Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
English
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Somali
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
O noso novo caso sen resolver ocorreu na noite do 11 de maio de 1973.
Arredor das 00:48, na zona de Brick Lane do leste de Londres,
un home volvía dun pub
á casa da súa moza, Angela Hughes,
cando escoitou dúas voces que saían da ventá do segundo piso.
Ei, para aí! Ei!
Para!
Para cando chegou a policía, Angela Hughes xa morrera.
Rexistraron o piso, pero non roubaran nada.
Eu penso que cheira.
O que, Ron?
Cal sería o móbil para un roubo?
Eran novos e pobres, non encaixa.
Ben pensado.
E se non entendín mal, a única persoa
que viu o home enmascarado foi o mozo?
- Si, segundo o informe policial. - Quen era o mozo?
Ten nome?
Peter Mercer, 25 anos. Mecánico.
Licenciárono co xeonllo mancado
por un disparo en combate.
Se non procesou o trauma,
- causa comportamento errático. - Si.
Mercer perseguiuno, pero non o cachou.
Pouco despois, desapareceu e nunca o volveron ver.
Vedes? Cheira a podre.
Credes que habería algún xeito de salvala?
É difícil sabelo.
O informe di que a matou a coitelada, non a caída.
Iso é asasinato.
Pois Mercer sabería de primeiros auxilios.
Por que non a axudou? Paspán.
Dixo que morreu no momento, pero eu sei que leva tempo desangrarse.
Admito que non sei.
- Si? - Este ten moita lea.
O caso do corpo desmembrado no correo é sinxelo en comparación.
Si, agora precisamos experiencia médica.
E este é o famoso Coopers Chase.
Voucha ensinar.
Alí está o asilo, para cando as cousas se poñen... Xa sabes.
Ai, temos tiro con arco
e un dos residentes gañou a prata nas Olimpíadas de 1972.
Boa! Ben feito. Iso é.
Joanna, tes que admitir que é fermoso.
Ata temos llamas como animais de apoio.
Agora tenas todo o mundo, mamá.
- Anda. - Ten coidado.
Poden ser moi temperamentais. Morden e cúspenche na cara.
Ai, eu coñezo xente que tamén o fai cando está nerviosa.
Mira, vouche ensinar os quebracabezas.
Entón desangrouse pola coitelada ou pola caída?
Miña nai.
Ai, ola.
Aquí non se adoita facer quebracabezas?
Non os xoves.
Vale. Perdoade.
Xa vos deixamos.
Mamá?
Será o club de Agatha Christie ou algo así.
Teño que marchar xa.
O tráfico é para morrer e hoxe levo un cliente á ópera.
Mira, mamá.
- Coido que é un erro que vivas aquí. - Que?
Non queres un piso cerca do meu?
Relativamente cerca.
Joanna, teño que estar onde poida facer novos amigos.
Como podería vivindo soa en Hackney
rodeada por... Eu que sei, hipsters e fornos veganos?
- Non queren unha vella alí. - Como queiras.
Eu só quero que sexas feliz.
Desde que morreu papá...
- Preocúpasme, é todo. - Estou ben.
- Vai con coidado. - Xa.
Espero ter razón, Gerry.
Non adoito tomar decisións pola miña conta.
Parabéns para ti,
nesta data querida...
Velaí a está.
Moitas felicidades...
- Si. Non. - Será un dous aquí.
- Es enfermeira? - Perdón, que?
É que non te abraiaron as fotos de antes,
así que pensei que quizais saibas de medicina.
Puideches ser doutora,
pero era moi estraño cando eramos novas,
así que pensei en enfermeira de urxencias, verías cousas así.
Teño razón?
Deches no cravo.
Ai, perdoa. Son Elizabeth.
Ibrahim.
Ron.
- Eu son Joyce. - Joyce.
Joyce, queres botarlle unha ollada a isto?
Meu Deus.
E se deixamos os detalles para logo?
Podería sobrevivir a unha ferida así?
Iso dependería en parte do seu peso.
É moito sangue.
Corenta e seis quilos.
Pois podería, sempre que tivese...
Ei, canto vai durar este barullo?
Estamos co sudoku máis difícil.
Joyce, quererías vir connosco para seguir con isto?
En privado.
Ai, vale.
E quen sodes?
Síntoo, que faltona.
Somos o "Thursday Murder Club".
Dáme boas novas, Lloyd.
Non pago para que cagues por min.
Bo día, Ian. Aquí tes as novas.
A señora Ventham quere o coche, a casa
e o apartamento de Mallorca.
A hostia, que foi unha vez!
Iso pasa da raia, vaia pécora.
E ela tampouco é un anxo. Agora xa teño probas.
Pase da raia ou non, tes que te preparar.
Gemma vai en serio co divorcio
e vai por ti con todo o que ten.
- Ben. - Ian.
A que vén a urxencia? Por que querías quedar en privado?
Teño que aproveitar os meus recursos.
Dálle ó do cemiterio, con permisos ou non.
Mellor pedir perdón que permiso, non?
Entón demolemos a igrexa e construímos pisos de luxo.
Ai, non. E os vellos? Non lles vai gustar.
Que lles dean, non estarán.
O edificio orixinal será para eventos.
Non será tan sinxelo.
Moitos deles eran poderosos no seu tempo.
Pero xa pasou, non? Agora é o meu.
A miña terra.
Danme igual eses vellos chochos.
O único problema é Tony Curran.
Por que?
- Aí ten, señor Ventham. - Grazas.
Tony é un dos donos de Coopers Chase. Gañará moito diñeiro, non?
Gañaríao se o aceptase, pero é teimudo, coma sempre.
A súa tía Maud vive alí e non quere molestala.
E se el non quere, quen o fará?
Ai, eu?
Gustaríache? Ser o xefe e gañar máis diñeiro?
Si, claro.
Viríame moi ben.
Miña nai está enferma en Polonia
e téñolle que mandar diñeiro para coidala, pero...
Bogdan, teño as escavadoras para o luns pola mañá.
Só tes que ir ó cemiterio e comezar a obra
e a paga será túa.
Máis que de sobra para coidar da túa nai en Romanía.
- Polonia. - Iso.
Tony Curran é un home perigoso metido en cousas perigosas.
Se o botas,
pódete matar.
Bogdan,
teño experiencia en artes marciais.
A nivel rexional.
Si, eu tamén son perigoso.
Xa.
Temos un trato ou non?
Vale, fareino.
- Trato. - Ben.
Bo día, tía Maud.
Os meus favoritos!
Hoxe estás fermosa, moza.
Ai, que bo rapaz, Tone.
- Boas, Tony. Que tal? - Ai, Ron, bo día!
Quería presentarche a Joyce. Acaba de chegar.
- Benvida a Coopers Chase. - Grazas.
Bo día, Maud.
Quen é ese?
Tony Curran, copropietario disto con Ian Ventham.
Mercou as ruínas do convento nos 80.
E foi moi boa oferta.
Iso digo eu.
Di que fixo as primeiras reformas coas súas propias mans
e despois trouxo o diñeiro de Ventham para rematar.
- Son socios? - Si.
- Parece un pouco... - Basto, si, pero ti tranquila.
Está da nosa parte. Iso é o máis importante.
Que quere dicir iso?
Segundo os rumores, Ian Ventham quere pechar Coopers Chase.
Como? Por que?
Para facer pisos de luxo e botarnos a todos.
Pero eu acabo de chegar.
Tony non o permitirá. Non mentres a tía Maud siga viva.
Nese sentido, Tony Curran é moi importante para nós.
E tamén a tía Maud.
- Imos probar esa torta? - Veña.
Xa hai que o "Thursday Murder Club" precisa de coñecemento médico.
Joyce, gustaríanos que te unises a nós de forma temporal.
Soa moi divertido.
Das mellores tortas do mundo, Joyce. Estaría ben seguir téndoa.
Non te afagas a isto, Ron. Dálles unha oportunidade ás estatinas.
Pero si que está deliciosa.
- Iso admítoo. - Grazas.
Fíxena para a miña filla, pero di que está en premenopausa.
Se me permitides esquecer a torta un momentiño...
- Joyce. - Que?
- A foto que viches antes... - Si.
...da muller asasinada é deste caso sen resolver.
Angela Hughes, a muller de branco que caeu pola ventá.
Si.
O informe policial di que o seu mozo, Peter Mercer,
foi interrogado e liberado pola policía.
Crían que era bo tipo e creron a súa historia do intruso.
Non obstante, había unha axente, a inspectora Penny Gray,
a única muller no corpo daquela,
que quería volver interrogalo, mais rexeitárona.
Os rapaces pecharon filas
e o seguinte que sabemos
é que desapareceu e nunca o volveron ver.
Caso pechado.
Ata agora.
Podo preguntar de onde sacades os casos?
Deberían ser arquivos confidenciais, non?
Si, tráeos a outra fundadora do club
e una grande amiga miña, Penny.
Ai, a inspectora Penny Gray que quería interrogar a Peter Mercer.
A mesmiña.
Que emoción. Acompañaranos a semana que vén?
Non o fará, non.
Agora vive no asilo.
