Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
English
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Brazil)
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
Esfóllame a margarida, tira a miña cunca.
Todas as miñas portas abertas.
Cortas os meus pensamentos buscando cocos
Todos os meus ovos rotos.
Danza o meu latexo, arpexo da miña altura.
Serafíns agárranme firme.
Perturbo ao meu anxo, propago a miña luz
Déixaa sobre os que non teñen plus
De mañá cedo no universo...
A muller está de pé abrindo as fiestras,
nese loft que está no Bowery no sueste de Nova York.
Ela é pintora e o seu marido traballa no ferrocarril.
el chega a casa nunhas horas, sobre as cinco, hora local.
Claro que o cuarto é unha leoneira O abrigo do marido na cadeira.
leva aí tres día.
Gravatas e medias torturadas.
Ela ten que levar o neno á escola, Pablo
El di: Teño que comer iso outra vez, esa Farina?
Non digo que vaia vivir un cento de anos
pero levo comendo Farina un cento de anos.
Ela di: abrocha a cremalleira e vai abrir a porta.
Gregory Corso e Allen Ginsberg están aí,
pondo as latas de cervexa na mesa, quitando todo o viño fóra,
vestindo capuchos e anoraks, tirándose no sofá,
rebordando de poesía mentres ela di:
Agora pon o abrigo, o teu chapeu e imos indo para a escola.
Saúdos de boa mañá, Sr. Hart Crane.
Sen ponte.
El di: mira todos eses coches aí fóra.
Non hai outra cosa aí fóra máis que
un millón de homes de noventa anos atropelados por camións de gasolina.
Así que tíralles un misto.
Está ben.
E ela di: vamos,
tes que ir á escola, aprender toda a xeografía
e astromoloxía e...
a pipilioloxía e...
todas as loxía, e...
poetoloxía, e...
a adeusloxía.
El di: non quero ir á escola.
E aí están eles a falar sobre o Empire State Building e desgrazas de pontes.
E entón saúdan.
Chao, chao.
Ben, di el, xa che falei do meu poema sobre
o Empire State Building que non condenara
os ollos mudos de Nova York todo o tempo.
Si, ese está moi ben, di el. Eu tamén teño un poema novo.
Old Ma Rainey morrendo nunha ambulancia.
Si, escribín algúns poemas, vexo os teus poemas. Todos eses poetas.
Loitando para seren poetas.
Kenneth Fearing e Kenneth Rexroth
e W. H. Auden e Louise Bogane e todos eses poetas
Mais ardendo na púrpura luz da lúa ao mesmo tempo se quixesen.
Ben, pasan as pequenas páxinas de cor púrpura do luar
nas que se mostran esas improvisacións espidas.
Secreto pensamento escatolóxico,
E por iso todo o mundo o quere ver.
E entón el estaba aí e caeu para atrás, estaba eufórico.
E tirou o papel de liar e o tabaco no chan.
E fíxome unha serie de acenos raros.
Xesticulando todas as...
Mortos todas as...
Crucificados todas as...
Calvarios todas as...
escenas.
Si, iso é xusto o que dixen.
Iso mesmo é o que dixen.
El di: non liches a Apollinaire?
Que queres dicir con que eu non lin a Apollinaire?.
Lin a Apollinaire, escribín libros sobre Apollinaire, escribín ensaios sobre Apollinaire.
Todo sobre Apollinaire, meu. Para atrás e para diante, Apollinaire, meu.
- Veña, non actúes coma un hipster. - Non o fago, di el.
Apollinaire escribiu un poema na tumba de Balzac e caeu.
e Balzac...
Veña, meu, di el.
Lévote vendo todo o día por aí nese plan, estou canso.
Para quen andas a tocar os violíns? Non sabes que o Empire State caeu ata
estar debaixo do Canal Gowanus?
Non!
O Lower East Side produciu todo eses xenios estraños.
El di: fasme...
