Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Armenian
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Slovak
Slovenian
Somali
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
Laura Blacklock. Chegas ou marchas?
Boa pregunta.
Fala con verificación de datos e avísame.
Boísimo o artigo sobre as ONG. Benvida.
Lo, encantoume o artigo.
- Grazas. - Boísimo. Si, señor.
Acabo de lelo, que marabilla.
Grazas.
Ai, Deus…
CELÉBRAO CONNOSCO
Lo, tes un minuto antes da reunión?
Si, un segundo.
A FUNDACIÓN LYNGSTAD CONVIDA A LAURA BLACKLOCK
Que tal a viaxe?
O segundo voo, catro horas nun avión turbohélice,
só se atrasou un día así que, como imaxinarás, foi bárbaro.
Ese lixeiro sarcasmo débese ó jet-lag
ou é síntoma de algo máis grave?
Afogaron esa muller.
Xa. Seino.
Matárona.
Porque aceptou falar comigo.
A xente pode ser terrible.
Pois ás veces gustaríame que non fixesen cousas terribles,
e que me sorprendan.
Falamos do roubo dos fondos dunha ONG para nenos desnutridos
ou do teu pasado sentimental?
En serio, por favor.
Ía en serio.
Que foi agora?
Falando do rei de Roma!
- Cal deles? - Abur.
- O antepenúltimo. - Ostras!
- Ben Morgan? - Ben Morgan!
- Que quere? - Eu que sei.
Ha querer os vinilos xaponeses eses que ten ciscados polo meu piso.
Que?
Non tiñas por que reincorporarte hoxe xa.
Descansa uns días.
Non se me dá moi ben descansar.
Pregúntalle a Ben.
Pois continuamos logo.
Hai un contacto no caso de corrupción da FIFA, interésache?
É que, verás…
Teño algo que podería…
devolverme a fe na humanidade.
Coñeces a Anne Lyngstad? A herdeira da navieira norueguesa.
Ten leucemia en fase catro e seu marido vai crear unha fundación no seu nome.
Superinspirador.
O bo vén agora.
Vai levar a xunta directiva no seu puto iatazo
a unha gala benéfica en Noruega.
Quere que vaia e a cubra, para concienciar.
Que me aclare.
A coitada da muller enferma,
uns cantos millonarios decátanse agora de que o cancro é terrible
e queren facer algo, coa condición
de que contes o bos que son.
Si, basicamente. Pero co meu don xornalístico.
Cres que interesará?
Muller, interese humano por épocas inhumanas.
Non necesitaba descansar?
Sempre que sexa un descanso, non unha excedencia.
O xornalismo de impacto poderá vivir sen min unha semana.
Grazas.
Benvida a bordo do Aurora Borealis.
É un barco precioso.
Os zapatos, señorita Blacklock.
- Que? - Os zapatos.
Que fixen?
Gardamos os zapatos nesa cesta.
Podemos darlle zapatillas, calcetíns, chancletas…
Sabemos o talle, só ten que pedilo.
Vale. Grazas.
- Pasounos a todos. - Xa.
É túa primeira vez?
Aínda non coñezo a etiqueta dos iates.
Eu chámolle "iatiqueta".
Por certo, son Laura. Ola.
- Adam Sutherland. - Encantada.
- Champaña? - Grazas.
É moi cedo para min.
Ola, perdoa.
Son Karla. A azafata xefa.
O seu é o camarote 8, en estribor. Fantásticos amenceres.
Dr. Mehta, a carón da señorita Lyngstad.
- Grazas. - Non hai de que.
- É o doutor da Sra. Lyngstad? - Pois…
En realidade son amigo de Richard.
Dende que Anne enfermou, a miña presenza
comezou a ser constante na súa vida, por desgraza.
Loitou máis ca ninguén.
- Son de contrabando? - Todiñas.
Descúlpame.
Thomas. Heidi.
Home, Robert! Que tal, vellote?
Ó final pagou a pena.
Véxote ben. Adelgazaches?
Éche o estrés.
Con todos os superiates e cruceiros que hai no mundo…
Ben Morgan.
Non o podo crer. Mimá.
Intentei avisarte.
Por que non me sorprende verte aquí?
- Claro! Benjamin, esta é… - Lo mais eu xa nos coñecemos.
Ah! Cousas de xornalistas. Xa traballastes xuntos?
Non.
Pero algo xuntos si que fixestes, non si?
Avisádeme se precisades axuda para que non se repita.
Non será necesario. Grazas.
Deixámolo hai tempo.
- Espero que fose unha ruptura amigable. - Máis ou menos.
Ou sexa, non.
Non foi tal. Me…
Metín a zoca. Vale, isto é incómodo. Mellor…
- Vou… - Si, vai ser mellor.
Que fai en vaqueiros?
Había código de vestimenta, non?
É a primeira vez que te escoito describir a nosa historia como "amigable".
É a primeira vez que penso na nosa historia.
Ostras.
Un a cero?
Dous a cero.
Moi ben, de acordo.
Señor Tyler. Señor Jensen.