Síntoo.
Grazas.
Querida, debería poñerte ó día do novo caso.
Ibrahim insiste en que o chamemos
"o caso da muller de branco que caeu pola ventá".
Apegadizo, non cres?
Pero este ten o seu aquel.
Encantaríache.
O tempo que tardou en se desangrar é a chave,
pero tivemos sorte.
- Sorte? - Si, unha axudante con gana.
Chegou unha vella enfermeira, Joyce.
É simpática. Un pouquiño simple, a verdade.
Pero sábeo todo de coiteladas e cousas así.
Todos temos o noso uso.
Ai, Pen, oxalá puideses axudarnos con este.
É dos bos, como non o propuxeras antes de...?
John, cres que nos escoita?
Algúns días rezo por iso.
Outros, por que non escoite.
Eu só veño e leo para ela.
- Asasinatos misteriosos, agardo. - Claro.
Morría do aburrimento antes de que viñeses.
O "Thursday Murder Club" mantívoa corda.
Vaia equipo erades.
Que tal Stephen?
Ai, xa sabes.
Ese tipo de demencia é coma unha costa,
e non vai volver subir.
Ten días bos e malos.
Ás veces, o meu Stephen está aí, como o amo, intelixente e espelido.
Pero entón dou a volta e marchou.
Marchou.
Desfruta dos momentos bos.
- Stephen, xa cheguei. - Boas, ceo.
Pasaches un bo día?
Si, estivo ben. E ti?
Si.
- Veu a moza coa comida. - Ai, e que era?
Ai, Deus.
Xa o esquecín.
Fose o que fose, estaba moi rico.
Hoxe de comer houbo torta de polo con porros e patacas cocidas.
Moi bo.
Que ben soa.
- Que les? - Pois...
Antes estaba a mirar a horta e vin unha pega. Só unha.
Preocupoume e busqueino. Sabías que forman parellas de por vida?
Non é fermoso?
Igual ca nós.
Ai, mira a hora. Xa chego tarde. Teño unha reunión co editor.
- Non, agarda. - Que?
Non hai présa. Deixa que che faga un té antes.
- E bota unha soneca. - Si, estaría ben.
Bo día a todos.
Sinto chegar tarde.
Son a axente Donna De Freitas, da comisaría de Fairhaven,
e veño falarlles de consellos de seguridade doméstica.
Es axente de verdade?
Pois claro que si, Marjorie. Compórtate.
Si, son axente de verdade.
Ben, pois teño unha pregunta. Unha das boas.
- Imos ver... - Vale.
Se un home asasinase a súa moza e fuxise,
canto tempo investigariades
antes de declaralo desaparecido?
Pois ben...
Non sei moi ben o que ten que ver coa seguridade no fogar.
Creo que prefeririamos que non fose un discurso sobre pechaduras.
Si, xa sabemos o dos carnés.
O de "ti es da empresa de gas ou viñeches roubar?".
Xa.
Oxalá fose un ladrón.
Estaría ben ter visita.
Pois do que lles quería falar
era das pulseiras de seguridade.
Non.
Non!
- Ese coche é meu. - Síntocho.
O comité de aparcamento toma moi en serio o seu traballo.
- Son fachas. - Non poden, son policía.
Daría igual que foses o rei.
Non vas ir a ningures ata dentro dunha hora, como pouco.
Queres comer connosco?
- Pedimos unha de cada? - Si.
- De cada que? - Color. Tinto e branco. Viños.
É un pouco cedo para min.
Non o é cando levas esperto desde as 5:30.
Adiviña a miña idade.
Setenta e oito?
- Pero non os aparenta. - Fago pilates.
Pois non aparenta máis de 65,
pero as mans dino todo.
Bo traballo policial.
Axente De Freitas, é o teu primeiro traballo?
Ai, non. Estiven na Metropolitana de Londres,
pero deixeina e vin para aquí.
Que tal polo de agora? Un pouco aburrido?
Tranquila, con nós estás segura.
Pois...
Si, é aburridísimo pasar o día poñendo multas de tráfico.
Están solteiros, casados...?
Solteiro confirmado.
Divorciado. Dúas veces.
Viúva.
Pero Elizabeth está casada co fabuloso Stephen.
De verdade? Vai comer connosco?
Non, ten un libro que entregar.
É autor publicado.
Vaia! E vostede que facía antes da xubilación?
Era psiquiatra. Trataba a veteranos con estrés postraumático.
E vostede, Ron?
Eu era sindicalista.
E non un calquera, Ron.
O maior sindicalista. Chamábano Ron o Vermello.
Certo é, si. Se había un piquete, unha folga ou unha sentada,
alí estaba eu arredor do lume, animando as tropas.
Eran tempos mellores.
E vostede, Joyce?
Nada interesante.
Enfermeira, nai e enfermeira outra vez.
A interesante da miña familia é miña filla, Joanna.
Leva un fondo de cobertura. Sabedes o que é?
- Non. - Nin idea.
Eu tampouco.
E vostede, Elizabeth?
Que facía?
Asuntos internacionais.
Era diplomática?
Digamos que tiña unha gran variedade de capacidades.
- Podo? - O viño, xenial, grazas.
Bótame un pouco.
Que temos hoxe? Imos ver.
- Vou pedir por ti. - Iso cres?
Jackie, non quedes atrás!
Este sitio é incrible.
Fai que teña gana de ser vella.
Cando chegue ós capítulos finais da miña vida, digo.
Si, Coopers Chase é excepcional.
- Ei! - Temos moita sorte...
- Aí o está! - Vaia, é Jason.
Que tal, papá?
Todo ben. Mellor aínda ó verte.
- Ese é Jason Ritchie? - Si, a nosa celebridade. O fillo de Ron.
Visítao un par de veces á semana.
Ei, Ibsy.
- Jason. - Ola, Jason.
- Elizabeth. - Jason, esta é a axente Donna De Freitas.
- Todo ben? Que tal? - Ola.
Un pracer coñecelo.
Era unha... Son unha gran fan, vin todas as súas pelexas.
Que fai ultimamente tras a lesión?
Fun á tele un par de veces.
Ai, xa.
Era o mellor campión naquela época, ou non?
- Xa o sabe. - Xa.
Jason, esta é Joyce. Chegou hai pouco.
Permítesme dicirche
que me gustaches moito en MasterChef Celebrity?
Ai, moitas grazas, Joyce.
E que vai facer agora, Jason?
Pois comecei ensaiar para Dancing on Ice.
Iso case é un deporte, non?
Si.
Moitas grazas pola comida, grazas. Ai.
- Grazas, cóidense. - Boa sorte.
- Adeus. - Vémonos.
Boa rapaza.
Podería ser útil.
Tony, déixao!
- Non vas saír coa túa. - Non teño que saír con nada!
Todo é legal, ó noso favor. Le o contrato.
- O contrato? - Si.
Vas meter a Bogdan, o polaco, non?
Pois Non farás nada mentres miña tía viva.
- Verémonos no xulgado! - Cando queiras.
- Miña nai. - Alí estarei.
De que credes que vai iso?
De diñeiro.
Sempre é polo diñeiro.
Tony, que pasou?
Que que pasou, Liz? El.
Ventham, iso pasou.
Di que vai levantar o cemiterio e convertelo en pisos.
- Os rumores eran certos? - Van facer moito ruído.
E que pasa co edificio principal? Cos nosos apartamentos.
- Déixao para eventos. - Meu Deus.
- Ron. - Que?
- Que podemos facer? - Unha reunión de veciños.
Nos contratos de arrendamento pon que ten que preguntarnos.
E non podes facer ti algo como dono?
Moito.
Podo facer moito.
Garántovos
que farei o que poida para salvar este sitio e a súa xente.
Cos Curran non se xoga.
Vai descubrir por que.
Dígovolo eu.
Aquí temos pelexa.
- Buuu! - Buuu!
SALVEMOS COOPERS CHASE
- Ei, que fas? Ei! - Panoco!
Que ben.
Hoxe está cheo.
Para comezar, unha cita de Confucio.
Teño eu unha cita.
As súas palabras, señor Ventham.
"Investimentos Ventham, Inc. só poderá desenvolver novas construcións
tras consultar cos residentes de Coopers Chase."
E isto é unha consulta.
Sodes os residentes, consultade. Tedes dez minutos.
Isto non é unha consulta, é unha emboscada.
Sabemos que quere pechar a comunidade enteira.
- E deixarnos na rúa! - Veña, home.
Non na rúa, compensarémosvos e aloxarémosvos.
Pero queremos quedar en Coopers Chase. Temos contratos.
De por vida.
E parecedes inmortais. Non obstante, lede o contrato.
Veredes unha cláusula que...
O tema, Sr. Ventham, é que isto gústanos.
- Si! - É o noso fogar. Estes, os nosos amigos.
Aquí temos residentes con parellas que precisan coidados especiais.
Ou sen familia no país.
Que fará coas llamas?
Están fóra de control. Parecen coellos.
Fixen unha doazón ó santuario de asnos
e levaranas.
Quere facer iso con todos nós, non?
Eu son o seu veterinario e coido delas.