Poderíache recitar poemas que che farían chorar con cabelo longo, adeus adeus...
E aquí vén o home da casa, Milo,
seguido por Peter o santo.
Banda de vagabundos, seguen aquí a falar, a beber cervexa.
Estiven a traballar no tren o día todo e estou baldado
e vou lavar a cara, tirar a lanterna.
E sobre iso teño que dicir que o bispo vén aí como ben sabedes,
e ides ter que vos portar mellor porque...
non queredes colgar o bispo, xa me entendedes.
Certo, Allen, estades de acordo en como comportarvos?
- É un santo? - Si, claro, é un santo. Si, é un santo.
Son todos santos, si.
El di: agora, amigos,
acabáronse as frautas e as parvadas. Estou de volta e vou quitar o abrigo.
Xa me dixeches o mesmo esta mañá, meu.
Déixame en paz, estou canso.
Ela pon a mesa porque o sal está secando na cociña
Perfecto, imos ter unha gran noite.
Entón, que é o que lle imos dicir?
Está ben, é un bo tipo.
Veña, amigos, sentade aí.
Senta aí e escribe algún poema ou algo..
Vou ir ao baño e ver aquí a televisión.
É o bispo, di ela.
O que? O bispo xa? Aínda non lavei a cara.
Oh, meu De...
Vou volver a Venecia.
Veña, imos ser corteses e amables, coma bos poetas.
Entón todos os poetas se reúnen.
O poeta do ferrocarril: boa noite, bispo.
Estou moi contento de velo, señor.
Entón, el está encantado, reúnese cos outros poetas, o poeta ruso,
o poeta italiano, o poeta xudeu.
A señora, a nai do bispo, está a quitar as luvas.
A esposa vai de aquí para alá ocupándose de todo e eles axúdana a quitar o abrigo.
Milo di: por que non senta aquí?
- Preguntoulle ao bispo se quería algo? - Dixo que quería un pouco de té.
Nai, de verdade...
- Non ten por que facer iso aquí agora. - Non é...
Bispo,
Gustaríame facerlle unhas preguntas serias sobre Budismo, do que sei que vostede é un especialista.
Algo sei.
Porén, di el, é verdade
que todo o ignus que cae
dentro
da
máxica
botella de cervexa, variña candea máxica...
Síntoo moito, estou brincando.
Brincando?
Si, significa que estou a xogar coas palabras.
Quérolle preguntar algo totalmente serio.
Mire,
Voulle preguntar por algo que nos afecta a todos
É certo que estamos todos no ceo agora e non o sabemos?
E que se o soubésemos
seguiríamos sabéndoo?
Pero como non o sabemos
imos por aí actuando da mesma maneira que se o soubésemos.
Mais non é estraño darse conta de que...
o Budismo ten que ver co feito de que non tes que escoller
un camiño ou outro e que podes facer o que queiras?
Ben expresado.
Todo depende
da ignorancia, que é...
Que?
Está a ignorancia balanceándose por riba da escaleira prateada das pombas brancas dos Xerifes?
Si, pombas dos Xerifes, si.
Supoño.
En todo caso,
nós non estamos preocupados dun xeito ou de outro co que estamos pensando...
sobre algo en particular.
Mais se cadra sentamos nalgún tipo de tranquila felicidade.
E el continúa...
tentando explicalo porque el sabe realmente do que fala.
E el di:
Anxos e ministros
que fican diante miña...
E eles din: o que? Anxos e ministros?
E aí vén o vello Mezz McGillicuddy directo desde a liña.
Tocando o órgano e di: Que foi, papi!
E ela di: Eramos poucos...!
O vello Mezz McGillicuddy, que a molestou tantas veces a medianoite.
E o vello Milo, está contento de velo porque non...
mais ao mesmo tempo ten que falar co bispo
É verdade, si, todo certo, el está ben,
é un bo amigo, un bo amigo.
O vello Mezz.
Indo ao baño facer algo.
