All language subtitles for Material

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English Download
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil)
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

Sempre hai algo que queda atrás. Cousas sobrantes que non casan.

Imaxes esquecidas esperando por unha historia.

Cámara:

Son:

Música:

PARTE UNHA

Montador:

Ola! Ola!

Ola! Son de Kreuzberg.

Ola! Ola! Veño de Kreuzberg.

Estou aquí sentado no furgón da policía.

Quero...

Quero falar contigo, O que está aí no tellado.

Gustaríame subir

e falar contigo.

Estou indo para alí agora...

Estou indo... Ola! Ola!

Saio á rúa coas mans en alto.

Quero falar contigo.

Quero falar contigo.

Poderías mandar alguén abaixo

para ensinarme o camiño,

ou alguén con que falar? Estou saíndo agora!

Apagas as luces!

Veña! Veña! Veña!

Para!

Para!

Para!

Para de facer iso agora! Para iso xa!

Para xa!

Para xa!

Queren falar. Párao!

Para iso agora!

Párao! Párao!

Os restos do pasado sitian a túa mente.

É a miña imaxe.

Os cuartos, os xestos, o ritmo da linguaxe.

A decisión consciente de situar o público alí

implica unha clara ruptura do proscenio.

Si, pero non é o público é esa xente,

que coñezo desde hai anos, e que tardan en marchar.

Non é un público

mais esas caras concretas.

Si, si. Coñézoos a todos.

Refíreste ao director artístico sentado na dereita.

Claro que falo del tamén.

Terríbel!

Pero non hai razón ningunha para... - Un público perfectamente normal.

Aparte da noite de estrea, é... - Eu sentei alí unha vez tamén

cando me levaron ata aí.

Non o podería aturar.

Fuxo desa merda.

Pero se hai público aí Entón está claro...

Aí está a diferenza.

Aí atrás, montamos a obra no proscenio.

Agora están construíndo cara arriba. Estás colgado por riba do escenario.

Se tapas os palcos da esquerda e da dereita,

o fas que sexan parte do escenario,

entón moves o proscenio cinco metros á fronte do escenario.

Movemos o escenario cara a zona do público.

Iso implica que temos que representar dentro da zona do público.

Non podo facer iso desde aí atrás.

Haberá atrezzo nos palcos,

e tamén actores no interior.

É a única maneira.

De que me serven os actores aí arriba?

Terían que arrodear por atrás. - Fritz, Eu xa...

Si. Si e non.

Durante os ensaios notei que, cando os actores estaban sentados alí,

iso anoxábate. - Yes. A lot.

Pero agarda. Non creo que iso teña que anoxarte nesta obra.

Para esta obra, non debera molestarnos

Porque non podemos entrar en contradicción cando dicimos que

estamos desprazando o escenario cara o público

e o director de escena dime que non o ve

e ti dis que te anoxa,

e os actores teñen que traballar como cans.

Ninguén sabe en que consiste...

agás nós. Agás nós aquí.

Non podemos manexar esa contradicción.

E por riba de todo, o significado.

O resultado será como uns nebulosos buratos negros.

Para algúns, serán buratos negros para outro, caixas baleiras.

Ou o que sexa. Tumbas ou outra cousa calquera.

Un burato negro é un burato negro. É así de simple.

Pero ese silenzo ou como queira que o chames,

debería chegar en certos momentos.

Ten que ser desa forma. Estou de acordo.

Pero eso non implica esa parte do escenario aí.

É verdade, por natureza esa zona pertence ao público.

Nós invadimos ese espazo.

E se estendemos o escenario cara aí

como dixo Matthias

entón teremos movido o proscenio cara adiante.

Mais entón non hai saída.

Nun teatro de verdade disporías de espazo entre bastidores.

Aquí, non tes ningunha opción.

E estendemos o escenario xusto ata aquí.

E iso debilita a intención.

Confía en min. Non trato de convencerte, nin nada así.

Mais teño experiencia de anos con esta casa.

E penso que esta arquitectura traballa ao noso favor.

Quero dicir, se simplemente a miras.

É fantástico. Entón para que queres librarse dela?

Se cadra a xente vai mirar isto cunha mirada nova. Iso é o que penso.

Porque é unha casa de mortos non pode ser máis apropiado.

Non?

É así, seguro.

Cun colo duro

e puños que están ben amidonados.

Sen dúbida, temos que facer lembrar a época.

Non falemos da época

porque iso é de feito perigoso.

Poderiamos ficar demasiado pegados á historia.

Pensemos nun...

... traxe que non senta ben.

Non é iso e non é iso.

Faime pensar nunha camisa que está tan amidoada

que oprime o pescozo, e puños que se deslizan cara adiante.

Fritz.

Pasa.

Ola!

Ía coller un chapeu.

Ola Fritz! Atópaste mellor?

Dalgunha maneira...

Case enfermo outra vez.

Ola.

Só quero sinalar que así son as cousas comigo.

Para min, iso está claro de todo.

Isto mostra

o tipo de sistema co que traballamos .

Non o digo de maneira negativa.

Pero o inusual tamén precisa dunha organización.

Porque o sistema non responde so pouco corrente

dunha maneira pouco corrente, faino como de costume.

Así que é moi importante que teñamos algunha idea.

Non falo nin sequera dos detalles.

Mais é importante saber

se comezamos o luns coa escena dos Nibelungos .

Porque temos que contratar os extras mañá para telos dispoñibles o luns pola tarde.

Entón, queremos que se vexan no escenario?

O luns, precisamos...

Despois da nosa última reunión sobre os Nibelungos,

precisamos...

Polo demais, non podo tomar ningunha decisión sobre iso.

É o que queda por facer neste momento.

Cando dixeches? Cando o precisades?

Temos que sabelo mañá.

Por que tes que saber mañá o que ides facer o luns?

Porque o venres é festa,

e o martes, organizan o calendario de ensaios, luns incluído.

Ou isto vai adiante dunha forma aceptable,

ou queda polo camiño, nunha forma que...

na que eu, polo menos, non estarei na situación

de ter que a representar, xa o sei.

É xusto eses tipo de garantía.

Non o podo cambiar.

Logo o erro foi imaxinar

que poderiamos facelo nestas condicións.

Mais, Fritz entón non precisamos toda esta merda.

Se imos traballar dun día para outro.

Se me dis o sábado que precisas extras para o luns,

non terás nin o primeiro.

Quero dicir, unha certa...

indiferencia ante o equipo.

Tes que aceptar o equipo.

O equipo tamén ten que aceptar

estas extraordinarias circunstancias...

Se non o acepta,

se unha empresa é igual ca outra calquera...

se algún director aí fóra, como Mr. Marquardt, está a facer isto,

entón non ten ningunha importancia.

Todo isto non ten ningún sentido.

Iso non é de todo certo. Non, Fritz?

Ben, algunha cousa que dixen é correcta.

Pero non todo ten que ser así.

Non sei que dicir.

Que sentido ten?

Se non podo estar de acordo con Karl, Non teño máis que dicir!

E non podo dicir cando o poderiamos conseguir.

É un pesadelo, esta merda...

... con ''Stalin 1''.

Só podes achegarte pouco a pouco,

ou poderiamos alomenos deixalo.

O que deberiamos facer é ir e usar a maqueta para traballar na escena.

Temos algunhas propostas.

Penso...

Pero mira, Karl. Agora mesmo, o ''Bunker do Führer'' está enriba.

Estoume a matar traballando, eh. Pero de verdade.

Non quero esta presión. Suponse que teño que decidir

Se imos ensaiar o luns Pero neste momento non podo.

Pero mira, ten sentido.

Dalgún xeito, ten moito sentido.

Hai un lote de tempo ata o luns.

Para entón, poderiamos atopar un gran concepto.

Eu penso igual.

Se cadra. Xa veremos.

Pero non me botedes a culpa se non!

É só a miña opinión persoal.

Eu non dixen tal.

Non dixen que te ía culpar, só dixen,

que os dous xuntos... Podo dar una resposta honesta.

Polo momento, non o podo facer. - A traballar. Contrata a xente e...

Temos ata mañá para facelo. Ningún problema.

Cala! Unha vez máis.

Unha vez máis.

Stefan, outra. - Canto de novo?

Waldeslust

Waldeslust

Pode soar como si estiveses quente.

Se sobes aquí.

Waldeslust

Estás buscando por...

Un cervo que brama.

Pero sen...

Manteno. Teño que anotar isto.

Waldeslust

Waldeslust

Ei, guapa.

