All language subtitles for historias.de.galicia.s01e09.sempre.en.galicia.720p.web.h264

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English Download
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil)
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

(Transcribed by TurboScribe.ai. Go Unlimited to remove this message.) GALICIA Se todos os descendentes dos galegos emigrados

retornasen á nosa terra, Galicia estaría entre as

primeiras comunidades autónomas de España en número de

habitantes.

Hai galegos en casi 100 países do mundo.

Emigrar foi a saída que buscaron moitos galegos

para ter un futuro que se lhes negaba

na nosa propia terra.

Hoxe en Histórias de Galicia imos a chegarnos

á vida daqueles galegos que se enfrontaron o

mundo sen máis armas ca súas mans e

os seus soños.

Falaremos dos emigrantes que marcharon e non volveron

e dos que retornaron para intentar mellorar a

vida nos seus lugares de orixe.

E tamén falaremos dos emigrantes máis ilustrados e

comprometidos coa terra.

A eles debemos lles o himno, a bandeira

e atarrear a Academia Galega.

Todos eles viviron e moitos morreron fora, pero

o seu pensamento estivo sempre en Galicia.

Vigo é hoxe a escala dos máis grandes

trasatlánticos.

A súa importancia mundial como porto pesqueiro é

de sobra conhecida, pero non sempre foi así.

Durante as primeiras décadas do século XX, centos

de milleiros de galegos embarcaron cara a América

desde o porto de Vigo en buques de

diversas bandeiras, pero sobre todo británicos, alemáns e

franceses.

A captación dos emigrantes polas aldeas e vilas

galegas, o seu traslado ao porto de Vigo

e o seu envío cara a América foi

un negocio lucrativo para empresas e particulares durante

anos.

Vigo, sendo a cidade máis industrializada de Galicia,

foi unha das portas polas que saíron os

galegos na procura de traballo.

Coa aparición dos grandes buques trasatlánticos de vapor

e por mor das condicións naturais da súa

ría, Vigo acaparou gran parte do tráfico marítimo

e converteuse no primeiro porto de pasaxeiros cara

a América.

Para que se faga unha idea, no 1913

saíron daqui 733 trasatlánticos e algún día ata

seis barcos do porto.

Nese ano de 1913 saíron desde este peirao

por riba dos 44.000 emigrantes.

A maior parte ian con destino a Argentina.

Na nosa primeira historia de hoxe, imos contarle

a vida dun galego que mirou a Argentina

no século XIX.

Manuel Suárez Martínez ten 11 anos.

Como todos os días está lindando as vacas

para axudar no traballo da casa.

A súa infancia transcorre entre o traballo diario

coagando e a asistencia a escola que principiou

hai un ano.

Pero hoxe é un día diferente.

Seu pai acaba de morrer e a vida

de Manuel vai mudar para sempre.

Os tempos da escola remataron e a súa

situación ainda vai empeorar cando a Nai volva

a casar un ano despois.

A peregrina, ainda que conserva o seu carácter

rural, xa forma parte da área de expansión

urbana de Santiago.

Nesta carballeira do campo da festa seguro que

xogou Manuel de cativo, pero a súa infancia,

máis que xogando, pasou na traballando, ata que

a súa Nai lle permiteu marchar da casa.

A Manuel costoulle moito convencer a súa Nai

para que lle deixase marchar.

O día da despedida xegou.

Por fin Manuel vai partir.

Conseguiu passage para embarcar no porto de carril

cara a Cádiz.

Leva recomendación para un veciño que vive ali

desde hai varios anos e que é propietario

dun posto de Froita.

Pero ata xegar a Cádiz, hai que embarcar

nun veleiro e pasar catro días no mar.

Durante cinco anos traballou en Cádiz en establecimentos

ligados a Froita, a pastelería e a venda

de café.

Ata que a ameaza do servicio militar fai

que comece a mirar cara a América.

As obrigas militares na España da época exixían

a permanencia no exército durante oito anos.

Por sorteo, un de cada cinco mozos tiña

que incorporarse ao exército.

Daí o nome de quintos prosorteados.

No reinado de Isabel II, os rapaces entregaban

os mellores anos da súa vida ao servicio

militar.

Con esta situación, a única saída era poñer

mar de por medio, embarcar clandestinamente e fuxiras

agachadas cara a Argentina.

Durante o século XIX e comezos do XX

a xegada de inmigrantes converterase nun objetivo estratégico

do goberno argentino, que necesitaba man de obra

barata para poñelo o país a producir.

