All language subtitles for historias.de.galicia.s01e06.no.nome.de.deus.720p.web.h264

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English Download
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil)
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

(Transcribed by TurboScribe.ai. Go Unlimited to remove this message.) Música Resulta

curioso, os Rolling Stones, tamén coñecidos como as

súas satánicas majestades non poderían ter actuado nun

lugar coma este senón chegaser, porque cinco anos

atrás estes terreos expropiaranse para acollela visita do

Papa Xoan Paulo II.

O medio millón de persoas que aclamaron aquí

no Monte do Gozo o Papa Xoan Paulo

II en agosto de 1979, deron fé do

poder de convocatoria que mantén a Igrexa Católica.

Neste capítulo de Histórias de Galicia, imos falar

do poder espiritual, político, material e ideológico que

tivo a Igrexa na nosa historia.

Todas esas funcións exerceu nasempre actuando no nome

de Deus.

Música Se alguna figura histórica pode e merece

representar o poder político e económico da Igrexa

Católica en Galicia ese é Diego Xelmírez.

Era señor dun amplo territorio e foi o

impulsor do gran símbolo que nos representa no

mundo, a Catedral de Santiago.

Imos viaxar a to século XII para saber

como e con que medios Xelmírez logrou erguer

o gran santuario compostelano.

Música O

Suardo é un peregrino que acaba de chegar

a Triacastela despois de varias semanas camiñando desde

Orleans a súa cidade de Orixe.

Sabe que en Triacastela está un dos xacementos

que abastecen de pedra a obra da Catedral

de Santiago.

E tamén sabe que él pode colaborar de

algún xeito na construcción do gran templo da

cristiandade.

Estamos na catedra de Triacastela da que actualmente

se extrae pedra calcária para facer cemento.

Pois ben, nos longos anos que durou a

construcción da catedral había tradición de que cada

peregrino collese unha pedra aquí en Triacastela.

Despois, os peregrinos deixaban esa pedra nun lugar

chamado a Castaniola, supostamente a castañeda que está

entre Melida e Arzúa.

Allí había grandes fornos onde se cocía esta

pedra para facer cal que despois se empregaría

na construcción da catedral.

O Suardo camiña coa súa carga ata Castañeda.

Allí hai un almacén preto dos fornos onde

se depositan as pedras.

O encargado do almacén toma nota da cantidad

de pedra que esta semana deixaron ali os

camiñantes.

O mesmo encargado é o que controla o

envío da cal a Santiago para as obras

da catedral.

E hoxe parte un pedido novo.

Aqui no arquivo da catedral garda-se unha

das xoias bibliográficas da Idade Media.

É o Liber Santi Jacobi, tamén conhecido como

Códice Calistino.

Unha copilación de textos jacobeos que fala do

culto a Santiago e dos avatares das peregrinacións.

En este códice, que ten detalles moi precisos

do camiño francés, fala-se tamén das canteiras

de Tiracastela e dos fornos de Castaniola, a

suposta Castañeda.

O encargado do almacén da Castañeda informa periódicamente

das entregas de cal o mestre de obras

da catedral.

Este, a súa vez, rendelle contas directamente a

quem sen dúbida é o máximo responsable de

todo, o arcebispo Diego Xelmírez.

Nos últimos anos da súa vida, Xelmírez está

preocupado porque as obras avancen con maior rapidez.

Estamos diante do pazo de Xelmírez.

O pazo e a catedral son os grandes

símbolos daquele home que durante 40 anos tivo

poder en Santiago e en Galicia durante a

chamada Era Compostela.

No ano de 1137, as obras da catedral

de Santiago, configurada como templo románico, estaban moi

avanzadas.

Iniciaranse 60 anos antes baixo o patrocinio do

bispo Diego Paez, para sustituir o antigo templo

prerrománico.

Pero foi realmente o arcebispo Diego Xelmírez o

gran promotor do edificio.

Pro remate do templo románico supónse que faltaba

a fachada, o pórtico da gloria, a cripta

e as dúas enormes torres que enmarcaban a

fachada.