Os Heatherley e a señorita Blacklock.
Señoras e señores, unha azafata acompañaraos ós cuartos.
O señor Bullmer uniráselles máis tarde.
Coñeces a señora Heatherley? Dirixe unha galería para ricos.
Vivía en Mayfair, pero decidiu mudarse ó este en busca…
dunha escena cultural máis moderna.
- Que necesidade? - Escacho de risa, Adam.
Laura vainos estar espiando.
Certo. A xornalista de Bullmer, non?
Si, Laura. Lo. Un pracer, Sra. Heatherley.
Non, por favor, chámame Heidi.
Un compañeiro foi ver a exhibición. Díxome que é magnífica.
Abofé que o é.
A artista grava como sucumbe os tranquilizantes
e despois como a visten e a ispen. Logo os seus axudantes
colócana en varias posturas en público durante oito horas.
É incrible.
- Parece moi… - Horrible.
- Ata para min, que son… - Tommo, ven tunante.
Ven coñecer a xornalista de Richie.
Unha xornalista!
Todo ben? Estiven pensando en escribir as miñas memorias.
Uh, o mundo enteiro devece por lelas.
Perdoe, señorita Blacklock.
Xa debía estar aquí toda a equipaxe.
Só trouxen iso.
Ah! Quere que lle desfaga a maleta?
Non, por Deus. Non quero adentarte nese caos.
Ben, rapaces. Arrincamos motores. Vamos.
Amigos…
Aí o vén.
Romanos.
Membros da tripulación.
Xa estamos!
Benvidos ó Aurora Borealis.
Aurora Borealis!
Cando o encargamos,
Anne e eu imaxinamos un futuro moi diferente a este.
- Si. - As cousas como son.
- Xa. - Esa loita tivo consecuencias.
Pero, en fin…
Atopámoslle outro propósito a esta humilde barquiña
e estades aquí para inaugurar o proxecto.
Iso é.
Non é habitual abordar así a beneficencia,
tres días nun iate de luxo,
pero o diñeiro que doastes, unha cifra considerable,
irá para quen non poida permitirse médicos privados
ou tratamentos experimentais. Así que, por vós.
- Por ti. - Si, señor.
Ben falado.
Moitos de vós viñestes para coñecer a Anne,
pero lamento dicir que trala longa viaxe, está descansando.
- Daquela, propoño… - Si.
cear algo lixeiro, ir cedo para a cama
e celebralo mañá como é debido con Anne.
- Si. - Perfecto.
- Que vos parece? - Xenial.
Pero antes,
unha agradable sorpresa.
- Vide coñecer a Danny. - Non…
Danny Tyler. Pensei que xa morrera.
- Case. - Por non intentalo non é.
Danny!
Que pasada!
- Laura Blacklock. - Ola.
- Son Richard. Encantado de terte aquí. - Moitas grazas.
Estás de sorte, Tommy, seguro que trouxo Viagra.
Eu non uso diso.
Colle. Grazas.
Bullmer, delincuente. Como che vai, meu?
- Mellor agora que te vexo. - Que tal Anne?
Está ben.
- Benvido a bordo. - Grazas.
Arrea.
E ti quen es?
Unha xornalista galardoada. Vai escribir sobre a fundación.
Que mágoa. O que me faltaba era unha observadora.
Grazas.
- Miña nai é moi fan túa. - Ostras.
Cáesme ben.
A gran pregunta é, Richard,
xa estamos en augas internacionais? Teño unha mochila chea de droga
que me gustaría compartir con esta xente.
Non podo pagar outra rehabilitación…
É broma, home. Levo limpo e sereno dende o século noveno.
Segue igual de atractivo.
Vas, en plan, infiltrada?
Vai rañala.
Muller, logo de todo o que pontificaches sobre a miña traizón
é imposible que Laura Blacklock estea aquí só por cartos.
Aí o está.
Ese é o Ben que recordo.
Xa sei por que me chamou Ben.
E que tal foi?
Unha sorpresa boa ou mala?
- Sen comentarios. - Dime que non o estás desfrutando.
O champaña estaba bo.
Tía, dixeches que era un descanso. Goza.
…xuntos só nove meses, ou menos.
Que raro, non me casades.
Iso si que é un piropo.
Mira.
É guapa, pero parece un pouco aburrida.
Perdón.
Non pasa nada.
Perdón!
Non me digas! Xa ma podes presentar.
Vaia!
Bonito vestido.
Hai ópera ó aire libre despois?
Perdón. Pensei que…
- Moi elegante. - Non.
Para nada, cariño. Arrasas con tanto brillo.
- Cheira a envexa por aquí. - Estás preciosa.
Moi guapa.
- Cría que vos arranxabades para cear. - Xa.
Radiante.
Señorita Blacklock,
á señora Lyngstad gustaríalle coñecela despois da cea.
- Si, claro. - Grazas.
Son Sigrid, a xefa de seguridade do señor Bullmer.
Levas moito traballando con el?
Este é o primeiro ano.
- Pase. - Grazas.
