All language subtitles for Vingadores. A Guerra do Infinito (1080p BluRay x264) (2018).GLG

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified)
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil)
pt Portuguese (Portugal) Download
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

Aquí a nave de refuxiados asgardiana Statesman.

Están atacándonos. Repito, están atacándonos.

Os motores non funcionan, o soporte vital está fallando.

Solicitamos axuda de calquera nave dos arredores.

Estamos a 22 puntos de salto de Asgard.

A nosa tripulación está formada por familias asgardianas.

Somos moi poucos soldados.

Isto non é unha nave de guerra. Repito, isto non é unha nave de guerra.

Escoitade e aledádevos.

Tivestes o privilexio de serdes salvados polo Gran Titán.

Podedes pensar que isto é sufrimento.

Non.

É salvación.

A balanza do universo equilíbrase polo voso sacrificio.

Sorride.

Porque mesmo na morte, convertéstesvos en Fillos de Thanos.

Sei o que se sente ao perder.

Sentir tan desesperadamente que levas razón,

pero aínda así fracasar.

É aterrecedor.

As pernas vólvense de xelatina.

Pero pregúntovos, con que fin?

Por máis que o temas, que fuxas del,

o destino sempre acaba chegando.

E agora, está aquí.

Ou debo dicir...

eu estou aquí.

Falas demasiado.

O Teseracto.

Ou a cabeza de teu irmán.

Supoño que tes unha preferencia.

Así é.

Mátao.

Vale, para!

Non temos o Teseracto.

Foi destruído en Asgard.

Mira que es o peor, irmán.

Asegúrote, irmán,

que o sol volverá brillar sobre nós.

O teu optimismo está onde non debe.

Por unha banda, non son asgardiano.

E por outra,

temos un Hulk.

Déixalle divertirse.

Allfathers,

permitide que a maxia escura flúa a través de min unha derradeira...

vez.

Iso foi un erro.

Non!

Vas morrer por iso.

A miña humilde persoa

axeónllase ante a túa grandeza.

Ningún outro ser tivo o poder,

nin a nobreza

de empuñar non só unha, senón dúas Xemas do Infinito.

O universo está ao teu alcance.

Hai dúas xemas máis na Terra.

Atopádeas, meus fillos, e traédemas a Titán.

Padre, non te fallaremos.

Se podo interromper.

Se ides á Terra, precisaredes un guía.

Eu teño experiencia nesa pista.

Se consideras experiencia o fracaso.

Considero a experiencia experiencia.

Todopoderoso Thanos,

eu, Loki, príncipe de Asgard,

Odinson,

o lexítimo rei de Jotunheim,

deus das trasnadas,

pola presente prométoche

a miña fidelidade inmortal.

Inmortal?

Deberías escoller as túas palabras con máis coidado.

Ti...

nunca serás...

un deus.

Non!

Esta vez sen resurreccións.

Non. Loki.

En serio, non tes cartos?

O apego polo material é desapego do espiritual.

Xa llo direi aos da charcutería.

Igual fanche un bocata de xamón metafísico.

Agarda. Creo que teño 200.

Dólares?

- Rupias. - E iso é?

Un pavo e medio.

Que queres?

Non lle diría que non a un bocata de atún.

Vén Thanos.

Vén.

Quen?

VINGADORES

A GUERRA DO INFINITO

Amodo.

- Dígocho amodo. Que non. - Estás divagando. Perdíchesme.

Mira, sabes cando tes un soño, e no soño queres mexar.

- Si. - Vale.

E logo dis, "Deus. Non hai baños. Que vou facer?"

- "Están mirando". - Claro.

- "Voumo facer nos pantalóns". - E logo espertas

e na vida real tes gañas de mexar.

- Si. - Si.

- Vale. - Pásalle a todo o mundo.

Claro, refírome a iso.

A propósito diso, onte soñei que tiñamos un bebé.

Foi moi real.

Chamámolo coma ao teu tío excéntrico. Como se chamaba?

- Claro. - Morgan!

- Daquela espertaches... - Naturalmente.

...e pensaches que estaba...

- Embarazada. - Xa.

- Si? - Non.

Tiven un soño. Foi moi real.

Se quixeses ter un bebé, non te terías feito iso.

Alédome de que o saques, porque non é nada.

Só é un aloxamento para nanopartículas.

- Non estás axudándote, vale? - Non, é desmontable. Non é...

Non o precisas.

Xa sei que fixen a cirurxía. Só tento protexernos

e aos futuros nós, e xa está.

Por se hai un monstro no armario.

- En lugar de... - Camisas.

Que ben me coñeces.

- Deus. - Rematas as miñas frases.

Deberías ter camisas no armario.

Si.

Sabes o que non debería haber? Máis sorpresas.

Imos ter unha cea bonita esta noite.

A lucir esta alianza de Harry Winston.

Si? E non deberiamos ter máis sorpresas. Na vida.

Debería prometercho.

- Si. - Fareino.

Grazas.

Tony Stark.

Son o Doutor Stephen Strange. Necesito que veña comigo.

Parabéns pola voda, por certo.

Perdoa, regalas entradas?

Precisamos a súa axuda.

Non esaxero se digo que o destino do universo está en xogo.

E quen "precisamos"?

Ola, Tony.

Bruce.

- Pepper. - Ola.

Estás ben?

Nos albores do universo, non había nada.

Logo...

O Big Bang lanzou seis cristais elementais

a través do universo virxe.

Cada unha destas Xemas do Infinito

controla un aspecto esencial da existencia.

Espazo.

Realidade.

Poder.

Alma.

Mente.

E Tempo.

Volve dicirme como se chama.

Thanos.

É unha praga, Tony. Invade planetas. Leva o que quere.

Aniquila á metade da poboación.

Enviou a Loki.

O ataque de Nova York, foi el.

Isto é el.

Canto tempo temos?

Non sabemos. Ten as Xemas Poder e Espazo.

Iso xa o fai a criatura máis forte de todo o universo.

Se se fai coas seis xemas, Tony...

Podería destruír a vida a unha escala insospeitada outrora.

En serio dixo "insospeitada outrora"?

En serio estás estirando no Caldeiro do Cosmos?

Chámase así?

Voucho permitir.

Se Thanos precisa as seis, por que non botamos esta ao triturador do lixo?

Non podemos.

Xuramos protexer a Xema Tempo coas nosas vidas.

E eu xurei non volver probar os lácteos, pero logo

Ben & Jerry's sacou un sabor co meu nome. Así que...

- Delirios de abelá Stark. - Non está mal.

Un pouco esbrancuxado.

Un anaco de Hulk de turrón ardente é o noso favorito.

- Iso existe? - Dá igual. Digo que as cousas cambian.

O noso xuramento de protexer a Xema Tempo non pode cambiar.

E esta xema pode ser a mellor opción que temos contra Thanos.

Si, e á inversa, tamén pode ser a súa mellor opción contra nós.

Se non facemos o noso traballo.

Cal é o teu traballo? Aparte de facer animais con globos.