Esa última fase construiríase morto xa Xelmírez, baixo

a dirección do mestre Mateo.

Na súa estructura, concebida como unha armoniosa cruz

latina e con varios deambulatorios, evidenciabase que era

un templo para grandes peregrinacións.

A estructura era moi similar a outras catedrais

francesas do Camiño de Santiago, como a de

Toulouse.

Pero, quizás, o que máis sorprende os nosos

ollos daquele original templo románico é o aspecto

que tiña de impresionante fortaleza.

E o aspecto viña a constatar o que

era o castelo do arcebispo, o gran señor

feudal de Compostela.

Antes era a igrexa promotora das grandes obras.

Hoxe en Galicia as grandes obras fainas as

xunta o goberno central cos impostos que pagamos.

Sería interesante saber como Xelmírez financió aquela magna

obra e como a deu erguido en non

moitos anos.

Os peregrinos son, e tamén o eran daquela,

unha importantísima fonte de riqueza.

Desde o descubrimento da tumba do apóstolo no

século IX, o crecemento da cidade, foi unido

ao fenómeno das peregrinacións ao sepulcro.

En a época de Xelmírez deu sello o

pulo definitivo ás peregrinacións.

Isto provocou un aumento do comercio, situación que

beneficiaba a igrexa porque lle cobraba impostos aos

comerciantes.

As doazóns ocupaban tamén un lugar importante entre

as fontes de financiamento coas que contaba Xelmírez

para a súa catedral.

Desde o século IX, nobres e reis foran

doando á igrexa de Santiago terras e tamén

privilexios, para a cambio, gañar a gloria eterna.

Desde os tellados da catedral podemos observar a

grandiosidade deste templo.

Non sabemos se Xelmírez, mentre estaba en obras,

subíou ata estas alturas, pero se o fixo,

puido observar outra das súas fontes de riqueza,

os recursos da diocese que se extendía kilómetros

á redonda.

A diocese de Santiago ocupaba gran parte do

territorio occidental de Galicia.

Ningún dos bispados da península en tempo de

Xelmírez era tan importante como o de Compostela.

As terras do señorío significaban grandes ingresos por

rendas e impostos que pagaban os campesinos, cartos

para Xelmírez e a súa catedral.

O que queda daquel castelo de Onesti oxe

é conhecido como as Torres do Oeste, na

desemocadura do Ulla.

A fortaleza era un dos castelos máis importantes

do señorío de Santiago.

Os peregrinos que chegaban por mar tiñan que

pasar por ali no seu camiño a Tapadrón,

o porto de Santiago.

E debían pagar peaxe, outra valiosa fonte de

ingresos.

Pero, sobre todo, as Torres tiñan unha función

defensiva.

Repeleras incursións arracenas e normandas.

Xelmírez reconstruíu e reforzou esta fortaleza.

E non sou iso.

Tamén contratou carpinteiros xenoveses para que lle construíran

varias galeras capaces de elevar un cento de

homens cada unha delas.

E servironlle para loitar con bastante éxito contra

os piratas.

Normalmente, Xelmírez recibía unha parte do botín conseguido

dos piratas.

E, ás veces, non era pouco.

Pero, neste punto, quizáis, deberíamos volver á catedral.

Ali agárdanos o Suardo, o peregrino co que

comezábamos esta historia.

O Suardo, tres días despois de deixada a

súa pedra na Castañeda, chegaba a Santiago.

Agora, reza na catedral e unha sombra pasa

á súas costas.

Non sabe que se trata do home que

materializou a idea de Compostela como a un

gran centro da cristiandade.

Esta é a catedral de Santiago, ou a

súa fachada barroca.

A escala, claro.

Seguro que Xelmírez nunca o imaginou así.

Morreu antes de ver cumprido o seu soño.

E a catedral románica consagrouse no 1911, setenta

anos despois da súa morte.

Pero, no seu afán constructivo, Xelmírez deixou véns

para que as obras puidesen seguir adiante.

E, tras o seu falecemento, ordenou que se

financiase a construcción do claustro da catedral cun

rabaño de 100 vacas.