Agarde aquí, a señora Lyngstad virá deseguido.
A biblioteca.
A única cousa do barco que insistín en deseñar eu.
- Señora Lyngstad, grazas por convidarme. - Chámame Anne, por favor.
Alégrome de que viñeras.
Sigo o teu traballo.
A túa reportaxe en The Guardian
sobre esas valentes mulleres kurdas impactoume moito.
Fun eu quen te chamou.
Fas algo moi importante: darlle voz a quen non a ten.
Grazas.
Chamo o médico?
É que…
É que deixei o tratamento.
Pastillas, transfusións.
Todo.
Chegou un día que…
xa non puiden máis.
Ser paciente é demasiado esgotador.
Cando deixas medicación empezas a notar…
como se che escapa o tempo.
Laméntoo.
Poderías darme a túa opinión sobre unha cousa?
Por suposto.
O meu discurso para a gala.
Agradeceríache que lle botases un ollo.
A miña mente xa non é o que era.
Claro.
Vas doar todo o diñeiro?
Es moi xenerosa.
Podo preguntar por que?
Para saldar contas.
Devolver o que colliches.
Ó longo dos anos collemos moitísimo.
A fundación quedará en mans de xente máis intelixente
e máis bondadosa ca min ou Richard.
É beneficencia sen ego.
Custa ser egocéntrica cando es comida para vermes.
Gustaríame continuar falando mañá.
Aquí podería ser?
Estou encantada de axudar.
Laura?
Grazas.
Ola, señorita radiante.
Traballas de noite?
Podo deixalo se se che ocorre algo mellor.
Procuro non tropezar dúas veces na mesma pedra.
Ostras.
Aínda que fuches unha boa pedra.
Ai, si?
Moi boa?
Para min e Deus sabe para cantas máis.
Non pasa nada.
- Perdón, ó final fun un cabrón. - Fuches, si.
Xa.
Desculpa aceptada.
CHAMADA ENTRANTE DO CAMAROTE 8
Quede onde está.
A do camarote 8 di que hai alguén na auga.
Que? Código Oscar. Alguén caeu pola borda.
Posible home á auga, estribor, camarote 10.
O 10? Reduce, cambia a manual.
Home á auga. Tripulación, ós seus postos.
Mayday, aquí o Aurora Borealis, solicitamos asistencia urxente.
- Non espertei os pasaxeiros. - Agarda. O 8, non?
- Si. - Ben.
- Déixote. - Grazas, Karla.
Oín algo caer e cando saín vin a alguén na auga.
- Estamos retrocedendo. Atoparémolo. - Quen era?
Non o sei, foi moi rápido.
Pero supoño que será a muller do camarote do lado.
- Do camarote 10? - Si.
Que está pasando?
Deron un aviso de home á auga.
Como? Quen?
Non o sei. Creo que era unha muller, non estou segura.
Adiante.
Home á auga?
Que pasa?
E Lars?
No camarote 6.
Onde está?
Falta o hóspede do 6. Lars Jensen. Todos…
Está todo controlado. Podería…?
Falta alguén. Hai que buscar.
Quen desapareceu? Ruliña, oíches que…
Non está. Estaba durmido, non a escoitei chegar.
Non será que…?
Mi madriña!
Localizamos o señor Jensen.
Señor Jensen?
Si?
Quen deu o aviso?
Laura Blacklock, a xornalista.
- E dixo que era a do camarote 10? - Si, por iso nos estraña.
Tranquila. Intenta durmir, xa me ocupo eu.
Había unha muller. Era da miña altura.
Era loura e levaba un xersei.
Xusto saía da ducha. Eu estaba…
Arrimeime á porta e, sen querer, entrei.
Ninguén se hospedaba neste camarote, señorita Blacklock.
Este camarote estivo sempre baleiro.
O hóspede cancelou a viaxe hai dous días.
- Pero… - Así é.
Hai sangue no cristal.
Aquí fóra hai sangue. Vin…
Había alguén neste balcón. Había…
Un momento.
Había alguén no balcón, podo demostralo.
O barco movíase,
ela estaba fumando fóra e collín as cabichas e…
- Non están. - Limpan os camarotes dúas veces ó día.
Mirade, non o estou inventando.
Todos presentes.
Chama a garda costeira. Cancela o aviso.
Chamaches a garda costeira?
- Claro. - Van seguir buscando?
Xa buscamos nós, señora. Estamos todos.
Aí fóra hai alguén. Podería seguir viva.
Creo que é hora de irmos durmir. É bastante tarde.
Boas noites.
- Non po… - Laméntoo, señorita Blacklock.
Non. Escóitame! Isto é…
O camarote 10 queda pechado ata chegarmos a Noruega.
Recibido.
Seguro que vai estar ben?
Tráiolle un te ou algo?
Non? De acordo. Pois que descanse.
- Adiante. - Chamou?
Si, é que non teño Internet.
Laméntoo moito, señorita Blacklock, o sistema falla.
Os técnicos están a arranxalo.
- Tráiolle algo para ler? - Non. É igual, grazas.
De acordo.