Non ficará en pé, o home, perante o seu rei.

Non ficará en pé, o home, perante o seu rei.

Perante o seu rei ! - Perante o seu rei !

Pensaba que nunca máis sería digno da cadeira.

Ensinareite onde vive Deus.

As luces cambian.

Ensinareite... -... onde vive Deus.

Ensi... non. Outra vez.

Non ficará en pé, o home, perante o seu rei.

Non! Perante o seu rei. - Perante o seu rei.

Pensaba que nunca máis sería digno da cadeira.

Ensinareite... -... onde vive Deus.

Ensinareite onde vive Deus.

Fitz ten razón. Sempre me molestou, mais esquecera mencionalo.

Non subas en “rei”.

Non ficará en pé, o home, perante o seu rei.

Pensaba que...

Perante o seu rei. - Perante o seu rei.

Non. Perante o seu rei. - Perante o seu rei.

Demasiado alto.

Non ficará en pé, o home, perante o seu rei.

Non ficará en pé, o home, perante o seu rei.

Hoxe é 4 de novembro de 1989.

Hoxe é 4 de novembro de 1989...

Podes engadir algo a unha cita se e só para explicala?

Xa non o sei.

Estamos na metade dun traballo de gran intensidade.

Todos temos que...

Deberiamos pensar nisto como unha especialidade alemana?

Que foi feito dunha maneira apropiada...

... no canto de usar algo?

Non sei.

Creo que é simplemente un recoñecemento.

Que dixeches? Algo especial? – Un texto...

Podo repasalo rapidamente?

Non podemos agardar a que chegue.

Non o escribín eu.

Podería gardalo? Non, precísalo.

Tes que pregunta á xente que o fixo. Non podo decidir iso.

Están sentados por alí. - Podo só repasalo un momento?

Sodes actores?

Como vos chamades? - Michael Kind.

Ti es Michael Kind. – O célebre e notorio Michael Kind.

E que es ti? Es un actor tamén?

É Thomas Heise. - Son Thomas Heise.

Thomas está filmando. Non pode falar. Ten a óptica na boca.

Isto é unha oportunidade para coñecernos todos.

O MEU PAI. ERICH SCHULZ.

ARRESTADO NO ANO 1937.

MORTE. STALIN. LAGER.

Houbo aquí una charla chea de rancor.

Dirixida a nós, e a min.

Só aqueles que escoitaron e entenderon o aviso

son quen de comezar de novo.

Todos queremos Unha República Democrática Alemana

da que cada un de nós poida dicir:

Este é o noso país.

Si! Contigo lonxe!

Recibimos unha vez máis

novas e imaxes deprimentes de Praga.

Será necesario...

Será necesario un grande esforzo

para gañar de novo a confianza que foi dilapidada.

E agora,

nós nós, que estamos aquí en pé

nós o pobo,

á fin non estamos de acordo co obxectivo da Perestroika?

Incluso aqueles que vimos de diferentes puntos de partida?

Incluso entre xente con diferentes pensamentos,

as vallas non deben ser infranqueábeis.

Fóra! Fóra!

O Partido Socialista Unificado de Alemaña...

... comprométese a unha reorganización.

Chegou tarde

mais é irrevogábel.

Para!

Estamos resoltos...

Eleccións libres!

... e seremos infatigábeis aprendendo

a vivir coas contradiccións con sal e pementa.

PAREN A RETÓRICA BALEIRA. BERLIN NON CEDERÁ.

E usaremos a productividade da contradicción.

Quería...

Gustaríame preguntar...

Gustaríame preguntar a aqueles que están reunidos :

Primeiro escoita e despois actúa.

Escoitade!

8 de novembro de 1989.

A partir das 3:40 da tarde.

Non escoitei todo o que se dixo aquí.

Inda estamos discutindo.

O camarada Krenz está dando o seu discurso.

Mais se teño que me referir ao home que falou antes,

quero expresarlle o meu respecto.

É un traballador de SECURA e non un funcionario do partido.

Pero o que le pediu aquí

é o que o Partido precisa nestes tempos.

Esta mañá,

o secretario xeral abriu a sesión

co anuncio

de que o Politburó

O Politburó actual,

entendendo que iso conleva responsabilidade total

polos sucesos que nos fixeron tanto mal

e que nos deixaron sen durmir,

de que o Politburó está dimitindo.

Mais dada a situación actual, camaradas,

non nos podemos permitir un longo período de espera.

Así que o camarada Krenz fixo uso dos seus dereitos e obrigacións

e recomendou ao Comité Central...

que é realmente a organización de maior liderado

entre os congresos de partido,

... recomendou un novo Politburó ou propostas para un novo Politburó.

Serei breve:

157 membros do Comité Central

agardan para votar despois de todas as discusións.

Non foi simplemente dicir nomes en alto e logo levantar maos.

En moitos casos houbo discusión.

Nalgúns casos, sentiron que non era necesaria ningunha discusión.

Así que deixádeme que comece: Camarada Hans Joachim Böhme.

É o primeiro secretario da unidade rexional de Halle.

Despois de rigorosas discusións,

durante as cales numerosos membros expresaron serias reservas sobre a súa persoa

foi elixido con 66 votos en contra.

Werner Eberlein

Werner Eberlein

Magdeburgo.

Elixido de maneira unánime,

Incluído como presidente da Comisión de Control do Comité Central.

Wolfgang Herger,

elixido de maneira unánime.

Werner Jarowinski

3 votos en contra.

Heinz Kessler

2 votos en contra.

Siegfried Lorenz, unánime.

Hans Modrow

un voto en contra.

Queridos camaradas, estou aquí ante vós,

inda que realmente tería que estar dentro,

escoitando e debatendo.

Estou aquí para escoitar a vosa posición.

Por suposto, informarei ao Comité Central

de como foron recibidas estas eleccións.

Informarei,

e unicamente podo aterme aos cartaces e pancartas que vexo aquí,

que vós, camaradas,

partillades o mesmo obxectivo.

Que estades en completo acordo con nós,

así como tamén con este Comité Central

Que por suposto debe probar a súa lexitimidade.

Que estades de acordo con el

na renovación

da nosa sociedade e do partido.

En que non hai volta atrás

senón unha única vía – cara adiante!

Continúa! Continúa! Continúa!

Continúa! Continúa! Continúa!

Meus queridos camaradas,

Pedímosvos

calma.

Queridos camaradas

O noso poder reside na disciplina.

Mais a nosa conciencia é inda máis poderosa!

Camaradas! Todos os que estamos aquí,

sexa enriba ou embaixo...

Que queres dicir con ‘aí arriba’?

Todos cargamos cunha certa responsabilidade por esta situación.

Coido que é importante para que as mulleres dean un paso adiante.

Estou tamén contento de que os organizadores da Academia de Ciencias estean aquí,

porque, como sabemos, viran máis tarde cunha declaración.

Mais as unidades fundamentais do Partido están traballando duro.

Discutimos todo moi coidadosa e rigorosamente,

para concluír o que segue:

Os membros do Partido do Instituto de Química Orgánica

están moi preocupados pola situación política no noso país.

Máis a modo.

O tempo corre.

Camaradas! Como sub-secretario na unidade de organización

do partido no distrito, son tamén responsábel

por ter tapado cousas. Admítoo.

Abaixo cos encubrimentos!

Xuntos, temos que afastarnos destes erros .

É un asunto co que debemos lidar

con todo o noso corazón e cun gran compromiso.Eu apóioo!

O noso chamamento

ao ser o noso un partido de traballadores, deu froito inmediatamente.

Agora, o camarada Jörg Kretzschmar

do servizo de cable en Adlershof dirixirase a nós.

Gustaríame comezar dicindo que non son un bo orador.

Pódenme faltar os coñecementos básicos

para facer grandes prediccións que nos poderían axudar a ir cara adiante.

Gustaríame falar das miñas preocupacións sobre o sucedido nas últimas semanas

e como as cousas deberan marchar a partir de agora. Son un camarada, traballo por quendas

e actualmente atendo a escola do Partido.

O que máis me anoxaba

era estar na fábrica

ou na escola do Partido

e todo o que podía facer era mirar, impotente

cando se aprobaba unha nova.

E entón preguntábame se esta fora realmente redactada por avogados

ou por calquera que tivese a chave para facela.

Teño que preguntarme a min propio como eu, no tempo que vai vir,

como traballador que forma parte da organización do Partido na fábrica,

podo facer que cousas como esta nunca volvan pasar,

de xeito que poidamos ter una influenza directa en todos os órganos electos.

