Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Brazil)
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
(Transcribed by TurboScribe.ai. Go Unlimited to remove this message.) Música As
macroposicións ás administracións públicas fixeron a necesaria utilización
de grandes espazos.
O recinto feiral de Silleda é o lugar
habitual destas probas.
Milleiros de aspirantes examínanse para conseguir un traballo
fixo.
O refranero galego deixou non sentenzas tan demoledoras
como a de que en ten padriño bautízase.
Oxe, en Galicia, ainda hai quen pensa que
para conseguir un posto na administración ou para
progresar social e laboralmente hai que ter un
padriño.
Os caciques fixeron esa función tradicionalmente de padriños
que decidían a boa ou a mala sorte
de moitos galegos.
Oxe, imos lles contar unha historia de caciques,
pero tamén imos falar da nobreza e da
fidalguía, as clases sociais que tiberon o poder
que decidiu a vida e as facendas da
inmensa maioria dos galegos.
Música A prazo dobradoiro é o espazo que
mellor representa o poder no noso país.
No pazo de Rajoy está a sede da
Xunta, que é co Parlamento a institución que
representa o autogoberno de Galicia.
O seu carón está este edificio, Oxe Hotel
de Luxo.
Foi mandado construir en 1499 como hospital de
peregrinos polos reis católicos.
Eles instauraron un modelo de estado unitario que
provocou que os nobres galegos se trasladasen á
corte e se mesturasen coa nobreza castelá que
acabou engulindo as grandes liñaxes galegas.
A primeira historia vai nos mostrar como os
nobres galegos se foron adaptando a esta nova
situación.
Pedro Fernández de Castro, o sétimo conde de
Lemos, leva xa tres anos retirado en Monforte.
Lonxe queda á súa grande actividade de política
como presidente do Consello de Indias, vicerrey de
Nápoles e presidente do Consello de Italia.
É mediodía e pasean a compaña da súa
muller Catalina de la Cerda, filla do duque
de Lerma.
Van visitar o colexo de nosa señora Antiga,
do que son patrocinadores os condes.
E veñen de belo convento dominico de San
Xacinto e o das franciscanas descalzas, fundacións feitas
polo conde.
Facía tres anos que o conde abandonara por
desecho propio o Consello de Italia.
Doído pola obstinación de Felipe III por non
concederlle a Galicia o voto en Cortes, un
dereito que o conde levaba moito tempo solicitándolle
e que consideraba de xustiza para Galicia.
No pensamento do conde, ainda estaba fresco o
recordo da derradeira entrevista que mantivera co rei
Felipe III no Escorial, coa presenza do príncipe
de Asturias.
Nesa reunión, o conde de Lemos, contrariado polo
posicionamento do rei respecto a Galicia, comunicaralle o
seu abandono da corte e o regreso á
súa terra.
O rei aceptara a decisión do conde cunha
frialdade que o noso protagonista xamáis esquecería.
O conde de Lemos, canso de interceder pola
consecución do voto en Cortes para Galicia, tiba
un derradeiro acto de dignidade que lle supuxo
a súa confinación aquí en Monforte.
Se España, por ser cabeza de Europa, é
a mellor dela, pola mesma razón Galicia, a
miña patria, é a mellor de España por
ser cabo e cabeza desta cabeza.
Das provincias de España, ninguna hai tan aborrecida
como a Galega, como mostrades no acto presente.
Estas son palabras do protagonista da nosa historia,
o séptimo conde de Lemos, que deixou escritas
neste libro, o Buho Galego, en castelán, e
que, traducido, viría dicindo Os mouchos galegos, de
ordinario, ocupan neste imperio os máis eminentes lugares
no espiritual e temporal.
Un castro en Nápoles, outro en Sicilia, outro
en Sevilla, ese número de Cardeais, outro castro,
un Quiroga, un Fonseca, un Zúñiga, un Moscoso,
un Rivera, un Soutomayor.
Os grandes títulos da antiga alta nobreza galega,
os que o conde lhes chamaba Mouchos, pouca
relación tiñan co país máis aló do seu
nome e o patrimonio que conservaban na nosa
terra.