Non o pode facer sen consultalo antes comigo.
O asunto é que os terreos son meus.
Sabedes? Podo facer todo o que queira con el.
Non debería perturbar sepulturas sagradas
só para sacar uns cartos.
É pecado.
O padre Mackie pode enfadarse?
Coida do cemiterio todos os días. Pareceralle que despreza a súa fe.
Supoño.
Vendo que Deus non apareceu en persoa, xa rematamos.
Acabouse o tempo, comezamos o luns. Moitas grazas.
Foi contra quen non debía se cre que o vai conseguir.
- Díxenllo á cara. - De verdade?
Pois si. "Mira, Ventham", díxenlle.
"Se prefires o polaco antes que a min,
xa tes dous problemas."
Veña, Tony,
non fagas ningunha tolería, tes que ir con cabeza.
- Chámote logo. Veña. - Vale, adeus.
Ti que fas aquí?
Parece que lle pegaron unha malleira ata matalo.
Non hai sinais da arma.
Están almorzando coa KNT1, a radio de Kent.
Última hora: atopouse no seu fogar onte pola mañá o cadáver de Tony Curran,
empresario e contratista local.
Parece que morreu dunha malleira.
Aínda non hai sospeitosos.
A policía di que están a investigalo.
Elizabeth?
Temos que ir á sala dos quebracabezas!
Imos facer unha reunión urxente!
Que pasou?
Iso! Veña, esquerda, dereita!
- Ron! - Que?
Temos que nos reunir. Sae da piscina!
Que pasou, Joyce? Estaba en ioga.
Non se pode saudar o sol dúas veces.
Os membros temporais
non poden facer reunións urxentes.
Houbo un asasinato. Un de verdade!
- Que? - Quen?
Tony Curran! Matárono onte pola mañá na súa casa.
Temos un caso de verdade. Non é fabuloso?
- Non, Joyce. Non o é. - Se Tony Curran morreu...
Quen vai impedir que destrúan Coopers Chase?
Ventham fará o que lle pete.
Xa, sinto moito o de Tony, claro. Que descanse en paz.
- Quen o querería matar? - E como o cachamos?
A policía estará facendo unha lista de sospeitosos.
Precisamos un home ou unha muller dentro.
E creo que coñecemos unha persoa.
Ben, atención, cabaleiros.
Causa da morte, é das feas.
Traumatismo no lado dereito da cabeza.
Rexistraron a casa, quizais un roubo que rematou mal,
pero non parecía que entrasen pola forza.
A súa derradeira chamada foi a un número privado,
seguramente de prepagamento.
Había varias cousas no chan e no aparador.
Documentos, facturas, contratos... e esta foto.
Isto é...
Non, deixa a bandexa, axente.
Seguro que tes outros asuntos que atender.
Si.
Claro.
- Moi importantes. - Ben...
O té non se vai facer só.
- Diga? - Joyce, estás lista?
Case.
- Vémonos na parada. - Vale.
Xa está, que tal? Paseime?
Non, para nada. É... moi realista.
Diga?
Comisaría de Fairhaven, claro.
Son o doutor Ibrahim Arif.
Iso é.
Meu amigo Ron Ritchie
ten información importante sobre o asasinato de Tony Curran.
Estamos en Coopers Chase.
Temo que é imposible.
Non podemos ir á comisaría.
Ron está moi enfermo e débil ultimamente.
Ata ten incontinencia.
Non digas iso.
Sería posible que viñese alguén?
- Iso sería marabilloso, grazas. - Xenial, todo listo?
Case, pero non. Estás demasiado elegante.
- Xa. - Espelúxate.
Que me espeluxe di.
Hoxe vou estar fóra. Se precisas algo, chama.
Non, quedo ben, ti tranquila.
Que vas...?
Que levas posto?
Pareces a raíña.
- Dis ti? - Si.
Que día tan triste.
O funeral.
- Lémbralo? - Pois claro.
O 19 de setembro do 2022.
Vímolo na tele.
Estabas obsesionada coa seguridade.
Si que o estaba.
A que andas?
Un pouco de todo. Teño un plan.
Ai, Elizabeth, meu amor. Ti sempre tes algún.
Á dereita.
Gústame ese xersei.
E agora que?
Ti sígueme.
Que emoción.
Sinto que estamos nunha desas series
nas que dúas vellas rabudas
van por diante da policía.
Ti tamén?
- Non. E Joyce. - Que?
Nunca volvas usar as palabras "vellas rabudas" diante miña.
Xa.
Rapaz, axúdame, por favor.
- Roubáronme o bolso fóra de... - Marks and Spencer's.
Si, Marks and Spencer's.
Levábao todo dentro. A pensión, o diñeiro, todo. Axúdeme.
Ai, si, claro. Deixe que lle colla os datos.
Non, quero unha axente muller.
Prométolle que estou cualificado e teño un temperamento agradable.
- Ten que ser muller. - Pero...
É monxa!
Si.
Si, son monxa.
Fixen os meus votos, así que nunca podo estar cun home.
Excepto con Xesucristo.
Vale, ben...
- Agarden aquí. - Apura.
Si, vale. Agarden.
Unha monxa, moi bo. Oxalá se me ocorrese a min.
Señoras, en que podo...
axudar?
SALA DE GRAVACIÓN DE INTERROGATORIOS
- Roubáronlle o bolso de verdade? - Non.
Boa sorte a quen o intente. Imaxínalo?
Pois podo preguntarlles que fan aquí?
Teño que volver a cachar criminais.
Excelente, pois vouche dicir unha cousa.
Non finxas que non te alegras,
porque sei que si, e nós tamén.
Isto será moito máis divertido se o aceptamos todas.
Para que quede gravado, a axente De Freitas négase a contestar,
pero tenta esconder un sorriso.
E ademais, fagas o que fagas,
sei seguro unha cousa: non é cachar criminais.
É algo aburrido.
Sen comentarios.
Temos unha pregunta.
Adiante.
Quererías investigar o asasinato de Tony Curran?
Iso non vai pasar.
Se puidésemos conseguilo, interesaríache?
Se "puidésemos" conseguilo?
Quen cre que é, a directora do MI5?
Non.
Non, só son unha muller que non acepta as negativas, igual ca ti, creo.
E que sacan disto?
Ai, admiro as túas sospeitas.
É o que máis admiro neste mundo.
Que ben.
Pois non lles importará contarme o que sacan vostedes.
Quizais teñamos algunha pregunta durante a investigación.
Non podo contar nada confidencial.
Non, todo profesional, douche a miña palabra.
Como muller de Deus.
Se acepto
que me axude a entrar na investigación,
canto tardará?
- Unha hora. - Unha hora?
Depende do tráfico.
- Temos xente agardando. - Fala de Ron e Ibrahim.
Os meus datos de contacto. Escríbeme se podes.
- Interrogatorio finalizado ás 12:47. - Está apagada, Joyce.
- Ai, si, é certo. - Si.
Luz verde.
Recibido.
Boa tarde. Buscaba a Ron Ritchie.
- Pase, inspector. - Grazas.
Ron? Chegou o axente.
Axente! Non, policía non!
Ti que queres de min?
- Teño dereito a protestar. - Calma.
Perdoe, non lle gustan as autoridades.
- Ron, tranquilízate. - Vale.
Só quere falar contigo da discusión que viches
entre Ventham e Curran.
Asegúrolle que non está en problemas.
- Só quero facerlle unhas preguntas. - Non!
Non. Quero falar coa rapaza, non contigo.
- Que rapaza? - A moza tan bonita que veu.
Fala da axente De Freitas.
Veu falar de pechaduras para as ventás. Caeulle ben a Ron.
Ai, xa. Pois non poderá ser, é moi nova.
Non ten experiencia, nin participa na investi...
Quero a rapaza!
Só vou falar con ela. Ha!
Síntoo, só falará coa axente De Frei...
Podería vostede metela no equipo?
Farei o que poida.
Xenial, Ibsy.
De verdade, xenial. É que...
Axente de Freitas.
Faláronme de RRHH. Transferíronte.
- A onde? - A IC.
Investigacións Criminais.
Pasas ó asasinato de Curran ata novo aviso.
Non pode ser.
De verdade?
DONNA: LEVOULLE MENOS DE 20 MINUTOS! WTF?
Que significa "WTF"?
Que hostia dis?
Desculpa?
Que hostia dis?
Síntoo moito.
Díxomo miña filla.
Perdón pola miña amiga. Está un pouco...
Diso nada.
INFORME ANUAL 2023 RESIDENCIA PARA MAIORES COOPERS CHASE
Moi interesante.
COOPERS CHASE TEN UN TERCEIRO INVERSOR MISTERIOSO
QUE FAS ESPERTA??
Joyce, unha amiga conseguiume as contas de Coopers Chase,
pero son case imposibles de entender.
- Pensei que túa filla... - Joanna.
Joanna. Traballa en finanzas, non?
Cres que podería estudalas e explicárnolas?
En segredo, claro.
Non o sei, está moi ocupada. Nin sequera ten tempo para chamarme.
Ti téntao.
Para investigar con profesionalidade e eficiencia,
temos que usar todos os nosos recursos.