Alomenos agora teñen que escoitarnos.

O que máis me anoxa é que non sabemos nada

de todas as cousas que sucederon ultimamente

no noso Politburó no noso Comité Central

nos órganos electos, e cos noso camaradas no Partido.

Non sabemos quen

foi aniquilado nin quen marchou voluntariamente.

Non sabemos se el está enfermo.

Non sabemos...

E queremos saber.

O único asunto de verdade para min é: Se non comezamos agora

a tratar todo dunha maneira honesta e metódica,

entón non conseguiremos tratalo apropiadamente no futuro.

Camaradas!

O momento é perigoso.

O Socialismo e o Partido,

na nosa opinión, están en perigo.

Quen es ti, camarada?

Son o secretario do partido para a organización

da escola de dereita na Universidade Humboldt.

Cremos que as palabras honestas son necesarias.

E eu quero usar palabras sinceiras para expoñer o seguinte:

Primeiro,

o Politburó que existía ata hoxe

ten que sufrir grandes cambios

como un cabalo mal disposto para a auga.

As verbas cristalinas

das masas do Partido foron ignoradas.

O socialismo na RDA e o noso Partido

volvéronse vulnerábeis por ignorancia

e puxéronse en grave perigo.

Nin os camaradas nin o pobo

poden confiar neste liderado do partido.

O Politburó ao completo ten que dimitir.

Concordamos con iso.

Mais non debe dimitir

só para reaparecer reencarnado cunha formación virtualmente idéntica.

É por iso que a nosa resposta a este novo Politburó é NON!

Outra decisión errada.

Máis tempo perdido.

Máis tempo perdido

que o noso Partido xa non se pode permitir !

Camaradas. Por favor perdoade a emoción desta carta.

Estiven no Partido durante 19 anos

e tirei para adiante con decisións que eran tamén un enigma para min.

Tamén desenvolvín un sentimento de impotencia.

Non había reacción ás preguntas ou á crítica

aparte das acción disciplinarias.

Todos sentimos os apupos e os asubíos

e todos nós que dedicamos traballo extra e tivemos moitas discusións

para completar as nosas tarefas diarios

como parte da sabedoría colectiva do liderado do Partido.

Sinceramente, debo dicir que estou aquí co corazón ferido

ante as lembranzas esnaquizadas do meu traballo no Partido.

Especialmente desde que o meu Partido simplemente rexeitou dar pasos adiante.

E estamos a comezar mal outra vez!

Proclamando que puxemos en movemento os grandes cambios.

Con esa proclama, os camaradas dirixentes están evadindo a responsabilidade.

Mentres a súa posición persoal inda está borrosa.

Din, ‘Non discutamos os noso erros

mais concentrémonos no futuro,'iso din.

Si, pero maldita sexa,

se finalmente non rachamos co Stalinismo no noso partido,

se as leis non son iguais para todos,

como agardan recuperar a nosa confianza?

Na oficina rexional do Partido en Postdam, circula o rumor

de que xa foi firmada por Erich Honecker e outros,

unha orde para despregar o Exército en Leipzig,

e que foi declarado o estado de emerxencia.

Se non fose pola coraxe do camarada Egon Krenz,

que podería ter pasado se non estivese el alí? Guerra Civil?

Un réxime stalinista de terror? Ou algo peor?

Escoitamos da boca de directores xerais e outros expertos en economía

falar de métodos dirixistas e de resistencia na nosa economía nacional.

Quen o autorizou? Quen foi?

É certo que agardo unha explicación completa

e consecuencias, incluído unha posíbel expulsión do Partido,

dunha conferencia especial do Partido.

Se isto é certo

entón un Politburó non pode endexamais volver posuír tanto poder.

O Meu Partido debe converterse nun partido político.

O Meu Partido debe converterse nun partido forte,

onde cada camarada poida manter a cabeza ben alta.

Non máis murmurios pola espalda.

Pode que non volvamos ter outra oportunidade coma esta.

Se queremos unha democracia real,

temos que examinar as nosas políticas de seguridade.

Considero que o xuramento que fixen xa non é válido.

Algunhas das persoas ante as que xurei

liberáronse a si mesmas del.

Klaus Kahn, secretario do partido da estación de bombeiros en Berlin Mitte.

Teño 5 fillos. Están todos casados.

Todos teñen traballo e pan para comer. Todos teñen vivenda.

Acabouse todo, xa non conta nada do que conseguimos facer?

Non hai dúbida, o novo Politburó

non é o que ningún de nós soñara.

Mais penso que debemos darlle unha oportunidade.

Do que se trata agora non é - recalco, NON É

dun novo e mellor Socialismo.

Do que se trata

é de darlle lexitimidade ante o resto do mundo.

Darlle unha oportunidade de sobrevivir, concederlle

o dereito a existir.

Queridos camaradas! Non estou preparado

pero vinme forzado a vir a este mitin e falarvos,

porque... - Egon! Egon!

Egon! Egon! Egon!

Egon está chegando.

Queridos camaradas e amigos

Teño que admitir

que esta forma de reunión no Comité Central mesmo para min.

Pero entendo

queridos camaradas, queridos amigos

que apoiades completamente o camiño do noso partido cara a Perestroika.

Camaradas, amigos!

nos últimos días,

Recibín centos, milleiros de cartas.

Tomeime o tempo... - Sé preciso!

de lelas tan atentamente como me foi posíbel.

Podo dicirvos o Politburó, eu propio e

o Comité Central coñecen os vosos pensamentos e as vosas suxestións.

Discutimos moito sobre o que había nesas cartas

na reunión do Comité Central.

Mais fágovos unha pregunta, queridos camaradas.

O Comité Cental inda non comezou este debate.

E se estamos a falar sobre Decmocracia,

entón eu prégovos que entendades

que non podo actuar prematuramente sen saber as resolucións do Comité.

Prométovos que ese asunto vai ser discutido en detalle.

Pero tedes que entender que un individuo

non poder tomar decisións que afecten ao destino de todo un partido.

É algo que ten que ver con todo o partido.

Pero tamén con vós. Cos órganos locais e rexionais

É algo que nos incumbe a todos.

Entón.

Unha cousa máis, queridos camaradas e amigos!

Por riba de todo, quero darvos

sinceramente as gracias.

Porque a vía da Perestroika só pode ser seguida

co traballo duro e continuo que estades facendo en todas partes.

Queremos un novo Politburó

non un novo vello Politburó!

Camaradas!

Congreso do Partido!

Congreso do Partido!

Congreso do Partido!

Camaradas!

Queridos Amigos!

Pídovos comprensión.

Neste momento, estamos todos tanto o camarada Schabowski

como outros membros ou candidatos para o Politburó

e o Comité Central

estamos todos extraordinariamente emocionados.

Mais temos que concretar este movemento en accións concretas.

Mañá polo serán, ou o día despois de mañá,

anunciaremos as resolucións do Comité Central.

Camaradas! Preguntáronme pola miña postura.

Implórovos que non me poñades na incómoda situación

de ter que facer promesas ao chou nunha ou dúas frases.

Mañá, lerei un discurso e entón poderedes facer un xuízo ao respecto.

Queridos camaradas e amigos que é o que queremos?

Queremos un Socialismo

economicamente eficiente,

democrático politicamente,

honesto moralmente, e leal á xente.

Xa que logo, queridos amigos

por favor entendede que reunión do Comité Central seguirá o seu curso.

Debemos debater e traballar xuntos. Deséxovos todo o mellor!

A cuestión dunha conferencia do partido nos foi desestimada.

Camaradas ao principio concordábamos

que o mitin duraría ata as 6.

Sen pedirlle ao camarada Krenz que dera o discurso final

Penso que non paga a pena continuar máis tempo

con esta reunión.

NINGÚN SALVADOR DESDE ARRIBA NOS LIBERA

NON TEMOS NINGUNHA FE EN PRÍNCIPE OU SEMELLANTE

PARA LIBERARNOS DA MISERIA

A NOSA PROPIA MAO DEREITA AS CADEAS DEBE FACER TREMER.

DA NOSA CARNE POR MOITO TEMPO ALIMENTOUSE O CORVO

FOMOS DEMASIADO TEMPO PRESA DOS VOITRES.

MAIS AGORA DICIMOS ADEUS AO ESPÍRITO SOMETIDO

O AMENCER DESTAPA UN DÍA MÁIS BRILLANTE.

Pódese pensar que a historia é lineal. Mais en realidade, e un amoreamento.

Baixo o balcón, os limoeiros collen color.