Na práctica, a maior parte das enlleiras liñaxes
galegas estaban en mans da nobreza de fora
de Galicia.
Alba, Medina Celi, Medina Sidonia...
Na anterior historia vimos como a gran nobreza
acabou afastada de Galicia para residir na corte
e participar en altos cargos civís, militares e
eclesiásticos.
Pero non conseguiron melloras sustanciais para Galicia que
seguiu perdendo peso especifico no conxunto de España.
Daquela, ¿quén vai quedar co poder político e
social ante esta ausencia nobiliar?
A resposta temola na clase social que fixo
dos pazos, coma este de Mariñán, a construcción
máis representativa do seu estatus.
Os Fidalgos.
Os Fidalgos foram os verdadeiros reitores da sociedade
galega xunto coa igrexa.
Tiberon postos de importancia na propia igrexa, na
administración e na xudicatura.
Onde, como imos ver agora, tamén foron moi
importantes os escribans e os letrados.
Alonso de Vilanova é un labrego que, como
tantos outros da súa época, traballa unhas terras
que non lle pertencen.
Tenlle as aforadas a este home, o Sr.
da Hermida, un poderoso Fidalgo local.
Este asegura que o labrego lle debe cartos
e, segundo lle explica, o documento que lle
acaba de entregar así o acredita.
Nin Alonso, nin a súa muller, saben ler.
Por iso, aproveitando unha viaxe á vila para
vender os productos da súa horta, Alonso decide
visitar un escriban para que lle explique o
contido do documento.
No seu camiño, Alonso percebe que na vila
hai medo.
Están recrutando homens pro exército do rei que
ten que loitar contra Portugal na fronteira.
No día anterior, nos povos da rodeada xa
estiveran os militares coas listas da leva.
Os homens en idade de levar armas teñen
medo porque incluso casados con familia están sendo
recrutados á forza.
Antes de seguir coa historia de Alonso de
Vilanova, é precisa unha pequena checa histórica aquela
época.
A mediados do século XVII, Galicia convertese nun
campo de batalla.
No marco das guerras de Portugal contra España,
as ribeiras do Miño fortalecense e Galicia vai
sufrir continuas levas e impónselle a obriga de
pagar unha parte dos custos daquela guerra.
Nos anos posteriores a independencia de Portugal da
Coroa Española, a ló polo 1640, a fronteira
entre Portugal e Galicia, aquí marcada polo río
Miño, foi un territorio de continuas loitas.
Esta vila de Salvaterra foi ocupada polos portugueses
e liberada en 1659, tras 17 anos de
ocupación.
Nesa época, o poder militar era do rei
e os altos cargos do exército eran un
monopolio da nobreza e da fidelguía.
Pero volvamos con Alonso de Vilanova.
Cando deixamos ir á procura dun escribán que
lle interpretase un documento, no que lle reclamaba
unha débada.
Alonso de Vilanova entregalle ao escribán Gómez de
Padrón, un membro segundón da fidelguía, o pergameo
no que o señor da Hermida lle reclama
unha débada.
Alonso non entende o que pon naquel papel,
pero sabe de sobra que non lle debe
nada ao fidalgo dono das terras.
O escribán tamén sabe que el non pode
nin quere ir en contra dos intereses dun
da súa clase.
Co poder que lle dá o conhecemento da
escritura e a lei, informa Alonso de que
a única saída que lle queda para non
perder o uso da terra é pagar esa
débada, ainda que non exista.
Acabamos de ver que había fidalgos de diversa
orixe e que non todos tiñan nin o
mesmo poder nin realizaban actividades semellantes.
Os fidalgos máis senyeiros eran os que tiñan
derechos sobre a terra.
Do mesmo modo, os fidalgos de segunda clase
tiberon acomodo na igrexa e os resto dos
fidalgos tiberon que conformarse con postos no poder
local, escribanías ou facer carreira no exército.