Para canalizar as riadas de europeos que xegaban

diariamente ao porto de Bosaires construíuse este hotel

de inmigrantes, que se inaugurou en 1912.

Pero non a todos os que xegaban se

lhes permitiu acceso a tel.

Para seren admitidos tiñan que estar sans, ter

os papeis en regla e estar en condicións

de traballar.

Os maiores de 60 anos nun podían desembarcar.

O primeiro acto de xenerosidade que tiña a

Argentina cor recén xegados era darles de comer

nestas mesas distribuídas por toda a planta baixa

do edificio, tal como se ve na fotografía.

Aquí podían xantar dunha só aquenda máis de

mil persoas.

A estancia máxima permitida nestas instalacións era de

cinco días, pero na práctica as familias con

fillos permitías elles estar máis tempo.

Ás veces ata que atopaban traballo.

Os tres andares superiores deste edificio estaban destinados

a dormitorios.

Estas son réplicas das literas originais.

Eran tal como están agora, sin colchóns, por

cuestión de xene, e a inclinación desta lona

facía ás veces de almofada.

Nos cinco días que pasaban os emigrantes aquí

só tiñan que lavar a súa roupa.

Eran as propias autoridades argentinas as que distribuían

arremesas de emigrantes polas distintas provincias do país.

Os galegos saían daquí pensando que algún día

voltarían á súa terra, pero en moitos casos

esa viaxe de volta non chegou nunca a

producirse.

Mentes Manuel vai superando penúrias e progresando de

traballo en traballo por diversos lugares da Argentina,

a vida da súa familia non melloraba.

Todos traballaban arreo, pero infrutuosamente.

De tal xeito, que a chegada dos cartos

que envía Manuel o que alcuman o americano,

é un milagre.

Este banco de Galicia fondouse en 1905 pola

necesidade de ter unha entidade financieira que canalizase

o envío de cartos dos emigrantes a Galicia.

Oxe segue sendo un símbolo para moitos deles,

ainda que perdese o carácter galego do seu

capital.

Oxe, daza 6 de agosto de 1875, é

o día en que Manuel volve á casa.

Vai se presentar de incógnito.

Alguns veciños cruzanse con el no seu camiño,

pero ninguén o recoñece.

María, a súa nai, tampouco.

El dije que ven de parte do seu

fillo, que está nas Terras de Tandil da

Argentina.

Raúl Alfonsín e Fernando de la Rúa, ambos

os dous descendentes de emigrantes galegos, son dous

dos últimos presidentes que xerceron o seu poder

aquí, na Casa Rosada, situada na Praza de

Maio de Bosaires, considerada a corazón da Argentina.

Os devanceiros de Alfonsín e de de la

Rúa chegaron á Argentina nunhas condicións semellantes as

do protagonista da nosa historia.

Pero, por qué emigraron os galegos?

Por necesidade?

Ou por algo máis?

Porque, se ben é certo que Galicia era

daquela unha terra empobrecida, tamén é certo que

había outras zonas de España moito máis pobres

que a nosa e que tiñan uns índices

de emigración máis baixos.

Daquela, qué pasou?

Castelau, na súa obra Sempre en Galiza, reflicte

este fenómeno e apunta unha explicación.

Ainda que os factores económicos fosen de abondo

para explicar o fenómeno migratorio de Galiza, é

o certo que non sabemos andar polo mundo

a cata de benestar e que os demais

españóis morren de fame con tal de non

enfiar camiños desconhecidos.

Os galegos sabemos arranxar os papéis e pedir

un pasaxe de terceira.

Sabemos agacharnos nas bodegas dun trasatlántico cando non

temos dinheiro.

Sabemos pillar estradas cun fatelo ao lombo ou

empurrando a roda de amolar.

Sabemos abrir fronteiras pechadas e pedir traballo en

todas as linguas.

Sabemos, en fin, canto deve saber un bo

camiñante ainda que o viaxe seixa o primero

da nosa vida.

Do carácter emprendedor dos galegos tense falado neste

e noutros moitos libros.

Pero, que foi de Manuel, o protagonista da

nosa primeira historia?

Vendo traballar a súa nai e os seus

irmáns, Manuel comproba que a pesar dos dezaseis

anos que botou fora, a vida na súa

terra non cambiou para mellor.

Nada no mundo que deixou ao outro lado

do Atlántico ten o seu espello na sociedade

galega.

Un mundo separa as dúas realidades.

Este é un país empobrecido e alá hai

esperanza e oportunidades.

Manuel ten a decisión tomada.

Volve a Argentina.