As follas teñen ocos que parecen ollos.

Caen á rúa e convértense nunha pasta informe .

Un húmido, suave outono para deitarse nesta branda néboa.

10 de novembro de 1989.

Na cafetería con Fritz, Karl e Math.

Sen tremoieiros e actores, suspendeuse o ensaio.

Camiñamos a carón do Río Spree. Cara a Porta de Brandenburgo.

Desde a Wilhelmstrasse miramos sobre a franxa da morte, cara o Oeste.

Había unha fenda na barreira.

Á dereita da Porta de Brandenburgo, a xente estaba subida ao muro.

Algúns deles bailaban.

Fritz viu a escena e farfallou 'os tanques chegarán en calquera momento'.

Deulle unha patada ao valado metálico.

Os tanques non viñeron.

Camiñamos de volta cara o teatro.

É sábado.

Esta semana foi unha mentira.

Sorpréndeme non estar conxelado.

Primeiro:

Con desacougo e consternación

vimos como nos últimos días e horas

a xente tomou a lei polas súas propias mans

e usou a violencia contra a República Democrática Alemana.

Pola presente instamos a todos os presos da RDA

incluídos os prisioneiros nas nosas institucións penais,

a manter a calma

e a renunciar ao uso da violencia contra as persoas

ou a propiedade.

Agardamos que isto servirá como un exemplo adicional

para o público das solucións non-violentas

aos problemas na RDA

Nós, como empregados do sistema penal

non queremos violencia.

Iso é todo.

Chámome Krenz.

O primeiro que quería dicir é que non teño nada que ver con Egon Krenz.

Non somos familia, nin sequera distante, polo que eu sei.

Primeiro, gustaríame dar as grazas

por ter hoxe a oportunidade, por primeira vez

como empregado do sistema penal,

de falarlle ao público.

Durante anos, ou décadas,

fomos un capítulo do noso país envolvido polo misterio.

Xusto como os propios crimes

existiamos nas marxes da sociedade.

Desaparecemos no anonimato.

Debo engadir que

se cadra o público comeza a cuestionar as nosas folgas,

que son máis frecuentes cas do traballador medio.

Foi a única oportunidade que tivemos

para captar xente para facer o traballo.

E coido que

a situación actual non nos vai axudar

a obter máis persoal aquí

para que podamos conseguir un mellor control das cousas

e crear un mellor sistema penal.

No canto diso coido que a xente

que serviu ata agora

podería incluso deixarnos, facendo o traballo inda máis duro.

É de feito triste

que o baño de lodo que está

provocando a situación actual

arroxado aos órganos de seguridade

da nosa república

vaia alcanzarnos a nós tamén.

Por unha banda estamos á fin no punto de mira da xente.

Pola outra neste momento hai un gran perigo

de que todo iso nos inunde.

E que provoque

hostilidade aquí no distrito.

Xa pasou que xente,

sobre todo mulleres,

non veñen ao traballo co uniforme posto.

Os camaradas son obxecto de hostilidade por parte da xente.

E non son xa

só antigos presos

os que insultan ou son hostís en público.

Sempre tivemos que convivir con iso.

Neste momento é a reacción de cidadáns.

Chámome Eisermann.

Traballo aquí na cadea como educador.

Gustaríame puntualizar que se cadra educador non é una palabra axeitada.

Debería dicir mellor que son un coidador.

Non se pode educar un adulto.

Un adulto xa está formado dunha certa maneira.

O máis que se pode facer

é acabar ou modificar determinados comportamentos.

Se miro o meu traballo,

Son educador aquí desde198O

Tiven que coidar de 100 ou 150 presos

cada día.

E na miña opinión, non hai maneira

de educalos da forma que a lei di.

Ademais

moitos presos reinciden.

Están frustrados

porque non se reintegraron na sociedade.

Aí tamén, nunca tiven a opción

de influír persoalmente

na súa reintegración en sociedade.

Esperábase que escribise informes, e fixese suxerencias.

Mais ao final

cando soltan un preso,

normalmente non ter un lugar onde ir

nin un traballo.

En cambio dixéronme : informa ao Departamento de Asuntos Internos.

Chámome Schuh. Son o subdirector.

Levo empregado 38 anos nas forzas armadas.

Servín durante 25 anos na Policía do Pobo

e 13 anos en institucións penitenciarias.

Experimentei os altos e os baixos

de servir nas forzas armadas.

A miña familia e máis eu fomos trasladados 8 veces, aí onde era necesario.

E debo dicir: Como oficiais da Policía do Pobo,

como oficiais de tráfico, como policía militar,

a nosa labor foi recoñecida. Ás veces con flores.

Axudamos a moitos membros do público.

Coas nosas gorras brancas.

Foi 'a nosa Policía do Pobo'.

Pero incluso no Ministerio do Interior, como era chamado

o sistema penal tomou o asento de atrás. Dixeron, a Policía do Pobo,

e os organismos do departamento de bombeiros e o sistema penal.

Foi sempre o último.

Entón, hai 13 anos, trasladáronme aquí.

E mirei como de duro...

Digamos que onde, antes,

se cadra só me fixara un pouco.

despois experimentei o duro que era o traballo.

Vin como camaradas trataban diariamente con presos, con criminais perigosos.

Como tiñan que lidar con eles durante anos,

12 horas ou maís detrás das reixas eles tamén.

Como gastaban anos tentando reeducar

os peores criminais.

Na Policía do Pobo, arrestabas a alguén

e logo, unha hora máis tarde desfacíaste deles.

Simplemente volvías ao traballo.

Pero aquí pasas anos vendo as mesmas caras.

É unha desgraza que esa xente,

que sacrificou a vida enteira facendo este traballo

sexan agora insultados e e tratados con hostilidade.

Non o podemos permitir!

Esixo iso dicímolo publicamente

Os traballadores do sistema penal

deben ser tratados co debido respecto pola sociedade.

Son o tenente primeiro Gedecke director do departamento penal 1',

con uns 750 presos

e 12 educadores.

Na cadea, uns tres camaradas cubren cada quenda

e teñen coidado das idas e vidas dos detidos.

Eso significa que 3 camaradas

moven 750 presos durante 12 horas.

Simplemente exposto, temos un mandato de seguridade que levar a cabo.

O feito é

que isto causa serios problemas aos camaradas

e a miúdo pásanse cousas por alto.

Cando o sinalamos, fomos ignorados.

A miúdo non é posíbel

garantir a seguridade dos camaradas aquí dentro.

Despois da amnistía do 87,

o carácter dos presos mudou totalmente.

Por un lado inda mantemos aqueles

que foron excluídos da amnistía.

E logo temos prisioneiros

que deberan ter sido amnistiados

baixo a lei tal como saíu nos xornais.

Pero foron excluídos

da amnistía de 1987.

Ninguén da oficina do fiscal xeneral

veulles explicar aos presos

porqué quedaran excluídos.

Eso converteuse na nosa tarefa.

Foi unha tarefa ben desagradecida.

Porque os presos pensaban que nós eramos os malvados

que os excluíran da amnistía.

O educador é quen

ten constantemente que solucionar eses problemas.

Ou tratar co tema dos subministros,

de roupa ou comida.

E con iso, que?

O educador aconsella aos presos

e sinala deficiencias.

E o preso constantemente

ten que sinalar as nosas eivas.

Como por que non subministramos

roupa e comida adecuada.

Inda que non sexa culpa nosa e todo o mundo nos coñeza.

Hai que darse de conta de que, a miúdo, queremos facer algo,

mais non estamos na posición de poder facelo.

Isto non é un fenómeno das nosas cadeas,

mais, desafortunadamente, da nosa sociedade.

E se miramos a todo o que agora está sendo rachado,

e como existen problemas en todos os recunchos da sociedade,

e cales son as condiciones actuais.

Diría que non son boas condicións para os presos.

Fixemos moito.

Mais as cousas son inda peores en moitas partes da nosa sociedade.

Debemos acostumarnos á idea de que as cousas flúen

non só de arriba cara abaixo, mais tamén de abaixo para arriba.

E que todo o mundo debe ser consultado.

Ben. Grazas.

Brandenburgo, 7 de decembro de 1989.

Declaración sobre a situación actual

na cadea.

O mércores, 6 de Decembro de 1989,

na cadea de Brandenburgo,

entre as 7 e as 10 da noite,

ocorreu unha severa alteración da orde.

Nun dos catro bloques de celas

houbo violentos intentos de fuxida.