Curiosamente, aquel home poderoso que tantas obras deixou

para ser recordado non ten tumba coñecida.

Non hai unha lápida que recorde a súa

morte no mes de abril de 1140.

Ninsequera certeza de onde pode estar enterrado.

Tampouco hai lápida que recorde a protagonista da

nosa seguinte historia, María Soliña.

Ela foi víctima dun papel crucial que tamén

tivo a igreixa.

O control das ideas e dos comportamentos sociais.

No ano de 1621, membros do Tribunal de

Inquisición de Santiago arrestan a esta muller de

setenta anos, veciña de Cangas.

Chamase María Soliña, e acusana de bruxa.

Doce persoas testifican na súa contra.

Aseguran que tiña gran fama de meiga e

que ela mesma consentía en que axille chamaran.

Algúna das testemunhas relata como Soliña adoitaba reunirse

nuna fonte con outras meigas, que as acompañaba

o demo, e que se untaban con ungüentos

feitos de ervas mazadas.

María Soliña manténse en silencio, porque está asustada

e moi débil, xa que durante varios días

tivo que soportar torturas insufribles.

Por iso, cando os membros do Tribunal ameazan

de novo con levá la cámara de tormento

da Inquisición, María Soliña, morta de medo, confesa

ser bruxa desde hai vinte anos e ter

contacto con o demo.

Baixo os tellados de Cangas anda un terror

de auga fría.

Ai, que Soliña que daxe, María Soliña.

Asi remata o poema de Celso Emilio Ferreiro,

que relata a historia desta muller xulgada pola

Inquisición.

María Soliña converteuse, grazas a literatura e a

música, nun personaxe do imaginario popular.

Pero a nós o que nos interesa é

saber o que hai detrás desa lenda.

Por que xulgaron a María Soliña?

Por ser bruxa ou por algo mais?

No mes de dezembro de 1617, catro anos

antes do xuicio a María Soliña, mil piratas

turco-berberiscos desembarcaban na praia de Rodeira en

Punta Balea.

Os piratas apoderaronse rápidamente da vila queimando todo

o que atopaban o seu paso.

O hospital, a colexiata, a igrexa de Darbo

e as principais casas.

Foron tres días de devastación e moitos mortos.

Entre eles, o pescador Pedro Barba, ome de

María Soliña.

Aquel desembarco pirata trouxe o empobrecimento xeral pra

Cangas e os seus arredores.

A pequena nobreza viu descender de xeito alarmante

os seus ingresos e tivo que buscar por

todos os medios recursos novos.

A Inquisición semellaba o vehículo idóneo para lograr

os seus propósitos.

Na parroquia de Coiro, en Cangas, atopamos este

escudo.

Isto indica que en esta casa viviu un

comisario ou un familiar da Inquisición.

Os familiares eran servidores laicos que traballaban para

o Tribunal da Inquisición.

Procedían na súa maior parte das oligarquías locais.

Buscaban testemunhos e presentaban denuncias a cambio das

que obtiñan beneficios.

Polo que vimos atado agora, a detención de

María Soliña enmarcase nunha época de crise económica

para a igrexa e a fidalguía.

Tendo en conta isto, non resulta raro pensar

que os denunciantes de María Soliña quixeran aproveitarse

das propiedades da viúva.

A prova de que non era unha ninguén

e que tiña dereitos de presentación nalgúnha capela

d'Aldán, como nesta de San Amaro.

Ese dereito só tiñan persoas de certa relevancia

social e económica.

As endanzas dos suizos que celebrou a Inquisición

en Galicia podemos las atopar en Madrid, aquí,

no Arquivo Histórico Nacional.

Os reis católicos introduciron a Inquisición en Castela

con sus primeiros enclaves en Sevilla e en

Toledo.

Galicia non tivo tribunal propio tano 1574 e

instalouse por orde do rei Felipe II que

estaba moi preocupado pola posible entrada de ideas

protestantes a través dos portos galegos.

Neste cartafol atopamos a sendenza de María Soliña.

Enela podemos ler Reconciliada con confiscación de bienes,

hábito y cárcel por seis meses, año de

1622.