Protexer a vosa realidade, imbécil.

Vale. Podemos aprazar esta discusión?

O feito é que temos esta xema. Sabemos onde está.

Visión está por aí coa Xema Mente e temos que atopalo agora.

Ese é o problema.

A que te refires?

Hai dúas semanas, Visión apagou o seu transpondedor. Está desconectado.

- O que? - Si.

Tony, perdiches outro súper robot?

Non o perdín. É máis ca iso. Está evolucionando.

Daquela quen podería atopar a Visión?

Merda.

Probablemente Steve Rogers.

Xenial.

Pode.

Pero...

Chámao.

Non é tan doado.

Deus, hai moito que non falamos, non si?

Non.

Os Vingadores separáronse. Estamos desfeitos.

Separástesvos?

Como unha banda? Coma os Beatles?

O Cap e máis eu pelexámonos.

Non nos falamos.

Tony, escóitame.

Thor morreu.

Thanos vén. Non importa con quen te fales.

Un móbil con tapa.

Doc, non estarás movendo o pelo?

Agora mesmo non.

Está ben?

- Axúdao! - Banner!

- Wong! Dáte vida! - Vai! Xa nos encargamos!

Friday, que estou mirando?

Non estou segura. Estou mirándoo.

Mellor que poñas esa Xema Tempo no peto traseiro, Doc!

Mellor que a use.

Ned, oe. Preciso que causes unha distracción.

Hostia puta.

Imos morrer todos!

Hai unha nave espacial!

- Que está pasando? - Deus!

Que vos pasa, rapaces? Nunca vistes unha nave espacial?

Friday, evacúa a calquera ao sur da Rúa 43. Avisa a urxencias.

Vou.

Escoitade e aledádevos.

Estades a piques de morrer a mans dos Fillos de Thanos.

Agradecede que as vosas insignificantes vidas agora contribúen...

Perdoa, a Terra hoxe está pechada.

Mellor que recollas e marches.

Gardián da xema.

Este animal charlatán fala no teu nome?

Claro que non. Falo por min mesmo.

Estás entrando sen permiso nesta cidade e neste planeta.

Quere dicir que te vaias á porra, cabeza de Lura.

Tenme farto.

Tráeme a xema.

Banner, queres xogar?

Non moito. Pero cando fago o que quero?

Así é.

Vale. Empurra!

Xa fai tempo.

Vai estar ben terte por aquí, amigo.

Vale.

Déixame... Teño que concentrarme un pouco.

Veña, vamos.

Deus!

Onde está o teu colega?

Non sei. Tivemos os nosos máis e os nosos menos.

- Non é momento. - Xa o sei.

Mira o que vén por aí. Veña.

Meu, estás avergonzándome diante dos magos.

Tony, síntoo. Ou non podo ou el non quere.

Tranquilo.

Déixao. Coida del. Grazas.

- Encárgome. - Merda.

De onde saíu iso?

É nanotecnoloxía. Gústache? É unha cousiña que...

Dr. Banner, se o resto do seu amigo verde non se vai unir a nós...

Temos que sacar esa xema de aquí, agora.

Queda comigo.

Exacto. Abur.

Tony, estás ben?

Como imos? Ben? Mal?

Moi ben. Macanudo. Tes pensado botar unha man?

Estou tentándoo. Non quere saír.

Martelo.

Veña, Hulk! Que me estás facendo?

Sal!

Non!

Que queres dicir con "non"?

Ola, amigo. Que tal, Sr. Stark?

- Neno, de onde saes? - Dunha excursión ao MoMA.

Que lle pica a este fulano, Sr. Stark?

É do espazo. Viu roubarlle un colar a un mago.

Os teus poderes son pintorescos. Debes ser popular cos nenos.

É un feitizo sinxelo, pero bastante inquebrantable.

Daquela quitareino do teu cadáver.

Verás que eliminar o feitizo dun morto é complicado.

Vas desexar estar morto.

Non!

Neno, ese é o mago. Vai con el.

Vou!

Non mola.

Pilleite!

Agarda!

Sr. Stark, están teletransportándome, coma en Star Trek.

Aguanta, neno.

Wong, estás invitado á miña voda.

Méteme caña, Friday.

Desbloquea o 17-A

Pete, tes que soltarte. Cóllote eu.

Pero dixeches que salvase ao mago!

Non podo respirar.

Estamos demasiado alto. Quedas sen aire.

Si. Ten sentido.

Sr. Stark, cheira a coche novo!

Boa viaxe, neno.

- Friday, mándao a casa. - Si.

Veña, home!

Xefe, chámalle a Srta. Potts.

Tony? Deus. Estás ben? Que está pasando?

Estou ben. Pero creo que imos ter que retrasar a reserva das 20:30.

Por que?

Porque non creo que volva nun tempo.

Dime que non estás nesa nave.

Si.

Deus, non, por favor, dime que non estás na nave.

Cariño, síntoo.

- Perdoa, non sei que dicir. - Volve, Tony. Xúroche por Deus.

- Pep. - Volve aquí agora mesmo.

Volve.

Xefe, perdémola.

Eu tamén fallo.

Deus!

Debín quedar no bus.

Onde vas?

Levaron a Xema Tempo.

O Santuario queda desgornecido.

Ti que vas facer?

Vou facer unha chamada.

The Rubberband Man Detroit R&B, 1976

O ESPAZO

Canta, Drax!

Por que facemos isto?

É unha chamada de socorro, Rocket. Podería morrer alguén.

Iso compréndoo, pero por que o facemos?

Porque somos boa xente.

E igual nos dan algo de panoxa polo esforzo.

- Iso non é o importante. - Iso non é o importante.

E se non soltan a pasta...

Quitámoslle a nave.

- Exacto! - Bingo!

Moi ben!

Estamos chegando.

Moi ben, Gardiáns, non esquezades que isto pode ser perigoso,

así que ponde cara de malotes.

Groot, deixa iso agora. Que non cho teña que repetir.

Groot.

Eu son Groot!

- Ala! - Esa boca!

- Para! - Vaia!

Que landras tes, rapaz.

Deste que tes zume volvícheste un capullo integral.

Ti segue así e esmágote esa cousa.

Que pasou?

Deus.

Semella que non nos van pagar.

Dálle aos limpaparabrisas!

Sácao de aí.

Como carallo segue vivo este fulano?

Non é un fulano.

Ti es un fulano.

Este é un home.

Un home guapo e musculoso.

Eu son musculoso.

A quen queres enganar, Quill? Estás a un bocata de seres gordo.

Si, claro.

- É certo, Quill. Colliches peso. - O que?

Gamora, pensas que...?

Está nervioso, anoxado.

Sente unha tremenda perda e culpa.

É coma se un pirata tivese un fillo cun anxo.

Vaia.

É un toque de atención para min. Vale.

Vou mercar un banco de exercicios. Vouno tomar en serio. E unhas mancuernas.

Sabes que non se comen, verdade?