Os disturbios desencadeáronse

por unha emisión de radio

sobre o contido da resolución

que pasou polo concello de estado da RDA

que fala da oferta de amnistía.

Son Bernd Detlef Höhne.

Son o representante electo pola cadea de Brandenburgo.

Gustaríame deixar claras unha serie de cousas.

E tamén responderei preguntas que o público poida facer.

Primeiro, querémonos distanciar dos actos de violencia

que tiveron lugar aquí

e pido que non sexan tampouco tomados demasiado seriamente.

A resolución de amnistía

provocou unha profunda decepción.

Moitos presos deste país, entre eles moitos aquí en Brandenburgo,

agardaban unha resolución ben diferente.

Non a aceptamos tal como foi presentada.

Algunhas cousas non foron nin sequera tomadas en consideración.

Queremos que as nosa peticións sexan incorporadas na medida

e na maneira que as formulamos.

Traballamos duro e durante moito tempo nesas demandas

e non foron tidas en conta.

Consideramos que é escandaloso,

e por iso vetamos a amnistía.

Por exemplo, estamos en contra do feito de que moita xente que no pasado,

sentenciados baseándose no artigo 44, parágrafo 2,

obtiveron unha pena automática de 3 anos,

logo déronlles unha sentencia adicional

por calquera lei que romperan.

Co resultado de finalmente ter unha sentencia maior ca os 3 anos.

E iso aplícase á maioría

dos presos da cadea.

Non é só en Brandenburgo.

E por iso a xente está a protestar

Suponse que este país está comezando de novo

Mais non existe un novo comezo con vellos presos

Por unha banda, hai criminais que van de traxe.

Pola outra pequenos rateiros

que asumen a responsabilidade e pagan a súa condena.

Os criminais en traxe, en cambio, andan libres pola rúa.

As probas contra eles desaparecen.

Hai novas cada día, mais non se fai nada.

Iso tamén é escandaloso.

Tamén quero dicir

sobre o fugaz suceso que tivo lugar aquí

que o temos nós mesmos baixo control.

E continuaremos a garantir calma e disciplina.

Dicímolo en serio. Pódense ver os nosos brazaletes.

Din 'non violencia'.

Nos os levamos só para ensinalos.

Cremos neles. Grazas.

Son Ullrich Hönnicke. Nacín en 1956.

Son o voceiro do bloque 1.

É a quinta vez que volvo á cadea.

Despois da miña liberación na amnistía de 1987,

permanecín libre durante 31 días.

Agora teño unha pena de 3 anos e 3 meses.

E teño aberta outra dun ano e 11 meses,

o que fai un total de 5 anos, 2 meses e 3 semanas.

Reflexionei moito nos últimos días.

Gustaríame contestar a unha pregunta concreta que me fixo un xornalista.

Preguntou porqué volvemos á cadea

despois da amnistía de 1987

e agora estamos pedindo outra vez unha amnistía.

Quero sinalar un aspecto fundamental.

Os condenados saben

que erraron persoalmente, na vida civil.

Mais non toda a culpa foi súa.

Sobre o 60 ou 70% deles tiveron leas

por simple ignorancia e indiferencia.

Como dicilo...

porque a xente que podía influír nos nosos destinos

non tiñan ningún espírito.

Vemos as imaxes de cada día pero non podemos participar.

Cada día vai a peor, ao ter que sentar aquí a mirar o que pasa fóras.

Somos completamente pasivos aquí.

Só nos círculos máis pequenos,

só aquí na cadea,

podemos realmente involucrarnos e avanzar.

Pero a vida pasa por diante nosa.

Queremos desesperadamente aproveitar esta oportunidade.

Hai moitos presos no bloque 1

que caeron na cadea máis veces ca min

e que me dixeron de forma completamente honesta, en privado,

Que nunca marcharía do país

Ficarían nel de ter a máis mínima posibilidade

de comezar unha nova existencia.

Non entendo porqué nos din que a xente ten medo de nós.

Se eu teño medo de algo, trato de entendelo.

Pedinlle aos media que se achegasen á xente nas rúas.

Intentade que a xente entenda

que non somos incorrixíbeis, animais sanguinarios.

Somos persoas que cometeron moitos erros.

O último deles foi o que nos mandou á cadea.

Pero de verdade queremos corrixirnos,

activamente, como parte das nosas vidas en liberdade. Grazas.

Preso Wentzel, Volker.

32 anos.

Quero falar sobre a amnistía.

Na miña opinión, a amnistía debera estenderse

para darlles unha oportunidade a todos os que cumpren condena aquí.

Durante os 12 anos que estiven aquí dentro

Escoite falar moito sobre determinados artigos do código penal

sobre os artigos 43, 44, 48 e outros máis.

Son artigos que,

na miña opinión, que levo pechado 12 anos,

só poden devolver a xente á cadea.

Que de bo pode haber en ter que ver ao oficial 3 veces por semana

e pedir permiso para todo?

Non podo chamar á porta dun policía ás 10 da noite

só para preguntar se podo levar á miña moza a casa.

E tamén que controlen o meu diñeiro. 5 marcos ao día. De que va iso?

Esas son as cousas que permiten estes artigos.

Como unha persoa normal, que pensa, de 20 ou 25 anos,

Sei a quen quero levar á miña casa

ou como organizar o meu diñeiro. Deixádeme facelo a min.

E se fracaso sen eses 'artigos reguladores,

é culpa miña e non a culpa de que faga falta ningún artigo deses.

Chámome Wolfgang Ernst. Teño 48 anos.

Fun condenado por asasinato.

Estiven na cadea case 8 anos.

E quero dicir

que falar deste problema

é difícil para calquera, novo ou vello.

Pero estou moi contento

que este problema estea a ser discutido

aquí na cadea

e probabelmente tamén en público.

Falareino con toda claridade.

Se cometes un crime

e moita xente quizais non entenda porqué, incluso a posteriori.

Entón hai unha investigación sobre o como e o porqué.

Se cadra é diferente cada vez.

Sénteste tan culpábel

que xa non sabes que pensar.

As cousas inflúente facilmente.

Despois de varios meses

eu inda cría que a expiación implicaba cambiar unha vida por outra.

Logo, na cadea, coñeces a outros coma ti.

E aquí, existe o costume

de non falar dos crimes dos demais.

Nin sequera os mencionamos. Todo o mundo sabe. E así está ben.

Porque os momentos en que lembras

o pasado son horas terríbeis.

Precísase un lote de tempo para recuperar o equilibrio.

É difícil para min falar disto.

Mais inda temos un pequeno sentimento de esperanza.

E agardamos que a opinión pública...

... non nos vexa dunha forma tan horríbel.

Mais cando penso sobre min mesmo,

antes de ser confrontado con este crime

podo entendelos. Xa só a palabra asasinato.

Non sei.

A palabra mesma

inquieta a calquera persoa normal.

Todos entendemos iso

se revisan as penas

algunhas persoas conseguirán saír adiante.

Como?

Non o podo dicir.

Pero todos entendemos

que un bo feixe de nós

teremos que ficar aquí.

Agarda.

Chámome Michael Richter. Teño 27 anos

e levo na cadea 7 anos.

Fun condenado a cadea perpetua.

Mais a sentencia reduciuse

a 15 anos en 1987.

Poderiades preguntar que é o que quero,

xa que a miña condena foi reducida no 87.

Mais a miña situación é se cadra a mesma ca de moitos aquí.

Inda atopo a sentencia demasiado longa.

Os veredictos que se fixeron,

incluído o meu,

foron realizados na súa maioría seguindo o dictame de informes de especialistas.

Vin eses informes nos 7 anos que levo aquí.

Están feitos sobre formas estandarizadas.

Falan sobre cousas como...

... frialdade.

Así a persoa é xulgada con eses prexuízos.

Hai moreas de xente nun xulgado.

E este home é un asasino. E o asasinato, en sociedade...

Todo o mundo sabe o que significa. Non me considero un asasino.

Cometín o crime no calor do momento, como moitos outros.

Entón chega o informe.

O experto que o escribe

non estivo no momento do crime.

Como pode mirar dentro de min?

Como pode saber o que eu sentía ou pensaba?

Vin como os media dicían

non sei se onte ou hoxe...

Están dicindo que a xente debera estar atemorizada.

Que se saímos,

a seguridade e a orde pública non poderán ser garantidas.

Que pasaría

Se a amnistía se fixese tal como nós a pedimos?

Canta xente sairía libre en realidade?

Eles non queren a retirada completa das penas.

Non foi esa unha das nosas peticións.

Pedimos que todo o mundo se beneficiase dalgunha maneira da amnistía.