A medida que a fidelguía foi collendo forza
nas cidades, apareceron institucións como a esta, por
exemplo, de Santiago, a Sociedade Económica de Amigos
do País, que buscaban o desenvolvemento, sobre todo
económico, e que son a prova de que
a fidelguía foi o grupo dominante entre os
séculos XVII e XIX.
Pero, que vai pasar con Alonso de Vila
Nova na nosa historia?
Como vai pagar unha débeda que todos saben
que non pode ser pagada?
Na praza, a muller de Alonso pagalle a
un funcionario municipal os impostos sobre o que
vendeu ese día.
Os campesiños, ademais do esforzo de traballar a
terra e pagar o foro, tamén teñen que
pagar os impostos sobre o que venden.
A Vila acaban de chegar a unha partida
de recrutamento que ven cos nomes para a
leva.
Unha a unha van dicindo os nomes dos
que teñen que pasar a formar parte das
tropas.
Miguel de Reboiras, fillo dun campesiño adinhairado, está
incluído na lista dos soldados que deben unirse
ao exército.
Miguel está decidido a calquera cousa con tal
de non ter quira guerra.
Vaille pedir consello ao escribán, que é quem
máis sabe disso.
Para avivarlle o enxeño, Miguel de Reboiras entregalle
unha bolsa con moedas.
De súpeto, o escribán daco a solución.
A topa, un sustituto para Miguel que non
é outro que Alonso de Vilanova, o noso
labregón apuros.
Diante dos cartos, o campesiño non está en
situación de escoller.
Vai ser pai, e se non quere que
o voten das terras que trabalha, ten que
aceptar o que lle propón o escribán.
Por 26 ducados e unha baluga de manteiga
para súa moed, Alonso de Vilanova irá a
guerra en lugar de Miguel de Reboiras.
A historia de Alonso de Vilanova e de
Miguel de Reboiras non constituía para nada unha
excepción na relación entre as clases dirixentes e
o povo no século XVII.
O poder da fidalguía e da xerarquía eclesiástica
sobre os campesiños era absoluto.
As súas vidas estaban literalmente nas súas mans,
nas mans dos señores, que se esforzaban para
que o povo entendese que iso era algo
natural.
A historia que van ver a continuación protagoniza
unha o señor destas terras e abade do
mosteiro de Lourençá.
En Vilanova de Lourençá, conforme un documento de
1680, era costume que cada día de reis
o alcalde mayor e os dous alcaldes ordinarios
acompañados polo povo lle entregasen un papo rubio
ao abade do convento.
Era un xeito de renovar o seu señor
o seu compromiso de lealdade e fidelidade.
O abade collía o papo rubio nas mans
e sacaba dunha caixiña unha tesóira que poñía
no pescozo do paxaro coa disposición de cortar
o mínimo movimento.
O abade advertía a todos os presentes Vedes
basalos este paxaro, vedes como está na miña
man cortarlle a cabeza.
Así está na miña man cortarlle ao basalo
que non obedeza.
Pero para expresar a súa misericordia, soltaba o
paxaro e daballe a liberdade, de igual xeito
que lhes permitía aos basalos andar ceibos.
A situación de Alonso e dos campesiños da
súa época era de sometemento a fidelguía.
Os dereitos da terra que traballaban pertencían a
un fidalgo.
Vivían coa doutrina religiosa instruída por outro fidalgo.
Tiñan que dirimir os seus preitos por medio
de outro fidalgo e os impostos pagaballos tamén
a outro fidalgo.
Por riba, cando os campesiños ian a guerra
facían o tamén as ordes de fidalgos.
Ata hai poucos anos este edificio era o
cuartel de San Fernando e agora resulta que
é a Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
O troco de uso no edificio é sinal
da fin da milicia obrigatoria.
Na nosa anterior historia veamos como se evitaba
o ingreso no exército pagando para que outro
ocupase o lugar.
Ese efeito vai ser reproducir doucentos anos máis
tarde na chamada filas para as guerras de
Cuba de Filipinas ou para a guerra de
África.