É coma se os seus músculos estivesen feitos de fibras de metal Cotati.

Deixa de manosearlle os músculos.

Espértao.

Esperta.

Quen carallo sodes?

Desde que coñezo a Thanos, só tivo un obxectivo.

Levar o equilibrio ao universo aniquilando á metade da vida.

Adoitaba matar xente planeta a planeta, masacre a masacre.

Incluído o meu.

Se consegue as seis Xemas do Infinito

pode facelo chascando os dedos, así.

Moito sabes ti de Thanos.

Gamora é filla de Thanos.

Teu pai matou a meu irmán.

Xa empezamos.

Padrasto, tecnicamente.

E ela ódiao tanto coma ti.

A familia pode ser dura.

Antes de que morrese meu pai, díxome que tiña unha media irmá,

que encarcerou en Hel.

E logo regresou a casa e acoiteloume no ollo.

Así que tiven que matala.

Pero así é a vida, non si? Dá voltas e voltas e...

sinto a túa dor.

Eu tamén sinto a túa dor, porque...

A ver, non é unha competición, pero eu paseino moi mal.

Meu pai matou a miña nai.

E logo tiven que matar a meu pai. Foi duro.

Probablemente máis duro que ter que matar unha irmá.

Ademais, saín cos dous ollos, o que é...

Preciso un martelo, non un culler.

Como se abre esta cousa? Hai algún tipo de...

Un código de catro díxitos? Igual unha data de aniversario.

- Que fas? - Coller a vosa cápsula.

Non tal.

Hoxe non vas levar a nosa cápsula, señor.

Quill, estás pondo a voz grave?

- Non. - Si.

Estás imitando ao deus. Que chungo.

Non tal.

- Acaba de volver facelo! - Esta é a miña voz.

Búrlaste de min?

- Búrlaste ti de min? - Para. Volviches facelo.

- Tenta copiarme. - Tes que deixar de facer iso.

- Abondo! - Comezou el.

Temos que deter a Thanos.

O que significa que temos que saber onde vai a continuación.

Knowhere.

A algures irá.

Non. A Knowhere?

É un lugar. Estimemos aí. É feísimo.

- Perdoa, esa é a nosa comida. - Xa non.

Thor, por que ía ir a Knowhere?

Porque durante anos,

a Xema Realidade estivo gardada a salvo aló cun home chamado o Coleccionista.

Se está co Coleccionista, non está a salvo.

Só un idiota daríalle a ese home unha xema.

- Ou un xenio. - Como sabes

que non vai por algunha das outras xemas?

Hai seis xemas.

Thanos xa ten a Xema Poder

porque roubouna a semana pasada cando decimou Xandar.

Rouboume a Xema Espazo

cando destruíu a miña nave e masacrou á metade da miña xente.

As Xemas Tempo e Mente están a salvo na Terra. Están cos Vingadores.

- Os Vingadores? - Os heroes máis poderosos da Terra.

Coma Kevin Bacon?

Pode que estea no equipo. Non sei. Levo tempo sen ir.

Respecto á Xema Alma, ninguén a viu.

Ninguén sabe onde está.

Por tanto, Thanos non pode conseguila. Por tanto, vai a Knowhere.

Por tanto, vai facerse coa Xema Realidade.

De nada.

Daquela imos agora a Knowhere.

Incorrecto. Onde temos que ir é Nidavellir.

- Esa palabra é inventada. - Todas as palabras son inventadas.

Nidavellir é real? En serio?

Ese lugar é unha lenda.

Fan as armas máis poderosas e horribles para atormentar o universo.

Gustaríame moito ir aí, por favor.

O coello ten razón e claramente é o máis intelixente de vós.

Coello?

Só Eitri o Anano pode facerme a arma que preciso.

Supoño que es o capitán, señor.

Es moi perspicaz.

Semellas un líder nobre. Irías comigo á miña misión a Nidavellir?

Déixame preguntarlle ao capitán. Agarda, se son eu!

- Si. Vou. - Marabilloso!

- Agás que o capitán son eu. - Cala.

- Esa é a miña mochila. - Vai sentar.

Mira, esta nave é miña.

E non vou...

Agarda, de que tipo de arma falamos?

Das que matan a Thanos.

Non cres que todos deberiamos ter unha arma así?

Non. Simplemente non tendes a forza para empuñalas.

Os vosos corpos desfaríanse mentres as vosas mentes colapsarían na tolemia.

É estraño que aínda queira ir máis?

Un pouquiño si.

Se non imos a Knowhere e Thanos recupera outra xema,

vai ser demasiado poderoso para detelo.

- Xa o é. - Xa sei o que facer.

Temos dúas naves e un gran surtido de paspáns.

Daquela Groot e máis eu iremos co anxo pirata.

E os paspáns iredes a Knowhere a tentar deter a Thanos.

- Ben? Ben. - Perfecto.

Para que conste,

sei que vas con el porque é onde non está Thanos.

Mira, non deberías falarlle así ao teu capitán, Quill.

Vamos, Groot.

Para co xogo. Vaite podrecer os miolos.

Deséxovos unha boa viaxe e boa sorte, paspáns.

Abur.

Vis?

Outra vez a xema?

É como se me falase.

Que di?

Non sei, pero algo.

Mira.

Dime o que sentes.

Síntote a ti.

Hai un tren ás 10:00 a Glasgow

que nos daría máis tempo xuntos antes de que volvas.

E se perdo ese tren?

Hai un ás 11:00.

E se perdo todos os trens?

E se esta vez non regreso?

Pero décheslle a túa palabra a Stark.

Prefiro darcha a ti.

Tamén hai xente que me agarda a min.

Os dous fixemos promesas.

Non o un ao outro.

Wanda.

Durante dous anos, roubamos estes momentos,

tentando ver se isto funcionaría e...

non sei.

Sabes que? Vou falar por min mesmo.

Creo...

- que funciona. - Funciona.

Funciona.

Queda.

Queda comigo.

Ou non. Se me estou pasando...

Que é iso?

Do que me advertía a xema.

Teño que marchar.

Non, Visión.

Visión, se iso é certo, igual non é a mellor idea.

Wanda, eu...

Visión!

A folla, evitou que cambiase de fase.

- Iso é posible? - Non debería.

Os meus sistemas están fallando.

Comezo a crer que debiamos ter quedado na cama.

Vis!

Dáme a xema e ela vive.

Quítalle as mans de enriba.

Vamos.

Veña, érguete.

Érguete. Veña.

Mira. Temos que marchar.

Por favor. Por favor, marcha.

Pedíchesme que quede.

- Vou quedar. - Por favor.

- Érguete. - Non podo.

Non queremos matarvos, pero farémolo.

Non volveredes ter ocasión.

Podes erguerte?

Grazas, Capitán.

Imos levarte ao avión.

Pensaba que tiñamos un trato.

Permanecer preto, chamar, non correr riscos.

Perdoa.

Só queriamos tempo.

Cara a onde, Cap?

Casa.

Estaremos a salvo.

Zehobereis.