Reparte os cartos que ten aforrados entre os

seus irmáns e, por segunda vez, despídese de

súa nai.

O seu futuro, como o de moitos galegos,

non está na nosa terra.

Esta é a avenida 9 de Xuyo de

Bosaires, que, con 140 metros, presume de ser

unha das máis anchas do mundo.

Argentina, Cuba ou Venezuela foron lugares nos que

os galegos buscaron unha terra de promisión.

Algús obtiveron riquezas, outros simplemente traballou en moitas

penalidades.

Podemos falar entón do éxito da emigración.

Deixar a casa e a familia pagase con

cartos.

Da utilidade dos cartos dos emigrantes imos falar

na nosa próxima historia.

Joan e Xesús García Naveira naceron no seu

dunha modesta familia a la brega.

De ben nenos, quedaron orfos de pai, e

tiberon que deixar a escola para atender os

traballos da casa.

A penúria económica levaría os irmáns a emigrar

a Argentina, onde conseguiron riqueza e posición.

Xa, con dinheiro, aproveitaron para viaxar e conhecer

lugares e culturas moi diversas.

E un día, regresaron da Argentina.

Os irmáns García Naveira, que tiberon éxito e

fixeron cartos na emigración, non esqueceron o seu

lugar de nacemento.

Quixeron investir parte das súas ganancias en axudar

a mellorar a calidad de vida dos seus

paisanos moi desfavorecidos.

Por exemplo, construindo este lavadoiro público e cuberto

aquí no barrio das Cascas, en Betanzos.

Esta construcción amosa a sensibilidade dos irmáns, que

fixeron esta obra para que as mulleres non

tibesen que lavar a intemperie.

Tambén fundaron un asilo en 1912 e unhas

escolas en 1914, entre outros proxectos sociais.

Pero a mente soñadora de Xoan García Naveira

quixe amosarles aos Betanceiros alguna das maravillas que

coñeceun as súas viaxes.

Estaban a fer un proxecto de soño, o

pasatempo.

Hoxendía apenas se conserva unha décima parte da

extensión original do Parque do Pasatempo.

Ocupaba unha superficie de 90.000 metros cadrados,

o equivalente a 4 veces o terreo que

ocupa a Catedral de Santiago.

Nas xunqueiras do Carregal, Xoan García Naveira foi

comprando e permutando terras para incluílas no complexo

do Pasatempo, ata alcanzar os citados 90.000

metros.

Ali estaban representados lugares de conto, como Exipto,

coas súas pirámides e o Canal de Suez,

a Argentina, ou medios de transporte como o

aeroplano, o dirixible ou o funicular.

Animais exóticos, como o león, o elefante ou

os hipopótamos.

E un xardín botánico con especies dos cinco

continentes.

Quizás, por todo isto, a mellor definición do

Pasatempo deu na Luís Xoane, que dixo que

era un parque enciclopédico con fins didácticos.

Xoan, aproveitando a visita do seu irmán Xesús,

vai ensinar o estado da súa obra máis

querida, o Parque do Pasatempo.

Hoxe non é día de visita e poden

camiñar polo complexo de maneira máis doada.

O Pasatempo xa leva máis de 15 anos

en construcción, pero é un proxecto de longa

duración e vai medrando ano a ano e

incorporando novas atraccións e espazos.

Xoan García Naveira ten no Pasatempo a ilusión

diária de levar a cabo un proxecto que

vai máis aló do capricho dun indiano.

Coa recabación da entrada e a venda de

postais fotográficas do parque, obténse os fondos para

desenvolver outros proxectos asistenciais, por exemplo, servirán para

ajudar a manter o asilo.

Ademais, nas obras de construcción do Pasatempo dáse

trabalho a persoas imposibles.

En 1933 morre Xoan García Naveira, o home

que soñou o Pasatempo, pero o seu proxecto

seguiu en pé.

Despois, chegarían anos de esquecemento e abandono, felizmente

superados pro inclasificable parque do Pasatempo, que hoxe

se pode visitar na cidade de Betanzos.

Hoxe en Betanzos os irmanes García Naveira son

motivo de orgullo e os betanzeiros lembranos con

agradecemento.

Houve unha checa incontable que veu da emigración.

As novas ideas aprendidas polos emigrantes en sociedades

urbanas e que logo se espallarían polo mundo

rural galego.

Por exemplo, as escolas de emigrantes, que tiñan

un programa pedagóxico moi avanzado na procura de

forxar vos cidadans.

Por iso, foron unha licerce na modernización sociopolítica

de Galicia.