Sentan arredor da mesa, hai un bo ambiente.
Por Deus, ata a muller séntese a gusto e dá voltas por aí.
e o vello Milo senta aí e o bispo está ben a gusto.
Ten outras cousas para contarlles.
Ten pensamentos de seu.
Mentres Mezz sae do baño.
Si, Sr., di el.
Sae e choca as mans coa irmá do bispo.
Como vai?
Coñece ao vello Allen e dálle un apertón de mans,
e aperta as mans da nai do Bispo
e vénse arriba e aperta as mans do propio bispo.
É unha noite estraña e interesante, di o bispo.
Ah, mais eu non sei nada.
Ben, pensei que sabía vostede algo que nos puidese contar.
Certo, hai algo que non sei como expresar...
e iso é dicir o que realmente quero.
Xogou algunha vez a béisbol e viu as rapazas cos vestidos axustados?
E o bispo di: Vin, si, supoño que si.
Entón, di el: O béisbol é sagrado?
É o béisbol sagrado?
E o anxo do silencio paira sobre as súas cabezas.
Si, é cedo, mais ou menos tarde venres á noite no universo.
Oh, o son do tempo está a derramarse pola fiestra e a chave.
Todas as fiestras ideardianas e bedarvled bedarvled
tolos mantos esfarrapados envoltos na cova de Amontillado.
E todos os heroes eufóricos, perdidos e enterrados
E os heroes de Transilvania
mesturándose cos vidros
e a bomba de hidróxeno de esperanza.
Humpty Dumpty sentou na na parede e levou un gran golpe
Todos os cabalos e homes do rei...
non puideron unir a Humpty de novo.
Pobre Gregory,
o heroe do fogón e do cano de manteiga.
Si, podería ter sido mellor porque se
Milo non fose tan parvo de convidar todos os seus amigos parvos,
poderiamos terlle causado unha boa impresión ao bispo.
O amor non correspondido é un fastío.
Entón, todo pasa pola bañeira.
A Raíña Sheba báñase nesa pía todos os días.
Pratos
Cepillos de dentes
Cascudas
Cascudas
Café Cascudas
Fogón Cascudas
Cidade Cascudas
Lugar Cascudas
Queixo derretido Cascudas
Fariña Cascudas
Chaplin Cascudas
Manteiga de cacahuete Cascudas
Cascudas, cascudas
Cascuda dos ollos
Cascuda. Espello.
Boom. Bang.
Jung. Freud. Jung.
Reich.
Os novos tedes estraños pensamentos.
É todo sagrado, son os caimáns sagrados, bispo?
O mundo é sagrado?
O baloncesto é sagrado?
O órgano do home é sagrado?
O bispo di: Que, sagrado, sagrado?
Oh, a miña nai quere tocar o órgano.
A súa nai di: Sagrado, si, mais eu quero tocar un pouco de música.
E Pat, como é músico,
Pat Mezz Mcgillicuddy érguese e di:
Peter, dáme a cadeira para que lle poida deixar tocar o órgano aquí.
Está un pouco baixa, preciso un coxín ou algo.
Vouche buscar unha almofada.
Escoitándoos falar sobre o sagrado, pensei que podería
tentar tocar un numeriño inspirador.
Querida?
díxolle á filla, podes vir axudarme?
Si, nai, vou.
A onde imos, meu, que imos facer?
Tranquilo, meu, esta noite vai para longo.
Reláxate e peitea o cabelo.
Vamos ficar aquí toda a noite?
Non, a miña muller está aquí, os meus amigos tamén
temos que tomalo con calma aquí, sabes?
Agora Allen anda a dicir: Bispo?
Son as flores sagradas? O mundo é sagrado?
Os vasos son sagrados? O tempo é sagrado?
Os raios brancos do luar son sagrados?
Os cuartos baleiros son sagrados?
Vostede é sagrado? Veña, bispo, cóntenos.