Neses casos a figura que vai posibilitar a
sustitución vai ser o cacique local que por
cartos ou por pagamento de favores se vai
converter no intermediario ou no conseguidor deses novos
tempos.
De caciquismo e de pagamento de favores é
do que imos falar na nosa vindeira historia.
Cando paseamos polas rúas das nosas vilas e
cidades hai un elemento que nos acompaña no
noso camiñar e que por cotian pasa inadvertido.
Dar lleno a medalguén a unha rúa pretende
servir de homenaxe e perpetuar a memoria dun
persoeiro que tivo relevancia social.
Cando as nosas cidades tiveron a primeira gran
expansión no paso do século XIX ou XX
abrironse moitas rúas e avenidas novas que normalmente
se bautizaron con nome de políticos dese momento.
No século XIX cando en España se instauraron
as eleccións como simple formalidade democrática aparece unha
figura clave no control social e no control
do voto, o cacique.
O funcionamento era ben simple.
Controlando os resultados das votacións, estaban os caciques
situados nos cargos locais ou provinciais e en
riba estaba a figura do oligarca que controlaba
todo desde Madrid.
Mediante un sistema de favores e prebendas os
caciques locais captaban os votos que eran recompensados
con novos favores.
Deste xeito perpetuaba a oligarquía no poder.
Ainda que a figura do cacique originaria de
América onde ten un significado respectable para moitos
povos indíxenas, en Galicia, os caciques foram principalmente
controladores sociais e políticos, que tamén é certo
que desde os seus cargos impulsaron obras públicas
e favoreceron a renovación urbana do noso país.
Hoxe, a maioría de nós descoñecemos o modo
de operar daqueles persoeiros e só os identificamos
cos nomes de algunhas ruas das nosas cidades.
O poder que tiveron estes políticos caciques sobre
as provincias que representaban en Madrid foi inmenso.
Neste sentido, posiblemente, o máis ilustre político representado
nas ruas das vilas galegas eixa Eugenio Montero
Ríos.
Non só lle deu nome a ruas en
Vigo, en Lugo ou en Santiago de Compostela.
Tamén a esta, a Gran Vía de Montero
Ríos aquí en Pontevedra.
Sobre Montero Ríos trata a nosa derradeira historia
de hoxe.
Este domingo é un día de reunión política
no pazo de Lourizán, a residencia de Lecer
de Montero Ríos.
Quereis transmitiros o agradecemento aos familiares máis directos,
que son a súa vez os principais axentes
do entramado político que foi configurando o longo
dos últimos 40 anos e que culminan cos
seu nomeamento como presidente do governo.
É o broche douro dunha gran carreira política
dentro do Partido Liberal.
Na celebración familiar estaban o seu fillo Andrés
Avelino, representante case vitalicio por Mondoñedo e un
defensor da protección de menores.
O seu fillo Eugenio, que era representante de
Muros e antes de Cambados.
O seu xenros Eduardo Vicenti, que chegaría a
ser 36 anos deputado en Cortes por Pontevedra,
e Eduardo Martínez del Campo, senador vitalicio.
Tamén estaba o seu xenro García Prieto, un
político de gran valía.
Todos eles representaban o entramado caciquil de carácter
familiar que construíra sabiamente o patriarca de Lourizán.
García Prieto formaras en o bufete de Montero
Ríos, e foi quen mellor aprendeu as ensinanzas
do político galego.
Primeiro baixo a vixía do seu sogro, e
posteriormente pola súa conta chegara ata onde non
puido chegar ningún dos propios fillos de Montero.
García Prieto terminou sendo unha peza insustituible na
rede política caciquil creada polo seu sogro.
Foi quen decreara a súa propia organización na
que situou a membros da súa familia seguindo
o modelo de Montero Ríos, que consistía en
colocar familiares en cargos políticos para telos ao
seu servizo.
Era pois un alumno aventaxado, por iso Montero
Ríos ía nomealo Ministro de Gobernación.
O sistema caciquil da restauración española de finais
do século XIX estaba asentado no control das
institucións de carácter provincial e local.
Os concellos e as deputacións eran fundamentais nese
control.