- Verei se podo. - Ben.
Joyce, tes un don.
Espera aí. É un club de asasinatos?
Coma un podcast de crimes reais?
En certo xeito, pero nós investigámolos.
Soa un pouco tétrico.
Admito que semella unha tolería,
pero é un grupo marabilloso, somos un equipo.
Poderías botar unha ollada ás contas?
Non sei se o sabes, pero estou ocupada.
Polo amor de Deus, Joanna,
chámasme unha vez á semana,
as túas visitas duran 47 minutos como moito
e nin comes a miña torta.
Só che pido que deixes os millonarios durante dous minutos
e axudes a túa única nai por unha vez na vida!
- Farei o que poida. - Grazas.
O historial de Curran.
Condución perigosa, asalto, posesión de arma ilegal...
E non remata.
Moita xente queríao morto,
pero temos que buscar o outro home da foto.
De que foto?
A do lugar do crime. Había varias tiradas.
A maioría, de vacacións, vodas e tal,
pero había unha con outro home non identificado.
Acaba de volver do laboratorio. Queres vela?
Si, por favor.
Perdoa.
Non mola dicir iso na IC?
Eu non son dos que saben o que mola.
Ti mira a foto, De Freitas.
Pódesme chamar Donna, se non síntome rara.
Donna?
Chámome así.
É o meu nome.
Si, vale, tentareino, pero eu non son dos que usan nomes.
Creo que nin sei o de Griffiths,
e leva con nós sete anos.
E non sabemos quen é este?
Non, está Griffiths traballando nisto.
Pois podes dicirlle que o deixe. É Bobby Tanner.
Quen?
Un capo dos bos.
Fuxiu da Metropolitana e levan anos a buscalo.
Apareceu aquí?
Que irónico.
- E non o atoparon? - Non, e vouche dicir outra cousa.
Aquí hai outro home, pero cortárono.
Que?
Si, mira.
Non ves o seu brazo no espello?
Ai, si.
Ben visto.
Avisarei a Griffiths.
Súbeo canto poidas.
Chegaron. Listos?
- Listos. - Si.
- E lembrade. - Móvete.
Todo o que lles saquemos será de proveito.
Xa.
Hudson non falará, seguro,
así que temos que incomodalo todo o que podamos.
Na miña experiencia, a xente fala máis
cando non está cómoda.
Eu creo que sacas máis información con amabilidade e torta.
Xa.
E tiveches que interrogar un espía inimigo na antiga Alemaña Oriental, Joyce?
Pois non.
Ola, Joanna.
- Mirei as contas de Ventham. - Así me gusta.
Resulta que hai cousas interesantes.
Enviei os PDF.
Sabes o que son PDF?
Non teño nin que contestar.
Pero Ibrahim si! Dáselle ben todo.
PDF.
Ei, bingo.
AS ACCIÓNS DE CURRAN VAN PARA VENTHAM 12 MILLÓNS
Ben dito, Joyce. Como podes ter unha filla tan lista?
Esta información é crucial. Agora temos unha vantaxe.
- Moi ben, Jo. - Xenial.
Grazas, mamá. Colgo.
Imos aló.
- Pasen. - Grazas.
Boa tarde. Creo que todos coñecen a axente De Freitas.
Investigamos o asasinato de Tony Curran.
Dinme que teñen información sobre Curran,
xa que estaba preparando a renovación...
Que mala educación, inspector xefe.
- Sente, por favor. - Si, sente connosco.
Descanse un pouco, iso é.
Póñase cómodo.
- Son eu ou fai calor? - Pois claro que a fai.
Teño 76 anos.
Non ten pouca forza, señor Ritchie.
Pensaba que estaba enfermo.
A estas idades temos momentos bos e malos, inspector.
E recuperou o dente que perdera?
Que di? Ai, si, fíxese. É un milagre.
Perdoe, aínda non lle ofrecemos un té.
- Con azucre? - Non, quero reducilo.
Pero tomará un cacho de torta. Espero que poida.
Non, comín bastante.
Pois veña.
- Iso é, a comer. - Miren iso.
Perdón, non...
Coidado.
Ai, que boa está.
- A que si? - Oh!
Ron,
viu a Ian e Tony discutindo no aparcadoiro.
- Por iso viñemos. - Si, foi unha liorta das boas.
Non remataron moi ben. Tony marchou cabreado.
Sería por diñeiro.
Din que do amor polos cartos sae todo o mal.
Pero non foi Jung quen...?
Meu fillo díxome que a casa de Tony tiña unha seguridade excelente.
Coñecíao seu fillo?
Só no sentido de que o coñeciamos todos.
Era famoso por aquí.
Si, todo un home de mundo.
Todos falamos con el nalgún momento, non é nada destacable.
Pero sería útil falar con el. Chámase Jason, non?
Claro, sen problema. Virá verme algún día.
Aínda que dubido que axude.
Mellor deixar que a policía faga o seu traballo.
O que Ron quererá dicir é que ó mellor viron algo na seguridade.
Estaba estragado. Un gasto parvo, paréceme a min.
Non é estraño que un construtor tivese a seguridade estragada?
E cal foi a hora da morte?
Non llo podemos dicir.
Non é información pública, non se pode contar.
Ten razón, e o único que fixemos foi preguntar sen contar nada.
Eu, por exemplo, sei que había tres inversores
en Coopers Chase cando a construíron.
Ian Ventham, Tony Curran e un inversor anónimo
coa conta pantasma "Bloomin' Marvelous".
Sabíano?
- Pois non, non sabiamos. - Ai.
Tamén teño isto.
Un teléfono antigo.
Será vello, pero funciona,
e ten os PDF das contas de Ian Ventham que amosan
que a participación de Curran nestas terras
pasa a Ventham se morre,
polo que gañou millóns co asasinato.
Entendo.
A cambio da hora da morte.
Non podo compartir esa información.
Quere os arquivos ou non?
As 11:24.
- Axente. - Iso é moi preciso.
O reloxo intelixente gravou a hora.
Axente De Freitas!
Queres os arquivos ou non?
Velaí os ten.
Grazas.
E de onde sacou as contas de Ian Ventham?
É unha empresa privada, nin nós os conseguimos.
Colaborando.
A xente da nosa xeración aínda lembra o que vale.
Como che saíu tan esponxoso o follado?
O truco é traballalo rápido mentres está frío.
- Aí o tes. - Que ben usas as mans.
- Dinmo moito. - Jason!
- Aí estás, ese é o meu fillo. - Ola, papá?
Como lle prometín, aquí está. Inspector Hudson, Jason.
Jason "Martelo" Ritchie.
Non precisa presentación, vin todos os seus combates.
Mágoa que rematase coa lesión.
- Cousas que pasan. - Perdón, si.
- Pero agora sae na tele. - Si.
Unha parodia de Brancaneves este Nadal?
Si, son o príncipe.
Inspector,
unha fotiño rápida co tres veces campión de peso medio da WBA?
- Aquí e agora, veña. - Moitas grazas! Seguro?
Pois claro que si.
Vai triunfar na comisaría.
Aperte os beizos.
- Aínda non mo creo. Puños arriba. - Son eu.
- Iso é. - Saca varias.
- Que ben está. - Din din.
- Moi natural. - Directo.
Encántame. No cravo.
- Xa está? - Vanlle gustar.
- Unha saíu ben. - Mire iso.
- Grazas. - Nada. Teño que marchar.
- Agarde. - Vale.
Que pensa de Tony Curran e Ian Ventham?
- Coñecíaos, non? - Non.
Sabía quen eran.
Tony tiña inimigos e Ian tamén.
Ocórreselle algún?
Non.
Agora non.
Pero teño que marchar.
- Vale. - Pero... Chame se lembra algo.
- Inspector, un pracer. - Igualmente.
- Axente, sorte. - Xa.
Veña, agarda, Jason!
Inspector, sei que lle gusta a torta. Quería darlle o que quedou.
Debería deixar que conduza Donna. Leva moito ron.
Fai que as noces destaquen.
- Grazas. - Un pracer velas.
Maud.
Que queres, Elizabeth?
Só quería dicirche que lamento a túa perda.
Tony era moi bo home.
Tes algunha idea de quen o matou?
Teño moitas ideas de moitas cousas, querida,
pero non por iso vou falar delas, sobre todo coa poli aquí.
Si, unha panda de panocos.
- Coma todos os policías, non? - Si.
Ai, estas flores son fermosas.
Si, son dun vello amigo que tamén quería a Tony.
Ai xente que aínda ten educación.
O MEU MÁIS SENTIDO PÉSAME. CON AMOR, B.T.
Jason, fillo, estás ben? Non viñeras tomar unha cervexa?
- Saíume unha cousa. - Pero chegaches agora.
- E teño que marchar. - Que pasou?
- Papá, déixao, queres? - Por que estás tan enfadado?
Vale, pois mira. Sei que che dá vergoña o que fago na tele,
pero non tes que amosalo tanto.
Non me avergoña, Jason.
Non che vou mentir, entendo moito mellor o mundo do boxeo.
- E eras dos mellores. - Non podes evitalo, verdade?
