! Non quixen dicir nada.

- Eh? - Síntoo, vale?

Por Cristo bendito!

Quero dicir, por Cristo bendito!

Non quería dicir o que dixen.

Quero dicir que ti non es así, Joe. - Eh?

Oh, veña Joe, non empeces.

O que quero dicir é...

Telo que admitir. Nunca me ensinaras ese lado teu.

Non tiña nin idea.

Vamos.

Cando comezaches a pensar así, Joe?

Cando comecei?

Cando me detiven? Mellor dito.

Que é todo isto, Clare?

É ese. O mozo que está a poñer a cabeza no corazón.

Non tes oportunidade de pescudalo. Apresúrante desde o berce ata a tumba.

Pero agora que chegamos á parada, sen emprego, sen esperanza,

tes que facer a pregunta. Tes que preguntarcho a ti mesmo!

E faite ben, tamén!

Non parece que che estea a facer moito ben, aí quieto medio morto.

Veña, cari. Que máis paga a pena facer?

Eh?!

Estou farta de agardar por el.

Serán outros cen anos, a este ritmo.

Que vida!

Érguete, alimenta os bebés da casa,

Fai todo o que poidas sen cartos,

mentres el bebe, bebe e bebe.

E non é quen de meter man en nada que non sexan as súas mans gordas e ásperas na cama pola noite.

Un can doente é o que é.

Un can grande, doente e pesado.

Un can rabioso.

Fai que me arrinque o pelo.

Mira o meu pelo! Está seco, tristemente seco.

Choraría pero non creo que me saísen as bágoas.

E non hai nada peor que un pranto baleiro,

é abafante.

Por que facemos o que facemos?

Por que fico?

Por que? Por que? Por que? Oh!

Podes torturarte con preguntas, pero non es a máis sabia,

porque estás demasiado cansa para responder.

Sempre axustando e rascando de onde non hai.

E el colle os cartos da prestación e fai o que quere.

Oh, ás veces deixa un par de libras na esquina da mesa.

Ás veces! Porque nunca sabes cando, e se lle preguntas sóltache unha.

Por iso teño que pedir emprestado.

Pedir emprestado a todo o mundo.

Son como una rata esquelética, de aquí para alí, tentando atopar algo.

Axúdanme.

Aínda que aposto a que en realidade me odian. Desprézanme, no fondo.

Porque sempre estou aí todo o tempo a pedir, pedindo.

E non me poden dicir que non, simplemente abren os seus moedeiros.

E eu dígolles: "Grazas, grazas",

unhas miles de veces, ata que todos nos sentimos mal.

Deus! Non podo esperar ata que os nenos sexan maiores.

Entón poderei mandalos a eles.

El virá cedo.

Borracho como unha cuba.

Dicíndome que eu tería que ter feito máis na casa.

Comendo calquera cousa que haxa na casa,

anoxado e perdendo os papeis.

Apertando os nenos demasiado forte.

Berrando, enfurruñado ata que dorme.

Roncando e cheirento, enrolado e envolto nas sabas.

Maldita bebida.

A bebida é unha puta merda!

É un mar pestilente.

E el é o capitán de barbas cotrosas.

Tragando e cuspindo, tragando e cuspindo,

auga marrón clara sobre min.

Oh, que estou a dicir?

Todo isto é un pesadelo. É a súa culpa...

...Pero non podo culpalo a el. Non é culpa súa que non haxa traballo.

É un home tan grande, non ten onde colocarse.

Parece tan torpe e tan triste xunto ao vertedoiro.

O aspirador parece un xoguete nas súas mans.

Cando está en casa todo o día, anda polo cuarto como un animal ferido,

movéndose tratando de atopar os calzóns.

Chapuceiro coas pequenas cousas da casa, desconcertado.

Así o vexo eu. Como unha pobre besta nun mundo equivocado.

Vexo os seus ollos, tristes e caídos.

Véxoo a medida que pasan os días. Vello,

como os sacos húmidos amoreados

Véxoo como o despoxo,

o despoxo humano da terra.

Pero non o podo perdoar.

Non podo perdoar o máis cruel do...

...montón O grande...

montón de despoxos... É tan...

...corcovado e feo.

Ódioo agora.

E non acostumaba facelo.

Ódioo agora e non quero.

Non podemos ter o de antes de novo?

Non podemos?

Non podemos ter o de antes de novo?

Non podemos?

Fan unhas boas patacas no chinés, non si?

Un pouco graxentas.

Eh, aposto a que perdiches isto na lea.

Onde está o teu campamento? Nunca mo dixeches.