- Señor Bullmer. - Por favor, chámame Richard.
A muller que vin onte no camarote 10.
Non tes por que avergoñarte. Estabas convencida de que era real.
Foi real.
Gustaríame coñecer a tripulación. Se entre eles está…
Cres que unha empregada se duchou aí mentres chegaban os convidados?
Non falta ningún convidado. Quen puido ser entón?
Tes razón. Ven coñecelos.
Agás o director técnico e o capitán, que están nos seus postos,
esta é a tripulación.
- Perdoa a molestia… - Recoñeces a alguén?
Entendo o instinto xornalístico.
- O director técnico? - É un home.
Buscas unha muller, non?
- Espero que onte non te espertasen. - Non, volvín quedar durmida.
Paréceche bo momento para…
continuar a conversa de onte?
É que…
Síntome moi débil, se che son sincera.
Tanta medicación…
déixame baldada.
Creo que hoxe cómpreme descansar.
Perdóame.
Que mellores.
Mimá, pensan que estou tola.
Non, muller. É que a ninguén lle gusta que o esperten.
- Sei o que vin. - Estaba escuro.
Non. Non estaba escuro cando a vin no camarote 10. Vina.
Saía da ducha. Mirámonos ós ollos.
Ata falamos. Ela falou.
E agora que? Esfumouse?
Que facías no camarote de outro?
- Evitarte. - Si?
Vin como lle ensinabas as túas fotos a Grace no corredor e…
Un momento.
Estiveches sacando fotos. Trae.
E o por favor?
- Cando chegamos? - Si.
Se hai fotos onde a vemos chegar, ninguén poderá negar que existe.
Que? Tiña que sacarlle fotos a todos.
- Esas non son aquí… - Para.
Arrea! Estiveches moito tempo con esta xente.
Mi madriña, é ela.
É ela. Esta é a muller que vin.
- É ela. - Lo…
É unha descoñecida que sae nunha foto dunha festa hai meses.
Lo, agarda. Ei!
Muller, agarda. Por que non o falamos primeiro?
Atopeina.
A muller do camarote 10.
É esa.
- E esta foto? - É de maio, creo.
- A festa de Adam no Groucho. - Que ben o pasamos.
A ver, é unha foto dunha muller semellante á do camarote 10?
Non, é a muller que vin na festa dun dos teus invitados.
Xa.
Quen é?
Adam, sabíalo?
Non o sei. O que?
Non. Non a vin na miña vida.
Saes nunha foto con ela.
Xa. A ver…
Hai miles de mulleres así. A maioría… Todas. Só é unha muller.
Adam adoita rodearse de certo prototipo de muller.
Grazas, Tommo. Quen che pediu opinión?
Sabes o que?
Lo.
Laura.
Non teño nin idea de quen é esta tipa. Estamos?
Laura, estou seguro de que onte viviches algo moi traumático.
Pero non é certo
que hai un par de meses presenciaches un asasinato?
Elena!
Perdoe, pero…
Como o sabe?
Rowan contoume o que lle pasou á muller que entrevistaches.
E contáchesllo?
Estou preocupado por ti, Lo.
Non é estraño que esas imaxes
volvan aparecer, sobre todo nese intre entre o sono e a vixilia.
- Coitadiña. - A vida segue, nena.
Eu sempre teño xente pequeniña bailando na visión periférica.
Éche ben bonito.
Deus, non o podo crer.
Non te avergonces. Non pasa nada.
Adam, di a verdade.
Subiches un polisón a bordo?
Ía facelo, pero non puiden…
Laura, se che axuda,
pídolle a Sigrid que localice a muller da foto.
Pero quero que sexas consciente do que significa esta viaxe.
Para min, a miña esposa e os meus convidados.
Mira, creo que é importante que te esteas relaxada.
Sig!
Podemos reservarlle unha cita no spa?
Algo relaxante.
- Penso que lle sería… - Claro.
Que lle sería de axuda.
É unha mestura de cinza volcánica,
turba subártica e aceites naturais.
Ó te duchares, activaranse coa calor.
Relaxa os músculos,
alivia a tensión.
PARA
- Vai todo ben? - Quen estivo aquí?
- Cando? - Que? Agora.
Mentres eu estaba na ducha.
Fuches ti?
Levei as toallas á lavandaría. Que pasou?
- Escribiches algo? - Anda! Ola.
Barro.
Entraches na miña ducha?
- Como dis? - Na sala de tratamentos.
Non. Acabo de saír da sauna e agora ía dar unha masaxe.
Se che parece ben.
Estás algo obsesionada comigo.
- Necesito ver as cámaras. - Que quere ver?
O spa. Os que entraron e saíron nos últimos 20 minutos.
Laméntoo, apagamos as cámaras cando hai hóspedes.
- As cámaras están apagadas? - Están.
Quen o ordena?
É bastante habitual en barcos con xente de tal nivel.
- Están máis tranquilos… - Sabendo que ninguén os vixía.
Merda.
Hostia.
Mimá.
Dixeron que ninguén ocupou ese camarote. Esta é a primeira viaxe.