Cada persoa vería condonada unha parte da sentencia.

Non é como se todo o mundo que foi á cadea

cunha pena de 15 anos poida saír á rúa. Iso é unha parvada.

Todo o mundo debera beneficiarse un pouco.

Non como no pasado,

na amnistías de 1987 e 1979.

Que sacou diso a xente que cometeu delitos graves?

Foi unha minúscula parte.

Especialmente a xente que cometeu delitos graves.

que estivo aquí longas tempadas.

Cando saen,

son os que menos tenden a recaer

e que os volvan mandar aquí.

A xente con delitos menores, furto ou algo así

son habitualmente os que volven á cadea nun instante.

Todo o mundo sabe cal é a razón.

Case todo ten que ver coa reintegración.

Eu fun liberado da cadea en 1981. Teño un...

Chamareino un ''tugurio''.

Na cadea din que che van dar un cuarto e un traballo.

Saio. Vou ver ao intendente.

Di, o do traballo está feito. Pero temos que atoparche un apartamento.

Así que andamos por aí á procura dun apartamento.

Conducimos ata un pequeno pobo.

O sitio era antes unha escola.

Subimos por unhas vellas e gastadas escaleiras.

A porta de embaixo non abría.

Fixen caer as bisagras. Subín ao piso de arriba.

Os peitorís das fiestras estaban podres, e cubertos por roupa vella.

Cando tentamos aquecer o sitio a estufa encheu todo de fume.

Non había vertedoiro no piso de arriba.

Ou sexa que cando a xente sae esa é a reintegración que teñen,

quen non se rendería? Moitos fano.

Para volver aos outros,

que foron condenados como criminais.

Moitos deles,

e falo tamén por min

planean formar unha familia

cando saian fóra.

De verdade queremos comezar de novo.

Non é como se unha vez que cumpres os teus 15 anos

xa estiveses pensando

sobre os teus próximos crimes.

Aprenderon durante todo ese tempo, mesmo despois de 7, 8 ou 10 anos.

Non só despois de 15, 20 ou 25.

Que máis podo dicir. Eses son basicamente as miñas preocupacións.

Grazas.

SUBMINISTROS BÁSICOS :

CUNCA DE CRISTAL, VASO, PRATO

CAFETEIRA CON TAPA

COITELO, TENEDOR, CULLER, CULLER DE TÉ

PLATO PARA O PAN, ABRIDOR DE LATAS

SALEIRO, OUTROS UTENSILIOS

BOLSA DO PAN NECESER,

TOALLA (OLIVA), TOALLA (BEIGE),

PANO DE COCIÑA, ESPONXA (omitir),

2 TOALLIÑAS DE ASEO, SABAS, ALMOFADA

2 MANTAS, CONTEDOR PARA COMIDA

FINAL DA PRIMEIRA PARTE

SEGUNDA PARTE

Se tivesemos que escoitar todo isto estariamos aquí ata mañá.

E a xente de Hessenwinkel non vai estar contenta.

O antigo supervisor do edificio. Non puidemos anuncialo.

Inda non sabemos que vai pasar aquí.

Quen é o artista? - Son 40 anos de experiencia.

Quen é o Sr. Werner? - un antigo supervisor do edificio.

Ningún Sr. Werner traballou nunca aquí.

Quería afondar na proposta anterior.

Pregaría que se presentase. Simplemente chegou aquí de golpe...

Son un empregado do BERRAG, Como o meu colega.

Un supervisor de edificio.

Traballas para SCHALCK?

Non estamos con SCHALCK! Non son tampouco un camarada.

Pero trato con traballadores da construcción todos os días.

Estades baixo o Departamento de Coordinación Comercial de Schalck?

Estamos baixo a supervisión de BERRAG. Temos un contrato con BERRAG.

E BERRAG é parte do Departamento de Coordinación Comercial de Schalck?

BERRAG é unha compañía privada.

Pero é probábel que sexa unha das empresas fachada de SCHALCK!

Por suposto!

Grazas pola presentación.

Pero escoitade, unha cousa máis!

Monta un comité...

Perdón? - Dinos para quen traballas.

Os que asinaron o contrato

dicindo que moita máis moeda estaría dispoñible.

Con nomes e direccións.

Agarda. Conseguirás todo o que queiras.

Son só un supervisor de edificios.

Todo o que vos podo contar...

Silencio!

Á cidadá Heimann gustaríalle falar.

Axudou a redactar a carta aberta.

E pedinlle que a trouxese consigo.

Quero dicir dúas cousas.

Estou a favor de rematar agora esta discusión

e tratar aquí os problemas

que inda temos que resolver.

Penso que deberiamos formar unha comisión

do noso grupo. Nomearemos unhas poucas persoas.

Varias persoas ofrecéronse a traballar niso.

Queremos intentar revisar o tema, en aspectos concretos.

Se non obtemos información precisa,

dependeremos de especulacións.

Eso significa, por suposto

que xente inocente podería ser atacada.

Pero primeiro de todo debemos falar da 'persoa

que ten a responsabilidade disto. E se atopamos

que o edificio é para o ministro, entón precisamos preguntarlle a el.

Se non se nos ofrecen probas que contradigan esta información.

Digo que acabemos con isto agora,

formemos un grupo, a xente apuntarase,

e na seguinte reunión de cidadáns, informaremos. Estades de acordo?

Si.

Queridos cidadáns!

A xente foi silenciada.

Mais é duro dicir esto de min.

Os meus fillos sempre din

que cando morra, terán que acabar coa miña boca por separado.

Mais neste caso está ben.

Primeiro, quería agradecer ao alcalde. Teño agora unha ampla perspectiva

de como van as cousas en Berlin-Köpenick.

E son optimista. - Micrófono!

Son optimista de que en Berlin-Köpenick,

e especialmente aquí en Hessenwinkel

fomos capaces de vivir felizmente e tirar para adiante.

Unha proba disto foi o concerto do sábado.

Quería agradecer ao Grupo de Mulleres da Alemaña Democrática,

e ao Clube de Traballadores

polo concerto.

O Clube de Traballadores...

Funcionou hai 10 anos e funcionará outra vez máis!

Ese concerto probou...

Son membro honorario de Clube de Traballadores.

E gustaríame invitarvos a todos os eventos futuros.

Pasarédelo ben.

E seredes libres do frenético ritmo do traballo

e do sufrimento que provocan estes grandes e tumultuosos cambios.

Poderedes relaxarvos.

Gustaríame... - Corenta anos!

Non sexas tan maleducado, tan inquieto.

Podemos concordar nas cousas sen excitarnos de tal maneira.

Fixéchesme perder o fío.

Mais quero dicir

que o Clube de Traballadores continuará a traballar.

E antes do acontecemento

o Club de Traballadores comprométese...

Sr. Alcalde, faga algo!

Cala!

Parade.

Queremos manter un certo nivel cultural aquí.

Pero queremos tamén sinalar

que nos deberamos centrar nos asuntos.

Isto é parte do asunto.

Pero tamén estamos discutindo como son as nosas vidas en Hessenwinkel.

E eu estábao desexando. Só quero dicir

que xa atopamos xente nova.

Un dos máis vellos. A Sra. Heimann

encargarase de comentar novos libros.

E a Sra. AXen, a líder do coro,

cantará para vós en primavera.

Veña!

Nunca estivo tan cheo aquí como esta noite.

Non queremos escoitar só cousas coma esta!

Tamén queremos falar os uns cos outros.

Grazas pola atención. Foron 3 minutos.

Demasiado para ter posto en práctica o informe do

comité nunha sesión pechada.

Abrimos a quenda de preguntas.

Está o demandante ao corrente

que se a petición consegue un voto maioritario,

moitas das persoas afectadas non terán a oportunidade de

que os asuntos que as poidan exoneran sexan

escoitados publicamente?

Non cremos que sexa así.

Cremos que os afectados

teñen dereito en primeiro lugar

a representarse a si mesmos e aos seus destinos en público.

E pensamos que a mellor maneira

é que esa xente tente atopar o seu propio público.

Penso que esta casa, en sesión pechada

representa suficientemente un foro público.

Grazas. Máis preguntas?

Sr. Brecht.

Non, é unha cuestión para vostede.

Quere responder a cuestión sobre o tema de ser preguntado?

Senón faremos que o público saia da sala primeiro.

Son Brecht. Socialdemócrata. Mr. Krause

non comparte a miña preocupación

de que os nomes que planeamos citar aquí

leven moito tempo nos media

a través de outros canais que non son os do parlamento?