Non falas moito, verdade?

Es un fulano calado de verdade, non?

As augas tranquilas baixan profundas, ou que?

O típico Clint Eastwood.

Un Clint en miniatura.

Gústame el. A ti?

Gústanme os solitarios.

Por iso enviei a Maureen a recollerte esta noite.

Ese uniforme! Moi romántico.

Fai séculos que non vexo un soldado. Destacaches entre a multitude.

Matarías alguén se puideses?

Refírome a se te provocasen.

Ben, é dicir, é o teu deber, non?

É para o que che pagan. Licenza para matar.

Si, aposto a que a pesar de todo ris.

Con todas esas máquinas de combate e todo iso.

Que carallo é isto?

É meu ou dun can noxento.

Oh, maldita sexa.

Que noxo.

Non te preocupes, aquí teño un pano.

Imos limparche os morros...

Оh, mírate.

Tes toda a camisa manchada e chegou ata a chaqueta.

Non podemos deixar que pase, eh?

Non podemos.

Es tan traveso!

E tan novo.

Таn novo e tan vigoroso.

Aposto a que xa estiveches cunha morea de rapazas, non si?

E por que me escolliches a min, eh? Por que? Que teño eu?

Tío sexy! Mírao.

Sabes como facelo de verdade, non?

Non como a maioría de tipos.

Aposto a que es dos que saben amar unha muller.

Tan firme!

Imaxino que tes as raparigas a te rondar

como moscas á merda.

Por que eu?

Poderías escoller a quen quixeses a calquera hora.

Poderías escoller...

...mesmo entre estrelas famosas.

Oh, Deus! Estou sobre as túas patacas!

Veña.

Queres pasalo ben, verdade?

Sabes esperar para conseguir unha muller provocativa.

Aquí dentro. Vamos!

Este é o teu traballo. O teu puto traballo.

Vasme foder agora?

Así, da nada.

Malditos soldados!

Oh, querido! Soldado do amor!

Estiveches en ultramar, verdade?

Que tacto, rapaz! Veña!

Estás ben?

Es como un neno pequeno.

Oh querido, síntoo.

Non sei que cren que somos.

Trátanche como a escoura da semana pasada!

Deus, agora sinto vergoña!

E tan triste.

Tan triste!

Tan triste!

Sentade, rapazas.

Veña, sentade!

- Só estou a buscar un sacarrollas. - Está ben.

- Bonito lugar. - Iso cres?

Por suposto. Por un momento pensei que estaba no Ritz.

Aquí estamos.

- Entón el é o camareiro? - Non, el é mellor niso ca min.

- Vaia confesión! - Como? Аh si.

- Aquí tedes. - Espera, é branco?

- Si. - Eu quería tinto.

No, ao final tomarei branco.

- Ben, non sei. O tinto é bo? - Súbese á cabeza nun minuto.

Deus, Louise. Temos un experto?

Veña, bota.

- Camareiro, como te chamabas? - Eddie.

- Eddie, sabes o que din, non? - Non, que?

Co branco aguantas esperto toda a noite, co tinto vas dereito a cama.

Que cho dixo?

- Ela. - Eu nunca!

Ah non? Cría que si. Non pasa nada, continúa, continúa.

Ben, que facedes?

Que che apetece?

A que te refires?

- Bo viño, verdade? - Non.

- E ti que fas? - Para vivir.

Respiro. Non podo falar por ela.

- Non sei, é rápida. Ti tamén, verdade? - Non, vós os dous sodes lentos.

- Toma do meu. - Non, está ben.

Non, toma do meu.

Non podo coller o teu vaso. De onde vas beber ti?

Veña, cólleo, idiota! Arriba con el, Carol!

Que é isto? Manobras?

Estannos rendendo, Louise, querida.

- É sempre así? - Si.

- Espera un minuto, como... - Como...

- Agresiva. - En que sentido? Que queres dicir?

- Non o sei. - Sente o que dixo.

"Sente o que dixo"?. Debería crelo.

- Eu non son agresiva, verdade Louise? - Non digo nada.

De todos xeitos, que significa agresiva? Só estou a pasalo ben.

- Se non o tomas así tes un problema - Tomámolo así.

Oh, supoño que non estás afeito a isto. Estás afeito...

...a que as mulleres se te boten enriba, verdade?

A verdade é que non.

Oh, só...

...a que se poñan debaixo logo.

Cretino.

- Está tola. - Non.

- Estou! - Está!

- Alguén quere máis? - Xa non.

Canto tempo levas vivindo aquí?

- Ah, ben... Cal é a palabra que estou a buscar? - Propina?