- Que? - Non, teño que marchar.
- Ten coidado... - Xa.
Pero ten coidado coa moto.
Jason mentiuche.
Que?
Está no arquivo de Curran.
Jason facía traballos para Ventham e Curran
xusto antes de comezar na tele.
- E hai outra cousa. - Que?
Jason é o terceiro home da foto do lugar do crime.
É o brazo do espello, ten a tatuaxe. E o teu móbil?
Téñoo aquí.
Veña, ensínamo.
Mira.
- Jason tiña moita présa por marchar. - Iso si.
Deberiamos vixialo, e tamén a Ian Ventham.
Non queremos que desaparezan.
Adiantoute un novato.
Que queremos saber a velocidade
coa que Ventham puido chegar de Coopers Chase á de Curran.
"Velocidade!"
Queredes un caramelo?
Os meus cálculos non dependen da velocidade.
Teño un algoritmo complexo para determinar
se Ventham puido chegar a tempo para asasinalo.
Tede paciencia.
Hoxe estou moi ocupado, entenden?
Morreu o meu socio, teño moito que facer.
Normal. Podería dicirme quen é ese que está con Tony?
- Bobby Tanner. - Correcto, Bobby Tanner.
A policía leva anos a buscalo,
acusado de case todo.
Aparece por todas as partes, polo que din.
Pensaba que morrera. De onde a sacaron?
Do lugar do crime.
Si?
Pois que ben.
Por que fixeron negocios con Bobby Tanner, Ian?
É un trapalleiro dos bos.
Corta os dedos dos seus inimigos e mándaos por correo.
Temos un conxelador cheo en Scotland Yard.
Pode contárnolo ou descubrirémolo doutra forma.
É o terceiro dono.
- De que? - De Coopers Chase. Mira que sodes lentos.
Tróuxoo Tony Curran, precisabamos diñeiro para rematar.
- Non foi idea miña. - Sabe onde pode estar?
Non escoita? Pensaba que morrera.
Leva desaparecido... Deus, anos xa.
Se está vivo, atópeno cando poidan.
É perigoso.
Cre que matou a Tony Curran?
Non o sei, ese é o seu traballo, non? Miren, teño que liscar.
Por que rifou con Curran antes da súa morte?
Negocios. Complicado de explicar.
Jason Ritchie tamén está aí.
Revélao a tatuaxe.
Pediulle que matase a Curran?
Non mexaría por Jason nin se estivese ardendo.
Que ben que morresen os seus dous socios, non?
Vai gañar 12 millóns agora que Tony non está.
Como diaño saben iso?
Non o matei eu, se é o que pensan.
Non, estiven toda a mañá cos inversores.
Deberían atopar a Tanner e encerralo.
- É o máis seguro para todos. - Parece moi preocupado.
Si, está a suar.
Moi ben, como queiran. Teño un asunto urxente.
Fagan o seu, se saben, e eu farei o meu.
Eu marcho.
- Xa falaremos. - Si.
E a señora Ventham?
Fale co seu avogado.
Os divorcios son caros, non?
Si, penso que o meu algoritmo funcionou,
dado o tráfico e os 29 km...
Ibrahim!
Puido chegar Ian Ventham a tempo para matar a Tony Curran ou non?
Non.
Pois vaia.
- Vaia. - Vaia.
Vaia.
Inspector.
Ian Ventham non pode ser o asasino.
Como?
Por que non?
Non puido chegar a tempo.
Chegaría sete minutos despois da morte.
- E quen cho dixo? - O "Thursday Murder Club".
O que?
Fanse chamar así.
Elizabeth e os demais.
Foron en coche ata a casa de Curran esta mañá.
Teño a Griffiths aí fóra facendo o mesmo.
A hostia.
Levo 30 anos neste traballo.
Non me van gañar catro pensionistas.
- Griffiths, ben. Que tes? - Polo que descubrimos...
Veña, dimo.
Puido chegar Ventham a tempo? Si ou non?
- Non. - Vale, lisca de aquí.
- Boas, Donna. - Elizabeth, ola.
- Preciso axuda. - Que?
Atopamos unha foto de Curran con Bobby Tanner no lugar do crime.
Bobby Tanner?
Coñézoo, vaia peza é.
Drogas, asasinatos...
Ese.
Temos que falar con el, pero hai anos que desapareceu.
Podería axudarnos a atopalo?
Si, claro.
A cambio de calquera información nova que teñades.
Elizabeth.
Veña, Donna, sabes como funciona isto.
Sabe a foto da que lle falei? Hai outro home.
Vale. Quen?
Jason Ritchie.
Que?
E hai máis.
Chámame nuns minutos.
Non espertes os mortos.
Meu Deus.
- Vícheslle a cara? - Estaba escuro.
Ventham xa non será o principal sospeitoso,
pero non significa que non ordenase a morte.
E aí é onde a cousa se pon incómoda.
A policía quere falar con Jason.
Os rumores din que facía traballos estraños
para Ventham e Tony Curran cando precisaban máis músculo.
- Como de estraños? - Iso queremos saber.
Non falei con Ron.
Menos mal que está preocupado organizando a protesta.
Ai, e falando diso, teño que marchar.
Cóllote o luns? Podemos ir xuntos á protesta.
Pois claro.
Non permitiremos que levanten o cemiterio e boten a Penny á rúa.
Non vai pasar.
Non.
E o luns, loitaremos.
Achegádevos todos!
Imos formar unha barricada humana fronte o cemiterio
e amosaremos solidariedade cos demais. Ou non?
Si!
Imos aló!
Veña.
Aguantade.
NON A IAN. DETEÑAN O ROUBO.
Non viviremos axeonllados.
- Iso é. - Nunca nos renderemos.
- Grazas ós dous por vir. - Pararémolo.
Mirádevos. Ben feito.
Bernard reciclou un vello. O meu é orixinal.
Escoitade, nada de rifar hoxe.
- Amosade solidariedade. - Por suposto.
Así me gusta, Ibsy.
Ti trouxeches unha cafeteira?
Non é unha festa, é un asunto serio.
Si, xa o sei, pero cun bo café poderemos protestar máis.
Ti si que sabes.
Vén o inimigo!
Ai, non! Non poden facer iso!
Colle unha pa, vai por detrás e comeza.
Non vou facer moito cunha pa.
Legalmente, temos que comezar hoxe.
Só tes que dar comezo á obra. Fóra.
Vale.
Saíde do medio!
Por aí, veña. Pasando.
Meu Deus, parecen de Walking Dead.
Veña.
Aí vén, aguantade. Si, iso.
Veña.
- Que ocorre? - Buuu!
Que pasa, queres lembrar os 80? A última vez na que se che puxo dura?
Ti que cres que pasa? É unha protesta!
Hai xente aquí que gañou a homes mellores ca ti.
Temos profesores, soldados, doutores e banqueiros.
E que queremos?
- Que non se cave! - Letras máis grandes no menú!
Modelos espidos na clase de arte.
Ei, non podemos berrar o que queira cada un.
Non! Solidariedade!
Apartade do medio e deixádenos cavar.
- Non vai entrar no cemiterio. - Nin o toques, Ventham.
Vai á merda, traidor. Sei quen es.
Pois terás que pasar por riba miña e dos demais para entrar.
Así que... Ian Ventham fóra!
Ian Ventham fóra!
Iso é!
Ian Ventham fóra!
Solidariedade.
Ian Ventham fóra!
Aguantade xuntos, meus irmáns e irmás. Alzade a voz.
- Ian Ventham fóra! - Vou chamar a policía.
Veña. Dilles que pegaches a un pastor.
Ian Ventham fóra!
Ola, eh...
Viu algún paxaro carpinteiro?
Eu creo que si.
Non.
Non o vin arranxando cousas por aquí?
É Bogdan, non si?
Si.
Eu son Marina.
- Miña nai chámase así. - Non!
De verdade? Vaia casualidade, non?
É un nome fermoso. Pero normal que o diga eu, non si?
- Está aquí con vostede? - Non, quedou en Polonia.
Seguro que a bota en falta.
E ela a vostede.
Boto, si... Todos os días.
- Fala polaco? - Si, un pouquiño.
Vin a Inglaterra por ela.
Xa sabe, aquí hai traballos mellores, cobro máis...
Mentres poida enviar diñeiro...
De que parte de Polonia é?
Cracovia.
Ai, alí probei una sopa boísima. Krupnik, chamábase.
- Ai, a sopa de orxo. - Si.
Que facía en Polonia?
Fun cun circo.
Que boa época.
Que ben.
Non é ridículo?
Facer isto cunha soa pa. Agora é a miña responsabilidade.
É o novo xefe despois de Tony?
Si, son o obreiro principal de Ian.
E deulle ese traballo antes da morte de Tony?
Si, Marina, xa tiña o traballo antes de que morrese. Por que?
Quere preguntarme algo?
É que sabemos que Ian gañou moito da morte de Tony,
así que estaba pensando se, vaia...
Se pedira a alguén que o matase por el.
Non o sei.
Pode ser.
Pois vou ser máis concreta.
Pediuche Ian que matases a Tony por el?