A parte da confiscación e da cadea, apenas

incluía o hábito, ou seixa, a degradante condena

de levar o San Benito.

Precisamente deste castigo ven a expresión de colgar

o San Benito, que se aplica ao descrédito

que lle queda a unha persoa despois de

ser difamada.

Os San Benitos podían levar os reos como

un hábito ou podían ser paneis que se

colgaban nas igrexas.

Nun, en outro caso, servían para escarnio do

penitente das súas familias e, para exemplo, ante

os veciños.

Estamos en Tui, no Museo Diocesano.

Aquí exíbense alúnhas pezas originais e únicas de

San Benitos que levan o nome de catorce

reos acusados de herexes xudeizantes.

Este é Antonio Sotomayor, natural de Vigo, e

que era o inquisidor xeraldo-reino cando xulgaron

a María Soliña.

Daquela, os xudeos conversos eran o colectivo máis

duramente perseguido e castigado polo santo oficio tanto

na península como en Galicia.

Pero a Inquisición tamén actuou contra os chamados

delitos de superstición, de bruxería e outros de

orde social como a bigamia, por exemplo.

Pero, ¿como acabou María Soliña condenada a pobreza

e a colgar cos San Benito?

O final de María Soliña non o coñecemos,

pero non é difícil sucoñer que aquela muller

de cangas de setenta anos non sobreviviría moito

tempo as torturas padecidas nas salas secretas de

Inquisición.

Non hai acta de defunción, nin se coñece

o lugar de enterramento.

Iso sí, quedou no imaginario popular a historia

do seu padecemento como un símbolo dos abusos

do poder contra os máis débiles.

Na praza de Galicia, aquí en Santiago, onde

hoxe hai un hotel, estaba o edificio que

albergaba o Tribunal da Inquisición en Galicia.

A Inquisición suprimiu-se nas primeiras décadas do

século XIX durante os gobernos liberais en España,

que tamén desamortizaron moitos dos bens da Igrexa.

Rachabase daquela a estreita colaboración entre Igrexa e

Estado, unha unión moi ben deseñada polos reis

católicos.

Para ben ou para mal, a función da

Igrexa en Galicia, estivo desde o século XV

supeditada aos intereses da Coroa de Castela, que

influía incluso na elección dos postos da xerarquía

eclesiástica.

Estamos en Segovia.

Este é o castelo de Coca.

¿Qué ten que ver este castelo coa historia

da Igrexa en Galicia?

Pois resulta que o gran impulsor e señor

deste castelo foi Alonso II de Fonseca, o

poderoso arcebispo de Compostela que se aliou cos

reis católicos para derrotar os nobres galegos.

Aquela alianza deu a Fonseca gran poder e

riqueza.

Os monarcas nomearon o birrei de Castela e

presidente do Conselho do Reino.

Pero con Fonseca, a Igrexa Galega pasou a

depender de Castela, cousa que non ocorreu sen

conflictos que, nalgúns casos, chegaron a traspasar os

grosos muros dos mosteiros.

Diso é do que imos falar na nosa

terceira historia de hoxe.

Este é o mosteiro de Oseira.

Aqui vive desde hai máis de dez anos

Frei Antón Arias, un monxe cisterciense.

O principio máis importante da súa orde monacal

é hora e labora, o rezo e o

traballo.

A súa xornada empeza as duas da madrugada.

Ao longo do día, hai oito momentos por

horar que venen marcados polos sondas campás.

O primeiro é o de Maitines.

Pero na xornada do 10 de xuño de

1730, a rutina das oracións vai ser romper.

O ambiente no mosteiro é moi tenso desde

hai semanas.

E esa tensión deve ser o traslado de

dous monxes moi apreciados a outro mosteiro, fora

de Galicia.

Un deses monxes é o noso protagonista.

En Oseira, todos se opónen ao traslado a

Gaso Abade, Frei Esteban de Balmaseda.

Aseguran que o Abade non ten autoridade ni

xurisdicción para permitilo, e mesmo ponen en cuestión

o seu cargo.

Aquela pequena revolta dos monxes acontecía aqui hai

200 anos.