Madre! Onde está miña nai?

Escollede un lado ou morrede.

Madre!

Un lado é unha revelación,

o outro é unha honra só coñecida por uns poucos.

Que pasa, pequena?

Miña nai. Onde está miña nai?

Como te chamas?

Gamora.

Es boa loitadora, Gamora.

Ven.

Déixame axudarche.

Mira.

Bonito, non si?

Perfectamente equilibrado, como deberían estar todas as cousas.

Demasiado cara a un lado ou o outro...

Toma. Proba.

Agora, ide en paz coñecer ao voso creador.

Concéntrate.

Aí. Mira como sabes.

Gamora.

Sabes se estas granadas son das que estouran ou das que botan gas?

Porque pensaba colgarme un par no cinto.

- Pero non quero se son das... - Teño que pedirche un favor.

Si, claro.

Dun xeito ou doutro, este camiño lévanos a Thanos.

Para iso son as granadas.

Perdoa. Cal é o favor?

Se as cousas saen mal,

se Thanos me captura,

quero que me prometas...

que me matarás.

O que?

Sei algo que el non.

E se o descubre, todo o universo podería estar en risco.

Que sabes?

Se cho digo, ti tamén o saberías.

Se é tan importante,

non debería?

Só se queres morrer.

Por que sempre ten que morrer alguén?

Só...

Confía en min. E seguramente mátame.

A ver, gustaríame.

De verdade. Pero ti...

Xúramo.

Xúramo pola túa nai.

Vale.

Vale.

Meu. Canto tempo levas aí?

Unha hora.

Unha hora?

En serio?

Dominei a habilidade de permanecer tan estático

que me volvo invisible.

Mirade.

Estás coméndote un Pelotazo.

Pero o meu movemento

era tan lento

que é imperceptible.

Non.

Estou seguro de ser invisible.

Ola, Drax.

Merda.

Este lugar parece deserto.

Detecto movemento no terceiro cuadrante.

Si, eu tamén.

Aterremos aquí.

Non a teño.

Todo o mundo na galaxia sabe que venderías ao teu propio irmán

se pensases que así engadirías o máis mínimo abelorio á túa patética colección.

Sei que tes a Xema Realidade, Tivan.

Darma evitarache moito sufrimento.

Xa cho dixen.

Vendina.

Por que ía mentir?

Imaxino que para ti é como respirar.

Coma o suicidio.

Si que entendes.

Nin sequera ti desfaríaste de algo tan valioso.

Non sabía o que era.

Daquela es máis parvo do que pensaba.

É el.

Derradeira oportunidade, laretas.

Onde está a xema?

Hoxe...

Drax.

...vai pagar polas mortes da miña muller e a miña filla.

Drax, agarda.

Aínda non.

Drax.

Drax. Escóitame.

Aínda non ten a xema.

Se nos facemos con ela, podemos detelo.

Primeiro temos que facernos coa xema. Si.

Non.

Non. Por Ovette, por Camaria.

Durme.

Vale.

Gamora, Mantis, vós ide pola dereita.

Pola outra dereita.

Por que?

Por que ti, filla?

Foiche rápido.

Magnífico!

É tristura o que percibo, filla?

No meu corazón, sabía que aínda te importaba.

Pero ninguén o sabe de seguro.

A realidade adoita ser decepcionante.

A ver, érao.

Agora...

A realidade pode ser o que eu queira.

Sabías que viría.

Contaba con iso.

Hai unha cousa que temos que falar, pequena.

Thanos!

Non!

Sóltaa, Grimace. [NT: Grimace é unha mascota de McDonald's]

Peter.

Díxenche que foses pola dereita.

Agora? En serio?

Sóltaa.

O mozo.

Non.

Gústame máis pensar que son un asasino de titáns, ligue de longa duración.

- Sóltaa. - Peter.

Vouche arrincar esa queixada que parece o forro dos collóns da cara.

A el non.

Prometíchelo.

Filla.

Agardas moito del.

Pediucho, non si?

Faino.

Faino!

Díxenche que foses pola dereita.

Quérote máis ca nada.

Eu tamén te quero.

Cáeme ben.

Segue sen saberse nada de Visión?

Os satélites perderon por Edimburgo.

Nun quinjet roubado con catro dos criminais máis buscados do mundo.

Sabe que só son criminais porque

vostede escolleu chamarlles así, certo, señor?

Deus, Rhodes.

O seu talento para as trapalladas rivaliza co meu.

De non ser por eses Acordos, Visión estaría aquí mesmo.

Lembro a súa sinatura neses papeis, coronel.

Así é.

E estou bastante seguro de que xa paguei por iso.

Ten dúbidas?

Xa non.

Sr. Secretario.

Que valor teñen.

Vóullelo recoñecer.

Viríalle ben un pouco.

O mundo está en chamas.

E pensan que perdóase todo?

Non busco perdón. E xa deixei de pedir permiso.

A Terra acaba de perder ao seu mellor defensor.

Así que estamos aquí para loitar.

E se quere meterse en medio,

tamén loitaremos contra vostede.

Detéñaos.

Non se preocupe.

Iso é un consello de guerra.

Alédome de verte, Cap.

Eu tamén, Rhodes.

Ola.

Rapaces,

vaia pintas tendes.

Deberon ser un par de anos duros.

Si, os hoteis non eran de cinco estrelas.

Eu penso que estás xenial.

Si, estou de volta.

Ola, Bruce.

Nat.

Isto é incómodo.

Daquela asumimos que van volver, non?

E claramente poden atoparnos.

Precisamos a todos. Onde está Clint?

Despois do problema dos Acordos, Scott e el fixeron un trato.

Foi demasiado duro para as súas familias. Están en arresto domiciliario.

- Quen é Scott? - Ant-Man.

Hai un Home Formiga e un Home Araña?

Vale, mirade.

Thanos ten o meirande exército do universo,

e non vai parar ata facerse...

coa xema de Visión.

Daquela temos que protexelo.

Non, temos que destruíla.

Levo dándolle moitas voltas a esta entidade da miña testa.

Sobre a súa natureza.

Pero tamén a súa composición.

Creo que se estivese exposta a unha fonte de enerxía o bastante poderosa,

algo moi similar á súa propia sinatura, se cadra

a súa integridade molecular podería fallar.

Claro, e ti con ela.

Non imos falar disto.

Eliminar a xema é o único xeito de asegurarnos de que Thanos non a acada.

É un prezo demasiado alto.

Só ti tes o poder para pagalo.

Thanos ameaza á metade do universo.

Unha vida non pode pórse en medio de defendelas.

Pero debería.

Non comerciamos con vidas, Visión.

Capitán, hai 70 anos, ti entregaches a túa vida

para salvar cantos millóns de persoas?

Dime por que isto é diferente?

Porque pode que ti teñas elección.

A túa mente está formada por unha estrutura complexa de capas superpostas.

Jarvis, Ultron, Tony, eu, a xema.

Todas mesturadas, todas aprendendo a unha da outra.