O alcalde, o xuiz ou o secretario do
concello eran postos moi apetecible política e socialmente.
Eles eran os intermediarios copogo, a parte do
poder que coñecían os cidadanes de apé.
Eran os conseguidores aos que podían recorrer os
galegos cando tiñan algún problema.
Lourizán converteuse nos olardos Montero e as reunións
familiares en auténticos consellos de estado.
Atalí achegase o alcalde dun concello veciño que
vai facer unha xestión para un propietario acomodado
da súa vila.
O home pediulle recomendación pro seu fillo e
o alcalde, o cacique local, vai usar a
súa influencia por pertencer a rede dos Montero
Ríos.
A proximidade copogo outorgaballe prestixio social ao cacique.
Os veciños visualizaban o poder na súa figura
e non nos representantes elixidos, os que non
coñecían e que nada tiñan que ver coa
súa vida diaria.
Cando o favor sexe aconseguido, o alcalde farállese
ver os beneficiarios que deben contribuir na súa
familia e no seu entorno apoiando as candidaturas
dos Montero.
O alcalde faía as presentacións entre don Eugenio
e o rico propietario da súa vila.
O pai pediu recomendación pro seu fillo licenciado
en derecho pola Universidade de Santiago para colocalo
como secretario nun concello veciño.
Este alcalde representa a base do sistema que
ten a Montero no seu cume.
Caciques locais que apañan votos e intermedian en
favores entre os veciños.
A persuasión do cacique debía ser suficiente para
controlalo o proceso electoral e o día a
día na vida local.
Cando esta rede fracasaba facía uso da forza
empregando a intimidación ou o encarceramento dos disidentes.
Ademais, sempre quedaba o recurso da fraude mediante
a falsificación de actas ou a votación masiva
dos mortos ou, no último caso, a compra
de votos.
Nesta humilde casa da Rúa Santiagueza dos Xasmins
naceu Montero Ríos no 1832.
Esta orige humilde non lhe impediu chegar ás
máis altas cotas do poder político e social
da súa época.
Ademais, do seu talento nesa carreira empregou dos
apoios básicos da historia social de Galicia.
A recomendación e o favor.
En agradecemento do feito pola súa cidade natal
os santiagueses levantaron esta estatua no 1916 dous
anos despois da súa morte por suscripción popular.
E colocaron a aquí, no centro da praza
do Obradoiro no lugar máis representativo de Santiago
e de Galicia.
Dous anos máis tarde, trasladaron a praza de
Mazarelos, porque se entendeu que ningún político era
tan importante como para ter unha estatua nesta
praza.
Por iniciativa dun artista, volveu a estar aquí,
ainda que só por un día.
Este emprazamento, ainda que ocasional, recórdanos o gran
poder que tivo este home.
Catedrático, abogado de prestixo, liderou as propostas de
profesionalización da justiza e da separación da Igrexa
e o Estado entre outras moitas de carácter
progresista.
Foi, sen embargo, unha das grandes figuras dun
sistema, o Caciquil, o que chegou a atacar
na fin da súa carreira política.
Un paradoxo que, quizáis, non o é tanto
para unha figura controvertida que foi alcumada como
o Cuco de Lourizán.
Outro dos poderes fundamentais do sistema Caciquil eran
os governos provinciais.
Eses governos civís estaban nas actuais sedes das
subdelegacións do goberno.
O gobernador dirixía a administración provincial e, como
tal, era o xefe dos servicios públicos da
provincia.
Ademais, controlaba a orde pública e a policía.
O gobernador era a máxima autoridade e representaba
o goberno do Estado na provincia.
Polo tanto, era a máis alta autoridade política
e administrativa.
Neste capítulo falamos dos nobres, dos fidalgos e
dos caciques que tiberon un poder que decidiu
o destino de moitos galegos nos últimos cinco
séculos.
Todos eles tiberon ese poder porque lle otorgou
un sistema político que serviron e do que
se aproveitaron.
Os caciques cobraron como favores o que nunha
democracia son derechos de todos os cidadáns.
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.