Non.
E aínda que o pedise, negaríame.
Faría moitas cousas por Ian Ventham. Ata desenterrar ósos.
Pero nunca matarei por el.
Ninguén te quere aquí, Ian. Por que non marchas?
Le os sinais e lisca de aquí.
Non me toquedes! Parade!
Non toquedes!
Soltádeme! Parade!
Non me toquedes!
- Ei! - Ninguén te quere!
Por que non nos escoita?
- Ei! - Por que?
Non! Isto...
Isto...
Deixade pasar.
Morreu!
A hostia.
Ben,
somos testemuñas dun asasinato.
A primeira pregunta.
Como sabes que foi un asasinato?
- Estaba estresado. - Si.
É probable que morrese dunha sobredose de fentanil
administrado xusto antes da morte.
Están agardando polos resultados.
- De onde sacaches a información? - Escribiume Donna.
- Está sendo de moita axuda. - De onde sairía o fentanil?
Úsano os profesionais médicos como anestésico e analxésico.
Moi efectivo para moitas cousas,
pero unha dose alta podería perfectamente ser letal.
Tería que ser alguén con acceso a agullas e drogas, non?
Iso sería case calquera en Coopers Chase, Ron.
Pedín a todo o mundo fotos do lugar.
Supoño que pasou durante o rebumbio.
Unha dose letal administrada en segredo e con crueldade mentres pelexabamos.
- E o asasino está nestas fotos. - Ten que estar.
- Estamos nós. - Somos sospeitosos.
Falando de fotos, aínda non resolvemos o de Bobby Tanner.
O que?
- Quen? - Que?
- Ai, perdón, non volo dixen? - Pois non.
Donna tamén me dixo que atoparon unha foto onde mataron a Curran
de Tony Curran, un famoso criminal chamado Bobby Tanner e Ja...
E quen?
- Dá igual. Non... - Non.
Non deberías agocharnos cousas. Somos un equipo, Elizabeth.
Non é iso, é que...
Donna escríbeme pola noite ás veces,
só estaba agardando por un momento bo.
Semella que agora é o momento perfecto. Queres contárnolo?
Nestes intres,
a policía está a buscar a Bobby Tanner, e nós tamén.
É o terceiro dono de Coopers Chase con Ian Ventham
e Tony Curran.
E o testamento de Ian Ventham di
que a construción de Coopers Chase continuará despois da súa morte.
Só Bobby Tanner pode detelo,
e ninguén sabe onde está.
A batalla polo noso fogar aínda non rematou.
Vivo ou morto, Ian Ventham segue a tocar os collóns.
E este tal Bobby Tanner é o único dono vivo de Coopers Chase?
Iso parece, si.
E podería estar morto. Non o sabemos.
Se o atopamos, poderiamos deter a construción?
E salvar Coopers Chase?
- Evitar a destrución do cemiterio? - Si. Deberiamos comezar.
Si, que veñen os de calceta media nunha hora.
Veña.
Desde cando xogas?
Meu pai ensinoume cando tiña dez anos, pero non lle gañei ata os 13.
- Non me deixaba. - Incrible.
- Si. - Xaque mate.
Ai, vaia.
Ai, Elizabeth.
Este cabaleiro veu verte.
Tamén xoga ó xadrez.
E moi ben.
Tamén arranxou o wifi no meu despacho.
Bogdan, non esperaba esta sorpresa.
Sinto molestar, Elizabeth.
Non é nada. Benvido.
Grazas pola partida, Stephen.
- Un pracer. - Debo marchar.
Vou con el.
- Elizabeth. - E que fas aquí?
Temos que falar, non sabía a quen máis acudir.
A policía preguntoume onde estaba cando morreu Ian,
pero non había ningunha Marina en Coopers Chase,
así que tiven que preguntar pola muller mandona que fai preguntas
e todos sabían que eras ti.
Ben, pilláchesme.
Quería falar contigo e usei ese nome
para que confiases en min.
Foi un truco barato.
Si, foi por costume. Síntoo moito.
E que fas aquí?
Teño que ensinarche algo.
Hoxe.
Pola noite.
Ven ó cemiterio. Soa.
Ninguén máis.
Por favor.
Ninguén máis.
Grazas.
Coidado. Xira, posición. O peito fóra.
Esquerda e dereita, aguanta.
Último xiro. Arriba, esquerda. Ben, bo traballo.
Aí o está.
Presenta.
- E presento. - Perfecto.
De que vai todo isto entón?
Xa lles contei todo o que sei: nada.
Estaba no ximnasio co meu amigo Dan Fairhurst cando morreu Tony.
Estaba con el antes da morte, non cando morreu.
- Entende a diferencia? - Si.
Atopouno a limpadora, ó mellor foi ela.
Eu véxoo así.
O asasino non é o primeiro que ve a vítima morta,
senón o último que a ve viva.
- Que ben. - É de Colombo.
Que queren entón? Van acusarme de algo?
Por que o chamou Ventham tres veces xusto despois de rifar con Curran?
Quería pedirlle un favor?
Pediulle que matase a Curran porque lle tiña medo?
Non, foi por outra cousa.
Eu creo que non, Jason.
- Tiñamos outros temas. - Iso é verdade.
Ventham pagou as súas débedas de xogo, non?
E como as pagou,
vostede facíalle algún traballiño.
- Calquera cousa... - Non. Non calquera cousa.
Para que o chamou, Jason?
Por...
Por cousas. Miren...
- Teño que volver ó ensaio. - Coñece a Bobby Tanner?
Que? A Bobby Tanner?
Está morto, non?
Lembra sacar esta foto?
Non.
Pois o brazo do espello é o seu, non?
Está metido ata a chola no crime organizado, ou non?
Que é unha execucionciña máis?
Por que tiña tanta présa o outro día?
- Quería fuxir? - Non teño tempo para isto.
Queda detido como sospeitoso do asasinato de Tony Curran.
Que di? Non teñen proba ningunha.
Non contesta nin ten coartada.
Tivo xeito e móbil.
Ademais, preocúpame que poida desaparecer.
En resumo, hai risco de fuga e podemos detelo.
Quere deixar os patíns?
A merda.
Os asasinatos de Curran e Ventham.
Tivo que ser a mesma persoa.
Socios de negocios asasinados con só uns días de diferenza.
Alguén que quere deter a reforma.
Quizais Bernard? Estaba toleando na protesta.
Si, ten moi mal humor.
Tamén é químico, polo que tería acceso á toxina.
- Dareille un nove. - Non, é moito. Ponlle un seis.
- Vale, un sete. - Acéptoo. E o padre Mackie?
O máis enfadado na protesta.
- Diría que é o primeiro dez. - Está moi estraño.
Quen sospeitaría del?
- Énchocho? - Si.
Estiven pensando.
Tony e Ian morreron,
cres que as cousas cambiarán?
Botarannos e deixarannos na rúa?
Dependerá do que pase cos investimentos.
- Se atopan a Bobby Tanner. - Iso é certo.
- Non no libro. - Ai, perdoa.
Grazas.
Botaría isto en falta.
Xa.
Se queres estar só aquí, pechas a porta.
Prefires estar coa xente? Ábrela.
Onde podes ser máis feliz?
Recórdame á miña facultade de Oxford, con mellor comida e menos snobismo.
Aquí está. Diga?
Ola? Ai, perdoa.
Diga? Si.
Que?
Vale.
Mira, ti non digas nada. Non abras a boca.
Arranxarémolo, vale? Chis. Non digas nada. Vale, adeus.
Era Jason.
Arrestárono polo asasinato de Curran.
Ai, Ron.
A merda.
- Por aquí? - Si, por aquí.
O teu marido Stephen non está ben, verdade?
Non. Nada ben.
Méteslle algo no té?
Si.
Unha pílula para durmir.
Pero só unha. Máis poderían matalo.
Grazas por xogar ó xadrez con el.
Xa facía moito
que non xogaba con ninguén.
Xoga ben.
- Custoume. - Poderías volver algunha vez?
Estaría moi ben. Aquí non teño moitos amigos.
Pero avísote de que ten días bos e malos.
- Pilláchelo nun bo. - Igual que miña nai.
Non sempre me lembra.
Está moi enferma.
Non sei canto tempo máis...
Ai, Bogdan, síntoo moito. Deberías ir visitala.
Encantaríame poder ir unha vez máis, pero non podo.
Por que non?
Cando vimos aquí traballar,
quítannos o pasaporte para gardalo.
É o normal neste traballo, din.
De quen falas?
Tranquila, arranxareino dalgún xeito.
Pero ben, chegamos.
Atopaches restos humanos nunha sepultura.
Que ten de misterioso?
Pois Elizabeth,
estes ósos estaban sobre o cadaleito.
Por que desenterrar unha tumba
para poñer ósos por riba de ósos?
Para agochar un corpo.
Creo que atopamos outro asasinato.
Arriba.
- Iso che contou Elizabeth? - Si, máis ou menos.
Vale, ven comigo.
Toc, toc.
- Pódese pasar? - Parece que xa entraron.
Quere máis torta?
Elizabeth, deixe de xogar, isto é serio.