Dis que Visión non é só a xema?

Digo que se quitamos a xema,

segue quedando moita Visión. Se cadra as mellores pares.

Podemos facelo?

Eu non, non aquí.

Pois mellor que atopedes a alguén e algures ben rápido.

Ross non vai deixarvos quedar cos antigos dormitorios.

Sei dun sitio.

A garda real e a Dora Milaje foron avisadas.

E a Tribo da Fronteira?

O que queda dela.

Avisa tamén aos Jabari.

A M'Baku gústalle unha boa pelexa.

E este?

Este pode que estea farto da guerra.

Pero o Lobo Branco xa descansou abondo.

Onde hai pelexa?

En camiño.

En todo o tempo que servín a Thanos,

nunca lle fallei.

Se chego ao punto de reunión en Titán

coa Xema Tempo aínda pegada á túa lixeiramente irritante persoa,

habería un xuízo.

Dáme

a xema.

Es unha prenda de abrigo ben leal, a que si?

Falando de lealdade...

Pero que...?

- Sei o que vas dicir. - Non deberías estar aquí.

- Ía ir á casa. - Non quero escoitalo.

Pero a viaxe de volta era moi longa e de camiño pensei en ti...

- E agora teño que oílo. - ...e quedei nun lateral da nave.

E este traxe é súper intuitivo, por certo.

Miña nai querida.

En todo caso, é culpa túa que estea aquí.

- Que dixeches? - Retíroo.

- E agora, estou no espazo. - Si, xusto onde non quería que estiveses.

Isto non é Coney Island. Non é unha excursión.

Isto só ten billete de ida. Entendes?

- Non finxas que o pensaches ben. - Non, si que o pensei.

É imposible que o pensases ben.

Non podo ser o amigable Spider-Man do barrio se non hai barrio.

Iso non tivo sentido, pero xa sabes o que quero dicir.

Ven. Temos un problema.

Ves ese de abaixo? Está en apuros. Cal é o teu plan?

Veña.

Vale.

Ben. Viches a peli esa vellísima, "Alien"?

Doen, a que si?

Orixinalmente deseñáronse para microcirurxía.

E calquera delas

podería rematar coa vida do voso amigo nun instante.

Hei de dicirche que non é realmente o meu amigo.

Salvarlle a vida é máis ben cortesía profesional.

Non salvaches nada.

Os teus poderes son intranscendentes comparados cos meus.

Xa, pero o rapaz viu máis pelis.

Si! Agarda. Que é iso?

Ola, non nos presentamos oficialmente.

Guai.

Temos que darlle a volta a esta nave.

Xa, agora quere fuxir. Gran plan.

Non, quero protexer a xema.

E eu quero que me deas as grazas, Agora, veña. Escoito.

Por que? Por case lanzarme ao espazo?

Quen acaba de salvarche o cu máxico? Eu.

De verdade, non sei como metes a cachola no casco.

Recoñéceo, debiches fuxir cando cho dixen.

Tentei mandarte ao banco. Non quixeches.

Ao contrario có resto de xente da túa vida, non traballo para ti.

E debido a iso, agora estamos nun donut que voa

a miles de millóns de quilómetros da Terra sen reforzos.

- Eu son un reforzo. - Non, ti es un polisón.

Os adultos están falando.

Perdón, estou confuso con esta relación.

Que é, o teu titor legal?

Non.

- Son Peter, por certo. - Doutor Strange.

Empregamos os nomes inventados.

Daquela son Spider-Man.

Esta nave está autocorrixindo o seu curso. Está co piloto automático.

Podemos controlala?

Levarnos a casa?

- Stark? - Si.

Pode levarnos a casa?

Si, xa te oín.

Penso que non estou seguro de que debamos.

Baixo ningunha circunstancia podemos levarlle a Xema Tempo a Thanos.

Non creo que comprendas ben o que hai en xogo.

O que? Non. Es ti o que non comprendes

que Thanos leva seis anos na miña cabeza.

Desde que enviou un exército a Nova York e agora volveu.

E non sei o que facer.

Daquela non estou seguro de se é mellor loitar contra el no noso campo ou no seu,

pero xa viches o que fixeron, o que poden facer.

Polo menos no seu campo non o agarda.

Así que propoño que levemos a pelexa a el.

Doutor.

Estás de acordo?

Moi ben, Stark. Imos onde el.

Pero tes que comprender

que se teño que decidir entre salvarte a ti ou ao rapaz ou a Xema Tempo,

non dubidarei en deixarvos morrer.

Non podo, porque o universo depende diso.

Que ben. Vale, compás moral.

Imos dereitos.

Moi ben, neno.

Agora es un Vingador.

Pensei que terías fame.

Sempre odiei esa cadeira.

Iso me dicías..

Aínda así, agardaba que sentases nela un día.

Odiaba esta sala.

Esta nave.

Odiaba a miña vida.

Tamén me dicías iso.

A diario.

Durante case 20 anos.

Era unha nena cando me colliches.

Salveite.

Non.

Non. Eramos felices no meu planeta natal.

Ir á cama famentos, mendigando sobras.

O teu planeta estaba ao bordo do colapso. Fun eu quen detivo iso.

Sabes o que pasou desde entón?

Os nenos que naceron

non coñeceron outra cousa ca bandullos cheos e ceos despexados.

É un paraíso.

Porque asasinaches a medio planeta.

Un pequeno prezo pola salvación.

Estás tolo.

Pequena, é un cálculo sinxelo.

Este universo é finito, os seus recursos finitos.

Se a vida non se controla, a vida deixa de existir.

Precisa corrección.

Iso non o sabes!

Son o único que o sabe.

Polo menos, son o único coa vontade de actuar.

Durante un tempo,

ti tiveches esa mesma vontade,

cando loitaches ao meu carón.

Filla.

Non son a túa filla.

Todo o que odio de min ensináchesmo ti.

E ao facelo, convertinche na muller máis feroz da galaxia.

Por iso confieite a Xema Alma.

Lamento defraudarte.

Estou defraudado.

Pero non porque non a atopases.

Senón porque si que a atopaches.

E mentiches.

Nebula.

Non o fagas.

Hai un tempo, túa irmá entrou sen avisar nesta nave para matarme.

Por favor, non o fagas.

E case o consegue.

Así que a trouxen aquí.

Para falar.

Para.

Xúrocho pola miña vida.

Nunca atopei a Xema Alma.

Accedendo aos arquivos da memoria.

Xa sabes o que está a piques de facer.

Por fin está preparado, e vai polas xemas.

- Por todas. - Nunca poderá conseguilas.

- Farao! - Non pode, Nebula.

Porque atopei o mapa da Xema Alma

e convertino en cinzas. Queimeino.

Es forte.

Vénche de min.

Es xenerosa.

Vénche de min.

Pero nunca te ensinei a mentir.

Por iso falo tan mal.

Onde está a Xema Alma?

Vormir!

A xema está en Vormir.

Amósamo.

Eu son Groot.