Daquela, de quen é este pelo?
Non sei de quen é, pero caeu pola borda.
Vale. Esta xente non che acae…
Non estou tendo ningún tipo de episodio postraumático.
- Non imaxino cousas. - Non, e non digo contrario.
Pero ti non es quen debe arranxalo.
Mira.
As próximas 36 horas seguiremos atrapados aquí.
Se Nilssen non a atopa e segues así cando atraquemos,
imos á comisaría co guecho ese e denunciamos a desaparición.
Pero seguir con isto non che axuda nada.
Esta xente controla o mundo.
Ou quedan para comer cos que o controlan.
Se lles pisas o rabo…
Vaia día levas.
Como estás?
Ven botarme unha man.
Como coñeciches a Lars?
Á xunta preocupáballe que iso de ser un xefazo incel fose anticuado.
E unha escapada comigo, mostrándoo nas miñas redes,
podería convencer os accionistas de que os lidera un macho como é debido.
- Entón non estades… - Claro que non.
Pura fachada.
Creo que nin lle gustan as mulleres.
É un chisco raro.
Queres unha foto? Non cobro.
Veña. Que ardan as túas redes.
Lista? Que guapa.
Admiro o teu traballo.
Eu podería ser xornalista, se non fose tan…
Entendes?
Podes beber no traballo, non?
Que sorte.
Nos 90, traballaba nunha fantástica galería en Mayfair.
O xantar era unha auténtica batalla bebendo Martinis.
Dormes a miúdo na bañeira?
Só cando discutimos.
E por que discutides?
Ningún dos dous o recorda a mañá seguinte.
- E case nunca hai negróns, así que… - E se os hai,
téñoos eu.
Pon ben isto.
Non queiras saber tanto.
Non che convén caerlles mal. Sobre todo a ela.
Estás ben?
Estou, si.
Como coñeceu a Richard e a Anne?
Eu tamén son rico.
Si…
Montei unha empresa tecnolóxica.
A Richard impresionoulle, obviamente, e investiu.
IA e recoñecemento facial.
Seguro que a maioría coñecedes a intención detrás de todo isto:
quería darlle a Anne motivos para loitar.
Facer lago tan bonito e que sentira o mesmo ca min.
Sería un pecado…
deixar este mundo sen…
sen pisar un…
Estou moi orgulloso de ti, cariño.
E estou…
Estou tan agradecido que…
Perdón.
Grazas a todos por estar aquí.
Non…
Non sei que dicir. Eu…
Non…
- Amor… - Que triste.
Xa está.
Mellor?
Perdón.
Por favor, gozade da cea. Saúde.
- Por ti. - Saúde.
Ás estrelas, meu amor.
Ó mar.
Ata que as rodas, meu amor.
Ata que pasen por riba de min.
- Que boa. - Encantoume.
Grazas.
Querida Anne,
sabes que a túa fermosa alma brillará para sempre,
meu amor.
Lembras o dúo que fixemos en Amalfi
hai tantos anos?
- Si. - Si?
Estou… moi cansa.
Claro.
- Creo que vou ir para a cama. - Ai, non.
- Acompáñote. - Non fai falta.
Descansa, cariño.
Cantareiche unha serenata para durmir.
É esa. Xa me lembro.
- Si, é preciosa. - Grazas, Danny.
Gústache como soan as palabras groseiras?
Fan que parezas intelixente
mentres volvo á Terra.
Quero camiñar pola mañá e non vin a noite.
Quero aferrarme a ti, nena, e facer que te sintas ben.
Se puidese debuxar…
Hai un grupo de baleas preto.
Doutor, non quere vir?
Vou quedar coa miña paciente.
Adeus!
Señorita Blacklock. Vai todo ben? Perdeuse?
En realidade, quería falar coa tripulación.
Vale.
A ver.
Algunha de vós viu
esta muller no barco?
Non.
Vale. Poderiades sacarlle unha foto e ensinárllela ó resto?
E unha cousiña máis.
Sería difícil meter a alguén a bordo sen que a tripulación se decate?
Non creo que ós xefes lles pareza ben que falemos diso.
Observar baleas non é o seu?
O frío non me chista.
Por aí vaise á zona da tripulación, non?
Si. É que… quería ver o resto do iate.
Teño que volver con Anne. Goce da tranquilidade mentres dure.
Non, non, non.
Ti non es fotógrafo.
Distráesme. Mira o efecto que tes sobre min.
Que lle queres? Só intento traballar.
Podemos sacar máis despois.
Teño outro conxunto.
Levarei as dúas cámaras.
- Queres tomar outra? - Quero. Acompáñote.
Pode facelo o servizo.
Pensa en todos os luxos.
Teño que invitalo a cear.
Lembro que…
- Meu Deus! - Que?
- Que foi? - Axudádea!
Está sangrando!
Facede algo!
Oe. Mírame.
- Blacklock. - Lo, tranquila.
Só queremos entender que pasou.
Xa che dixen o que pasou. Empurráronme.