O xoguete é sagrado? Bizantino é sagrado? Burlarse é sagrado? A bandeira dos Estados Unidos é sagrada?
A rapaza é sagrada? A súa irmá é sagrada?
Que é sagrado?
sagrado, sagrado sagrado, sagrado, sagrado,
E o coche sagrado? E a luz sagrada?
O sagrado é sagrado? Vostede é sagrado?
Vexo que é mellor que marche agora e vaia atender os meus oficios sagrados
Se sabe o que quero dicir.
Vamos, nai. Penso que é mellor marchar para casa.
Son case as once.
A esposa chega e di: é certo que son case as once, non o notara.
Mentres eses tipos pasan de todo, están ocupados soprando.
Mais os outros andan por aí conversando e sendo amables.
Algúns andan facendo algo, outros din adeus.
Facendo algo e dicindo adeus, dicindo adeus e facendo algo, dá o mesmo.
- De verdade que ten que marchar? - Si, de verdade. - Non marchen.
Si, vamos irmá, colla o abrigo.
De verdade que non quero que marche, penso que estamos tendo..
El di: si, pero penso que é mellor que marchemos xa.
Ei, dá a volta, di Milo,
Raparigo, vas sentar no meu colo porque non podes durmir máis?
El di: que fas aquí tan tarde?
- Sei o que queres facer. - Si, quero tocar a trompa.
Ten razón, imos soprar, rapaz.
Sube, pequeno fume.
Sube, pequeno fume.
Sube, pequeno fume.
Mcgillicuddy senta e toca a música misteriosa que atrae a atención dos irlandeses
de volta dos suburbios de Dublín.
Jamambi, jabambi. Jamac, jamac.
Jabambi, jabambi. Jamac, jamac.
Un vello ancián loitaba polo premio.
Jamambi, jamambi, jamambi, jamac.
- Vamos facer algo que que nunca fixemos. - Esa xa a escoitamos.
- Veña. Vamos xogar aos cowboys. Vou ser un cowboy, -Non, vou tocar...
Non, vou ser un cowboy porque vou facer o meu cowboy ruso.
Non, meus, vou chegar aquí e facer o meu cowboy.
Un tipo baixou dun cabalo vello unha vez no suroeste de Pecos...
e subiu á beirarrúa...
cun ruído de esporas e dixo: Señor!
Porque había un pastor rezando.
Si, si, dixo Gregory.
mais ao pé del había un borracho sentado
coas pernas cruzadas bebendo viño, dicindo, pastor, entendo o que di
E eu apuntei a arma cara el e dixen: Non cre vostede en Deus?
Pow!
Por que fixeches iso?
Esa parvada.
Todo o tempo igual. Anos facendo o mesmo.
Pensan que é moi gracioso porque non saben nada sobre a revista Time.
E durante este tempo, deberiamos terlles ofrecido algo de comer, debiamos...
telo feito mellor, deberiamos terlles dado...
Todo o tempo décheslles viño e cervexa e deus todos eses...
beatniks pola casa.
Ah, cala...
Non fixen nada e ben o sabes. Non fixen nada e non hai nada de malo.
Son tipos legais. Están aí sentados...
Agora érguense e marchan. Non lles boto en cara que marchen.
Non entendes.
Veña, Milo, xente, vamos.
Peter, Gregory, Allen, vamos.
Vamos por aí embaixo.
Veña.
Vamos a calquera sitio, algo atoparemos..
ou quen sabe, imos queimar o Bowery.
El di: veña, non chores. Non hai razón para chorar.
Ela di: que saberás ti se hai algo polo que chorar?
Milo...
Milo...
El di: de certo que sei de motivos polos que chorar..
e non hai ningún motivo...
polo que facelo agora.
E a rosa balancea.
Xa lle pasará.
Vamos, Milo.
Aí vén o doce Milo.
O belo Milo.
Ola, xente.
Vamos.
E aí os van.
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.