Non, montón de merda! Iso é!

Ben, sentídevos libres, rapazas, para poñer todo en orde.

Estás de broma?

Debes estar bromeando! Terías que ver como ten o seu cuarto.

Louise, deixa de desvelar intimidades. A próxima será dicirlles de que cor levo as bragas.

Veña, dillo! "Tivo ata unhas transparentes".

- Non digo nada. - Oh, todo un cabaleiro!

Ou sodes só maricas?

- Carol, es terrible. - Louise, non abandones as filas agora.

Especialmente cando están avanzando con forza, Eh, mozos?

Témolos arrodeados. Cara onda ides, logo?

Cal vai ser o primeiro movemento?

Déixame!

- De acordo. - Crin que podía cheirar algo!

- Este lugar podería estar ben de verdade. - De verdade?

Quero dicir no fondo. Se estivese ordenado.

- Supoño que non está mal. - Non estás falando agora?

- Agora está el anoxado? - Non, para nada. Nada diso.

- Non sei onde estou con vós os dous. - Que queres dicir?

- Sodes diferentes. - Diferentes a que?

Eh, Louise, estanse a volver uns presumidos! Ben, máis presumidos.

Que pasa con vós os dous?

- Que pasa? - Carol.

Ten unha perrencha porque lle gustas, a verdade.

E a ti quen che gusta?

Gústache Eddie, verdade?

Está ben.

Eddie.

Non! Quen cres que somos?

- Que cres que somos, putas? - Non.

- Por que volviches? - Só por facer algo!

Que pasa co agora si, agora non?

Non fala divertido? Era así no pub. "Agora si, agora non".

- En calquera caso... - En calquera caso, que?

Eh, eh. Non te anoxes.

En calquera caso, máis bebida?

Non podes embebedarnos para comezar de novo, sabes?

- Esquéceo! - Típico, escóitao!

Non podes chegar ata o final, non queiras sabelo.

Esquece o do teu final, non queiras sabelo.

- Oh, veña!. - Non!

Quero que pase algo máis para variar.

Sempre é o mesmo!

Sempre hai un idiota elegante que gasta tempo e diñeiro en ti

cunha soa cousa en mente.

E amarga.

É aburrido e molesto e ponme enferma!

Sénteste usada.

Vós os dous pareciades interesantes, diferentes.

Pensaba que atoparía algo máis aquí, pero xa vexo que non.

Sempre está unha trabucada, non? Nunca nada é o que queres!

Sempre tes que te contentar.

Todo é unha decepción!

- Carol! - Vamos, Louise!

Veña, toma outra!

Fica e prométoche algo diferente!

Vexamos canta diferenza podes aturar.

Queres algo diferente? Queda, dígoo en serio.

Sabes o que imos facer para variar de verdade?

Temos algo para cando saias afora.

Ensinámosllo, Eddie?

Veña, imos ensinarllo.

Fagámolo.

- Gústavos a boa música? - Si, como cal?

Como o Soul. Soul de verdade.

- Non sei a que te refires. - E ti, Louise?

Ben, gústanme 'Hot Chocolate'.

Bebede.

Bebede, non vos preocupedes. Veña.

Veña, axiña! Rápido!

Ben!

Escoita!

Veña!

Veña!

Outra!

Outra!

- Que facedes? - Todo forma parte do que veredes despois.

Bebe, Brink! Veña, Eddie, firme!

Veña, unídevos!

- Vale. - Carol!

- Carol! - Que máis ten!

Para dentro!

Que pasa coa música?

Algo vai a pasar en breve, amor. E entón...

- E entón que? - Espera, amor.

Veña, pon algo xa. Vexamos o que tes.

Só iso?

- Así é. - Unha máis e xa está.

- Isto é de tolos. - É!

Música!

Pona!

Merda, espero que me guste.

Despegue!

Wyatt Earp, "Wild" Bill Hickok,

Jesse James, Buffalo Bill, Billy the Kid, "Doc" Holliday,

Eddie, Eddie!

Eddie, o heroeeee!

Iso é.

Déixao saír, mostra o que hai debaixo.

Déixao saír! Tírao! Brilla!

Queima a túa prestación!

Teño o meu traxe. Teño a miña imaxe.

Traxe, imaxe! "Quen pode pedir máis?"

Eu!

Inglaterra está feita anacos!

Inglaterra é unha vella cona no mar!

Inglaterra é cruel!

A miña cidade está en ruínas!

O meu pobo está pálido.

Cara pálida.

Bang, bang, bang, bang, bang!