O proceso innovador e dinamizador que viviu Galicia

social, política e culturalmente entre o final do

século XIX e a Guerra Civil non poden

ser entendidos en os recursos e influencias chegados

desde a emigración galega.

Ainda que algúns quixeron amosar o seu éxito

erguendo grandes edificios que foron coñecidos como as

casas de indianos, tamén houve outros emigrantes que

quixeron axudar a mellorar as condicións de vida

dos seus lugares de origen e fixeron fundacións

públicas como escolas, asilos ou centros asistencials.

Así é todo, respecto ao impacto económico da

emigración non se debe magnificar a súa influencia.

O dinheiro chegado de América serviu para axudar

o sustento familiar e a merca de terras

principalmente.

Eses cartos non foron comunmente investidos na modernización

económica do país.

Este é o anteproxecto do Centro Galego de

Bosaires aprobado en 1931.

Como poden comprobar, é un lugar de unha

magnitude que xa indico que vai ser este

edificio.

Moito máis ca un lugar de reunión dos

emigrantes galegos en Bosaires.

Pero, como foi posible que se construís este

lugar?

Detrás del estaba só a necesidade de asistencia

médica e social ou había outras razóns que

impulsaron os emigrantes galegos a investir aquí unha

parte moi importante do que gañaban?

A cidade de Bosaires acolleu entre o 24

e o 31 de Xuyo de 1956 o

primeiro Congreso da Emigración.

Celebrouse en esa data para conmemorar o centenario

do acto político e literario conhecido como o

Banquete de Conxo.

Foi unha iniciativa do Consello de Galiza e

das colectividades de emigrantes e de exiliados en

América.

Significou a primeira achega para o estudo sistemático

do fenómeno da emigración galega.

Intelectuais e emigrantes debateron ao longo destes días

os principais aspectos e a problemática da emigración.

Estamos na planta de maternidade do Hospital do

Centro Galego de Bosaires.

Aquí seguen nacendo hoxe nenos e nenas descendentes

daqueles emigrantes pioneiros.

Moitos daqueles emigrantes galegos xa morreron pero os

que viven seguen vindo por aquí porque neste

centro atopan alivio e non só para as

súas enfermidades.

Este centro é un refuxo espiritual para moitos

deles porque aquí, ainda hoxe, ser galego ten

un significado moi especial.

Na primeira historia de hoxe falamos destes dos

emigrantes que marcharon e que por unha outra

razón non volveron.

Nesta segunda historia contámolo o caso de dous

irmáns de Betanzos que despois de facer fortuna

a outro lado do mundo decidiron volver e

intentaron mellorar a vida na súa vila.

E na última historia imos deixar Bosaires para

contar como a bandeira, o himno e a

academia galega tiveron a súa orixe, curiosamente, fora

de Galicia.

José Fontena Leal é un impresor nado en

Ferrol que chegou a Cuba cos seus pais.

En 1886 fundou xunto con Secundino Cora a

publicación mensual Revista de Galicia.

É un home moi implicado e traballador incansable

a Prolda Galegidade que mesmo chegou a ser

bibliotecario da sección de instrucción do centro galego.

Fontena é un destacado bibliófilo e chegou a

reunir unha biblioteca de máis de 3.000

volúmenes.

Él foi o motor que lle deu pulo

a iniciativa a Prolda Academia.

Para levar adiante este proxecto contou coa colaboración

dun gran home das letras galegas, Manuel Curros

Enrique que foi quem presidiu a asociación iniciadora

e protectora da Real Academia Galega.

Así, o 12 de outubro de 1905 presentaronse

os estatutos no goberno civil para a súa

aprobación polo Ministerio de Instrucción Pública.

A Academia fundouse co Apoyo Económico de Emigración

e designouse a Coruña como sede polo seu

carácter de cidade liberal e aberta e tamén

porque aquí vivía Murgueo, seu primeiro presidente.

O 30 de setembro de 1906 foi a

data da súa fundación polo que a nosa

Academia acaba de cumprir o seu primeiro centenario.

Nesta casa da Rúa Tavernas da cidade bella

coruñesa, que tamén foi residencia de Emilia Pardo

Bazán, ten actualmente a súa sede a Real

Academia Galega.

A influencia da emigración na constitución da Academia

foi máis alada a súa axega económica.

Os primeiros 10 académicos foron elegidos pola emigración

e ese grupo fixo a escolla do resto

dos membros.

O presidente, Manuel Murguía, era consciente de que

a Academia era un símbolo da patria como

o eran a bandeira e o himno.