Comparto as súas preocupacións,

na medida en que un xornal dixo hoxe outra vez

que o ministro Reichenbach

foi un colaboracionista

inda que eu mostrei que estaba na categoría 8,

o que implica que non é sospeitoso.

O propio Sr. Reichenbach

tomou a ofensiva.

Fixo todo público para probar

que as sospeitas eran infundadas.

Son da opinión de que tamén temos unha responsabilidade aquí,

por exemplo en relación cos familiares.

Tamén somos da opinión de que non é suficiente.

Mesmo como dirixente da facción

non tiven a lista ata as 10 da mañá de onte.

Non tiven tempo para falar cos outros membros da miña facción.

A proposta que se fixo aquí

de deixar tempo para a discusión, é falsa.

Non tiven opción.

El non quere responder máis preguntas.

Conto con que concorde

con que eu lle ceda o podio

ao Sr. Stadermann

inda que dimitise esta mañá.

Se fai o favor.

Micrófono 4, por favor. Ou veña ata aquí, se quere.

Señora Presidenta damas e cabaleiros.

Onte pola tarde, tiven a oportunidade

de ser escoitado polo comité.

Souben durante anos

que existían expedientes sobre min.

Hai dez días, fun informado

de que había un expediente sobre min

relacionado coa miña categorización.

E fun instado a dimitir.

A miña solicitude de ser escoitado foi tomada en consideración.

Esta mañá, envieille a seguinte carta á presidenta:

Querida Señora Presidenta a xunta provisional de examinadores

recomendoume dimitir do meu posto no Parlamento.

A xunta cre que hai dous criterios que o aconsellan.

Primeiro

Asinei un memorando que me obriga a cooperar e manter o secreto.

Segundo, escribín valoración que feren a outros cidadáns.

Sobre o primeiro punto:

Fun subdirector de investigación dunha universidade

e titular de todos os proxectos de investigación secretos,

do plan de investigación baixo os auspicios do Comecon

e da investigación interna universitaria.

Encargábame de

de manter toda a protección legal e a seguridade das patentes.

Fun obrigado e xurei defender as

leis de protección de patentes da República Democrática Alemana.

Estas tarefas productivas na RDA

foron supervisadas polos Servicios de Seguridade do Estado.

Nesa función fun obrigado a protexer

todos os asuntos relacionados con material, espacio e persoal,

ata que os resultados relevantes das investigacións

foran protexidos por unha patente.

A última frase non está na carta Cito: Do segundo punto,

despois de que fun consciente do flagrante abuso da oficina

e da corrupción que realizaban os funcionarios do partido

e os directores de estado na miña institución

presentei análises e peticións á dirección do estado

e á Comisión de Control do Partido do Comité Central.

Esas análises trataban da introducción

de milleiros de toneladas de porco contaminado por virus

en fábricas de comida en conserva e cociñas institucionais.

Isto levou á propagación da enfermidade en morro e pezuños

durante moitos anos.

A malversación de gasóleo de calefacción;

a destrucción de millóns en materiais de investigación.

e o desvío de salarios e diñeiro extra,

incluso provinte do Fondo Cultural e Social.

Como consecuencia deses informes,

fun apartado do traballo desde 1981.

E actuei como disidente ata o final de 1989

Fun obxecto dun tratamento especial

que aspiraba a facer que me derrubase ou expatriase.

A miña muller, fillos e amigos

tamén sufriron tratamentos especiais.

Medidas que abarcan desde

tentar internarme á forza nun hospital psiquiátrico

ao roubo, danos á propiedade, e mesmo tentativas de asasinato.

A miña familia e máis eu vimos case o catálogo enteiro

de medidas usadas contra a disidencia.

Os meus intentos de defenderme

están documentados por máis de 16 procesos xudiciais.

Es como resultado dos meus informes e análises,

algúns dos abusos foron atacados

e fixéronse cambios de persoal.

Polo tanto, non comparto

as categorizacións da xunta de examinadores.

A loita contra o abuso de poder e a corrupción

nos anos 1976 - 198O

e a miña loita posterior, ata 1989

non foron denuncias

senón o meu modesto intento para rematar con excesos patolóxicos

nos órganos de liderado da RDA.

Os estándares da xunta de examinadores foron construídos formalmente.

Non comparto o concepto

da súa metodoloxía.

Porén, dimito do meu cargo por agora,

porque as regras de xogo deste parlamento así o esixen.

Tamén retiro polo momento a miña candidatura para a asemblea estatal.

Só podo exercer o meu dereito pasivo ao voto,

sen difamar á miña persoa,

cando o comité parlamentario

ou o veredicto dun xuíz

na meu proceso de rehabilitación

emita un xuízo conforme á miña interpretación do que dixen e fixen.

Atentamente.

Enviei esta carta pola mañá.

Aquí, hoxe, debo salientar con insistencia

que calquera que estivese nunha posición dirixente

debeu observar nese momento

o que estaba a suceder ao noso arredor.

E a única condición requirida para velo

era que un só pode ver aquilo que quere ver.

En segundo lugar,

só podías adquirir aquí esa caste de información

se estabas nun certo nivel dirixente.

Se alguén, coma min, que se atopaba nese nivel de liderado

e volveuse culpábel simplemente por chegar a ese nivel,

se ese é o estándar

e o parlamento aproba iso como estándar,

eu inclínome ante o xuízo deste comité parlamentario.

Se as cousas que comecei a facer 14 anos atrás

son inda catalogadas como delitos e moralmente reprensíbeis,

se seguen a manchar o meu nome,

entón, inda que só haxa unha persoa neste parlamento que concorde con iso,

eu non podo seguir.

Aprendín moito nesta vida. Mais non a renderme.

Eses 10 anos inda non pasaron para min e a miña familia.

E os actos criminosos aos que só aludín,

esténdense moito máis do que pensaba e voulles por fin.

Grazas.

Outra pregunta?

Alwin Ziel ten unha pregunta.

M.P. Ziel.

Socialdemócrata.

Señor, pasou á acción.

demasiado tarde, na miña opinión, mais o respecto.

Pero pensa que sería xusto

Se outros colaboradores non-oficiais da Stasi

que aparentemente estiveron entre nós todo o tempo,

se erguesen e dixesen

'Traballei para a Stasi

Debo sentirme culpábel por facelo.

Síntoo. Non é tempo para iso?

Foi a miña explicación persoal.

A miña explicación e os meus actos

non cambiaron durante moitos anos, e non cambiarán hoxe.

E ante a túa observación de que foi demasiado tarde...

Nunca é demasiado tarde.

E calquera que traballe nun posto similar no futuro,

que sexa responsable da seguridade dos resultados da investigación,

terá tamén que lidar

con algún tipo de organización de seguridade.

Non se chamará Stasi. Terá outro nome.

Calquera que teña unha patente sabe o complicado que é

protexer as ideas ata que se rexistra a patente.

E os economistas que hai aquí coñecen os problemas

de tratar con patentes que xa existen

e da violación de patentes. É simplemente un negocio.

E calquera que traballe nel no futuro confrontará esa situación.

E se eu teño a sorte de volver

traballar nese campo,

tamén terei que protexer a investigación

ata que estea completamente desenvolvida e lista para ser comercializada.

Non é o meu problema actualmente

xa que a miña carreira despois de 1985 como doutor en económicas

limitouse a segar xuncos cunha fouce. Un encaixe perfecto.

Por iso me convertín en home de negocios un pouco máis cedo que vós.

Non opina coma min

que a Stasi foi unha organización da inxustiza?

Penso que respondín a esa cuestión

coa miña explicación e podo distinguir as cousas.

Teño unha obxección fundamental a esa xeneralización.

O meu fillo

é membro Exército Nacional do Pobo.

Leva o uniforme azul.

Navegou durante anos,

e eu animeino a que fose ao mar.

Veño dunha familia de mariñeiros.

Fíxoo embarcando no barco de manobras ''Wilhelm Pieck''.

Adestrou para oficial de mariña na Mariña do Pobo.

Pero ao levar lentes, ficou destinado en terra.

As forzas costeiras eran da Stasi.

En 5 días, converteuse en membro do exército alemán.

Por iso diferencio.

Condeno os crimes

cometidos contra as persoas que se rebelaron

contra a vía na que a economía era explotada

e conducida á quebra.

Condeno a toda a xente

que se enriqueceu por medio de actos criminais.

Créame, sei do que estou falando.

Fun subdirector do comité que examinaba as contas bancarias

para o cambio de moeda

Non obstante, inda fago a diferenza.