Tiveches que ver…
Volvín á ponte de mando despois de vela, pero estaba soa, señorita.
Aquí hai alguén que intenta matarme…
- Laura. - …para silenciarme.
Nin imaxino polo que estás pasando, pero estabas soa na cuberta.
Non caín. Non tal.
E a piscina non se tapou soa.
Querida, e por que ir a por ti?
Fáltalle un botón.
Estivo no meu cuarto?
Non.
- Estivo no meu cuarto. - Lo, reláxate.
Mimá.
- As miñas cousas? - Que dis?
Onde están? As miñas cousas. A roupa que levaba, o abrigo.
A roupa levámola á lavandaría.
Que fai?
- Señora. - Tranquilo, déixaa.
- A ver. - As súas pertenzas están por aquí.
Intentamos secar o móbil, pero…
Tiña unha bolsiña plástica no peto do abrigo.
Só atopamos isto.
Claro.
Por fin te atopo.
Afástate de min.
- Veña, Lo. Ven aquí. - Non!
Que raio che pasa?
Quen me fixo isto rebuscou no meu abrigo. Gardara o pelo no abrigo.
Cres que teño algo que ver?
Eras o único que sabía o do pelo. O único.
Perdóame.
Conteilles ós outros que tiñas probas.
Téñente por tola e quería defenderte.
Non me axudes máis.
Danny, en serio, home. Que pasa coa gala?
A tipa intentou suicidarse. Que será o seguinte?
Voulle pedir que marche.
Case tes un cadáver no barco. Un cadáver!
Non podo meterme en máis leas.
- E sábelo ben. - Danny, pénsao.
Isto non me cheira ben.
Marcho. Laméntoo. Si?
Anne é fan dela.
Parece ser que era boa xornalista.
- É un estorbo. - Non rexe ben.
Coñecedes algunha estrela de rock que estea libre?
Moi ben, chalada.
De veras, moi ben.
Que? Non vos parece sospeitoso? Tíranme á piscina e marcha sen máis?
Ten medo do que poidas facer.
- Mimá. - E nós tamén, sinceramente.
Pensas que sería capaz de tirar alguén pola borda?
Talvez.
- E quen máis? Eu? - Eu tamén?
Ningún dos dous sabe cando volveu o outro ó camarote, así que…
Isto é… Non estás mal, estás para que te encerren.
Non había ninguén na auga, Lo.
Non había corpo ningún.
Estabas durmindo, somnámbula, e a túa cabeciña,
atordada e falta de atención, inventou toda esta leria.
Para xa.
Por Deus.
Es unha estragafestas, Lo.
Que tóxico.
Agarda! Non pode ser.
Non, agarda!
Quen es?
- Vin como afogabas. - Non.
Mira, xa me viches. Estou viva. Non sigas con isto.
- Aviseite. - Escribiches ti a mensaxe no espello?
- Por que me tiraches á piscina? - Non fun eu.
- Quen me colleu o pelo do abrigo? - Para!
- Vaite matar. Tes que parar. - De quen falas?
- Dime que pasa! Quen caeu a auga? - Para ou mátate.
Non pode…
Anne?
Por que?
Socorro!
Cando deixas medicación empezas a notar…
Tanta medicación…
déixame baldada.
É esa. Xa me lembro.
Gustaríame continuar falando mañá.
Quen es?
Sei que non es Anne.
Non sabías que Anne deixara a medicación.
Esqueciches que quedaramos o día seguinte.
Foi Anne quen caeu pola borda, non si?
E dende entón finxes que es ela.
Non era parte do plan.
A quen escoitei no cuarto aquela noite?
Era…
Mimá, que parva fun. Era Bullmer, va que si?
Sabía que…
Que Anne o ía desherdar.
Non pensei que a fose matar.
Só tiña que ser Anne por un día.
Reunirme cos avogados e asinar o testamento.
Dixo que sería como actuar.
- Próbao e dime que che parece. - Vale.
Hai un software.
De recoñecemento facial.
Atopoume a través de Facebook.
COINCIDENCIA
Convidoume a unha festa en Londres. Pagou el todo.
Nunca me ofreceran tantos cartos.
Tes que sentirte cómoda comigo para que isto funcione.
Richard?
Que? Que é isto?
Ti quen es?
- Por que se…? Estás tolo. - Anne, acouga.
- Completamente tolo. - Acouga.
Cala. Escóitame…
Cala a puta boca. Cala!
Só me ías deixar unha irrisoria pensión?
Que?
Acabas de…
Non pasou nada.
Anne.
Nunca aceptaría algo así.
Non!
Xamais.
Debín detelo.
Nunca imaxinei que acabaría así.
Non sabes de onde veño.
O que é non ter nada
que darlles ós que dependen de ti.
A miña filla é a miña vida.
Como te chamas?
Carrie.
Vale, Carrie, escóitame. Podes escoitarme, Carrie?
Estate utilizando.
Cres que te vai deixar marchar tras asinar os documentos?
Miraches como a mataba.
Non vai deixar ningún cabo solto.
Xa intentaron matarme a min.