O curioso do caso é que tanto o

nacimento da Academia como a popularización da bandeira

e o himno están relacionados con José Fontenla

Leal, o protagonista da nosa historia e co

seu grande amigo Curros Enríquez.

Fontenla Leal foi o máximo responsable da popularización

do himno e o máximo culpable da súa

conversión en himno de Galicia.

Non só organizou na Habana a velada no

Gran Teatro o día 20 de dezembro de

1907 onde foi interpretado, senón que ademais conseguiu

que Os Pinos fosse declarado himno oficial do

centro galego da Habana.

El foi o que editou a composición e

o que a distribuiu por todo o mundo.

Os Pinos deixaron de ser uns versos de

Pondal musicados por Pascual Veiga e pasaron a

ser o himno de todo un povo.

Curiosamente, anos antes de que Fontenla Leal presentara

Os Pinos na Habana, Pascual Veiga presentara o

mesmo tema para un concurso sobre o himno

de Galicia que, ironías da vida, quedou deserto.

Este porto da Coruña x un toco de

Vigo forón os grandes puntos de saída da

emigración galega cara a América.

A cidade herculina ten tamén moito que ver

co outro símbolo que nos chegou da emigración

e que nos representa no mundo, a nosa

bandeira.

Inicialmente, a bandeira de Galicia era de cor

completamente branca, co escudo no centro.

Estas foron as cores galegas ata que no

principio do século XX empezaron a aparecer as

primeiras bandeiras cunha franxa azul celeste sobre o

fondo branco.

Esa franxa incluíron aos emigrantes que comenzaron a

utilizala nos primeiros actos oficiais da emigración.

Fontén la Leal volveu a Galicia co a

misión de acompañar as cinzas do mestre Xané,

morto en Cuba.

Para iso, foi comisionado polo centro galego.

Pero antes da homenaje ao músico galego, quixo

achegarse a San Amaro para honrar o seu

compañero de loita e amigo Urros Enríquez.

Xa hai oito anos do seu pasamento.

Urros morrera en Cuba pero foi sepultado en

Galicia e tivo a honra de ser enterrado

co as notas do himno galego que, por

primeira vez, soaba na nosa terra.

Un himno que, como tal, tamén nacera na

Habana e tamén graza o esforzo de Fontén

la Leal.

Na morte de Manuel Urros Enríquez na Habana

en 1908 foi un dos primeiros momentos onde

se empregou a bandeira azul e branca como

símbolo de identidade.

A bandeira galega onde hou na súa honra

nos centros galegos de América e o poeta

enterrarono aquí en San Amaro envolto nunha que

regalou a revista Galicia.

O emblema inspirado na bandeira da Capitanía Marítima

da Coruña co a cor branca e a

diagonal azul foi se impoñendo entre as sociedades

galegas da emigración e aqueles que empezaban a

desenvolver os ideais nacionalistas como as Irmandades da

Fala.

A bandeira que xurdiu da nostalgia e amorriña

dos emigrantes e que chegou da lenda do

mar converteuse nas cores nacionais do país.

Pero non toda a emigración galega foi a

través deste mar.

Se na segunda metade do século XIX en

a 1ª do XX América foi o principal

destino dos emigrantes galegos a partir de 1960

Europa vai se converter no lugar de acollida

por excelencia da nosa emigración.

A necesidade de demanda e obra destes países

tive un efecto chamada para a emigración galega.

Foi tamén nos anos 60 cando moitos galegos

emigraron a Madrid e Euskadi e Cataluña.

Pola súa cercanía xeográfica esta emigración foi no

seu inicio considerada como temporal pero acabou converténdose

en definitiva.

Nos últimos anos están retornando algúns daqueles emigrantes

xa xubilados.

Pero neste mundo globalizado Galicia acolle hoxe traballadores

doutros países e ao mesmo tempo algúns galegos

teñen que ir traballar fora.

Seguen tendo fama de traballadores e por iso

son valorados en calquera ído laboral por riba

de culturas, linguas e nacionalidades.

A historia da emigración en Galicia pode se

resumir nun dato.

En 150 anos máis de 2 millóns de

galegos deixaron a nosa terra.

A emigración foi a nosa grande epopea como

povo.

Foi unha sangría humana que deixou a Galicia

sen parte dos seus espíritos máis emprendedores.

Algunos descendentes daqueles emigrantes están retornando.

Galicia hoxe unha terra de acollida.

Pero ao mesmo tempo nesta aldea global segue

habendo galegos que emigran.

Tenemos no futuro os galegos que seguir emigrando

por necesidade.

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.