Mexa na cunca. Non miramos. Que hai que ver?

Que é unha póla? Todo o mundo viu antes unha póla.

Eu son Groot.

Árbore, bota o que hai na cunca ao espazo e volve mexar na cunca.

Falas Groot?

Si, ensínano en Asgard. Era optativa.

Eu son Groot.

Xa te decatarás cando esteamos preto.

A forxa de Nidavellir aproveita o poder abrasador dunha estrela de neutróns.

É o lugar de nacemento do meu martelo.

É abraiante.

Ben, hora de ser o capitán.

Daquela o irmán morto?

Si, pode ser irritante.

Xa morreu antes.

Pero non, esta vez penso que pode ser verdade.

E dixeches que túa irmán e teu pai?

Tamén mortos.

Pero aínda tes nai?

Asasinouna un elfo escuro.

Un mellor amigo?

Acoitelado no corazón.

Seguro que estás preparado para esta misión asasina en particular?

Por suposto.

A rabia, a vinganza, a ira, a perda, o lamento...

son motivadores tremendos. Acláranche moito a mente.

Así que podo facelo.

Si, pero este Thanos do que falamos

é o máis duro que hai.

- Nunca loitou contra min. - Si que loitou.

Nunca loitou dúas veces contra min.

E vou ter un martelo novo, non o esquezas.

Mellor que che sexa un martelo boísimo.

Verás, teño 1.500 anos.

Matei o dobre de inimigos.

E cada un deles quería matarme, pero ningún tivo éxito.

Só estou vivo porque o destino quéreme vivo.

Thanos só é o último dunha longa liña de cabróns

e será o último en sentir a miña vinganza.

O destino así o quere.

E se te trabucas?

Se me trabuco, entón...

que máis podo perder?

Eu podería perder moito. Eu, persoalmente, podería perder moito.

Vale.

Se o destino quere que mates ese saco de merda

vas precisar máis dun ollo.

- Que é isto? - A ti que te parece?

Un pastrán perdeu unha aposta comigo en Contraxia.

Deuche o seu ollo?

Non, deume 100 créditos.

Metinme no seu cuarto esa noite e roubeille o ollo.

Grazas, colleíño.

Eu teríao lavado.

O único xeito de sacalo de Contraxia foi metido no...

Mira, xa chegamos!

Creo que isto non funciona.

Todo semella escuro.

Non é o ollo.

Algo vai mal.

A estrela apagouse.

E os aneis están conxelados.

Agardo que estes ananos sexan mellores forxando que limpando.

Igual decatáronse de que viven vertedoiro en medio do espazo.

Esta forxa non se apagou en séculos.

Dixeches que Thanos tiña un guantelete, non si?

Si, por que?

Parecíase en algo a iso?

Eu son Groot.

Volvede á cápsula.

Eitri, agarda!

Para!

Para.

Thor?

Que pasou aquí?

Tiñades que protexernos.

Asgard tiña que protexernos.

Asgard está destruído.

Eitri, o guante. Que fixeches?

300 ananos vivían neste anel.

Pensei que se facía o que pedía, estarían a salvo.

Fixen o que quería.

Un dispositivo quen de aproveitar o poder das xemas.

E logo matou a todos.

A todos agás a min.

"A túa vida é túa", dixo.

"Pero as túas mans só son miñas".

Eitri, non se trata das túas mans.

Cada arma que deseñaches, cada machada, martelo, espada...

Telo todo na cabeza.

Sei que semella que se perdeu toda esperanza.

Confía en min, seino.

Pero xuntos, ti e máis eu, podemos matar a Thanos.

Mantis, escoita con atención.

Tes que reunirte comigo en Titán.

Que pasa?

Creo que chegamos.

Non creo que este invento aparque só.

Mete a man no cardán da dirección.

- Entendes. - Si

Isto está feito para un tipo ben grande, así que temos que movelo á vez.

Vale. Listo.

Igual mellor se viramos.

Vira!

Estás ben?

Estivo preto.

Déboche unha.

Xa vos digo agora, que se os extraterrestres

acaban implantándome ovos no peito ou algo así,

e vos como a un de vós, perdón.

Non quero que soltes outra referencia á cultura popular

no resto da viaxe. Entendes?

Tento dicir que vén algo.

Thanos!

Por favor, non me implantes ovos!

Queda no chan, pallaso.

Morre, manta da morte!

Quedade todos onde estades. Relaxádevos.

Vouno preguntar unha soa vez.

Onde está Gamora?

Xa. Eu teño unha mellor. Quen é Gamora?

Eu teño unha mellor. Por que é Gamora?

Dime onde está a rapaza ou xúroche que vou fritir ao friki este.

Veña. Dispáralle e eu esnaquizo a este. Dálle!

Faino, Quill! Podo resistilo.

- Non, non pode! - Leva razón. Non podes.

Si? Non queres dicirme onde está? Pois moi ben.

Matareivos aos tres e xa llo sacarei a Thanos a hostias.

Comezando por ti.

Agarda, que, Thanos? A ver, voucho preguntar unha vez.

A que mestre serves?

A que mestre sirvo? Que teño que dicir, a Xesús?

- Es da Terra. - Non son da Terra, son de Missouri.

Xa, iso está na Terra, badulaque.

Por que nos molestas?

Daquela non estades con Thanos?

Con Thanos?

Non, vin matar a Thanos.

Levou á miña rapaza. Agarda, ti de quen vés sendo?

Dos Vingadores, meu.

Sodes dos que falou Thor.

Coñecedes a Thor?

Si. Fulano alto, non tan guapo, precisa que o salven.

Onde está agora?

Este é o plan? Imos golpealo cun ladrillo?

É un molde.

Unha arma de rei.

Destinada a ser a mellor de Asgard.

En teoría, mesmo podería chamar ao Bifröst.

Ten nome?

Rachatreboadas.

Igual flipácheste.

E como a facemos?

Vas ter que volver arrancar a forxa.

Espertar o corazón dunha estrela morta.

Coello, acende a cápsula.

Que carallo lle pasou a este planeta?

Está 8 graos desviado do seu eixe. A forza gravitatoria dispersa.

Temos unha vantaxe. El vén cara a nós.

Aproveitarémonos. Teño un plan.

Ou polo menos o comezo.

É bastante sinxelo. Atraémolo, acurralámolo e collemos o que precisamos.

Está claro que non queremos bailar con el. Só queremos o guantelete.

Estás boquexando?

En medio disto, mentres o explico?

Oíches o que dixen?

Deixei de escoitar cando dixeches "Precisamos un plan".

Vale, Don Limpo vai por libre.

Verás, non improvisar non é o seu.

Que é o seu exactamente?

- Golpear nomes e coller cus. - Si, así é.

Moi ben, vinde aquí, por favor.

Sr. Lord, podes dicirlle aos teus rapaces que formen un círculo?

Sr. Lord. Star-Lord está ben.

Temos que unirnos.

Porque se só lle atacamos con valentía...

Meu, non nos chames valentes.

Non sabemos o que significa.