Gustaríame saber como atopou o corpo exactamente.
- Xa llo expliquei a Donna. - Quero que mo conte vostede.
Si, claro.
Pois verá, saíra de paseo na busca de narcisos.
Narcisos?
- Si, flores para a miña ventá. - A ventá?
Si, para a próxima primavera.
- Xa. - Si.
- Estaba a cavar... - Coas mans?
Non, non diga parvadas. Tiña unha pa.
- Ai, que parvo son. - Si, unha pa para flores.
- Pois claro. - E atopei os ósos.
Que sorpresa levei. Foi unha casualidade incrible.
Estou perdendo a paciencia con esta banda de pensionistas.
Escoite, meteu o meu fillo no cárcere.
Polo de agora, só ten probas circunstanciais.
Iso non chega para acusalo de asasinato.
Pode deixar de facer o duro,
saír aí fóra e buscar o asasino?
Nada me gustaría máis.
- Ben. - Encantaríame,
así que se esta "sociedade dos martes mortos"
pode deixar o caso un ratiño,
quizais poderiamos progresar.
Eu diría que non saian das ceas do seu club de ricachos, do golf,
de dar de comer as llamas e de tomar as pílulas.
Déixennos o resto ós profesionais.
Por se non oen ben,
suban os audiófonos ó máximo.
Só a policía pode facer o traballo da policía.
- Entendido? - Si, entendido.
Ben.
Grazas polo seu tempo.
De Freitas.
Eu analizaría os ósos.
- Por se son importantes. - Vale.
ÚLTIMO AVISO... DÉIXAO!
Ola.
Ai, ola.
Mire, non debería falar con vostede, pero...
Quería falarlle dos ósos do cemiterio.
Son dun home chamado Peter Mercer.
Que?
Meu Deus, iso é incrible.
Axente De Freitas,
esta é a inspectora Penny Gray e John, o seu marido.
- Un pracer. - Ola.
- Debiches vela no seu día. - Era un espectáculo.
Un honor, señora.
Penny, Donna é unha policía nova e brillante.
Fíxome o favor de contarme o dos ósos que atopou Bogdan.
Pertencían a Peter Mercer, que ten unha placa de metal no xeonllo,
pero levan máis de 50 anos soterrados.
Nada que os conecte co asasinato de Ventham?
Non, pero Ron e Ibrahim falaron con varios residentes
e conseguiron eliminar
a Bernard, Marjorie e o padre da lista de sospeitoso.
De verdade?
Nos anos 70, Penny e eu viñamos aquí á misa.
Ai, si?
Mackie era diferente. Máis tranquilo, quizais.
Bo traballo, Donna.
Escoitáchelo, Penny?
O teu legado continúa con esta moza.
Entón non lembra sacar esta foto?
Xa llo dixen, sácanme fotos todo o tempo.
Coma vostede. Non sei de que vai isto.
- Voullo... - Inspector, tentei detelo.
- Non... Ron? - Grazas.
- Papá? - Que fai aquí?
E que leva posto? É o traxe da súa voda?
Pois si.
Das dúas, de feito.
Jason ten dereito a representación legal. Para iso estou aquí.
Pero se non é avogado.
Non terei o certificado, pero aprendín moito.
Representeime a min mesmo contra vós moitas veces.
Miña nai.
Este home é inocente
e todas as probas son circunstanciais como moito.
Non ten coartada, Ron.
Permítanme que me presente.
Ibrahim?
O novo avogado de Jason pediume
que estea na avaliación psiquiátrica.
Non o ve?
- Ten ansiedade grave... - Que?
...sinal de estrés postraumático.
Se continúan sen min,
poderían denuncialos por neglixencia.
- Inspector, sei que lle gusta a torta. - Non!
Fíxenlle a miña de limón.
Teñen un traballo importante, precisan enerxía.
Corto un anaco?
Fóra todos ou mandarei que os arresten!
Ei, ei, a última vez que mirei, isto é o Reino Unido.
Aquí, a xente ten dereito a un avogado.
Jason falou tres veces con Ventham
antes do asasinato de Curran.
É un mozo! Non deixan o teléfono.
E onde estaba canto morreu Curran?
Non o di, así que penso que é culpable.
E ben?
Que pasa?
- Onde estabas? - Iso non che importa.
- Non es o meu avogado? - Agora son teu pai.
Non sexas parvo e dinos
onde estabas cando mataron a Curran.
Entón podemos marchar e ver o partido.
Veña, adiante.
Estaba coa muller de Ventham.
Con Gemma?
- Tiñamos... - Unha aventura?
Ai, Jason.
E pode confirmalo?
Si. Papá, síntoo.
Non pasou nada. Así coñecín a túa nai.
E xa está, non? Aí ten a coartada.
Pode demostralo?
Si, a verdade é que si. Teñen o meu teléfono?
Ten a data e a hora. Se fai falla, falen con Gemma.
Velaí o ten, inspector Hudson.
Xa non hai motivo para detelo.
Suxírolle que busque o asasino real.
Fóra.
Fóra todos do meu despacho.
- Deixarei a torta. - Fóra!
- Papá, es un mito. - Un pracer, fillo.
- Ti tamén, De Freitas. - Xa.
ELIZABETH: QUERES VER A BOBBY TANNER?
- Non sabía que tiña coche. - Regalo de xubilación.
- Ai. - Do MI6.
Cre que Bobby Tanner estará aquí?
Levamos anos a buscalo.
Todo o segura que podo estar. Gústame usar a intuición. Arriscarme.
Ás veces dá resultado, como irás descubrindo.
- Como o soubo? - Enviáronme flores hai uns días.
Lirios, xacintos, caraveis, tulipáns e ranúnculos.
- Que ben. - Xa.
Moi ben, pero viñan cunha tarxeta que dicía: "Déixao".
A combinación de flores é a máis tóxica que se pode recibir.
Era unha advertencia.
Agarde.
Cre que ten que ver cos investidores de Coopers Chase?
Líchesme a mente.
Eran flores frescas e entregadas a man,
así que tiveron que vir de cerca.
- E entón lembrei a tarxeta. - Cal?
A das flores de Maud, en recordo a Tony Curran, tiñan a sinatura "B.T.".
O deseño era igual que o da miña.
Moi característico. Busqueino en internet.
Thorny Blooms, en Moreton, dirixida por Derek Ward.
E cre que Bobby Tanner está aí?
Si.
E Derek Ward?
Sospeito que nunca veremos a Bobby Tanner e a Derek Ward
xuntos no mesmo cuarto.
Din que corta os dedos dos seus inimigos.
Ai, querida, vin cousas moito peores ca esa.
Ola, podo axudalas?
Ola, chamei antes por un pedido para unha voda.
Está Derek Ward por aquí?
Abaixo.
Alfil a E6.
Cal é o teu plan, Bogdan?
Esta é desas cousas que queres saber, pero terás que adiviñar.
Tes razón.
E había outra cousa que che quería preguntar.
- Impórtache? - Claro que non.
O primeiro tipo que mataron, o albanel.
Ese...
Ai, Deus.
Escapóuseme o nome.
- Tony Curran. - Ese mesmo, si.
Pois polo que escoitei,
creo que sei quen o matou.
- En que podo axudar? - Quería presentarme, Derek.
Podo chamarte Derek ou prefires Bobby?
Elizabeth Best. Esperaba que apareceses.
Mataches a Ian Ventham e Tony Curran?
Directa ó gran.
Foi vostede?
Para quedar con todo Coopers Chase?
Non, señoras.
Non fun eu, aínda que quería.
Onde estaba cando mataron a Tony Curran?
No hotel Dorchester, preparando os arranxos florais
para o vixésimo primeiro aniversario do príncipe Khalid Al-Berro.
Poden confirmalo máis de 200 testemuñas.
Non é unha tapadeira?
Es florista?
Ai, coller flores frescas
e podalas
é a miña paixón,
o único real que teño.
Temos información de que agora é o único dono de Coopers Chase.
Si, por desgraza.
Xa non é unha inversión que me interese.
E que vai facer con ela?
Vender o terreo todo o rápido e caro que poida.
Escoito cando Elizabeth fala, Bogdan,
e semella que...
Estabas nunha situación complicada, non?
Con túa nai.
Si.
Cabalo a E4.
Non quero ser groseiro, Bogdan,
pero mataches a Tony Curran?
Cres que o matei eu?
Si, penso que si.
Por desgraza, si.
Cabalo a E2.
Donna, poderías saír un momentiño?
- Que pretende? - Tranquila, estarei ben.
Entón...
Gústache a privacidade.
É unha ameaza? Non llo recomendo.
Collemos tres traballadores polacos máis en Ámsterdam, xefe.
Teño os pasaportes...
Colledes traballadores en Ámsterdam?
E por que che trouxo os pasaportes, Bobby?
Para gardalos.
Si, sorpresa.
Facemos negocios.
Sabes que traer traballadores ilegais ó país
e quitarlles a identificación
vai contra a lei, Bobby?
Poñeríavos 25 anos a mercé da súa maxestade,
polo menos.
Que che parece isto?