É un tiroteo co sheriff.

Eddie! Eddie!

Eddie o heroe!

No te dobregues ou vaste ao paro. Parado e acabado.

Nunca te dobregues!

Móstrate forte!

Tan afiado que cortas!

Cabeza alta! Ollos firmes!

Camiña como Robert Mitchum!

Bang, bang, bang, bang, bang!

Agora voume deter.

E vou arder por todo o que vallo!

Iso é o que fas.

Bebes, escoitas a Otis, chegas ao fondo das cousas

e déixaste levar!

Para que?

Para evitar volverse tolo!

Estou cheo de algo noxento esta noite.

Un recordo pestilente que non podo borrar.

Suponse que son o tipo forte e silencioso,

pero non.

É só unha coiraza,

unha coiraza que teño outra vez.

Unha vez fodín cunha vella.

Odieina e fodina duramente no chan da cociña.

Cos xeonllos batendo no frigorífico

e a comedeiro do can na súa cabeza.

Puñados de pel branca vella nas miñas unllas.

E despois de que marchase,

sentei no chan e chorei.

O meu primeiro pranto desde o "mami non me deixes".

Mantéñome firme fronte á xente. Non os quero dentro de min.

Apestan. Lonxe de min para sempre!

Quero ser libre.

Quero ser un vaqueiro.

Un dos compañeiros de soños que morreron por nós.

Pistolas e fume, un morto máis, un trago de po de salón.

Quero ser vaqueiro.

Pero só son gando.

Pastoreado, indefenso,

esperando dorido a que me maten.

A mercede do meu país!

Oh, Deus. Cacarexo. Ata o máis profundo.

Míntome.

Míntolle ao Papa.

Déitome na alfombra.

Déitome co queixo da hora de durmir.

Debo parar xa,

porque estou chorando bágoas de verdade.

Pero por dentro!

Un home chorando!

Choro a través da cola do paro dos tempos baleiros nos que vivimos.

As mans da fulana, aínda podo sentilas.

E non sei por que.

Podo dicir algo?

Podo?

Ben, entón vou dicir isto.

Grande ruína.

Grande ruína dentro do meu corpo.

Grande descomunal ruína.

Os homes miran.

Como é iso?

'Crack, crack'! 'Crack' co látego para eles.

'Crack, oh crack'! Cortade os homes polos seus pecados!

A pobreza.

A pobreza quéreme.

Está no meu pelo e na miña roupa,

en forma de po nos meus xeonllos. Non ma podo quitar.

Todo está sucio:

A nosa casa, a miña madre, a bañeira.

Estou farta!

Nada do que me arrodea é fermoso.

Nada é fermoso!

Nada é fermoso!

Onde está a beleza? A tomar polo cu!

Onde está a tenrura? Ben lonxe!

Quero camiñar polo lado apracible.

Quero estar limpa.

Limpa!

Botádeme por riba con algo doce!

Botádemo!

Carol non ten nada.

Todo é un xogo, non?

Un xogo de falabaratos,

para ver o que sae.

Ese disco...

trata de cousas puras.

Fai que queira chorar.

Por que o mundo é tan duro?

É como transitar pola carne con tacóns altos.

Nada está ben repartido.

O diñeiro, o amor...

Son unha persoa calada.

A xente pensa que son xorda e muda.

Quero dicir cosas pero é difícil.

Teño grandes desexos.

Quero que toda a miña vida sexa brillante.

Está tan apagada.

Todo está tan apagado.

Cando ese home canta nesa cinta, brandes as bandeiras en alto.

Porque fai aflorar sentimentos que tiñas esquecidos.

Os únicos importantes.

Unha vez que os envolves e gardas,

non queda nada máis que ganancias e perdas

e quen disparou a quen.

Pero a vida é tan dura.

Tan dura.

Nada é interesante.

Todo se volveu ordinario aos nosos ollos.

Quero maxia e milagres.

Quero un Xesús que veña e cambie as cousas outra vez

e mostre o invisible.

E non deixarnos continuar a esquecer, a falsealo todo.

Pateando a todos.

Quero rachar a superficie

e todo o ouro e as xoias

e luz nas beirarrúas.

De todos modos nunca falei así na miña vida.

E alédome de telo feito.

Se sigo berrando,

dalgún xeito,

dalgún xeito,

podería escapar.

Dalgún xeito...

Dalgún xeito...

...podería escapar.

Dalgún xeito...

Dalgún xeito...

...podería escapar.

Dalgún xeito...

Dalgún xeito...

...podería escapar.

Subtítulos ao galego: Cineclube de Compostela

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.