O odio é unha mala motivación.

Calquera que cometera un acto criminal

debe aparecer en persoa ante un tribunal deste país,

é dicir, Alemaña, despois do 3 de Octubre.

A Sra. Barbe ten unha pregunta.

Sra. Barbe. Socialdemócrata. Sr. Stadelmeyer,

esqueza a diferenciación.

Non tiña que aceptar o mandato.

Puido ter continuado no mundo dos negocios e tería un efecto

nos crimes económicos que comezan a aparecer agora.

Pregúntolle porqué ten que permanecer aquí como membro do parlamento

cando sabemos que certa xente eran susceptíbeis de ser chantaxeados.

Non fun obxecto de chantaxe. Nin o serei no futuro.

Cando se formou este parlamento,

puiden alegar compromisos profesionais

ou dicir que estaba enfermo ou ir a un balneario.

Por desgraza, nunca aprendín a facer iso

E non me considero culpábel de nada

Non sei que é máis sinxelo.

Agardar ata o 7 de Octubre

e vir ata aquí hoxe para que me reprochasen.

Ou comezar hai 14 anos

a usar todas as miñas forzas físicas e mentais

para tratar de previr o que estaba a suceder entón.

Foi unha ilusión, ten razón.

O que fixen non foi abondo. Mais non fun quen de facer máis.

Por favor.

Continuamos en sesión aberta ou non?

As cámaras que estean emitindo

deben tamén agora, por desgraza, ser apagadas.

Pídolle aos telespectadores que tomen un descanso. Afortunadamente

non tan longo coma os que ata o de agora lles pedimos que aturasen.

Doume conta que é difícil para os espectadores.

Se cadra...

Alguén que non sexa un M.P., por favor...

Comezamos coas risas dos cativos.

E terminaremos con elas.

Un neno, 14 anos, solicita ingresar na Policía do Pobo de Alemaña.

Os seus pais traballan como limpadores

para a Autoridade Municipal do Pobo

O neno senta nunha mesa Sprelacart de cara ao papel floreado da parede.

Le en voz alta.

Está interesado na medicina forense

en resolver casos, en traballar coa xente.

O tempo pasou.

Hoxe é día festivo. 3 de Octubre de 1992.

Hai unha estrea no cinema.

Eses son o grupo de dereitas.

Logo sucederon os grandes cambios, o neno marchou coa súa mochila,

Foi a Berlín e tomou moreas de barras de chocolate Milka,

Chorei por primeira vez cando volveu,

Todo o que podía pensar era

en que o meu fillo se arranxaría só co chocolate Milka

Mais se cadra podería ter un vida diferente, mellor

Se cadra é diferente por alí, Mellor para os nosos nenos

E eu sempre quixen o mellor para o meu fillo,

debes reunir a forza que deixaches atrás

e construír unha sólida base financeira para o teu fillo

Dende logo que o Oeste era tentador,

Mais fun principalemte

para proporcionarlle seguridade ao meu fillo,

Falei con el sobre iso,

Díxenlle que quedase quieto no apartamento,

que non lle deixase entrar a ninguén, Díxenlle que enviaría máis tarde a alguén,

E así quedei,

Mais cando tiña vacacións

Ía e coidaba de Konrad,

Falaba con el e axudaba no que podía,

El tiña problemas coas tarefas domésticas,

Ten moito que aprender,

Fóra!

Skinhead ! Skinhead! Skinhead!

O movemento xuvenil, o que se podería chamar o movemento skinhead ,,,

Parade este absurdo!

Calade todos!

Dáme a pistola!

,,, todos sacamos as nosas ideas políticas de algures,

onde sexa ,,,

,,, é imposíbel polo momento ,,,

,,, todos temos as nosas opinións políticas,

non obstante ,,,

A cousa máis importante polo de agora é que temos que permanecer xuntos,

Ese é o significado profundo do movemento da xuventude,

Soltaron gas, eses porcos.

,,, só a camaradería,,,

,,, é un movemento de rapaces

nenos das rúas ,,,

Veña. - Temos que saír de aquí.

Fóra!

Colle as botellas! - Acende as luces.

Botellas!

Cólleo todo !

,,, penso que é a versión moderna dos vellos tempos,,

a xente debería permanecer unida ,,,

Luces fóra! Luces fóra!

,,, sempre fomos os estúpidos do Leste ,,,

Fóra! Fóra!

Veña! Abaixo!

Vaite, tío!

Están a matarnos aquí!

,,, que podes esperar acadar con violencia?

A vida está feita de violencia,

Quero dicir,,, son diferente,

Con xente que pensa diferente, eu ,,,

Eses son os roxos!

Hooligans!

Pecha as portas!

Luces fóra!

Luces fóra!

Non son moitos!

Hansel e Gretel perdéronse no bosque,

Estaba escuro e frío,

Chegaron a unha casa de caramelo,

Quen vive aí, preguntáronse,

Crunch, crunch, crunch, Quen esta mordendo a nosa casa?

Ei, son só 40. Imos petarlles no nariz!

Son só uns poucos! Non son demasiados!

50 como moito. Se cadra 40.

Para ou vouno romper!

Pérdete! Romperei isto na túa cabeza!

Henning, aquí hai un anaco de tea.

Estamos vendo un filme mentres a vosa xente o esnaquiza todo.

Estudantes. - Que carallo é iso?

E vós acusádenos de violencia e toda esa merda.

Vai escribir un ensaio! - Vai estudiar, tío!

Así poderás falar coa túa xente! Pero ninguén vai falar contigo.

Algúns de vós sodes inda máis idiotas ca nós.

Tiven un insuficiente en bioloxía e un suficiente en matemáticas.

Mais obtiven un sobresaliente como fan do Leipzig.

Pombas da paz.

Só falades, falades, falades. E que é o que conseguides?

Nada. Porque sodes idiotas. Sodes estúpidos.

Imos. Aquí fede.

Fede que da noxo a paz.

Pensas que a túa cámara está de puta madre?

Gravación en directo como en Bosnia!

Non está ben.

Es un imbécil. Dáme a cinta.

Imbécil.

O que estás facendo é voyeurismo.

É voyeurismo. - De verdade, non está ben.

Explícate. - De que estás falando?

Hai 30 homes fóra esnaquizando o edificio.

Non podes filmar isto! - Non importa o que estea filmando !

Podes parar de berrar tan forte?. É tarde, xente.

Escoitade. O que non teña nada que facer aquí pode marchar.

Non hai nada que precises filmar aquí.

Feliz Aninovo!

Que foi?

O fogo rematou.

Quen é o responsable das putas?

Onde están?

Feliz Aninovo!

Feliz novo ano, gordo.

Colchón! Colchón!

Soñar.

As luces veñen da morna escuridade.

Son como estrelas nos teus ollos

cando premes forte sobre eles cos puños.

Non me movo

e non desexo respirar.

Os ollos non pestanexan, e están como fixos.

As luces que disparan a través da escuridade

son galaxias inertes, dando voltas unhas sobre as outras.

Entre elas o espazo é confuso.

O meu corpo é suavemente empurrado cara as profundidades

cara o lugar onde as luces individuais mestúranse coa escuridade.

Sinto unha vibración.

Primeiro nos dedos.

Logo expándese gradualmente por todo o corpo.

Ao estenderse, faise máis forte e máis grosa,

ata que podo captar as oscilacións individuais.

Ocorren nun radio

que corresponde á parte máis achegada a ese negro absorbente.

Cando a forza das oscilacións individuais

pasa o limiar da dor,

caio na conta

de que son os meus latidos do corazón e esperto.

Hai unha grande escuridade diante dos meus ollos.

É...

unha...

... canción que o meu pai cantaba a miúdo

na casa con voz de tenor.

Escoiteina de cativo

e intentei imitar ao meu pai.

Por suposto, fíxeno mal.

No verde bosque,

onde canta a pega.

E nos arbustos

onde salta o pequeno cervo.

Onde piñeiros e abetos

permanecen en pé no marxe da fraga,

onde soñaba

o meu adorábel soño de infancia.

Onde piñeiros e abetos

permanecen en pé no marxe da fraga,

onde soñaba

o meu adorábel soño de infancia.

O pequeno cervo bebía

dun regato transparente.

Mentres o cuco ría

desde dentro do bosque.

Piñeiro e abetos

permanecen de pé no marxe da fraga.

Subtítulos ao galego: CINECLUBE DE COMPOSTELA

COMPARTIR NON É DELITO NON Á SGAE!

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.