Detén toda a operación,
os pasaportes e traballadores,
e vende Coopers Chase a un comprador que elixa eu a prezo de mercado
e, a cambio, manterei o segredo da túa identidade e da túa localización.
Mellor será que nin ula a policía por aquí.
Espero que trates ti coa nosa amiga de uniforme.
Se non, fareino eu.
Se lle pasa algo á miña amiga Donna
deixarei en persoa unha ducia de rosas vermellas no teu cadaleito.
Non sei por que o mataches.
Quizais por un bo motivo.
Pero sei que fuches ti.
Es un home moi listo, Stephen.
Supoño que non deixaches probas.
Tes que entendelo, Stephen.
Foi un accidente.
Non tiña intención ningunha de matalo.
Só quería o meu pasaporte. Enténdelo?
Tes que crerme, Stephen.
Stephen.
Ai, Deus, perdón.
Síntoo, rapaz, pero...
Meu Deus.
De que falabamos?
Estabamos a falar da... historia.
Si.
- Queres máis té? - Ai, si, encantaríame.
Grazas.
Cun azucre. Ai, non.
Que Elizabeth non está. Bótame catro.
Temos un trato?
Trato.
Antes dixeches que "facemos".
Negocios. Con quen é?
Co meu socio Tony Curran, que en paz descanse.
Estaba metido neste plan dos pasaportes?
Dividiámonolos.
Algúns quedaban comigo entregando flores.
Tony levaba os demais a Coopers Chase.
Estamos falando de seres humanos.
Polo menos eu devólvolles o pasaporte de cando en vez
para que vaian de visita.
Tony non. Quería todo o poder.
Raramente llos devolvía, ou nunca.
Ai, meu Deus.
Chámaos a todos, Donna. Ron, Ibrahim, Joyce e Hudson.
- Xa. Precisaremos axuda. - Onde?
No meu piso de Coopers Chase. Chegaremos en sete minutos.
- Bébeo, que arrefría. - Grazas.
Que ben.
Stephen, non o bebas, pode estar envelenado.
- Que dis? - Bebíchelo.
Ai, Deus, Donna.
- Ías a algures? - Hoxe non.
Mira, fillo.
Nunca se esquece.
Joyce, Bogdan puido envelenalo.
Está ben.
Bo pulso.
Pero hai que revisalo ben. Chamarei o médico.
Vale.
Bogdan Jankowski, queda detido
polo asasinato de Tony Curran.
Non hai probas e non dixen nada.
Ás veces Stephen non sabe o que di. Non o lembra.
Agardade.
Se falaches con Stephen, non precisa lembrar nada.
Que dis? Por que non nos deixades rematar a partida?
Stephen grava todas as súas partidas.
Cabalo a E4.
Gústalle escoitalo logo para estudar a túa estratexia.
Non tiña intención ningunha de matalo.
Só quería o meu pasaporte. Enténdelo?
Tes que crerme, Stephen.
Ai, Bogdan.
Por que o fixeches?
Foi un accidente.
Só quería o pasaporte.
Quitáramo Tony, así que fun á súa casa, pero non mo devolveu.
Non escoitaba. Entón enfadouse e atacoume.
Tiven que me defender. Era el ou eu. Non tiña elección.
Si, matei a Tony.
Pero non era a miña intención. Non quería que pasase. Síntoo.
E non envelenaches a Stephen, non?
Pois claro que non.
É o meu amigo.
Si, seino.
Veña, levádeo.
JASON "MARTELO" RICHIE DESTRONA O CAMPIÓN NO COMBATE DO ANO
Canto tempo leva a bailar?
- Non o sei. Medio ano? - Que relaxado.
Xa, non parece estar nervioso.
- Encántame iso. - Eu si o estou.
- Iso ponme nervioso. - Parece ballet.
Verdade que si?
- Encántame iso. - Mirade isto.
- Como é que non cae? - E segue a sorrir relaxado.
Ponme moi nervioso.
- Mirade como aterra, si! - Iso é!
Bravo.
- Ronnie, bravo. - Grazas.
Meu Deus.
- Bravo. - Grazas.
Sentimos entrar así, John.
Estamos todos.
A que debemos o pracer?
John, atopei este arquivo.
É o caso sen resolver da muller de branco.
Estaba escondido.
Penny nunca suxeriu miralo.
Ocórreseche por que?
Lembras o caso de Angela Hughes, Pen?
Morreu nun roubo.
Acoitelouna o intruso enmascarado e caeu pola ventá.
Pero non había intruso ningún.
O asasino foi o mozo de Angela, Peter Mercer.
A policía creu a súa historia e non o acusou.
Caíalles ben, era un dos mozos.
Pero ti sabías a verdade, non si?
Sabías que era culpable. Víalo claro.
Penny matou a Peter Mercer.
Verdade, John?
Sabía que ía saír coa súa, así que buscouno e matouno.
Agochou o cadáver no cemiterio. Creo que a axudaches.
E eses foron os ósos que Bogdan atopou sen querer.
Contáchesme ti que ías a misa co padre Mackie nos anos 70.
Iso conéctavos co cemiterio cando desapareceu Peter Mercer.
Pero o que o desvelou todo foron as fotos do lugar do crime,
porque Penny está en todas.
- E que proba iso? - Oficialmente nada, pero mira.
Como mira a Peter Mercer.
A súa expresión.
Os dous sabemos que pon esa ollada
cando vai facer algo importante.
Non podía deixar que ese abusón saíse coa súa.
Xa vira demasiados maltratadores escapar.
Enténdoo, John, pero...
Foi un asasinato.
Mataches ti a Ventham, John.
Sabías que, se sacaba ese cadáver, podería saberse toda a historia.
Así que tiña que caer para protexer a Penny.
Eu faría o mesmo.
Gardas xiringas nese caixón, ou non, John? Vinas.
Que levan as xiringas? Unha gran dose de fentanil?
E sabes como usalas, porque fuches veterinario toda a vida.
Quero tanto a Penny...
Tantísimo.
E de que lle sirvo?
Sento aquí todos os días.
Léolle e cóllolle a man.
Bícoa pola noite.
Pero non podo curala.
Non podo traela de volta.
Pero podía facer unha cousa.
Podías protexela.
Pero ó final, nin sequera puiden facer iso.
Tedes que contarllo á policía.
Poderiades...
Poderiades darme uns momentos con Penny?
Como amigo,
antes de avisar.
Pois claro.
Podedes despedirvos.
Deixámosvos.
Grazas.
Ai, Pen.
Botareite en falta.
Durme ben, querida.
Vaia caza.
O "Thursday Murder Club" resolveu o caso de Angela Hughes,
a muller de branco.
Atopamos as respostas que buscabamos,
mais mereceu o custo?
A pena?
A perda?
Estamos feitos de amor.
Todos.
Diso non hai dúbida.
Cando vos vexo, vexo o amor.
Dun pai polo seu fillo.
Dunha nai pola súa filla.
Dunha muller polo marido que aferra.
Tamén vexo o amor da amizade.
Amizades novas.
Inesperadas.
Das que fan que un home, despois de anos perdido,
sinta que atopou un fogar.
Ás veces, a xente boa fai cousas malas.
O que fixo John foi por amor.
Polo seu amor por Penny.
E o seu amor viaxará polo tempo e o espazo,
e bailarán nas estrelas.
Estrañarémolos.
E nunca os esqueceremos.
Ibrahim,
foi un panexírico fermoso.
Grazas por facelo por min.
Sempre.
Eu non soportaría nin unha frase.
Xa.
- Joyce. - Que?
Isto é para ti.
Era de Penny,
pero queremos que o teñas ti.
Benvida ó "Thursday Murder Club".
Grazas.
É un pracer que esteas oficialmente con nós.
Iso é.
Estou desexando traballar contigo.
- E non esquezas: TST. - O que?
Trae sempre torta.
Mira, Joanna.
Son membro oficial.
Parabéns, mamá.
Lembras que che dixen que non debías vir vivir aquí?
Errei.
Para todo hai unha primeira vez.
Non pensei que te vería feliz tras a morte de papá.
E é grazas a Elizabeth,
a Ron
e a Ibrahim.
E a Coopers Chase,
Pois por que non o mercas?
- Desculpa? - Dixéronme que está á venda.
- Quen? - Un florista.
Que pensas?
Poderiamos quedar todos.
Unha proposta intrigante.
Falemos.
Ai, Joanna.
Mamá.
Grazas.
- Feliz aniversario, amor. - Por outro ano.
Bailamos?
- Por que non? - Como non imos bailar?
Co curta que é a vida.
Ei, tes que vir ver isto. É un chiste.
Que queres que che diga?
- Toma. - Veña, chin chin.
- Mira iso. - É a segunda.
Veña.
- Non vai poder. Saúde, papá. - Saúde.
Marcos antigos. Casei moi nova.
Non creo que Joanna vaia casar.
Gerry estaba moi nervioso. Que bo era ese home.
Ai, Ibrahim, mírate.
- Cantos anos tiñas? - Vinte e dous. E pelo.
Pero seguías sendo guapo.
Subtítulos: Marcos Carou Balado
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.