A ver, somos optimistas, si. Gústame o teu plan.

Agás que é unha merda, así que déixame a min facer o plan,

e dese xeito podería ser moi bo.

Cóntalle o do baile para salvar o universo.

Que baile?

Non é nada.

Como en "Footloose", a película?

Xusto como en "Footloose".

Segue sendo a mellor peli da historia?

Nunca o foi.

- Non te veñas arriba. - Vale.

Non nos vai axudar este Flash Gordon.

Flash Gordon? Por certo, iso é un cumprido.

Non esquezas que son medio humano.

Daquela ese 50% de min que é estúpido

é o 100% voso.

- As túas matemáticas vóanme a cabeza. - Perdoade.

Pero o voso amigo adoita facer iso?

Strange, estás ben?

- Volviches. Estás ben. - Ola.

Que era iso?

Avancei no tempo para ver futuros alternativos.

A ver os posibles resultados do conflito vindeiro.

Cantos viches?

14.000.605.

En cantos gañamos?

Un.

Mellor que a xema estea aquí.

Polo ben de túa irmá.

Benvido, Thanos, fillo de Alars.

Gamora, filla de Thanos.

Coñécesnos?

É a miña maldición coñecer a todos os que viaxan ata aquí.

Onde está a Xema Alma?

Deberiades saber

que extrae un prezo terrible.

Estou preparado.

Iso pensamos todos ao principio.

Todos nos trabucamos.

Como é que coñeces tan ben este lugar?

Hai unha vida eu tamén busquei as xemas.

Mesmo tiven unha na man.

Pero desterroume, deportoume aquí.

Guiando a outros a un tesouro que non podo posuír.

O que buscas xace diante de ti.

Igual có que temes.

Que é isto?

O prezo.

Alma ocupa un lugar especial entre as Xemas do Infinito.

Podería dicirse que ten certa sabedoría.

Dime o que precisa.

Para asegurar que quen a posúa

comprende o seu poder,

a xema demanda un sacrificio.

De que?

Para tomar a xema, debes perder aquilo que amas.

Unha alma

por unha alma.

Toda a miña vida soñei cun día,

un momento

no que recibises o que merecías.

E sempre quedei tan defraudada.

Pero agora...

Matas e torturas

e chámaslle misericordia.

O universo xulgoute.

Pediches un prezo, e díxoche que non.

Fracasaches.

E queres saber por que?

Porque non amas nada.

A ninguén.

Non.

En serio?

Bágoas?

Non son por el.

Non.

Isto non é amor.

Ignorei o meu destino unha vez.

Non podo volver facelo.

Nin por ti.

Perdóame, pequena.

Non!

Descende a 2.600, rumbo 030.

Xa podes levar razón.

Ou imos aterrar moito máis rápido do que queres.

Cando dixeches que ías abrir Wakanda ao resto do mundo,

non era isto o que imaxinaba.

E que imaxinabas?

As Olimpíadas.

Ou mesmo un Starbucks.

Deberiamos facer unha reverencia?

Si, é un rei.

Semella que sempre estou agradecéndoche algo.

Que fas?

Aquí non facemos iso.

É moi grande o asalto que agardamos?

Señor, creo que debería agardar un asalto enorme.

Que tal estamos?

Terás a miña garda real, a Tribo da Fronteira, a Dora Milaje e...

E un vello de 100 anos semiestable.

Que tal estás, Buck?

Non moi mal, para ser a fin do mundo.

A estrutura é polimórfica.

Claro, tivemos que fixar cada neurona non secuencialmente.

Por que non reprogramastes as sinapses para que traballasen colectivamente?

Porque non se nos ocorreu.

Seguro que fixestes o mellor que puidestes.

Podes facelo?

Si, pero hai máis de dous trillóns de neuronas.

Unha desaliñación podería causar unha cascada de fallos críticos.

Levará tempo, irmán.

Canto?

Tanto como poidades darme.

Algo entrou na atmosfera.

Cap, temos un problema por aquí.

Deus, encántame este sitio.

Non o celebredes aínda. Chegan máis fóra da cúpula.

É demasiado tarde.

Temos que destruír a xema agora.

Visión, volve á mesa.

Reterémolos.

Wanda, en canto teña a xema fóra da testa,

redúcea a cinzas.

Fareino.

Evacuade a cidade. Activade todas as defensas.

E dádelle un escudo a este home.

Creo que non comprendes a ciencia.

Estes aneis son xigantes. Se queres que se movan

vas precisar algo máis grande para que se solten.

- Déixamo a min. - Que cho deixe a ti?

Meu, estamos no espazo. Todo o que tes é unha corda e un...

Acende os motores!

Máis potencia, coello!

Ben feito, rapaz.

Iso é Nidavellir.

Merda.

Merda? Que é merda?

- O mecanismo está avariado. - O que?

Co iris pechado, non podo quentar o metal.

Canto tempo levará quentalo?

Uns minutos, podo que máis. Por que?

Vou mantelo aberto.

É un suicidio.

Tamén enfrontarse a Thanos sen esa machada.

Que tal vas, Bruce?

Vou pillándolle o tranquilo.

Isto é abraiante. É como ser Hulk sen...

Estou ben.

Teño dúas sinaturas de calor abríndose camiño pola liña da árbore.

Grazas por loitar connosco.

Onde está o teu outro amigo?

Pagaredes pola súa vida coa vosa.

Thanos terá esa xema.

Iso non vai pasar.

Agora estades en Wakanda.

Thanos non terá outra cousa que po e sangue.

Temos sangue de sobra.

Réndense?

Non exactamente.

Que carallo?

Semella que a anoxamos.

Están suicidándose.

Ves os dentes desas cousas?

Sam, dá a volta. Vaste queimar as ás.

Cap, se estas cousas arrodean o perímetro e entran por detrás,

non queda nada entre eles e Visión.

Daquela mellor que queden diante nosa.

Como o facemos?

Abrindo a barreira.

Ao meu sinal, abride a sección 17 noroeste.

Solicitando confirmación, meu rei. Dixeches que abra a barreira?

Ao meu sinal.

Isto será a fin de Wakanda.

Daquela será a fin máis nobre da historia.

Wakanda por sempre!

Agora!

Canto te queda, Shuri?

Acabo de comezar, irmán.

Mellor que aceleres.

Allfathers, dádeme forza.

Comprendes, rapaz?

Estás a piques de recibir a forza dunha estrela.

Vaite matar.

Só se morro.

Si.

Iso é o que significa matar.

Aguanta! Aguanta, Thor!

Thor! Di algo. Veña.

Thor, estás ben?

Creo que está morrendo.

Precisa a machada!

Onde está o mango?

Árbore, axúdame a buscar o mango!

Hai demasiados!

Agora si que estades fodidos!

Traédeme a Thanos!

Si.

Ti paréceste máis a Thanos.

Asumo que Maw está morto.

Este día pasa unha peaxe moi alta.

Aínda así, cumpriu coa súa misión.

Pode que o lamentes.