Temos que facer isto xuntas.
Teño que volver para arriba.
Anne?
Anne.
Onde estiveches, meu amor?
Case perdes o espectáculo.
Perdón.
Anne e eu queremos darvos as grazas de novo
por acompañarnos neste momento tan especial.
Quérote, cariño.
Foi todo un privilexio pasar a vida ó teu carón.
Ben, se non podemos levar o Aurora ás auroras boreais
traerémolas a nós.
- Agora si! - Que forte!
- Impresionante. - Ven.
Quérote moitísimo.
Ola.
Vin botarlle un ollo á paciente.
É mellor que descanse. Tivo un par de días moi intensos.
Xa.
Ei, Lo?
Se me necesitas, aquí estou.
Non puido desaparecer.
Estamos no mar, non hai a onde ir.
- Seguirei buscando co capitán. - Cando apareza, desfacédevos dela.
Oído?
Oído?
Non podo máis.
De veras. Isto non é o que acordamos.
O conto é que as cousas non foron segundo o acordado.
O de Anne era diferente.
Causarlle unha sobredose a alguén que vai morrer,
pero isto é matar a sangue frío.
Teño que lembrarche o que pasou hai tres anos?
Como chorabas a mares, suplicándome axuda?
Non son parvo, sei que non foi a única muller.
Rógocho.
Cantas máis aparecerían se eu non o agochase?
Non só te inhabilitarían, pasarías a puta vida no cárcere.
E agradézoche todo o que fixeches.
Xa, e non imos esquecer o trato, va que non?
Non.
Ocupareime dela.
Grazas, Robert.
Tes que ir á comisaría e contarlles todo o que me dixeches.
Non podo. Tamén me arrestarían, son cómplice.
Houbo un asasinato. Quitaranme a miña filla.
Só teño que asinar os papeis eses e ir á gala e xa está.
Pero ti cres que vai deixar que marches?
Carrie, vaise desfacer de ti e sábelo.
Saben que estou aquí?
Non saben onde estás, pero estante buscando.
Cando atracamos?
Dentro de dúas horas. Vou deixar a trapela aberta.
- É a túa oportunidade. - Mira.
Non che pasará nada mentres non asines.
Bullmer necesítate viva.
Pero tras faceres o que el quere, corres perigo.
Ireite buscar.
Prométocho.
Atención, tripulación, fondeamos dentro de 30 minutos.
- Oe, Lars. - Que?
Descargaches o meu álbum?
Xa cho dixen tres veces, non cho volvo repetir.
- Só queda esta sala? - Si, señor.
Señor Morgan, o doutor pediu que a deixásemos descansar.
Seica estaba moi nerviosa e deulle un sedante.
- Dille que estiven aquí. - Por suposto.
Grazas.
- Oh, Ben. - Ola.
Grazas por acompañarnos estes días.
De nada.
Devezo por ver as fotos da gala.
Xa. Estou…
Preocúpame Lo.
Xa, a min tamén.
Pero está nas mellores mans. Non existe un médico mellor.
Vai quedar con ela ata que poida vir á gala.
Parou un pouco lonxe, non?
Hai pouca profundidade, non podemos acercarnos.
O único inconveniente de ter un barco grande.
Atención, pasaxeiros, a lancha sae dentro de cinco minutos.
Diríxanse á plataforma de baño.
Foi todo un pracer acompañarvos durante esta travesía.
- Espero velos pronto. - Grazas.
- Adeus. - Perdoade.
- Ben? - Adeus, señor.
É que non me parece ben deixar a Lo. Vémonos despois.
Podemos ir indo, por favor?
- Estou conxelado. - Cala, Adam.
Si, ten razón. Non podemos esperar por todos.
A ver. Que fago?
Ola?
Laura.
Grazas a Deus que apareces.
Todos estabamos preocupados.
Non te acerques.
Só quero asegurarme de que estás ben, porque…
- Estou ben. - Levas un día desaparecida.
Estou ben.
Só quero comprobar que non te mancaches.
Tranquila, Laura. Ten solución.
Que carallo?
Que levaba?
Que levaba?
Que hostia é isto?
Ben.
Lo. Corre!
- Conta a verdade! - Merda.
Deus. Ben.
Non te movas.
Que pasou?
Ben está morto.
Que me estás contando?
Veu a por min.
Quería protexela e…
Era inevitable.
- Agochaches os corpos? - Só a el.
Lo tirouse á auga, pero con este frío non ha durar moito.
Non vou deixar que isto fracase.
Entendido?
Está a piques de asinar.
Despois da gala,
desfaste dela.
Estáballes comentando o cambio de idea a última hora
logo de traballar tanto na fundación.
- Xa. - A ver…
O meu marido estivo ó meu carón
nestes anos tan difíciles, así que…
tras pensalo moito, optei pola mellor opción.
Asinamos?
Si.
Estás mal?
Queres que o doutor che dea algo?
Non.
Estou ben.
Escolle un.
Esta noite falo eu. Ti só tes que sorrir e saudar.
Cámbiome e paso a recollerte.
Segundo andar.