Na actualidade dos monxes de Oseira, unha ducia,

teñen moi poucas referencias daquel feito.

Pero, que pode originar aquel descontento e provocar

unha revolta non os monxes que guardaban fidelidade

absoluta á orde e obediencia aos seus superiores?

Os mosteiros naceron na época medieval e non

tardaron en extenderse por toda Galicia.

Posuían grandes extensións de terras conseguidas grazas ás

doazóns.

Eran tamén centros culturais encargados da copia e

conservación de manuscritos e textos antigos, sen esquecela

súa importancia como centros de beneficencia e de

atención aos peregrinos e aos enfermos.

Os séculos XII e XIII foron a súa

época de maior esplendor coa chegada á Galicia

da orde do cister, que propugnaba un ideal

de vida austera dedicada á oración e ao

traballo.

A situación de prosperidade desapareceu á partir do

século XIV por mordo unha gran crise económica

da peste negra e das loitas nobiliarias.

Os xenobios esmorecen, nalgúns quedan só 4 ou

5 monxes.

Para atallar a crise, os reis católicos propuxeron

unha serie de reformas que supuñían a sumisión

absoluta dos mosteiros galegos ás autoridades monásticas de

Castela.

Aquelas reformas eran parte da política xeral de

centralización e control que inician Isabel e Fernando.

Así, os mosteiros vieitos galegos pasan a incorporarse

á congregación de San Benito de Valladolid e

os do cister á congregación xeral de Castela,

perdendo así parte da súa autonomía.

Trataba-se dunha estrategia semellante á que trazaran

os mesmos reis coa nobreza galega, trasladar os

centros de poder galego para fora de Galicia.

Na entrada desta igrexa de Oseira, construída no

século XVII, podemos ver un exemplo gráfico deste

feito.

Xunto ao escudo de Oseira, aparece xa o

da congregación de Castela.

A raída de reformas iniciadas polos reis católicos,

os abades dos mosteiros galegos eran elegidos cada

tres anos polas congregacións de Castela.

Evidentemente, deste efeito, case non había abades galegos,

e, además, os mosteiros non podían admitir novizos

da zona.

Pero todo isto non se fixos en protestas

nin preitos por parte dos naturais da nosa

terra.

Nas actas da Junta do Reino de Galicia,

aparecen recollidas súplicas ao rei para que interceda

ante o papa e lle ponha fin a

esta situación.

A pesar das reiteradas peticións e preitos, as

cousas seguían igual cando se produciúa a pequena

revolta dos mosteiros de Oseira contra o abade.

Os conflictos prolongáronse case doucentos anos, ata que

en 1738, por decisión do papa, os abades

galegos empezaron a alternarse cos casteláns a afronte

dos mosteiros de Galicia.

Cen anos despois daquela pequena revolta, Oseira e

todos os mosteiros galegos vivían unha convulsión moito

maior.

Os gobernos liberais do século XIX aprobaban as

leis de desamortización que suponían a supresión das

ordes religiosas e a incautación dos seus bens.

Mosteiros e conventos baleirábanse e a igrexa perdía

parte do seu poder económico.

Iso sí, mantería a súa heximonía ideolóxica, básicamente

a través dos púlpitos e dos colexos.

Estamos no bolo, na provincia d'Ourense.

O que están vendo alón baixo é o

santuario das Hermidas, que pertence a diocese de

Astorga.

A actual división en dioceses en Galicia ainda

responde a razóns históricas que non sempre atenden

as realidades sociais ou lingüísticas.

Pero esa é outra historia, imos ir a

talón baixo.

Oxe falamos disdo poder que tivo a igrexa

na historia de Galicia.

Construiu un valioso patrimonio artístico monumental e incontables

alianzas co poder que non sempre foram movidas

por intereses só religiosos.

Foi mediadora entre Deus e os crentes e

transmisora do saber e do sentido politivo da

moral e do pecado.

Oxe vivimos nun estado confesional e o papel

que seguirá xugando a igrexa católica na vida

dos galegos dependerá de moitos factores e tamén

de cada un de nós.

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.