Púxoche cara a cara co Mestre das Artes Místicas.

E onde cres que te trouxo?

Déixame adiviñar. Á túa casa?

Foino.

E era fermoso.

Titán era coma a maioría dos planetas.

Demasiadas bocas, non daba para todas.

E cando nos enfrontamos á extinción, ofrecín unha solución.

O xenocidio.

Pero aleatorio, imparcial, xusto para os ricos e os pobres por igual.

Chamáronme tolo.

E o que predixen ocorreu.

Parabéns, es un profeta.

Son un supervivente.

Que quere asasinar a trillóns.

Coas seis xemas, podería facelo só con chascar os dedos.

Todos cesarían de existir. Eu chámoo misericordia.

E logo que?

Por fin descansaría

e vería o sol saír nun universo agradecido.

As decisións máis duras requiren as vontades máis fortes.

Penso que verás que a nosa vontade iguala á túa

Vosa?

Pan comido, Quill.

Si, se o teu obxectivo era anoxalo.

Chúpate esa!

Non lle deixes pechar o puño.

Maxia. Máis maxia.

Maxia cunha patada.

Maxia con...

Insecto!

Mira ti.

Debiches matarme.

Tería sido desperdiciar as pezas!

Onde está Gamora?

- Está grogui? Non lle deixes espertar. - Dádevos présa. É moi forte.

Parker, axuda! Ven aquí.

Non pode aguantar moito. Veña.

Temos que abrirlle os dedos para sacalo.

Pensei que sería difícil de pillar. Para que conste, o plan foi meu.

Agora non es tan forte. Onde está Gamora?

- A miña Gamora. - Non, trapalladas!

Onde está?

Está angustiado.

Ben.

Está de loito.

Por que vai estar de loito este monstro?

Gamora.

O que?

Levouna a Vormir.

Volveu coa Xema Alma.

Pero ela non.

Quill, tes que calmarte agora mesmo. Entendes?

Non. Non lle pegues. Xa case o temos fóra!

Dime que mente.

Cabrón, dime que non o fixeches!

Tiven que facelo.

Non, non tiñas.

Non, non tiñas.

- Non, non tiñas! - Quill!

Para! Para!

- Que pares! - Xa sae. Xa sae. Téñoo!

Deus.

Chupádevos esa, cans espaciais!

Chupádevos esa!

Veña! Chupádevos esa!

- Canto pola arma? - Non está á venda.

Vale. Canto polo brazo?

Voume facer co brazo.

Novo corte de pelo?

Decateime que me copiaches a barba.

Por certo, este é o meu amigo, Árbore.

Eu son Groot.

Eu son Steve Rogers.

Retrocedede! Retrocedede agora!

Centra o lume no flanco esquerdo, Sam.

Estou facéndoo.

Por que estivo aí arriba todo este tempo?

Está no campo de batalla. Ide por el.

Rapaces, temos un problema con Visión.

Que alguén vaia por Visión.

Encárgome eu!

Vou en camiño.

Morrerá só. Igual ca ti.

Non está soa.

Non, non ides facelo.

Isto non vai ser coma Nova York, amigo.

Este traxe xa lle deu unha malleira a Hulk.

O que? Non!

Rapaces! Visión precisa reforzos, agora!

Hulk? Hulk, sei que te gusta facer a túa aparición no último segundo.

É agora, amigo. Este é o ultimísimo segundo.

Hulk!

Hulk!

Non!

Vai á merda, imbécil verde xigante!

Xa o farei eu só!

Ven! Si!

Deica logo!

Hulk, temos moito que falar, amigo.

Pensaba que eras formidable, máquina.

Pero vas morrer, coma calquera home.

Sal de aquí!

Vai!

Iso deu moito noxo.

Pensaba que te dixera que marchases.

Non comerciamos con vidas, Capitán.

Téñote. Téñote.

Perdoade que non me lembre dos nomes.

Estás cheo de trucos, mago.

Aínda así nunca usaches a túa arma mellor arma.

Unha falsificación.

Lánzame outra lúa e voume anoxar.

Stark.

Coñécesme?

Así é.

Non es o único maldicido co coñecemento.

A miña única maldición es ti.

Veña!

Todo iso por unha pinga de sangue.

Tes o meu respecto, Stark.

Cando remate, a metade da humanidade seguirá viva.

Agardo que te lembren.

Para.

Perdóalle a vida

e dareiche a xema.

Sen trucos.

Non.

Queda unha.

Onde está?

Acabamos de perder?

Por que o fixeches?

Agora estamos no xogo final.

Estás ben?

O que? Que é isto?

Está aquí.

Todos, á miña posición. Está chegando.

Que carallo?

Cap.

Velaquí está.

Atentos. Estade alerta.

Wanda.

- É a hora. - Non.

Non poden detelo, Wanda, pero nós si.

Mírame. Tes o poder de destruír a xema.

- Non. - Tes que facelo, Wanda, por favor.

Quedamos sen tempo.

Non podo.

Si que podes.

Podes.

Se se fai coa xema, o universo morre.

Non é xusto.

Non deberías ser ti, pero é o que hai.

Tranquila.

Nunca poderías facerme dano.

Só te sinto a ti.

Tranquila.

Non pasa nada.

Quérote.

Comprendo, miña nena.

Mellor ca ninguén.

Nunca poderías.

Hoxe perdín máis do que sabes.

Pero non é momento para chorar.

Agora non é ningún momento.

Non!

Díxenche

que ías morrer por iso.

Debiches...

Debiches...

Debiches ir á cabeza.

Non!

Filla?

Fixéchelo?

Si.

Que te custou?

Todo.

Que fixeches?

Que fixeches?

Onde foi?

Thor.

Onde foi?

Steve?

Arriba, xeneral. Arriba!

Este non é lugar para morrer.

Eu son Groot.

Non!

Groot! Non.

Sam!

Sam, onde estás?

Algo está pasando.

Quill?

Quieto, Quill.

Merda.

Tony.

Non había outro xeito.

Sr. Stark?

Non me sinto ben.

- Tranquilo. - Non sei que pasa.

Non sei...

Non quero morrer. Non quero morrer, señor. Por favor.

Por favor, non quero morrer. Non quero morrer.

Síntoo.

Fíxoo.

Que é isto? Que carallo está pasando?

Deus.

Subtítulo traducido por: pippilangstrum para Os Arquivos da Meiga

Sincro e Orixinal inglés: Dream_Ports Instagram: @dream_ports

Segue sen saberse nada de Stark?

Non, aínda non.

Estamos mirando todos os satélites en ambos hemisferios, pero aínda nada.

Que é isto?

Múltiples inimigos sobre Wakanda.

A mesma sinatura de enerxía que en Nova York?

Dez veces máis grande.

- Dille a Klein que o veremos en... - Nick!

Están ben?

Non hai ninguén.

Chama a Control.

Código vermello.

Nick.

Hill.

Non.

Miña nai...

ENVIANDO

THANOS REGRESARÁ

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.