Por favor. Anne está morta.
- Acabo de vela cos avogados. - Cambiou o testamento?
Deixoulle todos os seus cartos a Bullmer?
Anne díxome que ía desherdalo.
A noite que me levaches onda ela tiraron a Anne pola borda.
Bullmer matouna.
Esa muller faise pasar por ela.
Contratouna Bullmer.
Escóitame.
Le isto.
É o discurso que Anne ía dar hoxe.
Isto é unha loucura.
Podo demostralo.
É todo un orgullo para min vervos aquí reunidos para homenaxear
a muller que adoro dende hai tantos anos,
cuxa visión e…
ambición
non só axudaron a manter o legado da súa familia,
tamén enriqueceu as nosas vidas.
Totalmente.
Non necesita presentación.
Anne Lyngstad.
A miña querida Anne quere que sexa unha noite alegre
non tristeza.
Considerádeo un comezo.
O avó de Anne fundou unha pequena navieira hai 70 anos.
E mirade onde estamos agora, creando a Fundación Lyngstad
para devolver o recibido.
Se estivese aquí, estaría moi orgulloso dos logros de Anne.
E eu tamén estou… Perdoe, que fai?
Lamento interromper,
pero Anne Lyngstad pediume que contase a historia tal e como é.
Un segundo, imos…
Déixasme falar?
- Que fai? - Isto é ridículo. Non está ben,
- leva catro días… - Déixaa falar.
Que está pasando, Richard?
Xa abonda. Levádea, por favor.
Que a deixes falar.
Cariño, es moi amable compadecéndote dela…
- Quero que fale. - Non quero estragar a celebración.
- Soltade a miña convidada. - A que esperades? Levádea!
Richard, Anne quere que fale.
- Vala deixar marchar? - Xa, é a súa festa.
Xa oístes a señora Lyngstad. Soltádea.
Grazas.
Este documento deumo Anne Lyngstad hai catro días.
- É o discurso que ía dar. - Está trastornada.
Anne, permítesme lelo?
Claro.
- Non che convén facelo. - Poderías deixala falar?
"Cando faleza, os xuros e capital restantes serán liquidados
e o resto destinado á Fundación Lyngstad.
- O control da fundación transferirase…" - Apagade o micro!
"…a un xestor independente.
Polo tanto, o meu marido, Richard Bullmer,
desvincularase da fundación."
- Mente. - Richard.
Inventouno ela todo para montar un escándalo.
- Escribíchelo ti, Anne? - Si.
Pero ti quen te cres? Cres que podes facerme isto?
Facer o que? Só contamos a verdade, non?
Si, Laura.
Xa escoitaches os desexos da túa esposa.
Que pouco intelixente fuches.
- Moi pouco. - Pero que raio pasa?
Pois sabedes o que?
Damas e cabaleiros, imos acabar aquí.
Atoparemos outra ocasión para terminar. Anne, está mal…
Estou moito mellor.
Ti non es Anne.
Esta muller non é Anne.
Ei!
Se non é Anne, quen é?
E onde está Anne? Tes algo máis que dicirlles ós convidados?
Quen é?
Richard!
- Atrás! - Richard, acouga.
- Atrás! - Solta iso.
Ou rectificas ou mátote.
- Non vos acerquedes! - Cálmate.
Solta o coitelo, Richard.
Veña, Bullmer, acabouse.
Móvete!
- Para! - Richard!
Atrás!
- Por favor, para. - Móvete. Saíde do medio!
- Para. - Apartade!
Apartade!
Como veñades detrás, mátoa.
Mátote aquí mesmo se non deixas de desafiarme.
- Laura, que demo pasa? - Non é Anne.
- Que? - Tirouna pola borda hai catro días.
Hostia.
Móvete. Por aquí.
Baixa.
Bule. Desamárrao.
Aí.
Tira o coitelo!
Ou que?
- Aconsélloche que o tires. - Vai á merda!
Que fas?
Nin se che ocorra.
Serás…
Non o teño a tiro.
Como te atreves.
Como cona te atreves.
Tranquila.
Xa está. Acabouse.
Acabouse. Xa está. Non pasou nada.
Xa está. Acabouse.
Acabouse. Xa está. Xa está.
Grazas por dicir a verdade.
UN LEGADO VITAL
A FUNDACIÓN LYNGSTAD ENTREGA A MAIOR DOAZÓN DA HISTORIA
Á INVESTIGACIÓN DO CANCRO
Grazas.
Encantoume o teu artigo.
Fago as prácticas aquí por ti.
Cando acabes de darlle xabón, podes traerme un té?
Outros falarían sobre el e o que fixo,
pero ti soubeches sacar a parte boa.
Sorprendeume.
A min tamén.
PRESUNTOS CÓMPLICES SERÁN XULGADOS POR DOBRE HOMICIDIO
Unha historia humana nunha época inhumana.
É o que necesitamos.
- Reunión dentro de cinco. - Vou.
Ola! Está ben, e eu tamén.
Vennos visitar.
Subtítulos: Alba Méndez
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.